A eternidade era esto
Aí os van en procesión, como caracois deixando a súa baba no recto camiño da historia, esa procesión maior para a que tamén as autoridades competentes van despexando a marcha de coches e terrazas de bares. XLIII Feira do Cocido de Lalín. Os que se ven son o presidente de todos os galegos e o empresario Fernández Tapias, coas súas capas de comendadores da orde, seguidos de leal acharoado tricorne, pero había moitos máis. Estaba, por exemplo, Florentino Pérez, vitoreado como o verdadeiro rei/presidente. Estaba Neira Vilas, que un bo cocidiño non lle fai mal a ninguén.
Estaba, por último, a pregoeira, a presentadora de televisión Mariló Montero, continuando a imaxe da España de Rocío Jurado adaptada aos tempos, algo menos tetona, menos nai doínte e máis tía cachonda, pero seguindo os pasos da procesión que non cesa.
_
Etiquetas:
política
Encontro no ascensor
Todo apunta a que imos atoparnos no ascensor, por certo, o Celta subindo e o Depor baixando. Aínda faltan uns meses para que remate a liga, pero se os dous equipos manteñen a liña actual o encontro será inevitable. Comportarémonos educadamente, con deportividade, como se di agora; así que a segunda; estaredes ben, é a vosa categoría natural; levade coidado, que este trebello ás veces tolea e podedes dar con Caneda. Sorte.
Se o Celta non sube este ano, eu dimito como seareiro (un pouco de presión nunca está de máis). Que treman Milan, Manchester e mesmo o Barcelona. Sen lle vender o equipo a un xeque árabe (xa nos sobra co outro Mouriño, don Carlos).

fútbol
A culpa é de Lendoiro
Compareceu José Mourinho serio e resignado na sala de prensa de Riazor, as costas tiroteadas cos logos de Estrella Galicia e Novacaixagalicia; menos desafiante do que nos ten acostumados, doído porque o seu equipo debía xogar en domingo e non en sábado, para poder recuperarse do partido contra o Lyon (hai xente influente na federación que odia ao Madrid). O máis rechamante é que recriminou o xogo do Deportivo nos seguintes termos:
“Xogamos contra un porteiro e dez defensas.”
“Só un equipo xogou para gañar. O outro xogou ata a extenuación para defender a súa portería e gañar un punto. Foi penalizado o equipo que o fixo todo para gañar e premiado o que o fixo para defender.”
Alguén recoñece algún equipo que xogara con tanta avaricia? O Inter de Milán do ano pasado, pode ser? Coido que a comparación prexudica ao Deportivo, un equipo empobrecido que non dá máis de si.

O último dos famosos playboys internacionais
O da esquerda da pantalla. O da dereita é Gadafi, xa saben, ninguén é perfecto. O líder beduíno viaxaba por occidente cunha haima que facía as veces de parque temático e tenda, vendendo desexados productos como amazonas virxes, petróleo e gas, con demostracións en directo acompañadas de exóticas liturxias. Algúns hipócritas e cobardes, estos días, renegan da súa amizade, pero seguro que o da esquerda da pantalla, aferrándose baril ás súas intelixentes lecturas xeopolíticas, o defende.
Xa coñecen a canción:
In our lifetime those who kill
the newsworld hands them stardom
and these are the ways
on which I was raised
these are the ways
on which I was raised
I never wanted to kill
I am not naturally evil
such things I do
just to make myself
more attractive to you
have I failed?
Que traducida ven dicir, máis ou menos:
Nos nosos días, as novas
levan aos asasinos á fama
e estos son os costumes
nos que me apoiei
e estos son os costumes
nos que me apoiei
Nunca quixen matar
non son malvado por natureza
fago as cousas
só para resultarte
máis atractivo
fracasei?
E mentras algúns cantamos sen sentido algún da gravedade dos feitos a canción, EE.UU & Cía. saca o seu intimidatorio arsenal de frases (como se saca artillería pesada real; para o conto é o mesmo).
Só podemos encomendarnos, nós e os libios, ao da esquerda da pantalla, con ese atractivo, sinxelo e natural sorriso (teño un viciño que sorrí igual, a min dame un pouco de medo).
_
Etiquetas:
política
Remendo
Dixen natural e sinxelo? Desculpen o erro; naturais e sinxelos son os críticos, os intelectuais, os que rexeitan as palabras sospeitosas cun sorriso natural e sinxelo. Xente con cultura, vida e mundo. Eu non, non non, por favor, quede claro, eu son, digamos, un histérico silandeiro, pedante, estreito e acomplexado. Excusatio non petita.
_
_
Etiquetas:
música
Qué opinas de The King of limbs?
Hoxe fai unha semana que saiu, como unha sorpresa anunciada, o novo disco de Radiohead. Saír quere dicir que o colgaron na súa web como todo o mundo sabe, a 7 euros en mp3 e a 11 en wav, podendo encargarlles o box set (ou como lle chamen) que sacarán para maio, a 36 ou 39 euros, que incluirá dous vinilos de 10 polgadas e a arrepiante cifra de 600 ilustracións. A prensa repetía os interrogantes que abría na industria da música o disco anterior, In Rainbows, mentras os críticos atopábanse de súpeto, sen marxe de escoitas previas, sen eco promocional, sen filtracións, sen cartos de ningunha compañía, co urxente traballo de escribir as súas críticas. Qué pouco valoran ao gremio!
Polo que puiden ollar por aí, aténdonos as valoracións ao uso, os críticos máis conservadores, achando o disco conservador, outórganlle un 6 sobre 10; mentras que os críticos máis listos, contando con que O Tempo Revaloriza as Obras dos Artistas Xenuínos, atrévense cun 8, máis ou menos (sen deixar de laiarse, nada máis comenzar a escribir, por non ter tempo para “ponderalo”).
Para min escoitar o disco, este disco, como calquera outro, é algo un pouco máis natural, máis sinxelo, desculpen a soberbia. Radiohead non estaban mal dende que se deron a coñecer con Creep, pero non me dicían nada. Nin o OK Computer ao que todos se rendiron como adoradores da vangarda de masas me dixo nada claro no seu día, aínda picándoo no pub no que traballaba como logo piquei Kid A (o de que é un disco sen singles é tan relativo). Entráronme, chegoume a hora de flipar, anos despois, hacia adiante e hacia atrás. E atallando chegamos a The King of limbs: non, non descobreron a pólvora de novo, pero tampouco é máis do mesmo, que diría un crítico, e qué máis dá, quedará aí aparcado, que non desestimado porque si, o nome da banda ten peso para min, e cando me entre gozareino, e se non me entra tampouco pasa nada.
Aínda que os entendidos xa elucubran con que o Obra, finalmente, será dobre, e as oito cancións de The King of limbs un suave e enganoso adianto.
Coido que xa me vai entrando, en serio :)
E ti, qué opinas (vale empregar tecnicismos, enciclopedias, lembrar a aquela moza que te tiraste escoitando non sei qué canción...)?

Homenaxe a Joe Strummer
Esta canción, que xa colgara en directo, antes da publicación oficial, fai a número 13 de Río Negro, o novo disco de Juan Perro, e pódese baixar de balde dende a web de La Huella Sonora. As doce anteriores están ao razoable precio de 75 céntimos cada unha (o disco físico, con coidado libreto, a 15’95 euros). Non quero raiar, mais Auserón e a súa xente demostran que outro comercio é sostible, para todos, no desquiciado mundo da música.
O agasallo é unha sinxela operación de marketing que se agradece (a cabuxa tira ao reggae homenaxeando ao desaparecido líder dos Clash). O traballo parte dunha seria ambición artística, así como soa e sen cargar.
_
Etiquetas:
música
Din que foi a falta de vitamina B
Arrincouse a falar
funcionáballe universal
o arado
tivo que pegarse un tiro
sen queixarse
agora que se soportaba
sentíase amado
unha impresionante
colección de libros.
_
funcionáballe universal
o arado
tivo que pegarse un tiro
sen queixarse
agora que se soportaba
sentíase amado
unha impresionante
colección de libros.
_
Etiquetas:
literatura
O banner da democracia
Cuarenta guardias civiles penetraron en el hemiciclo del Congreso a las 8.50 del 24 de febrero de 1981, con armas en posición de disparo, y amenazaron a los diputados que permanecían secuestrados desde la tarde anterior. La irrupción de esa fuerza, que se unió a los que ya vigilaban a los parlamentarios, se produjo cuando Manuel Fraga se levantó de su escaño y lanzó en voz alta: "¿Puede la Guardia Civil tenernos como a una pandilla de forajidos a tantos hombres indefensos?", intervención que fue saludada con gritos de "!Muy bien, muy bien!" y vivas a la democracia y a España. Tras esa irrupción de hombres armados se produjo el conocido incidente de que Fraga se abrió la chaqueta y dijo: "Yo ya no aguanto más... disparen contra mí", secundado por Iñigo Cavero y Fernando Álvarez de Miranda, que también gritaron: "Dispárenme a mí". Los ocupantes lanzaron órdenes tajantes de sentarse, que fueron desobedecidas por Fraga, quien abandonó el salón y al que ya no se le volvió a ver hasta el fin de la ocupación, a las 12.15 de ese día.
El País, 21/02/11
A carón da nova sae o típico banner grimoso, un anuncio do servicio meteorolóxico do Messenger, coa coñecida presentadora de televisión Anne Igartiburu (a lo menos hoxe). Fade in/fade out, repetía como un mantra un programador co que cheguei a traballar que a día de hoxe supoño vivirá en Silicon Valley, terra de promisión.
Non a tomen coa incansable chaqueta multifunción de Fraga. Viven outros moitos demócratas en democracia.

Papá rifándolle ao fillo
A coincidencia comenza a mosquear: dende que Piqué sae con Shakira, no campo non se entera de nada. Interpreta mal as xogadas, erra, chega a destempo, non está no seu sitio, anóxase como un neno pequeno. Pasaron unhas semanas dende que Guardiola se gabou de ser un excelente adestrador e non un pai, e semella que si, que rematará tendo que facer de pai e asesor matrimonial. Piqué é titular merecidamente indiscutible polo de agora. Entre o sonambulismo e a prensa rosa, pode deixar de selo.
Andar encoñado está ben, sexa cunha tía famosa ou descoñecida, mais a un profesional que cobra unha fortuna coido que se lle pode esixir certo desapego á hora de xogar. Chámenlle moralismo de pobre e sigan gozando das cadeiras colombianas.

Razoamento
Segundo Galicia Bilingüe a inmersión lingüística que se aplica na comunidade é discriminatoria porque afecta só a nenos castelanfalantes. Esto... perdinme; esta xente, ademais de boa xente, é demasiado intelixente para min.
_
_
Etiquetas:
política
Ganar por puntos
Concordia universal: o novo disco de P. J. Harvey é a ostia en verso, insuperable, lo más de lo más y lo tope de lo tope, muñequita, e van os de Pitchfork e concédenlle un 8’8, os miserables. Quen asina a crítica é Scott Plagenhoef, nada menos que o editor xefe da biblia; el saberá o que fai gardándose o 1’2 restante para si, expoñéndose á ira do Altísimo. Cren que estará a tempo de rectificar?
A min polo disco non ten sentido que me pregunten, xa que non sei facer outra cousa que rirme dela (por diante), e envexar o seu talento e o seu éxito (por detrás). Linlle unha entrevista a semana pasada só para relamberme na miña malevolencia barata, porque, sexamos serios, ninguén se impón metas tan elevadas como Ela, ninguén é tan creativamente inquieto, tan honesto, tan radical, tan insubornable no seu afán de expresar con orixinalidade o que sinte, o que pensa. Obsérvese que para escribir o novo disco, ao que dotou como eixo temático da guerra (así, en conceptual, pero en concreto, claro), gardouse o seu rexio desprecio por internet aducindo que lle serviu, á hora de documentarse sobre sucesos bélicos, para coñecer testemuños de primeira man, complementarios á historiografía oficial, porque o que buscaba, di, era comprender todos os puntos de vista. Para alivio da humanidade, finaliza, non perdeu nin un minuto en internet que non lle axudara ao seu traballo, porque internet é malo, pero, para alivio da humanidade, desculpen a repetición, Ela é moi disciplinada.
(Inciso: un debate sobre a disciplina é patético; cada un traballa como mellor lle ben; precisar un Mac, retirarse ao monte sen cobertura, rezar, estudar, tomar notas, tomar drogas, erguerse ás oito da mañá, deitarse ás 11 da mañá... non quere dicir nada. A non ser que alguén cargado de prexuízos queira asocialo automaticamente cunha forma de ser que lle desagrada. Como é o meu caso).
Cada día, cada disco, a verdade, P. J. Harvey está máis guapa, joder. Eu xa lle escribín todo tipo de cartas, inspirándome en poemas de John Donne, en anuncios de contactos (con coiro e látego e esposas), sendo discreto, procaz, platónico, intelixente, parvo, decidido, humilde, tiránico, burgués, marxista, Mahatma Ghandi, Rocco Siffredi, indixente, Marianne Faithfull, altermundista, Aznar, Batman, procurador da propiedade, votante do PSOE e o PP e Tony Blair e o Bloque, mesturando, creando, crendo, sendo... non me respostou nunca, aínda que, agora que o penso, o mesmo é porque Ela nunca olla o seu correo, que é moi disciplinada.
E o Scott Plagenhoef concédelle un 8’8. Qué saberá el desta muller que te deixa pampo.

A nova entrevista a Josele
Hai un par de noites entrevistaron, para Hoy empieza todo, a Josele Santiago e Pablo Novoa nos estudios onde gravan o que será o cuarto disco do madrileño, que sairá por abril. As entrevistas en Radio 3 a Josele, dende os comenzos de Los Enemigos ata agora, dende Jesús Ordovás a Ángel Carmona, sempre son interesantes e amenas. Como ademais surxen razoablemente espaciadas nos anos, nunca se fan cargantes. Diferencias si que hai, pero non as explicarei poque sería unha estupidez.
A Josele nótaselle que concede a charla como unha parte inherente (con perdón) do seu oficio, a promoción, sen cascarse pallas mentais, sen divismos nin malditismos, de tranqui e co colega. Nada máis. Deixo a ligazón, que non a deixan copiar.

Nunha parada de bus
Cen homes gabéanlle a faciana
lacéranlla
a pólvora e o trigo
a lúa e o camiño
con intención falsa
publicariamos un libro
para que eu gozara
dun prestixio público
e/ou privado
ónde vas mariñeiro peruano
tan lonxe dos anos que queiman
o barco.
_
lacéranlla
a pólvora e o trigo
a lúa e o camiño
con intención falsa
publicariamos un libro
para que eu gozara
dun prestixio público
e/ou privado
ónde vas mariñeiro peruano
tan lonxe dos anos que queiman
o barco.
_
Etiquetas:
literatura
Concerto no que se cumpren as normativas
Aclarou o Ministerio de Sanidade que a lei antitabaco prohíbe fumar nos txokos, onde se xuntan as populares sociedades gastronómicas vascas. Exemplar, ao meu entender, o Ministerio, que non quixo desentenderse da saúde dos criminais independentistas. En Madrid queren unha España unida e san. A aplicación da lei, sen embargo, recoñecerán que é un punto delirante. Un grupo de amigos reunido nun local privado, a miúdo un baixo familiar, non pode fumar, o que queira fumar terá que saír á rúa; eu podo fumar nunha habitación pechada na que xoga a miña filla.
Mentras agardan a que Clemente se pronuncie sobre o asunto, poden escoitar a Víctor Coyote. Cantando nunha librería madrileña, o artista de Tui convidou ao público a saír fóra para poder botar un pitillo, entre tráfico e colectores do lixo. Que non se entere a Señora Ministra, non vaia pillarse un desgusto.
_
Etiquetas:
drogas
Hoxe escribe Ferlosio
En EL PAÍS del 19 de diciembre de 1992, Rosa Montero critica, con relativa justicia, un anuncio, del que llega a decir "merecería ser prohibido", sin atreverse, no obstante, a mencionar la marca -pone XXX en el lugar de su nombre- ¿Qué es esto? Criticando la actuación de un político o la obra de un pintor o un literato no habría silenciado nombres propios, ¿por qué la marca de un producto, que a través del anuncio se hace no menos público que esa obra o actuación, va a tener derecho a tal inmunidad? Es un equívoco terrible que el interés de las empresas de iniciativa privada sea homologado como interés particular y se arrogue el derecho a ser respetado por cualquier voz que pudiese causarle un perjuicio económico. ¿Es que cuando el liberalismo haya alcanzado su meta de la privatización total los empresarios de los transportes o de la sanidad van a poder mantener su gestión a salvo de cualquier crítica, en nombre de la sagrada inmunidad del interés particular? Ítem, ahora que los anuncios han pasado de la cuña intercalada a formar el contenido mismo del programa, de suerte que la televisión ha sido totalmente fagocitada por la publicidad, ¿el derecho a la impunidad del interés de los empresarios anunciantes va a imponer el silencio a cualquier crítica de la televisión? O bien, siendo la publicidad la manifestación cultural aplastantemente dominante del liberalismo y de la economía de mercado, ¿qué ocurrirá si, tal como parece pretender, se erige en intocable?
Se queren ler máis, aí vai a reflexión enteira: Nadie puede con la bicha/1 e Nadie puede con la bicha/2.
_
Se queren ler máis, aí vai a reflexión enteira: Nadie puede con la bicha/1 e Nadie puede con la bicha/2.
_
Etiquetas:
cultura
A fratricida loita pola alcaldía de Santiago
A sagaz redacción do Correo púxolle a Bugallo o pouco inmortal alcume de “El Tibio”. Igual se pensan que lle van facer dano ou cóxegas. Chámalle parvo ti a Bugallo. Como naquelas viñetas de Forges, poderiamos desenrolar o seguinte cuestionario:
- Oficio?
- Alcalde de Santiago.
- Xa, eso é agora, pero antes tería vostede unha ocupación, e despois...
- Non entendo o que di, eu sempre fun alcalde de Santiago, e supoño que o seguirei sendo.
- Antes de vostede foino Xerardo Estévez, sen ir máis lonxe...
- Si, home, pero eso foi antes de que eu nacera... a ver, que non pasa nada, eu só digo que son o alcalde, de toda a vida, non?
Para min que perden o tempo, pero non sei, non me imaxino a Conde Roa co bastón de mando. Queridos composteláns, quitaquita.

25 anos de oprobio
Onte ollei o comenzo da Gala dos Goya. Primeira e derradeira vez. Non me motivaba o suposto morbo creado polas desavinzas entre a Ministra de Cultura e o Presidende Saínte da Academia, que nin sequera sei o que dixo no seu tan agardado discurso (Álex de la Iglesia debe ser un tipo cojonudo, pero ler dame preguiza). A motivación era unha reacción: a polémica, irritante, omnipresente Ley Sinde, espertou a miña curiosidade sobre eso que chaman O Cine Español, e qué ollei no reparto de premios deso que chaman O Cine Español? Ollei unha imitación dos Oscars, si en Hollywood a alguien le pica un huevo, aquí todo el mundo se rasca; un show ridículo do que o presentador, Andreu Buenafuente, non era culpable; un autobombo patético, risos, rígor mortis, palabras antinaturais, un dispendio de mal gusto, modelos e fracs de aluguer.
Como deixou dito Josep Pla, y todo esto quién lo paga? O discurso simplifícase e quen ten que pagar son os internautas, os piratas, non hai voltas que darlle mentras sacan o careto de Leire Pajín, a saber qué lle desagradaría tanto á Señora Ministra (de haber xustiza neste mundo, desagradaríalle a imaxe que lle devolve o espello).
Por certo, foi o resto do gabinete, Elena Salgado, Zapatero?
Esteban González Pons, vicesecretario de comunicación do PP (unha póla máis da farándula), veu dicir que o seu partido non, pero que el estaba en contra da Ley Sinde.
Son todos uns fenómenos.

cine
Hamlet sabe do que fala
Observas distintas fotos de Lluís Bassets e comprobas que en todas sae como o Pensador de Rodin, en azul suorento, independentemente do que estea a facer e onde. A Rodin era para facerlle unha estatua: como Shakespeare, marcou tendencia.
Non me molestar, non vedes que estou pensando?
_
Non me molestar, non vedes que estou pensando?
_
Etiquetas:
prensa
O amor é o que ten (II)
A folla parroquial non furrula ben. Quería ler un artigo dese xenio da xeopolítica chamado Lluís Bassets, titulado “Desislimización”, que soa que te cagas, pero sae a páxina en branco, co cal me teño que imaxinar todo o que escribiu. A folla parroquial, por se alguén non o pilla, é un termo acuñado por Rafael Reig para referirse a El País.
Nada, sigo probando e non vai. Despois que non veña contando películas o xenio; démoslle sobradas oportunidades.
_
Nada, sigo probando e non vai. Despois que non veña contando películas o xenio; démoslle sobradas oportunidades.
_
Etiquetas:
política
O amor é o que ten
Na folla parroquial puxeron que las Fuerzas Armadas tranquilizan a Israel con un comunicado bien recibido por Netanyahu. Uf, menos mal, xa poden os exipcios ir tranquilos á cama.
_
_
Etiquetas:
política
Falso dominó
Dende agora, dende agora e nunca antes, a raíña de Xordania é considerada unha puta cara. Estache o pobo indignado, non como aquí, que temos unha raíña, unha princesa, un príncipe, un rei “campechano” e demais borbónica familia. Vas comparar.
_
_
Etiquetas:
política
Josep Pla e a F1
Un compañeiro suxire o regreso de Kimi Raikkonen ao circo, ocupando en Renault a vacante de Kubica, que se espetou o outro día contra unha igrexa participando no rallye Ronde di Andora. Sentindo, como é natural, o grave accidente do piloto polaco, o compañeiro, deixándose levar por unha euforia que sabe que eu comparto, remata a súa entrada reivindicando a Raikkonen como candidato a presidente (do que sexa), o que me leva á entrevista que lle fixo Pániker a Josep Pla no 65:
[...] El nivel medio político del mundo es muy bajo, pero contiene cierto sentido común, un cierto instinto de no molestar a los demás y de no ocasionarles más sufrimientos del que ya tienen. Éste es el objetivo general de la política en el mundo. Éste y el mantenimiento de la paz.
–¿El pueblo desea la paz?
–El pueblo desea que los restaurantes estén abiertos, que las cloacas funcionen y que haya sitio en los autobuses. Yo he visto a las amas de casa alemanas volverse histéricas en las colas del pan durante la inflación. Porque el caso es que todo tiene un límite. Esto de que el hombre posee una resistencia ilimitada es una leyenda, que probablemente inventó Plutarco, totalmente falsa y estúpida [...].
Cal sería, entón, a diferencia entre o goberno de Raikkonen, Obama, Stalin, Berlusconi, Margaret on the Guillotine, Tarja Halonen ou Francisco Franco? Poden preguntarllo ao propio piloto finlandés, e votar en consecuencia, como lles gusta dicir agora.

f1
Labor de presidente
Hoxe, máis que contentos, algúns sentímonos aliviados. A xente de Feijoomente, desvelando as mentiras de Feijóo, está de volta. Dende o 14 de outubro sen publicar nada, temiámonos o peor, un axustizamento (obsérvese a perversión da palabra), unha depuración, unha deportación disfrazada de legal cambio de destino, ti ao Courel, sen ordenador, móbil nin cafeteira, cabrón, papán, acaso non sabes que publicas o que nós te deixamos publicar? Poderás volver a facelo, pero agora vaste ao Courel unha tempada, de topógrafo da nada de Galicia.
Rían, rían, chámenme flipado e enfermo; non é máis que unha fantasía, pero a posibilidade de que ocorrera, dun xeito ou outro, é real, que para eso está o presidente de todos os galegos, para repartir xustiza e cumprir rapidamente o seu programa.

Os traballos distintos
Apaixoante proxecto o de Raül Fernández, Refree. Pop impecable facturado por un tío que evita constantemente as manidas fórmulas do pop. Cantautor, na medida que interpreta as súas composicións, non no cansino sentido tradicional. Inquieto, libre (o que non son os cantautores hoxe en día, autoconfinados na retórica e a impostura, espesos, ridículos). Aberto a tantos estilos, cun discurso xenuíno, cante en catalán ou en castelán. O seu último traballo, Matilda, serviu para inaugurar as andanzas dese selo atípico, Marxophone.
O que colgo pertence a Els Invertebrats, disco do 2007 que gravou co trío de jazz experimental (pero accesible e con algo que dicir) Sweet Cut. Para sorprenderse escoitando un tema tras outro, un disco tras outro, que xa leva cinco, dándolle clases dunha amable modernidade a xente como Ismael Serrano.
_
Etiquetas:
música
Aliado de súpeto antidemocrático
Xa podemos estar tranquilos; falou Obama, o primeiro presidente negro dos EE.UU., oíches?, é duro ser negro, foi vostede negro algunha vez? eu fun negro unha vez, cando era pobre, dixo o boxeador Larry Holmes, pero Obama quería falar de Hosni Mubarak, a súa negritude é un asunto superado, e din que foi bastante explícito: o futuro de Exipto debe ser elexido polo pobo exipcio, nunhas eleccións limpas e imparciais [sic]. Cominou ao vello aliado a permitir un ordenado proceso de transición hacia a democracia que maxistralmente podería pilotar (como diría un xornalista) o actual vicepresidente, Omar Suleiman, poderoso xefe da Oficina de Intelixencia, discreto e eficaz mediador da oligarquía internacional na rexión, demócrata de confianza, en fin. Os fieis, prostrados en oración hacia a Meca, deberon xirarse hacia Washington; Hosanna, cantamos a coro en Europa.
Todo arranxado, aínda que o marketing obrigue nestos casos a empregar vaporosas fórmulas de cautela, será un camiño longo, queda moito por facer, non será doado, debemos permanecer unidos ante os que obstaculicen a nosa ascensión a un mundo xusto e libre, se esos retrasados dos exipcios queren clases sobre cómo levar unha transición, que contacten co goberno español (ás veces permítese unha linguaxe, digamos, máis franca, pero sempre pensando na prosperidade do país). Se Washington lles queda moi lonxe, que se inclinen hacia Xerusalén.

Canción do 2 de maio
Así é como o Rei, querendo demostrarlle o seu Real aprecio, dispensoulle o título de Marqués ao escritor peruano-español Vargas Llosa, a quen, a partir de agora, deberemos referirnos como Marqués de Vargas Llosa. Encántame. Sobre todo, encántame eso do Real aprecio. Encántame (dentro, por suposto, do meu vulgar gusto). Aproveitando a Real magnificencia, quixera reivindicar a figura de Fernando Savater, que como paxe, ou mordomo, se queren, non tería competencia.
Sen ánimo de contrariar aos señores, convídoos a escoitar esta canción, Malasaña, do novo traballo de Juan Perro (nas tendas dende o día 1); tranquilos, non fala dunha república non utópica; é unha canción de amor adicada a Esperanza Aguirre.
_
Etiquetas:
política
O xoves, callos
Nun bar do
Tránsito dos Gramáticos
estanco o viño bravo
brión de comiño nas pedras
como mans
libros un ar de andoriñas
á sombra de máis
rapazas en flor.
_
Tránsito dos Gramáticos
estanco o viño bravo
brión de comiño nas pedras
como mans
libros un ar de andoriñas
á sombra de máis
rapazas en flor.
_
Etiquetas:
literatura
Marketing segundo Sánchez Ferlosio
«En el Juan de Mairena de Antonio Machado hay un pasaje que viene aquí muy a propósito: “Imperdonable —decía don Miguel de los Santos Álvarez—, imperdonable que haya escrito usted un drama trágico en cinco actos tan malo como ése: ¡con lo fácil que es no escribir un drama trágico en cinco actos!”.
Eso es exactamente lo que digo yo de la Conmemoración del Descubrimiento de América en su Quinto Centenario.»
Final dun breve ensaio de Rafael Sánchez Ferlosio sobre os fastos da Expo de Sevilla, no 92, titulado “Compulsión apologética y marketing de Estado”, no que aproveita para prestarlle algo de atención a Deus, o Home, a Modernidade e o reverendo monseñor sir Karl Popper. Non o atopo en Google, así que os interesados poden buscar o número 12 da desaparecida revista Archipiélago ou pillar o libro “El alma y la vergüenza”.
Un publicista podía sacar ideas ben xeitosas da súa lectura.

marketing
Unha cadeira de rodas en Canadá
Vic Chesnutt sufriu un accidente de tráfico aos dezaoito anos que o condenou a unha cadeira de rodas, parapléxico e cun uso limitado das mans, o que non lle impediu tocar a guitarra con habilidade e compor cancións notables, chegando a gravar dezasete discos. Foi antes coñecido polo seu talento e honestidade que polas súas limitacións físicas; non era un mono de feira. Suicidouse no 2009, con 45, e, como di Pániker, un respecto para os suicidas.
Os Cowboy Junkies (junkie quere dicir ionqui, non ianqui), inmersos nunha intensa madurez creativa, acaban de sacar un disco con cancións de quen colaborara con eles no 2007. Abstéñanse morbosos e tetrapléxicos propagandistas da vida.
_
Etiquetas:
música
En solidariedade con David Bisbal
Confeso que de seguir así acabarei abríndome unha conta en Twitter. Polos trending topics, que non deixan de ser os parentes guapos dos comentarios aos que me refería onte. David Bisbal, a quen propoño seriamente como enviado especial en Oriente Próximo (recalco, seriamente) de calquera xornal serio, twitteou esta frase: “Nunca he visto las piramides de egipto tan poco transitadas, ojala que pronto se acabe la revuelta”.
A única diferencia entre esta frase e os sisudos artigos dos especialistas é que carece de malicia. O partido de Hosni Mubarak, ese aliado do que comenzan a renegar, aínda pertence á Internacional Socialista. Si, o insulto é o único que nos queda.

Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2011
(375)
-
▼
fevereiro
(35)
- Un canario que agora está durmindo
- A eternidade era esto
- Encontro no ascensor
- A culpa é de Lendoiro
- O último dos famosos playboys internacionais
- Remendo
- Qué opinas de The King of limbs?
- Homenaxe a Joe Strummer
- Din que foi a falta de vitamina B
- O banner da democracia
- Papá rifándolle ao fillo
- Razoamento
- Ganar por puntos
- A nova entrevista a Josele
- Nunha parada de bus
- Concerto no que se cumpren as normativas
- Hoxe escribe Ferlosio
- Nobody spects the Spanish Inquisition!
- A fratricida loita pola alcaldía de Santiago
- 25 anos de oprobio
- Hamlet sabe do que fala
- O amor é o que ten (II)
- O amor é o que ten
- Falso dominó
- Josep Pla e a F1
- Labor de presidente
- Os traballos distintos
- A solemnidade é espantosa
- Aliado de súpeto antidemocrático
- Canción do 2 de maio
- O xoves, callos
- Marqués de Vargas Llosa
- Marketing segundo Sánchez Ferlosio
- Unha cadeira de rodas en Canadá
- En solidariedade con David Bisbal
-
▼
fevereiro
(35)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.