Eleuterio Moitopobo














— Oye tío, qué me estás contando -dille don Xerar Ilusión a un dos conselleiros de Rajoy, quen de súpeto ausenta a súa atención porque cre ver a Angelina Jolie entrando en San Francisco.













Yo veo cosas, Mariano, más allá de Ponferrada, ah sí, no me digas, pues no lo sabía oye, pero está muy bien saberlo, lalalá.













No me digas que no es un plan magistral, claro que si, Dolores, claro que si, de rechupete, e un dos conselleiros aperta o puño en sinal de victoria, esta é nosa.














O cu, estalle tocando o cu? Non, tranquilos morbosos, estalle alisando a saia, o que pasa é que o presidente de todos os galegos todo o olla.
_

A localizada deslocalización do xornalismo

O do Correo é un caso de superación xornalística sen precedentes mundiais. A cúpula do PP xuntábase en Santiago para dar a coñecer o programa co que darán a brasa durante a campaña electoral, e o Correo, El Correo Gallego, diario de la capital de Galicia, cobre o acontecemento dende Madrid, eso cómo se fai, estaban no Convento de San Francisco, a redacción do xornal está a dez minutos camiñando, no Preguntoiro, qué querían, a perspectiva da distancia?

Aquí lles deixo a proba: “Rajoy anuncia que cambiará la ley del aborto para proteger a las menores”, MADRID. E.P. E.P. son as iniciais do xornalista ou o pseudónimo do anfitrión, o presidente de todos os galegos?
_

Kimi Räikkönen, de profesión tipógrafo



Todos saben o aburrido que pode ser conducir un bólido de Fórmula 1. Cuarto a 20 segundos do terceiro e 41 por diante do quinto, coa carreira estabilizada, os tempos estabilizados, o humor dos mecánicos estabilizado e as nubes estabilizadas. O único que podes facer é pasarte aos rallyes, como fixo o noso compatriota Räikkönen.

Non é el o que conduce neste vídeo, xa quixéramos, oe, xa que estás, fai aí, non sei, unha Edwardian Script, ou unha Young Baroque, garántese a diversión.
_

O misterio do envoltorio dos caramelos

Non soubemos comunicar as nosas medidas, velaí o mantrameaculpa de PP e PSOE cando non se sinten apoiados pola cidadanía que lles vota, por aquelo de non perder o servicio no seu particular partido de tenis. Admitímolo, admitimos que non se expresaron con claridade e nada máis. Se tan conscientes son delo, por que caen no mesmo erro? O PP pretende quentar a precampaña repartindo caramelos como marketing de guerrilla, sorpresa, no interior dos papeis de parafina lense proclamas contra o ogro con o de Rubalcaba.

Limón: “Dice Rubalcaba que si gana no hará recortes sociales. El mayor recorte social son cinco millones de parados”

Laranxa: “Dice Rubalcaba que si gana no hará recortes sociales... Que se lo diga a las madres, pensionistas, parados...”

Xa que estás cúrrate un pouco o tema. Eu chego do mitin do PP, logo de encherme a pinchos de empanada e tortilla, cos petos a rebentar de caramelos, e dígolle á miña filla, ai toma, filliña, para ti todos, pero antes de tomalos tes que ler o que poñen por dentro, que está moi ben, moi doce e acedo e divertido.

Despois din que non hai cartos: púlense unha pasta nunha campaña dirixida por unha axencia in-ter-na-cio-nal, oia vostede, algún amigo creativo, para quitarlle aos nenos as ganas de tomar lambonadas.

Como campaña de prevención da carie non estaría mal.
_

urxenciasmecanicas.es

Non a vaian tomar agora coa AVT. A AVT, e falo con coñecemento de causa, é como unha ITV moral, revísante todo, as luces, os neumáticos, as transmisións, as buxías, o aceite. Se vostede ten algún elemento de si mesmo avariado, xa se encargan eles de chamar ao taller.

— Escoita, mándoche aquí a un que anda mal de nacionalismo español.
— Cantos anos ten?
— Coarenta.
— Ese vaiche ser defecto de fábrica, dígocho eu, pero nada, ti manda, ti manda.

A xente debera mirarse cada seis meses; o outro día, na mani, contáronme dun que pensaba que os dos bancos eran uns ladróns, así foi por urxencias.
_

Bestas inquedas antes da pronunciación

Están animadas as rúas con tantas manifestacións que debemos saber a que indignada turba nos unimos. O outro día, logo do comunicado de ETA, despisteime, e cando me din conta estaba insultando a Zapatero cos da AVT, porque a Conferencia de Paz de Donostia era “un insulto ás víctimas”, “a culminación dun proxecto negociado entre ETA e o Goberno”. Poden preguntarlle ao experto na (anti)materia, Jaime Mayor Oreja, que alí estaba acompañado de Iturgáiz, o eurodeputado, Rosa Díez, para quen o loito non exclúe o fashion, e outros persoeiros da democracia. Nun intre de silencio sobrevoounos o riso de Savater como a lingua do Espírito Santo.

Aproveitei a euforia para entrar nunha librería e mercar o último libro de Aznar, para que mo asinara, pero por problemas de axenda non puido asistir. Josemari sin Complejos de Botella y Montaraz está madurando as súas palabras en Praga, case se pode escoitar no ar o ferver do seu pensamento, como as entrañas da terra antes de vomitar lava.
_

Autorretrato de Jerry Miller



O do escudeiro de Eilen Jewell é un xeito de tocar rico, discreto e dialogante; contención e liberdade. Nada de masturbarse ante o espello da caterva, non é o pistoleiro máis rápido do oeste nin ganas, non, a vida non é longa, pero se non che importa, gustaríalle tocar ben esta canción. Sombreiro de angulosas sombras na faciana loira e seca, quizais algún día salgada, todo o que che podería interesar del xa o contou Faulkner, non te molestes porque os ollos están ao fondo.

Falei del noutras ocasións contando o mesmo, só quería poñerlle algo de letra ao vídeo que topei esta noite, unha gravación de estudio de Sweet Rose na que se pode apreciar o talento do guitarrista, esta vez tocado de pucha, servindo á rapariga.
_

Eilen Jewell tocou en Cangas

Que se di pronto. Os de Cangas arrastraron de sempre sona de bravos, mais agora decóbrennos o seu sensible corazón musical, sobriña tenrura. SalaSon, patrocinado por Frigoríficos do Morrazo. Foi onte ou nontronte. Non fun, non lin nada, só sei que era. Concerto de Eilen Jewell, co mozo ás baquetas, o gominas tranquilas ao contrabaixo e á guitarra o grande, enorme Jerry Miller oculto no seu sombreiro de cowboy e as súas botas de pel de cocrodilo.

A raíña dos tons menores, a autora do mar de bágoas, mandacarallo cos de Cangas e os Frigoríficos do Morrazo. Qué piropos lle soltarían, pregúntase a miña violenta envexa, asomándose como se estivera ao outro lado.
_

O minuto occidental

Volcánica personaxe, Sánchez Dragó, co carisma por diante, falareille aos meus netos del, pode estar tranquilo, pasarei horas falando del. Din que ofendeu, que lles “produxo bochas”, aos do 15-M cunha frase: “ya que el tonto de Hessel ha publicado ¡Indignaos!, yo escribiré Resignados y Divertidos.

Oh, qué polémico, qué enxeñoso, qué radical! Curso de filosofía oriental por correspondencia, chamadas ao profesor a 5 euros o minuto occidental.
_

Estudio sociolóxico abortado

Recoñezo que quixen facer un suave, inocente estudio sociolóxico: teñen conciencia política os deseñadores gráficos?

En Pienso Luego Existo falaban do logotipo de Novagalicia (banco), así que só tiña que deixar un comentario, non ofensivo, como pedindo desculpas por anticipado e sen enrollarme por opinar que o logotipo era o espello gráfico da operación fusión de caixas e transformación inmediata en banco. Non é un sitio político e respéctase, pero quería comprobar se son tantos os profesionais que esquecen o porqué dos imperativos. O deseño gráfico, o que podemos chamar deseño comercial, non é inocente, non é unha experiencia estética pura, ou yeah!

Xa mencionei a un dos máis humildes responsables do traballo, comentario número 10. Tiven que agardar ata o 18 para ler un comentario... político, e ben, con coñecemento do mundo do deseño aínda que non falara do cian ou da Peignot, con gracia, sen cargar.

Despois perdín todo interés nun traballo científico, cando relín o limiar dun dos máis humildes responsables: “Intentaré comentar algunos aspectos del diseño, para que podáis juzgar el trabajo mejor.”

Tío, eu non quero xulgar o traballo mellor, eu quero xulgalo superficialmente e criticar ao presidente de todos os galegos, e ti aparaces en plan excusatio non petita, accusatio manifesta, qué ben acabo de quedar, ves, no fondo é todo o mesmo, estamos todos mojados, los santos y los malvados, dentro de un mismo tonel, guapa canción.
_

Contralogos

















Estase a falar do logotipo do novo banco, Galicianova. Un dos máis humildes responsables defendíase, defendía o traballo, en Pienso Logo Existo; tiñan que buscarse a vida a partir da imaxe de Novacaixagalicia. Argumentou a defensa confesando que traballaba nun estudio importante para un cliente importante, case pedindo compaixón, sentíanse capados e aí mosqueeime e non por min, canta xente cumpre o expediente mellor en imprentas de provincias. O cliente manda, non o saberán moitos.

Non nos gustou o logotipo nin o que se fixo coas caixas, aborrecemos un pouco este sistema bancario, así que queremos organizar un concurso alternativo, qué imaxe lle porías ti a Novagalicia. Unha proposta miña para comezar, cun banqueiro entre George Grosz e cine mudo.
_

Non deixou de min un pensamento



Regreso á banda sonora doutra serie, True Blood, que está moi ben, pero nada é comparable ao de Nova Orleáns. Unha das cancións que non sei se foron grabadas expresamente para a serie é un dúo, Neko Case e Nick Cave actualizando un clásico de The Zombies, o típico grupo que os músicos adoran, os críticos citan e nós nada, a velasvir.

Suponse que é terrorífica porque a serie vai de vampiros e outras criaturas do señor alcalde. Cada un escoita o que quere. Eu escoito a Neko Case abalanzándoseme grrrrrrrrrrrrrrrrau (esaxérese ben) como unha tigresa.
_

Incrementar os seus esforzos

Tiñamos a un publicista xenial metido na casa e nós, como sempre, sen enterarnos. Samuel Juárez, conselleiro de Medio Rural, goza dende hoxe da miña máis profunda admiración. Coido que foi nunha entrevista na SER, aproveitando que estaba de finde en Madrid asistindo á Conferencia Sectorial de Agricultura, que é unha conferencia moi seria onde falan con moita seriedade de agricultura e xamais de esquí acuático. Alí déronlle pé a que lle amosara o slogan do futuro á humanidade consumista: “deben incrementar os seus esforzos”. Ninguén desexará xa incrementar clientes, beneficios ou aparellos. Todos incrementaremos os nosos esforzos.

Slogan de Coca-Cola: (ti) es feliz.

Slogan do Conselleiro: vostede incrementará os seus esforzos.

Referíase á tarefa de apagar os incendios, pero un recoñece unha frase cando “ten potencial”. Esta xente vai moi adiantada, por eso cando arde o monte un está en Madrid e outro en Montevideo, xa nin sequera se molestan en sacarse unha foto de heroes, ao pouco de chegar á Xunta repartiron e amarraron, agora o problema non vai con eles.
_

Algunhas frases do lume

Ahí tenemos la excelente gestión del TONTO DEL CULO que nos han puesto como presidente de la Xunta de Galicia.

Cuando empezaron los recortes, lo primero que se atacó (si si, atacó) fueron los dispositivos creados por el Bloque Nacionalista Galego, daba igual que el éxito fuese patente....

Las consecuencias, a la vista están de todos, casi toda la provincia de Ourense huele a monte quemado, al igual que Compostela en el día de ayer.

Y el TONTO DEL CULO muy ocupado haciéndole campaña al Sr. Rajoy.

Y no hay que olvidar la perla de su conselleiro de Medio Rural: "No tiene sentido limpiar el monte para evitar los incendios"

lamejordemiportal, sus votantes están haciendo lo que hicieron toda la vida, paseando por el monte con mechero y lata de gasolina.

Y el TONTO DEL CULO, lo mismo, mirando de trapichear votos allá por Argentina o Uruguay.
¿Que Galicia se quema? Para ellos como si desaparece, y más ahora que han conseguido saquearla....

Estas están sacadas do Público e daí que as escriban en castelán os extremistas da inversión lingüística. Van dar as once da noite e nas webs do Correo e o Faro adícanse a achantar a nova dos lumes, a ver se sabes onde a puxemos, tralarítralará, lembra que podes consultar o mapa web, o primeiro que a atope será agasallado cunha finde no Balneario da Toxa.

Claro que se atopa a nova, pero é insultantemente obvio o tratamento, a relevancia que dan a este outro despistado xenocidio, premio, qué intelixente nos saíu vostede, si señor, moi ben moi ben.
_

O pracer e a carraxe

Esquézanse do somnolento intercambio de cifras entre convocantes e policía os días de manifestación. Onte, en Santiago e moitas cidades do mundo, disque 951, eramos catro matados, número que se deduce comodamente das palabras do Grande Gurú Josemari Sin Complejos: “extrema esquerda marxinal antisistema”. Dixo tamén que “a súa representatividade non é importante na vida española”, e dixo ben, na medida na que a (súa) vida española non é importante para nós, pa, non te poñas intelectual que te pos malo, vai daí.

Unha tarde guapa con parte da familia alí e logo índolle tomar algo pola Raíña. O que si tardamos en comprender é que mentras falabamos e pediamos unha táboa mixta no Abrigadoiro, o presidente de todos os galegos, de xira recadavotos no exilio, ordenara queimar o monte.
_

Se o que lle interesa é a guerra ou a saúde

Continuemos coas nosas clases de botica. Hoxe tocan unhas pastillas ás que lle puxeron de nome, non sen moita retranca, Lyrica. Mañá vostedes entran en guerra cun país, o que máis rabia lles dea, eu que non teño interés en non ser previsible vou escoller EE.UU. Vale. Que armas empregaría? Bombas nucleares, bacteriolóxicas, avións kamikazes, kalashnikov? Non, unha pastilla desas na Coca-Cola dos soldados e ás dúas horas o Pentágono sácame a bandeira branca, se é que dan. Rendición incondicional.

O prospecto é para enmarcar como exemplo de literatura farmacéutica, e non minte. A muller chama por teléfono para dicir que se vai matar na autoestrada por culpa da pastilla. Un opiáceo para corrixir, que non aliviar, unha doenza de columna.
_

Fin da húmida noite de pedra

A forza de profundos e escuros
despreciamos a nosa identidade
                                                                    fomos galegos
poden chamarlle romanticismo do XVIII
mais inda nos queda a tarefa
de ofrecerlle un futuro aos rapaces
e sacar daí aos merdeiros que se gobernan.
_

Son o puto José Coronado de Grecia

Si, funciona, é como o Activia, nin Radiohead nin os Cravos de Cristos Ferruxentos, vou ben no galpón, uralita mental, cando teña 80 anos e me presente ao Goncourt só me darán 10 euros mais un prestixio que te cagas. Mola. Nunca serei boa persoa como Manuel Rivas e eso que teño unha filla.

O iogur é verde, intestino niquelao, tampouco é tan difícil, só se trata de ler as instruccións do actor, que é un dos nosos.
_

Hai outros motivos ponderables



A saber por que me lembrei hoxe de Tam Tam Go! Suponse que é como un crime laico. Unha vez, entrándome, ao saber que era de Sanxenxo, dixéronme en plan perdoavidas que comprendían a miña atractiva esquizofrenia, porque o atractivo daquela era eso, Sanxenxo malo e pijo, algo que che quitaba o sono, “this is the coastal town that they forgot to close down”, e me dixen, oh, para quedar ben vou poñer unha que fala da Guerra Civil, Así baila el pelícano, nada, non non, dilettantes, rollo 40 Latinos, vou poñer Un juramento entre tú y yo.

Que decepción, imaxínense, eu tiña unha polla prometedora e resulta que poño unha canción de Tam Tam Go! Rían os que crean que estou defendendo a miña virilidade. Eu estou defendendo a un grupo de pop que gozou da súa merecida gloria, non importa se non me cren, ou si, impórtame tanto que me agacho dos veciños e solto sobradas.
_

Antón está de viaxe (XV)

Vostede non se preocupe, a dor non lle vai escapar, tome a pastilla e durma; cando esperte a dor seguirá aquí nesta casa.
_

Disentería, noite de autos

Dise de aquel que nun futuro hipotético disentirá da opinión dos outros. Xa saben o que opinaba Sartre dos outros, non importa se Loquillo ou Robe Iniesta se preocupan por desprestixialo, a Sartre, quero dicir, cos seus razoamentos prestados, oye, nena, yo soy hijo de republicano, estupendo, te la chupo por 50, fíjate tú.

Sei que a sabiduría significa silencio, comprensión e paciencia. Non son sabio, certamente, tan só camareiro, e non pretendo poñerlles unha copa a Humphrey Bogart e Lauren Bacall.
_

Don Xerar Ilusión tamén pagará por esto

Agora resulta que Irán tramaba un atentado contra as embaixadas de Arabia Saudí e Israel en Washington, aburríanse, qué podían facer, pois achantar uns caramelos explosivos nas casas dos diplomáticos que son amigos dos EE.UU. Os rapaces son así, e se son fundamentalistas que cren en Alá e na auga poden poñerse a rezar. Complot, palabra sempre en suposto desuso. Complot iraniano, enténdaseme ben porque eu estou do lado dos bos da película. Son un xenio da autocensura.

Qué opina unha xornalista rigorosa como Ángeles Espinosa?

Desculpen se non me molesto en pescudalo, acabo de enterarme de que trocan un soldado israelí por 1.027 presos palestinos. Estou moi ocupado facendo números, inculcándolle o odio absurdo á miña filla e escollendo pedras para tirarlle a don Xerar Ilusión, que é o que temos a man aquí.
_

Ana Pastor cada día máis guapa

O que quero dicir é que a min impórtame tanto a independencia de RTVE como o cultivo da ameixa no deserto do Gobi. Poden servir a quen queiran, poden non servir a ninguén ou crer no que fan, mais as últimas semanas están retratando o obvio, a prepotente, ridícula, groseira aspiración da xente do PP. E o do PSOE é aínda peor, sempre disfrazándose. Fomentan interesadamente o debate entre o correcto e o incorrecto.

"¿Qué nombre se pondrá @anapastor_tve tras el #20n? dicen por ahí que será @anapastor_canalsur"

"No te lo tomes a mal, solo era curiosidad, en el fondo me caes bien"

"Vaya vaya, yo no he insultado a nadie y estoy recibiendo una retahíla de ataques contra mi persona bastante curiosos"

"me dan miedo los #anapastorboys..."

"Estoy alucinando con los #anapastorboys insultos y amenazas!"

"Por favor, ya he dicho que Ana Pastor me cae bien, solo hice un comentario por su nick que me parecía gracioso. Jamás he amenazado a Ana Pastor, era una broma que le haría a cualquier amigo, lo habéis exagerado vosotros"

"Pido públicamente perdón si he ofendido a alguien, no era en absoluto mi intención, se están sobreexagerando las cosas"

Esta é a gradación do incorrecto ao correcto no twitter do tal Ángel Míguez, secretario de presidencia de Les Corts Valencianas e membro das Nuevas Generaciones del PP. Era para matalos a todos e, ao final, darlle un bico á presentadora porque si.
_

Para o ano que llo dean a MAFO

Nobel de economía este ano para dous estadounidenses, Thomas J. Sargent e Christopher A. Sims, polas súas investigacións respecto ás “causas e efectos macroeconómicos das variacións dos tipos de interese”. Saen os dous na foto coa satisfacción do traballo ben feito, e 10 millóns de coroas suecas, pouco máis dun millón de euros, vale, caralludo, e de que vai o conto? Opinaron un MAFO, un Trichet, unha Lagarde, un Josemari sin Prejuicios?

Xente que sabe, sen dúbida.
_

O corazón popular nunca minte

















O presidente de todos os galegos logo de ser interpelado sobre o asunto das prexubilacións millonarias dos directivos de Novacaixagalicia. Que se encargue MAFO, que nin eu que sei desto me explico como permitiu que esas persoas se levaran tantos cartos, e non me amolar que estou cantando o Himno Galego. Así, con sentimento, coa man no corazón.

A mellor frase que lin en toda a prensa de hoxe era dun anónimo. Dicía así: “maldito sexa!!!”

Insensible! Non te decatas de que con actitudes así intoxícase o nacemento dunha esperanza financeira en Galicia.
_

Mardi Gras

Que non puideron levarse nin a auga enfurecida nin os políticos. Aquí Creigthon Bernette (John Goodman) descobrendo os usos de Youtube, explicándolle aos ianquis a sinistra xestión das autoridades ao paso do Katrina por Nova Orleáns, na serie Treme. Coido que se lle entende bastante ben.



Recomendo encarecidamente a serie. Crible. Contaxiosa. Orgullo dunha cidade arrasada, esquecida, cando non menospreciada polos propios norteamericanos por vella e distinta (e arrasada).

A música, a banda sonora da cidade, é flipante, exuberante. Saen músicos coñecidos como se foran uns actores máis. E queren celebrar o Mardi Gras, follar e comer ben (non ese hedonismo curto e gordo que tanto se leva).

Déixoos cos créditos e John Boutté (imaxínense: é un dos temas máis frouxos).


_

Os valedores da moral aférranse ao que faga falta

Non coñecen límites. Por non repetir o título de Pascual Serrano, Que no decaiga ETA. Lean e ollen a sinxela manipulación das fotos, por un lado, e do logo da banda terrorista, por outro.
_

Outra homenaxe a Steve Jobs (II)

Esta é do Proceso de rexistro, que colgou dúas viñetas do Faro.
_

Outra homenaxe a Steve Jobs

Non queda máis remedio, motivado pola cantidade de soberbias estupideces que se leron durante as últimas 48 horas. Únome abertamente á gran familia de descerebrados escravos cursis do Mac e de Apple. Envío mensaxe a rememberingsteve@apple.com. Ben simple, tan simple como un dos atallos de teclado máis queridos polos deseñadores. Dende Santiago de Compostela:

Comando - Z, tío, lémbrate, dalle a Comando - Z

Por se alguén non sabe como van estas máquinas capitalistas, alienantes obxectos de desexo: Comando - Z ven sendo desfacer acción, darlle para atrás porque o que acabas de facer non che convence.
_

Heil, mein Führer!















_

Traballo para o sisudo analista da vida política do pobo

Achéganse as eleccións como o estrondo dun camión baleiro. O pincho de empanada de berberechos é unha urna de Ikea que se reparte de portal en portal. Gloria democrática, orgasmos de Santa Teresa nos flyers do máis perseverante, Mariano Rajoy e as súas hostes, atención, Aznar ten algo que dicirlle a España, cedan o seu twitter. O medo a algúns pertúrballes o sentido, co que fan lecturas disparatadas; un exhortaba hoxe ao R de Rubalcaba a unha coalición de esquerdas, cos desencantados do PSOE, IU e “outros grupos”.

Eso é desvariar: dende cando alguén do PSOE pásase a IU? Ao revés si, coñecemos uns cantos notables bobochornosos casos, xamais por intereses persoais, pero un home do aparato como o R de Rubalcaba nunca traizoaría aos seus correlixionarios.
_

O tempo non é unha coartada, ao contrario



Unha morea de tempo detrás de El amigo de las tormentas. Co vinilo non lembro mais debeu ser semellante. O último, anfetamínico disco dos Surfin’ Bichos. 1993. O tempo do título non ten que ver co tempo que me levou atopalo. Quero dicir que non hai un tempo, digamos adolescente, para escoitar unha música que despois abandoar como tributo ao ingreso nunha suposta seria prestixiosa idade adulta (a de Loquillo). Será que eu aínda non crecín.

Non o vas escoitar todos os días, pero o subidón non cho quita ninguén. Aí atrás puxen Si tengo que cambiar, hoxe toca Comida china y subfusiles, aínda que podía escoller calquer outra. Alfaro daquela non era un “camiñante kamikaze”, era un foguete.
_

O ascenso aos ceos da rede

"Se Apple inventara Twitter, probablemente non estaría saturado agora mesmo"

"O meu iPhone acaba de cancelar unha chamada, pero quizais estaba simplemente gardando un intre de silencio"

"Lamentemos a morte dun home que nunca poderá ser substituído por un modelo mellor"

"DEP Steve Jobs e gracias por crear un mundo no que nunca tiven que mercar un Zune"

Logo están as crianzas irreductibles, exemplos de coherencia e compromiso, oia:

"Público homenajeando a un capitalista...

Entre otras cosas, es lógico que Público esté al lado de personas ricas; teniendo de dueño a Jaime Roures, es lógico. Este último tiene colecciones ingentes de arte, es dueño de Mediapro, La Secta, Diario Púbico etc. etc. etc. Cientos de millones rellenan sus bolsillos. Es un magnate rojo, es un capitalista marxista. Qué arte, juasjuas.

¡Viva el marxismo y arriba España!"

E un que lle resposta cun pouco de xuízo:

"joeeer es increíble como algunos siguen con sus neuras y fobias, y tambien con sus peloteos y filias. Nadie dice que haya que llorar la muerte de un desconocido. Lloramos a los nuestros más cercanos éso está claro, no hace falta que nos lo recordéis algunos. Y también está claro que los que han tenido malas experiencias con sus productos no le vayan a echar de menos.

Así, no derramaré ninguna lágrima por Jobs. Pero soy uno de esos usuarios satisfechos con sus productos. Porque apenas he tenido problemas ni con el mac, ni con el iphone ni con el ipad.

Por ello, le agradezco lo que ha hecho para facilitarme la vida personal y profesional... aunque no ha sido gratis ni mucho menos, no le ensalcen como si fuera un altruista. Ha sido un empresario. Un buen empresario en lo que se refiere a los productos que ha ofrecido a sus clientes. No es poco, por supuesto."
_

Himno ao Raíces Galegas

Educando estudiantes de madrugada dende 1974
o bar nunca gozou do prestixio dos culturetas
                                                                                                de Conde Roa
que só se dignaban aparecer detrás dun polvo antilustrado
especialidade bocata de peituga completo
                                                                                        pásame o tabasco
foto descolorida que sobreviviu a un par de reformas
a galeguización do nome sobre un mascarón de proa
do que Pepe e Vicente non teñen nada que dicir
agora que se van retirando coa discreción
                                                                                        que a sorna outorga.
_

O indomable iPhone 5 de Mao

Hoxe é día de nervios para adictos aos produtos Apple, que non teñen por que ser maqueiros, ou si, e axentes de bolsa. As 7 da tarde é a hora. A compañía non desvelou se presentará un iPhone 4 mellorado e máis económico ou o iPhone 5. Ao mellor é porque nin eles, nin Tim Cook, o saben. Tim Cook, por certo, O Herdeiro, parécese a Bill Gates, O Filántropo, pero non o comenten por aí que poden arruinarlle o negocio. Os nervios son exclusivamente occidentais, eso si, porque os chineses, tan crecidos eles, xa andan co iPhone 5 dende hai semanas, e por 32 euros.

Algúns, pagados por Apple, como lles gusta proclamar a moitos gallardos antisistema dixitais, aseguran que o iPhone 5 da China píllase sen garantía e cunha “indomable pantalla táctil resistiva”. O de indomable pase, pero que sexa "resistiva" é como para preocuparse, a ver qué perigoso xoguete colles coas mans. Pode que o armara O Gran Temoneiro.
_

O novo de Tom Waits



Tom Waits - Bad As Me by antirecords

O vídeo é promoción. O audio é unha das cancións que van en Bad as me, disque para o 24 deste mes nas tendas. Promoción e canción gardan algo en común, o laranxa, unha histeria e un marketing aos que a lo menos eu non estou afeito, aínda que se lle dará unha oportunidade, e se é preciso varias. Non me tomen por un que vai de listo; son un tipo conservador, como Paco Rodríguez, levo mal os cambios.

Se un artista me gusta ten que ir moi lonxe para que pase do seu novo traballo. Non me interesan nin a liberdade nin a radicalidade nin a humildade nin o compromiso nin a poesía pornorevolucionaria do (suposto) S. XXI.
_

Onde o negocio é menor

Hoxe o do Faro ergueuse con ganas de demostrar enxeño: “De Lucas canta un bolero a Machín”. Machín é o adestrador do Numancia, a quen dobregou o Celta, dúas gardenias para ti, non sei se pensando xa no ascenso, no partido contra o Depor ou en resposta á afronta oficial do club soriano, que dende a súa web quentou o partido calificando de trampón ao dianteiro celeste, lembrando o último polémico enfrontamento da tempada pasada.

O fútbol resiste en campos de segunda, podes faltarlle ao contrario coa naturalidade inherente ao xogo. Non vas facerlle nada malo, só te ofende unha decisión arbitral e o expresas, sen esa frixidez e mentida corrección dun Florentino ou un Rosell.
_

Corsarios

Xeso estibo as orquídeas
do seu pescozo sal e cinzas
achas os brazos
                                   faísca borracha
aparello de minchas
esteiro entroido Hölderlin deuses subcontratados
como un lugre descarnado
                                                         na tebra pesada.
_

Por que en Briefing Galego escriben en castelán?

En Quienes somos poñen:

Acabáis de entrar en el Mayor Escaparate de la Publicidad en Galicia.

Punto de unión entre anunciantes, agencias y los mejores creativos gallegos. Si eres agencia  podrás ver los trabajos de los mejores  creativos gallegos y permitir a los anunciantes que vean tus campañas, si eres creativo aquí podrás mostrar tus trabajos a las agencias gallegas y si eres anunciante aquí puedes encontrar la mejor publicidad gallega.

Con esta web se pretende mostrar el gran trabajo publicitario que se hace en nuestra comunidad.  Solo tienes que mandarnos los trabajos de tu agencia o los tuyos como freelance y  nosotros los daremos a conocer.

¡Qué tus campañas  no queden en el cajón de tu mesa!

Co que seguimos sen saber quen son.

Ademais da insultante falta de creatividade do nome; deben pensar que o anglicismo lles dá nivel e xa está. E a cabeceira, en fin, estaría ben para unha peli de terror de serie b. E eso do lugar onde máis ideas choven, ademais de cursi e tópico, non garda relación co propósito da web nin co que se entende por briefing.
_

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet