Un exemplo de publicidade non conquerida. Os conceptos que manexa son claros: a velocidade da máquina, o verde aos lados dentro da máquina, as formas limpas, o i want tan contemporáneo ou tan sobado (eu, eu-os meus desexos, eu-o que eu quero, eu-o individuo que consume). Prescinde de soportes ou dunha historia superfluos. E non aporta nada (do mesmo xeito que tampouco aquí se aporta nada, non analizamos nada que non aventuraran hai xa moitos anos os que se adican ao tema).
Ten esa frase para frikis, think different, e digo para frikis porque un non sinte a máis mínima necesidade de pensar diferente, máis ben ao contrario, a un gostaríalle pensar como todo o mundo. Pero cun Mac na casa, eso si, porque eu sen o meu Mac non son ninguén:)

Juan Perro

Unha rareza de Juan Perro. Di que a canción e de J.J. Cale. Vale. É o Juan Perro máis intelectual, o que se divirte xogando coa bagaxe da súa música, dos seus músicos e de outros. "Me llaman el viento". Gústame esa tranquilidade con que se soltan, ese rollo vagabundo elegante.
O link é cortesía dun fanático granadino, dos que o saben todo da vida e a obra dun artista (que xa hai que ter gañas, a verdade).
Estaba sendo unha campaña electoral ben aburrida. A Telmo Martín loárono como o Sarkozy das Rías Baixas, si, pero é que esta xente carece do máis elemental sentido do ridículo (poñéndonos crípticos: as proxeccións do ser humano manéxanse ao revés do sistema de vínculos de Freehand MX). Telmo por moito que brame é un feble (e Sarkozy un oportunista). Tivo que entrar en escena o ínclito, o inimitable, o añorado José Mª Aznar.
O Gran Estadista, O Oráculo, A Sabiduría Personificada, O Lexítimo Herdeiro do Pensamento de Platón Feito Carne falounos. E díxonos, El: "estamos al borde de otra Guerra Civil, seguiré aquí mientras el País me necesite". Este Home é Un Xenio e a peña falsa, ignorante e traidora. Gracias por estar aí, Josemari.
Hai que pensar no fenómeno dos blogs. As comunidades de blogs. O outro día preguntáronme que para qué escribía un blog se non me lía ninguén e non amosaba interés por "captar" lectores. Unha resposta superficial sería que o meu curro é gratificante, "funciona", e que non preciso un blog para exteriorizar ningunha ridícula creatividade. Lembreime dunha canción de Morrissey, "Reader meet Author":

You don't know a thing about their lives
They live where you wouldn't dare to drive
You shake as you think of how they sleep
But you write as if you are my side-by-side

Reader meet Author
With the hope of hearing sense
But you may be feeling let down
By the words of defence
He says : "No-one ever sees me when I cry"

You don't know a thing about their lives
Books don't save them
Books aren't Stanley knives
And if a fight broke out here tonight
You'd be the first away
Because you're that type
And the Year 2000 won't change anyone here
As each fabled promise flies so fast
You'll swear it was never there
Oh, have you ever escaped from a shipwrecked life?

So safely with your software
All miles from the front line
You hear the way their sad voices
And you start to imagine things
Oh, any excuse to write more lies

Humm... non é interesante? Non, claro:) Películas!:) E esa frase lapidaria do final: "oh, any excuse to write more lies". Teño que agardar a que me madure na cabeza. Os blogs proliferan e haberá tantos como persoas.

Jolie Holland

Hoxe andamos dun cultureta que mete medo. Qué preocupación. O caso é que atopei un vídeo de Jolie Holland interpretando ese tema tan desgarrador e narcótico, desmarcado do country ao que lle soe pegar, "Old fashioned morphine": viva o youtube e todo o lixo que se distribúe na rede!
A Holland non é que sexa unha rapaza guapa, pero mereceríase unha boa arrolada (que queda moi "country":) e un contrato multimillonario.
A publicidade conceptual está de moda, e como todo o que está de moda, evoluciona en dúas direccións: por un lado perfeccióase, ábrese a que algúns arrisquen máis e popularízase; por outro dexenera. Aqueles primeiros spots de BMW supuxeron unha revolución. Estaban moi logrados e, indo por diante do seu tempo, encaixaron no seu tempo.
Agora todos se apuntan ao tema, con resultados dispares: hainos orixináis e "con sentido" (uns poucos) e hainos que son flipadas que non tragará nin a nai do director de marketing da empresa.


Aquí a publicidade conceptual impórtanos máis ben pouco. Parvadas para peña que vai de moderna e "interesante". O xefe é un tipo coas ideas claras e temas de candente actualidade interna reclaman todo o noso interés. Por exemplo: CÁNDO E CÓMO IMOS PILLAR VACACIÓNS?
Chamade a un afamado publicista, desos que asinan para Sony e Coca-Cola e Toyota, e a ver se é capaz de organizarnos as vacacións.

Rafael Sanchez Ferlosio

Hai que recoñecer que tanta lucidez tranquila resulta un pouco inhumana, pero lean, lean a Sánchez Ferlosio. Sen aplicarse sesudamente, sen necesidade de obras completas nin comunións exquisitas. A min non me importa, polo demáis, que se pense que estou suscrito ao grupo PRISA (xa me teñen chamado de todo).
Contan que andaba por aí rompendo os retrovisores dos coches aparcados co seu caxato de anfetamínico vello cascarrabias.
Un é vanidoso xa dende pequeno. Nunha influinte revista de tirada nacional ollo unha publicidade de Estée Lauder e o primeiro que penso é que é mala con gañas:
Unha foto demasiado ampliada.
Demasiado texto.
Maquetación tosca.
Páxina saturada, en efecto.
Mercan campañas espectaculares (gordas inversións de cartos e talento) para logo descoidalas e afealas.
Un servidor retráctase do que publicou esta mañán aquí. É o malo da velocidade á que permite ir o mundo contemporáneo. Aínda que máis delito ten soltar estupideces máis ou menos benintencionadas. Este blog arranca cun defecto grave que é o de non ser transparente. Ollei ese vídeo de Nic Cave e un par deles máis. Oh...
Se a peña puidera presenciar a través da banal información dun blogger a convulsión e a electricidade que quixera.
Por certo, os de Grinderman son Bad Seeds disfrazados. E o propio Nick Cave, de qué siniestra personaxe sacaría ese bigote, polo demáis tan amablemente debuxado no plató de televisión de mediana audiencia?

O colega australiano

Hoxe toca Nick Cave sen os Bad Seeds. Tanto ten con quen ande. Acadar sen o seu grupo o que acada de cando en vez con el é imposible, pero segue sendo Nick Cave. O home-que-sin-te-e-que-con-ta. Véselle maduro, sosegado e prolífico, e sen perder intensidade.
- A que semello un crítico desos?
- Atado a unha estreita máquina de escribir.
Hai que mandar á merda todo esta puta sintaxe. E que o colega veña tocar por aquí, porque eu paso de ir ata onde din que anda agora, no cu de EE.UU.

Esta foto é de Samuel Beckett, un pirado. Sacoulla Henri Cartier-Bresson, outro pirado, levando ao paroxismo esa máxima súa de pillar o Instante, de deixar que o Tempo se relaxe para logo sacarlle a navalla dos ollos. Aquí pasouse. Sempre que nos atopamos con esta foto ficamos como traspostos. Ou traspasados. Qué imos comentar.
Estou tentando convencer ao xefe de que os modelos publicitarios en boga esgótanse a toda hostia e que, sen prescindir deles, temos que abrirnos a outros. Olloume un pouco así, traspasándome.
Este semella o ano Corcobado. Igual que hai o ano García Lorca, os 500 anos do Descubrimento, os 40 anos da Victoria ou o chocolate Lindt, mestres chocolateiros suizos dende 1847. O caso é que Corcobado anda de xira cunha obra de teatro, un disco novo e unha novela. É un romanticón, un crío, un cadrado, vésenlle as costuras... pero o libro está guapo. Pregúntome se o recomendaría de ter o que aquí publico unha repercusión mediática. A vella trampa desas preguntas-que-te-ca-gas tan ben administradas polos "mass media" e todas as subculturas que os "mass media" (metamorfoseados na infinitude de internet) xeneran con intelixencia dada e paternalismo.
Deixémonos estar. O libro está guapo e moi galego. E aquí non hai repercusión mediática.
"Escribir é un verbo intransitivo", dixo Roland Barthes.

Unha cancion de Corcobado

A ver cando as cámaras permiten que os que se molestan (e a miúdo molestan, todo hai que dicilo) en piratear concertos a lo menos nos ofrezan un producto... "soportable". Son un pouco cínico, qué pasa.
Esta canción din que aínda non está grabada (oficialmente); a están a tocar na súa actual xira e está que se sae.

D.A.M.

Neste título, que semella unha nova droga de deseño ou un sindicato (como a D.G.T.) vai o vínculo para un interesante artigo de Diego Manrique. Cando consiga vincular doutro xeito (que son lento eu) xa avisarei.
Di o autor que hai que ir a modo con Internet. E sobre todo ser considerados con Miguel Ríos e Ramoncín.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet