O goberno quere retrasar en dous anos a edade de xubilación. Os 65 como data para tirar as ferramentas está vixente nada menos que dende 1919. Tocaba perfeccionar o sistema, porque con tanta saúde e benestar a esperanza de vida non deixa de prolongarse, e porqué imos traballar uns poucos para que outros moitos vaian sentar ao parque a botarlle billetes de 500 ás pombas. O ideal, xa se sabe, é currar toda a vida, xubilarse e palmar inmediatamente. Polas contas do Estado. Polo ben de todos. Á CEOE non lle parece unha mala idea, aínda que se non se abarata o despido de pouco vai servir, mais que non se preocupen os señores empresarios, comenzando por ese xenio chamado Díaz Ferrán, que ZP é unha persoa sensata, mesmo antes de ser presidente cedera xa ás súas esixencias; acontece que como socialista optimista que é non vai soltarnos de entrada aos pobres ignorantes que non temos nada que rascar (“OTAN, de entrada no”, ¿lembran?).
Esto vai dentro dun paquete de medidas destinado a demostrar que son serios e eficaces nestos tempos críticos, coa coartada de garantir o cobro das pensións a partir do 2020. Para eso están os think tank; hai que bombardear á "opinión pública" con medidas, dá igual qué medidas, o caso é bombardear, mentras o río dos cartos segue o seu tranquilo curso. Bombardear ás pombas, aos vellos, aos bancos de madeira, aos fumadores, aos carballos e aos currantes. Para eso pensan, e cobran ben.
<>
A canción do recluso
por cántos estados podes pasar durante un día
kraken dos meus osos, argueiro, puta
qué foi da miña famosa liberdade
alí onde se escondía todo o que vía
certo é que, como unha multa
salgada
tampouco a quero
e por eso fican os números a cero
<>
kraken dos meus osos, argueiro, puta
qué foi da miña famosa liberdade
alí onde se escondía todo o que vía
certo é que, como unha multa
salgada
tampouco a quero
e por eso fican os números a cero
<>
Etiquetas:
literatura
A primavera en Islandia
Imos refrescarnos un pouco coa canción do anuncio do Fiat Punto Evo (Morales). A autora é Emilíana Torrini. A historia é sinxela; emigrante italiano monta trattoria en Islandia, illa famosa polas súas pizzas en forno de leña e modelo de libre mercado actualmente en bancarrota; cousas que pasan; a rapaza naceu preto de Reikiavic e aceptou un papel como cantante nunha película do “Señor dos Aneis” rexeitado por Björk. Os contratos e a sona eran cuestión de segundos.
Pódese dicir que fai rockabilly ye-ye. Os islandeses, comenzando pola propia Björk Guðmundsdóttir (pronúnciese ˈpjœr̥k ˈkʏðmʏnstoʊhtɪr, pono na Wikipedia), están un pouco trascados; se El País os louvou reiteradamente como exemplo de expansión económica será por algo.
<>
Etiquetas:
música
Nin o PP atrévese a tanto

Qué tenro o esforzo dos partidos políticos por namorar ao electorado. Namorar, si, que os tempos do programa e o compromiso pasaron definitivamente á historia; agora o que se leva é compartir soños, agasallar sorrisos, espertar cunha ilusión ou, este xa é algo máis revirado, que te expliquen a túa felicidade, se queres. Os partidos políticos, que algún flipado toma por saurios obesos, queren conquistar á Xente, á Rúa, por eso se gastan unha morea de pasta en marketing e outras valoradísimas disciplinas emparentadas; todo queda escrupulosamente detallado na factura da axencia.
Velaquí o logo de CIU para as inminentes eleccións cataláns. Naïf, dixeron. Só se trabucaron coas letras e con ese pegote que representa un sol coa bandeira dentro, que arruina todo o que de naïf puidera ter o conxunto. Non por naïf é bo; os da axencia quixeron casar o rollo moderno coa seriedade que se lle supón a un partido como CIU e saíulles mal.
<>
Etiquetas:
marketing
O precio pode axustarse

Box set de “Once in a lifetime”, recopilatorio dos Talking Heads polo que se levou un grammy Stefan Sagmeister no 2005. O premio é o mesmo ao que están nominadas este ano Neko Case e Kathleen Judge, best recording package. Neste caso semella axustarse máis ao que aquí entendemos por packaging (envoltorio, embalaxe, caixa... aínda que nun sitio lemos “corporizador dos valores das marcas”, jaja). As pinturas son de Vladimir Dubossarsky e Alexander Vinogradov, dous moscovitas que debían adorar os bustos de Stalin e o realismo socialista tanto como David Hockney e Gauguin.
As pinturas quedan perfectas para o maxín do grupo, aínda que non se poidan apreciar ben porque a foto é mala e me nego a tirarme horas buscando unha boa. O que importa é a referencia que logo “corporizarán” pagando uns 38 dólares, os que poidan permitirse a “corporización” (esto non pasaría na URSS).
<>
Etiquetas:
deseño
Cómo medir unha maioría social
A Consellería de Educación dixo que a folga de onte perpetrouse contra “a maioría social”. Non entramos na manida guerra de cifras. ¿Qué entenden por maioría social? Unha maioría pírrica devolveulles o seu trono da Xunta; prometeron, prometeron a Galicia Bilingüe, a Rosa Díez, a Génova, con quen nin sequera están en condicións de cumprir. Maioría suficiente, en todo caso, para o trono. O de gobernar seica é secundario: aí non importan nin maiorías nin minorías, que se entendan entre os pais e que non fodan.
Descúlpenme o didactismo preescolar, pero ¿para qué se establece e elixe un poder lexislativo, executivo e xudicial? ¿Cómo funciona o asunto? ¿Para qué lle consultan nada á RAG? Que fagan o que lles vai a eles, trepar, en Madrid, e a nós que nos deixen cos nosos complexos.

política
O do 3º H chánalle ao alemán
Teño un viciño, co que coincido ás veces no bar, que manexa o alemán, como se soe dicir, “con fluidez”; naceu en Hannover; o pai foi dos últimos emigrantes, Muxía, mediados setenta. O rapaz, que non é tan rapaz e ten dous fillos, confesa abertamente a súa admiración polo Mein Kampf, e a min pasoume un par de discos de Rammstein. José Couto Adler, que esos son o seu nome e apelidos, está encantado con eso de que pais e fillos decidan as linguas no colexio, por razóns obvias, se ben lle choca o desgoberno, que a autoridade delegue nas familias con tanta alegría.
O de dominar idiomas está moi ben, comenzando polo alemán se quere, máis que comprobado, pero aquí e agora o prioritario é salvar o noso; unha política de inmersión lingüítisca está xustificada historicamente, de non aplicarse, o galego reducirase ás romarías e á festa da empanada. Eu é que son un extremista acomplexado, como Carlos Callón.

A SGAE contra as barberías: a saga continúa
A semana pasada era Víctor Manuel, que dixo que se casas e pagas por uns langostinos para 200 persoas, porqué non vas pagar pola música. Está claro que as bodas xa non son o que eran, antes polo menos había uns peludos, cigalas, camaróns, ameixas, vieiras, rodaballo ao limón, cordeiro asado, tarta nupcial, licores, puros, rioja e albariño (falamos dunha boda “normal”, coas familias dos noivos atravesando apuros económicos); agora todo o que podes facer é pedir un crédito ao banco para pagarlle á SGAE e, co que sobra, pillar uns langostinos conxelados, que non só de música viven os convidados.
Esta semana foi Ramoncín, que a quen pille o seu sofisticado equipo de avogados, on line ou non line, ríndose del, métenlle un puro (dos outros).
Onte a quenda correspondíalle aos salóns de peiteado. Quizáis Ana Belén, ou Ramoncín, ou Teddy Flautista (Víctor Manuel non, que el ven da mina), quizáis algún deles, diciamos, foi cortar o pelo, ou facerse unhas mechas, e, co seu agudo sentido da música, metida a cabeza na cabina do secador, decatouse de que alí soaba... “El hombre del piano”. Veña puro.

espectáculos
Rosa Díez: A metástase 2
Saben esas películas nas que a acción desenrólase dentro dun corpo humano? Os bos e os malos loitan no páncreas, no fígado, entre o aparato reproductor, os primeiros proxéctanse dende o corazón, navegan polas arterias ata o cerebro, alí non hai ninguén, baixan polas veas, unha emboscada nos liviáns, precisamos reforzos, están por todas partes, un disparo, córtase a comunicación, suspense. Se o director aposta por unha película “dura”, “realista”, as imaxes poden resultar desagradables para o espectador, pero moitos coincidirán no seu valor pedagóxico ou divulgativo.
Xa saben a onde queremos chegar: Rosa Díez conta con obter escano no parlamento catalán, logo do éxito nas eleccións vascas do ano pasado. A Península Ibérica é un corpo humano que padece un cancro terminal, e Unión Progreso y Democracia son os leucocitos qué potitos que darán a súa vida pola saúde de todos.

O éxito de Neko Case
Lembran a Neko Case, de quen falamos aquí hai unha tempada? É candidata a dous Grammy. Con todo o que lle teñen chamado, quero dicir, con todas as etiquetas que lle puxeron á súa música, tiña curiosidade por saber en qué categorías estaba nominada, o que aclara na súa web: mellor álbum de folk contemporáneo e, atención, best recording package, que non debe ser packaging, máis ben deseño de carpetas, carátulas, posters, flyers e todo eso, compartido con Kathleen Judge. Estaría ben que se levaran este último premio.
O outro non lle faría xustiza; ela fai “algo máis” que folk contemporáneo. A tía, como unha boa punki, non quere grabar para multinacionais nin saír na MTV (ata lle propuxeron posar para Playboy). Non sei cómo levará o das nominacións, pero se lle serve para chegar a un público máis amplo, adiante.
<>
Etiquetas:
deseño
Devocionario de luns
O Barça quedou eliminado da Copa, xogando unha segunda parte marabillosa, e aí segue, xogando como se gustan e con Iniesta levitando entre contrarios sen despegarse da herba. Os de sempre falan de Síndrome de Stendhal. O que eles digan, e que fiquen os blaugranas fora de máis competicións, a nós non nos preocupa.
Nin “Pe” nin Pedriño ganaron nos Globos de Ouro. Habería que celebralo como corresponde, como se fora a séptima copa da tempada.
<>
Nin “Pe” nin Pedriño ganaron nos Globos de Ouro. Habería que celebralo como corresponde, como se fora a séptima copa da tempada.
<>
Etiquetas:
espectáculos
Exposición de/ou sobre Sonic Youth

Os de Sonic Youth son uns esnobs insufribles, pero son precisos. Agora venden unha exposición itinerante que recalará en Madrid o mes que ven, algo así como un recopilatorio de toda a súa obra gráfica, tanto a realizada polos propios membros do grupo como as colaboracións e doazóns de outros artistas; fotografías, acuarelas, "instalacións"... todo moi contemporáneo e con nomes sagrados do underground para ricos con licenciatura (Richard Kern, Christian Marclay).
En moitos sitios aseguraban hai pouco que a de "Daydream Nation" era a mellor portada da historia do rock. Non está nada mal, co mérito de dar prioridade ao sentido do disco en detrimento do típico "onanismo de autor", pero igual é excesivo.
_
Etiquetas:
arte
I'm a poet, Mr. Botín
tempo
moeda gardada no peto
cargada de vento
camiño do banco
americana de estrugas
laranxas
imaxe
carraxe no debe
e no haber un logo
hai que querer masticar tartarugas
para xogar ao golf
golfo sen gracia
ti sempre ganas
verdade
<>
moeda gardada no peto
cargada de vento
camiño do banco
americana de estrugas
laranxas
imaxe
carraxe no debe
e no haber un logo
hai que querer masticar tartarugas
para xogar ao golf
golfo sen gracia
ti sempre ganas
verdade
<>
Etiquetas:
literatura
Bin Laden, voceiro de IU
Mirarían o retrato robot de Osama Bin Laden “na actualidade”, sacado dunha foto de Gaspar Llamazares, o de IU. Os servizos de intelixencia estadounidenses, ademáis de ser a hostia, é que son intelixentes, e mesmo teñen a algún que manexa Photoshop. Non é ningunha carallada; eu, se fora Llamazares, coidaríame de pasar preto da embaixada norteamericana; seguro que teñen a media ducia de francotiradores apostados no tellado. Imaxinen a conversa telefónica logo do disparo:
- Señor, temos a Bin Laden, morto.
- ¿Cómo que teñen a Bin Laden, mor-to? ¿Vostedes non son os encargados da seguridade da nosa embaixada en Madrid?
- Si, señor, por eso. Vimos a foto que nos mandaron de Bin Laden e era el.
- ¿Cómo que era el? ¿En España?
- Si, señor, como o oe, polo visto facíase pasar por voceiro dun grupo comunista demócrata no parlamento.
- ¡¿Comunista demócrata?! Axente, non diga parvadas, non hai ningún comunista demócrata, demócratas somos nós, uns demócratas e outros republicanos, e non hai máis.
- Vale, pero era el, xa estamos enviando ao Pentágono as fotos da persoa abatida. ¡É el, señor, é el!
- Señor, pois xa pode ser el, bueno, e se non é el que se jodan, desculparémonos formalmente ante o presidente da nación, que non sei cómo se chama agora... ¡Mande esas fotos, axente, coa maior prontitude!

ETA averiounos o lavapratos
Non me queda outra que denuncialos, non temos a culpa de que merquen mísiles defectuosos para cargarse a Jose María Aznar. O aborto de atentado representa un salto cualitativo con respecto ao de Carrero Blanco (xa non se fan explosivos como os de antes), dun atentado terrorista efectivo, teóricamente xustificado pola historia, a un despropósito que elevaría ou elevou ao entón presidente do goberno á categoría de mártir. Recoñezo que, contra todo pragmatismo político, non me disgustaría ver morto a ese subnormal, pero que pensen un pouco, e se mercan artefactos malos, que non se adiquen a roubar motores e turbinas nas casas. Que vaian a Media Markt.
Agora temos que chamar ao servizo técnico, pagar o desprazamento, as horas e as pezas novas, co que case nos compensa mercar un lavapratos novo, ou cambiar de ideoloxía, aínda que as ideoloxías xa non valen para nada, son un peso morto, agora lévase a “acción cívica despolitizada”, como na FAES, a maior gloria do ex presidente.

A illa da frivolidade negra
Ven á cabeza aquel verso que repetía César Vallejo sobre a Guerra Civil: “España, aparta de mi este cáliz”. Qué riso, un cáliz, en Haití non se andan con medias tintas, as cousas ou se fan ben ou non se fan, e derramáronse sobre o pobo “as sete copas da furia de Deus”, como lembraba hoxe Barreiro Rivas citando o Apocalipse (16.1). Un cachondo mental, o Deus este. Arrasada polo “civilizador” colonialismo europeo, escravizada, ganada unha independencia patética, presa dunha dictadura perpetua, miserenta, analfabeta, un bo lugar para sacar fotos que “firen a sensibilidade”, ganar premios e montar unha ONG. Cada lustro, máis ou menos, pasa dun esquecemento a outro, portada efectista dos medios, porca excusa para a porca solidariedade de Washington ou Pekín. E nós non somos distintos, tamén caímos na trampa, sabemos quedar ben.
Dentro de 15 días, cando as sombras calen sobre a máis fedorenta pobreza (hai escalas, como a Richter), confío en ser millonario; pasarei a finde en Las Vegas, xogando á ruleta e follándome putas de luxo, ao mellor compartíndoas con Deus, que todo o que é meu é seu e para eso somos colegas. Juan Perro cantaba: “Cozumel, dale cobijo a mi piel, que está siendo perseguida”.

deportes de inverno
Entrevista
Con José Manuel Suárez, Presidente da Asociación de Pedagogos de Galicia, no Faro.
<>
<>
Etiquetas:
educación
Anuncio de coche en tv
Agora que abusan dos anuncios “emocionais”. Un coche caro, dos que dan envexa, magnético, serio. Vese circulando dentro dunha gran cidade, tipo París, paseniño, maxestuoso, negro. A cámara achégase e a través do portelo subido vese ao conductor/a coa melena ao vento, cantando, berrando desatado de pracer e furia.
Nova berlina Mac Os X: desata ao animal que levas dentro.
<>
Nova berlina Mac Os X: desata ao animal que levas dentro.
<>
Etiquetas:
publicidade
A realidade en Guantánamo
Nunha reportaxe sobre o famoso cárcere da base naval de Guantánamo entrevistan a algunhas das persoas que alí traballan. A bibliotecaria xáctase de estar a facer historia, ademáis de levantarse unha boa pasta (para que logo veñan os beatos da esquerda e digan que os Libros e a Cultura son bos por natureza). Un tal Zac, “consultor cultural” (manda carallo), asegura estar orgulloso do servicio que presta aos EE.UU. (ou sexa que é un vendido, un traidor). O xefe médico comprácese en informar que alimentan aos presos por vía intravenosa, dándolles a escoller entre soro de fresa, vainilla ou chocolate. Deixo para o final o testemuño do psicólogo, que os psicólogos son profesionais que me caen simpáticos xa dende pequeno. O psicólogo da prisión di que adora o seu traballo, que se sinte realizado curando os traumas cos que os presos pasan á sombra, traumas que moitos xa arrastraban mesmo antes de ser terroristas, conflictos sen resolver cos seus pais ou as súas esposas, ¿que cinco se suicidaron?, non foi polo réxime carcerario (fresa, vainilla ou chocolate, claro), foi “máis ben polo estrés do campo de batalla ou por problemas persoais” (sen comentarios, doutor Freud).
Escoitas falar das torturas como quen escoita ao home do tempo, estas declaracións, sen embargo, coido que dan unha idea cabal do que é o horror, O HORROR! Intercalei algunha opinión miña, pero todo o que din é certo, pódese ler en varios xornais “serios”, o que nos lembra que os medios de comunicación véndennos unha realidade, un mundo, sen o máis mínimo sentido do decoro e a vergoña. Ou eso ou como torturadores son dun refinamento superior que non acabamos de comprender.
O noso amigo psicólogo, por certo, aprendeu a bucear; ¿sería atraído polas paradisíacas augas do Caribe ou debemos buscar algún motivo na profundidade da súa psique?

turismo
Así neve todos os días
Centro e periferia amañeceron onte difíciles, perigosos de penetrar; máis polo xeo no asfalto que pola neve. Non sei se as máquinas quitaneves serven para algo cando non ficas sepultado baixo folerpas, se é cuestión de sal a esgalla, pero resulta que o concello non dispón de dispositivos contra nevadas, e solicitou as máquinas a Fomento e á Xunta. Os traballadores da conserveira Alfageme viñan manifestarse porque corren o risco de perder os seus postos de traballo e hai meses que non cobran (a trivialidade de sempre: unha inmobiliaria fíxose coa empresa e ten plans mellores que enlatar mexillóns, como tirar a histórica fábrica do Berbés, en Vigo, e erguer non sei o qué). As máquinas tardaron en chegar.
Qué mañán tan tranquila; ningún tractor diante de San Caetano, nin bombeiros, nin enfermeiros, nin conserveiros, ningún retrasado esixindo dereitos laborais ou pedindo cartos (os cartos, neste caso, que llos pidan a Caixanova e ao Banco Popular). A Quintana non era espello dunha turba desconforme, era unha alfombra branca fornecida polas gárgolas para goce dos nenos. Así sexa todo o cuadrienio.

Suben as escadas graciosamente

Pasaba con automatismo as páxinas dun xornal cando cheguei á páxina desta foto na que me detiven un segundo: xa están estos outra vez bailando, e seguín pasando páxinas, pero logo regresei á foto; algo na cabeza dicíame que non máis alá das obvias pernas da muller de moda, ¿e qué era?, que estaban subindo ao Air Force One, non bailando, malia non estar desatinado pensar que suben sempre as escadas do avión emulando pasos de Fred Astaire e Ginger Rogers, porque, a lo menos en Europa o sabemos, a parella móntase unhas coreografías que dá gloria velos.
Logo, xa postos, ata lin a nova que a foto ilustraba, o da seguridade nos aeroportos. Pensaban no nixeriano Umar Farouk Abdulmutallab, a quen fixeron famoso polos seus gallumbos terroristas, e nas medidas que van adoptar ao respecto, por eso levan o paso cambiado no intre do flash. Dancemos, dancemos todos.
<>
Etiquetas:
política
O coitelo e a ría
caveira do mar ardente
palabras como camaróns
escritos a tridente
por un mariñeiro cativo
dos contos de Sherezade
que de casualidade
pescou o sal do seu corazón
<>
palabras como camaróns
escritos a tridente
por un mariñeiro cativo
dos contos de Sherezade
que de casualidade
pescou o sal do seu corazón
<>
Etiquetas:
literatura
Que lle quiten puntos no carné
A Marc Coma, o moteiro este que corre no París-Dakar que celebran entre Chile e Arxentina (oh misterios), sancionárono por exceso de velocidade. Durante a proba, enténdese, non un fin de semana saíndo da discoteca. Manda carallo ¿eso non era unha carreira? Suponse que tes que correr para chegar primeiro, pero en fin, aceptemos que pode haber razóns para que a organización límite a velocidade nos tramos:
- Pola propia seguridade dos pilotos (e dos flipados que se achegan a sacar fotos).
- Por limar as diferencias de velocidade entre motos con máis ou menos presuposto e primar as habilidades dos concursantes.
Ou eso ou o afán recaudatorio da Guarda Civil xa non discrimina fronteiras e un coronel con coñecementos de xeografía dixo imos facer controis á Patagonia, e aos Andes, e á Quinta Avenida, que alí andan todos como motos e encocados.

deportes
De presidente a Companys
Qué lle botan nos cereais a Joan Laporta, o presidente do F.C. Barcelona? Bueno, ou no freixenet (nada de Moët & Chandon). Agora que lle toca abandoar a presidencia do club quere presentarse á Generalitat de Catalunya. En El Mundo, que tampouco son parvos, concedéronlle hoxe unha entrevista a doble páxina, en plan deixa que fale, deixa. Non me estraña que aos da “caverna” de Madrid lles caia mal, porque é calcado a eles. Soltou unha morea de lugares comúns sen o máis mínimo tento político, eso si, coidándose como se coida agora toda personaxe pública en agradar e non molestar a ninguén. E recoñeceu que mantivo “contactos” cos distintos partidos catalanistas.
Agora a negociar chámaselle “contactar” (sutilezas da semántica moderna que un cándido coma min nunca entenderá). Qué tipo, qué empanada mental (descorcha outra). Postúlase como esforzado herdeiro de Lluís Companys, quere que os seus contactos medren, que todo o mundo se leve ben, que cun bufete de abogados e seis copas de folla de lata non te comes nada. Ala Madrid!

fútbol
Xosé Luis Barreiro Rivas
Este home de dereitas fala con xeito sobre o decreto do galego, aínda facéndoo en castelán. Certo é que, unhas veces máis de dereitas que outras, el sempre fala con xeito. O sorprendente é que os da Voz de Galicia non o boten, o defenestren ou directamente o maten; dubido que se lembren de que foi conselleiro de Presidencia, "o home forte do goberno", con Xerardo Fernández Albor, o médico de AP.
O que non lembramos nós é que foi condenado a 6 anos de inhabilitación por irregularidades na concesión da lotería autonómica (ía tocar e non tocou). O que contribúe, con esa barba poboada de leis grises e un pin na solapa de comendador de honra da Festa do Cocido de Lalín, a facérnolo máis simpático.

Á miña filla que lle dean o inglés en francés
Esto non é por suscitar unha polémica gratuita, nin resposta a un nacionalismo obtuso e intercambiable. Son un cidadán que paga os seus impostos, exercendo responsablemente o seu papel dentro da Democracia, coñecedor dos seus dereitos e deberes. Como tal, esixo ao goberno do señor Feijóo que dinamice a reforma sobre o galego nas aulas, de xeito que a miña filla teña acceso á aprendizaxe de todas as materias en francés, todas, non só as troncais ou as que se consideran de máis peso, matemáticas e conocimiento del miedo. Non son ganas de enredar: somos unha familia con ascendentes napoleónicos, de cando a Guerra de Independencia; algún soldado sacouse a casaca e algo máis, e no barrio non somos os únicos. A lingua e a cultura francesas, polo tanto, son importantes, case diría “vehiculares”, para nós.
¿Estou pesado co tema? ¿Si? Pois esto non é nada; para un 2010 do trinque prometo adicar 9 de cada 10 entradas a Feijóo e a súa fabulosa política lingüística. Sacrificarei a literatura, o deseño e a música; deixarei a cervexa, practicarei deporte na Wii Fit Plus, rezarei (¿qué lingua ordea o Papa de Roma?); exercerei responsablemente o meu papel dentro da Democracia. Esto é a guerra, amigo.

Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2010
(351)
-
▼
janeiro
(30)
- Pasounos por riba un "think tank" do PSOE
- A canción do recluso
- A primavera en Islandia
- Nin o PP atrévese a tanto
- O precio pode axustarse
- Signo de modernidade
- Cómo medir unha maioría social
- O do 3º H chánalle ao alemán
- A SGAE contra as barberías: a saga continúa
- Rosa Díez: A metástase 2
- Análise da RAG das bases para o decreto
- O éxito de Neko Case
- Devocionario de luns
- Exposición de/ou sobre Sonic Youth
- I'm a poet, Mr. Botín
- Bin Laden, voceiro de IU
- ETA averiounos o lavapratos
- A illa da frivolidade negra
- Solidariedade portuguesa
- Entrevista
- Anuncio de coche en tv
- A realidade en Guantánamo
- Así neve todos os días
- Suben as escadas graciosamente
- O coitelo e a ría
- Que lle quiten puntos no carné
- De presidente a Companys
- Haiku
- Xosé Luis Barreiro Rivas
- Á miña filla que lle dean o inglés en francés
-
▼
janeiro
(30)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.