Os sindicatos movilizáronse porque o goberno quere retrasar dous anos a edade de xubilación. Tema sensible; pactan con patronal e goberno continuas perdas de dereitos para os traballadores, asinan obedientes os papeis que os outros lles van sacando da carteira de coiro, agora aquí e aquí, así, moi ben, pero a xubilación aos 65 non ma toques, como dicía Isaac Rosa, quen, con admirable calma, aínda era capaz hoxe de facer unha lectura positiva da folga. Digamos que a min gustaríame ser como este sevillano, non como son, un intolerante que asegura que entre os sindicatos modernos e o sindicato vertical do franquismo apenas hai diferencias.
Raúl del Pozo, que non é un cursi (e con esto non lle estou chamando cursi a Isaac Rosa) e pasa de cargar cos pesos excesivos das ideoloxías (polo que pode escribir sen problemas en El Mundo), aseguraba ao mesmo tempo: “Tenían razón los rojos, los sindicalistas no son sino un apéndice más del Estado”.
¿Qué facer? ¿Ónde situarse? O ideal sería espabilar seguindo o modelo Teddy Flautista, que se pode xubilar cando lle pete cunha pensión de 24.511,49 euros mensuais máis o que cobre, naturalmente, polos dereitos de autor.
<>
Temos un problema intelectual
Eso foi o que dixo Feijóo, o estadista aplicado, a raíz do dedo medio que Aznar, o Gran Gurú, ergueu sobre as cámaras. A polémica invertiuse maliciosamente, porque a desvergoña a ter en conta era a desos energúmenos que lle chamaron fascista e asasino. Ou sexa, que somos cortos, e leva toda a razón, qué lle queren.
A guerra de Irak era precisa, para instaurar a orde e a democracia, o mesmo que agora en Afganistán. Nin petróleo nin papoula. Coño, ata San Obama e ZP o entenden e non protestan e se comportan.
Ilegales: “Tengo un problema, un serio problema sexual: soy una bicicleta”.

Etiquetas:
política
Os Planetas perfílanse como candidatos a Eurovisión
O que antes era Los Planetas saca novo disco, “Ópera egipcia”. Xa circula por aí o single de adianto, “No sé como te atreves”, un dueto con La Bien Querida, unha bilbaína que non sei qué fai, pero debe ser encantadora, aínda que non tanto como Christina Rosenvinge, que era a quen quería Jota para o tema (¡díxolle que non!). Polo visto buscaban facer algo tipo Pimpinela. Buscar, mala palabra en moitos casos. O mellor dos Planetas era a súa inmediatez, pirulas de dous minutos onde saldaban contas con amantes esquivas e xornalistas que a discográfica se esquecera de untar.
Eles dirán que están "crecendo como músicos", ou "explorando novas vías expresivas". Case prefiro cando lles pegou polo flamenco; entendo que facer sempre o mesmo é moi aburrido, pero postos a buscar “outros camiños de comunicación” podían buscar con algo máis de xeito. Pimpinela ou Serge Gainsbourg, tanto ten. Que se presenten ao de Eurovisión.

música
Unha persoa que vive da música

Hoxe temos o pracer de facerlle unha reseña a Dirty Ray, alter ego de Kevin Weatherill. O cantante dos Immaculate Fools sobreviviu a un éxito moderado en España e Alemania, a unha xira cos Rolling e a un cancro de intestino. En internet apenas circula material sobre a súa obra e a do seu antigo grupo, do que conservamos algún vinilo. Tanto Google do carallo. Ten un Myspace, eso si.
Adícase a tocar blues e folk, cancións vellas e novas, polos garitos de Europa, coa voz rasgándoselle, un pouco como Tom Waits (oh, sacrílega comparación!), pero sen ningún eco mediático. Viviu en Guitiriz.
<>
Etiquetas:
música
Afganistán: misterio ou escaparate?
O outro día mandaron un mísil intelixente que se cargou a non sei cántos civís, e onte as forzas da OTAN mataron a sete policías afganos. Se tiramos do rosario hacia atrás, podemos ir contando todos os soldados occidentais e pro occidentais abatidos por fogo occidental. Os talibáns non é que non morran nin a tiros, é que non deixan de reproducirse, e semella que non teñen que gastar moito en munición para defenderse. Non sei quén dixo hai xa anos que nas guerras modernas, se queres sobrevivir, tes que vestirte de militar, porque as baixas van sempre para a poboación civil. Afganistán é a excepción que confirma a regra: alí, agás os talibáns, palman todos.
No caso do mísil intelixente, un alto mando do exército estadounidense apresurouse a explicar que funcionaba perfectamente (o mísil), que impactou no obxectivo marcado; se alí había civís eso non era culpa do artefacto. É como se dixera: temos unhas tropas desastrosas, soldados cobardes e estrategas alcólicos, pero o noso armamento é o mellor armamento do mundo, aproveiten, observen e merquen, merquen, as novedades do ano pasado vendémolas con absoluta discreción cun 25% de desconto, ¿a qué agardan? E vai un talibán e regatéalle, ¿do ano pasado?, déixasmas a metade de precio ou non hai trato.

guerra
A min nin me molesta nin me divirte
Xa se sabe qué fotografía acaparará mañán a internet en España; a prensa en papel, un pouco menos, dependendo de intereses e ideoloxía, eso que tan encarecidamente nos convidan a abandoar (ámbolos dous, intereses e ideoloxía). Referímonos, non é ningunha adiviña, a Aznar e a súa “peineta”. ¿Ónde está o interese? Un subnormal que se ri sen gracia, sen sentido do humor, sen unha educación e un saber estar mínimos, cunha soberbia sen sustento, diante duns mozos que lle chaman fascista e asasino.
O deste home é esclarecedoramente semellante ao da SGAE, todos os días ofrecendo titulares manidos. Facendo de malo e inflamando a nostalxia dos seus. O que pide é que se lle ignore, que nos preocupemos, entre outros asuntos, polos cartos que a súa fundación recibe.
Como se quere baixarse os pantalóns e que lla chupen os estudiantes. Ademáis, o da corrección política si que é gracioso: un político non pode facer un corte de mangas, chamarlle fillo de puta a ninguén ou recoñecer que se aburre, qué feo todo eso, ¿verdade?; sen embargo, si pode achegarse ao poder por exclusivo interés persoal, por vanidade e con intención de lucro a corto, medio e longo prazo, sen puta idea de nada, corrompéndose e corrompendo, ganando eleccións co voto de maiorías.
E agora o alcalde de Oviedo di que hai que levar presos aos rapaces que "rebentaron" a conferencia do Gran Mestre, o noso Gran Temoneiro. Veña outra cunca.

prensa
O esbirro de Uribe
Hai que ver o enxeñoso que saiu Juanes, o colombiano que canta o da camisa negra e outros éxitos que causan desmaios entre as adolescentes. No seu twitter, que mola mazo, adícase a largar sobre “a realidade social e política” de latinoamérica. Un tipo concienciado que non deixa de pensar nos seus, mesmo permitíndose algunha broma, como a fin de semana pasada, preguntando se alguén quería o PIN da Blackberry de Hugo Chávez, que llo pasaran: H1JOD3PU7A
Coido que xa se gañou un Premio Nobel; se o consideran excesivo poden darllo compartido, con Miguel Bosé, sen ir máis lonxe. Teñan en conta que, ante as críticas, soltou, avezado, que a el Chávez non pode censuralo.
(Aclaración de listillo, para estar ao nivel: esbirro en galego non significa o mesmo que en castelán).

rede
A grande noite do cine español
Non puiden ver a gala dos premios Goya. Xuro que quería; amo o cine español, entre outros, dende que a miña defunta nai me daba a teta. Aconteceu que estaba con 45º de febre, saín á farmacia para pillar algo (a miña muller, logo de cepillarse a todo o colexio de avogados e parte do corpo de bombeiros, deixoume por outro a semana pasada) e levoume por diante un camión de Hierros Santa Cruz. Foi imposible.
Un dos médicos que me atendeu na UCI contoume que foi unha cerimonia moi bonita, emotiva e entretida, pero que non lle concederon ningún Oscar a Penélope Cruz. Eso sentoume moi mal: “Pé”, tan sinxela e humilde, con esas dotes interpretativas que ten, merecíase a lo menos tres ou catro Oscars.

cine
Contra a defensa de Roman Polanski
Estos meses moitos estiveron pendentes da prisión de Roman Polanski, porque é un recoñecido director de cine con pasaporte francés. A dobre moral dos intelectuais é igual ca dos que non o son. O tío saca agora unha película; vese que, coma os narcos, pode dirixir sen problemas dende o cárcere. Esos intelectuais que o defenden son os mesmos que dan leccións de “cidadanía” e cargan contra aqueles artistas que se perden nos seus vicios ou no seu propio xenio. Caso paradigmático é o de Van Gogh; cántas veces escoitamos en boca desta xente (Rosa Montero, por exemplo) que o pintor holandés era un desgraciado, por non chamarlle malnacido, que se non bebera e levara “unha vida ordeada”, se se afastara das malas compañías (coma un neno), tería deixado para goce da humanidade, é dicir, para o seu goce, moitos máis cadros e, ¡fixo!, moito mellores. Ou un caso menor e máis cercano, un de tantos, o de Loquillo expulsando do seu grupo a Sabino Méndez porque se pinchaba: botou ao compositor e nunca máis tivo unha canción de éxito, pero, oh, el era o bo, un tipo limpo e legal, duro, traballador e, a modo, coidadiño, fillo de republicanos. Anda e que te follen, pallaso.
Esto non é unha apoloxía da mala vida; cada un vive como pode e como quere; non hai nada de malo en tomar todas as mañáns un activia desos, meterte no estudio e producir cadros en plan Picasso.
Voltando ao de Polanski, non se enfade o amable lector, que non fago de fiscal en representación da Xustiza Estadounidense. Como dixo non sei quen, o delito (violación consentida a unha menor; supoño que os típicos pais “abertos” que levan á adolescente onde o seu admirado director de cine; anos 60) pode darse por prescrito, e o tío non “representa” ningún perigo para a sociedade. E punto.

Vese pero non se ve
A visivilidade é un concepto que traspasou hai tempo as fronteiras do marketing, ou, sendo algo máis exactos, é un concepto de marketing que hoxe en día se aplica ata nos asuntos máis íntimos. Na vida política, que oscila entre a publicidade e os medios de comunicación (o vello cuarto poder), acéptase que sexa algo capital para gañar ou manter o poder. Á dereita, ao “ostentar” dito poder “por natureza”, non é algo que lle preocupe demasiado; sen embargo, non poden ocultar reflexos atávicos, como demostrar quén é o que manda, quén leva razón (redundancia, si). Por eso detestan a Mariano Rajoy. Estos días ladran como cans rabiosos porque supoñen que non lle faría falta nin presentar unha moción de censura para ocupar a Moncloa, abondaríalle con ir alí e sacar a ZP (a dereita complementaria que tanto lles desgusta) a patadas.
Nun libro de Carlos Fuentes pódese ler esta frase: “Vi lo que es el poder: una mirada de tigre que te hace bajar los ojos y sentir miedo y vergüenza”.
Un columnista de El Mundo, David Gistau, comparaba hoxe a Rajoy co espermatozoide de Woody Allen que, “agardando a luz verde do salto como un paracaidista, confesaba pavores e dudas existenciais nun sketch de Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo...: ¿e se está a masturbarse e morro aplastado contra unha parede?”. Certamente, a dereita, dende Rajoy a David Gistau (pasando por Allen...), fainos sentir vergoña (allea), pero non temamos, porque o verdadeiro poder permanece oculto.

Máis toxo que árbore
Imos facer algo que xa fixo Enrique Bunbury, confiemos en que non se entere e non nos mande o seu poderoso equipo de avogados. ¿Qué fixo o artista? Pois unha árbore xenealóxica das súas “influencias”, que saiu esta semana na prensa; canela fina, diría Luis María Ansón (xa saben, o académico da lingua). Pode estar tranquilo, de calquera xeito, que non lla imos copiar; o noso é unha cutredade, moi pouco nivel: relacionar a tres ou catro a partir do último que escoitamos, que ven sendo Grizzly Bear. Quixo a nosa veleidade relacionar a este grupo cos Housemartins (polos coros, percibindo que os ianquis carecen do sentido do humor dos británicos); os Housemartins lembráronos que o seu baixista, reencarnado en Fatboy “peta-pistas” Slim, saca disco agora con David Byrne (un traballo sobre Imelda Marcos, a min non me preguntedes).
A continuación vai algún tema “representativo”, pero de Fatboy Slim ignoraremos o máis discotequeiro, para evitar a morriña, e o de Imelda Marcos, que o noso cerebro aínda non o procesou: vai un con... Jim Morrison, o irmán pequeno de Bunbury! E gratis, tema abrasador de Nirvana.

Carina
Para qué serven portos como os de Vigo? Para atracar transatlánticos e para que os estibadores luzan bíceps? Pódese dar a resposta por válida, si, pero, sobre todo, portos como os de Vigo serven para gañar eleccións. Abel Caballero gañou as municipais logo de pasar pola presidencia do porto, e agora vese que Corina Porro urdiu o mesmo plan para recuperar a alcaldía do concello. Se lle funcionou a el, ¿por qué non me vai funcionar a min? Chamádelle parva. De paso licitas algunhas obras, que para eso nos trouxo O Señor a esta terra.
Para qué serve un porto realmente e ata onde se pode obrar na ría, eso é o de menos. Corina ten razón. James Hunter, para que se lle pase o enfado porque lle paralizaron as obras de recheo no peirao do Areal, escribiulle unha canción. Non pronuncia moi ben o seu nome, pero é que o tío é inglés.
"Baby can you tell me true
Do I stand a chance with you
Oh Carina
Don’t make me wait too long"

Ao cárcere cos escolares
Os restos de Lorca non aparecen, pero el segue cobrando. Para min que o da fosa é un conto de republicanos, ou mellor, dunha especie de axente dobre, miliciano ao servizo do bando nacional e viceversa. A SGAE esíxelle 95 euros a un colexio da Coruña por representar os alumnos “Bodas de sangre”. Que non se queixen pais nin profesores, que aprecien as boas intencións da SGAE, porque se poñen duros e aquí van todos os rapaces ao cárcere, ónde se viu a uns escolares repetindo palabras dun poeta, e non de calquera poeta, como se non houbera que pagar por elo! Por favor!
Agora lémbrome dos langostinos de Víctor Manuel, non, quero dicir, os dereitos da obra pertencen ao Centro Dramático Nacional. A SGAE deféndese aducindo que o CDN cedeulles a xestión desos dereitos, pero a CDN consinte na representación da obra, ou sexa que a SGAE cobra ata o que outros renuncian a cobrar (non sei porqué).

espectáculos
O bruxo da Pobra de Trives
Escollemos oráculos coa mesma inconsciencia coa que escollemos unha marca de salsa de tomate no supermercado; se nos pon na etiqueta que regula o colesterol xa o engadimos confiados ao carro. Un dos oráculos máis solicitados é Aznar (¿Ollárono o outro día coa bufanda nas mans? ¿A quén ía estrangular?), e malia ser o seu verbo abondo esclarecedor, precisamos máis, do mesmo xeito que non pillamos sempre a mesma maionesa e nos aburrimos do tabasco. Por eso se apereceu Adolfo Domínguez, la arruga es bella, acompañado do divino señor Feijóo, e falou: despido libre para incentivar aos traballadores, que os pícaros aprendemos rápido ese “eloxio da preguiza” que é base do discurso da esquerda actual. Algo máis dixo, pero esto sobra para definir as liñas mestras da súa política empresarial.
Os oráculos modernos son así. Podemos escoitar a un e ao día seguinte a outro sen medo a que nos confundan, porque todos din o mesmo; a penas unhas diferencias de estilo (“nunca nadie ha hecho tanto daño en tan poco tiempo”, bramou como un lóstrego o ex presidente). E ZP, quizáis vestido polo modisto ourensán, rezando con Obama e unha organización ultraconservadora ianqui capaz de deixar en inocentes falcatruadas os manexos do Opus. Imos onde están as xenebras.

Grizzly Bear na tele
Joder, cómo soan nun plató de televisión, con cuarteto de corda.
O presentador, por certo, é o famoso e polémico David Letterman, un dos protagonistas na guerra sen cuartel de "late nights" que se libra dende hai anos nos EE.UU. Imaxínense.
<>
Etiquetas:
música
Oye guapo yo soy artista, y no una cualquiera
Foi Ágata Ruiz de la Prada a Bruxelas e tapou o Maneken Pis, o crío mexando, un dos símbolos da cidade, con pelotiñas de cores. Segundo les a nova deduces que o concello debeu poñer unha placa ou algo a un lado, informando a guiris e bruxeleses da autoría da “actuación” (chámanlle así, ¿non?), da que se salienta: “a creatividade e o seu espírito empresarial que lle brindaron unha brillante carreira”.
A propia de la Prada estaba “encantada” e “ilusionada” por “alegrarlle o día” á capital europea (puido dicir que alí son todos uns reprimidos deprimidos que como sempre chove non follan e se suicidan). ¿Por qué non se tapa a ela mesma (se quere, antes, pode tapar a “Pé” e a Pedro, con globos, cos oscars ou co que queira)?

turismo
Os osos pardos de Brooklyn son de cores
Estos están arrasando agora en todo o mundo co seu terceiro disco, “Veckatimes”; chámanse Grizzly Bear e todo aquel que queira impresionar no pub que hai a carón da galería de arte debe coñecelos. Se a tía coa que saes non os coñece, déixaa e búscate outra. Memoriza todo do que son capaces: rock, folk, psicodelia, electrónica, armonías vocais e un longo etc. que seguro xa está compilado na enciclopedia británica. Ao mellor ata saben tocar e todo. Ah, importante, telonearon a Radiohead durante a súa xira por Norteamérica.
¿Hai algún zoo en Brooklyn, que é de onde son, e abusan dalgunha sustancia? Pensaba que se es de Brooklyn o normal é que fagas unha música máis urxente. A eles, sen embargo, véselles moi cómodos no seu mundo de ensoñacións infantís e severas horas de estudio. Oe, non están mal.
<>
Etiquetas:
música
As películas de Jorge Martínez
Esta mañán entrevistaron a Jorge Martínez, o dos Ilegales, en “Hoy empieza todo”, programa de Radio 3 no que ademáis de falar cos músicos habilítanlle o estudio para que toquen algún tema, habitualmente en acústico, hoxe en formato, digamos, “semieléctrico”. A razón da visita do asturiano, con Jesús Ordovás de mestre de ceremonias na sombra, é a publicación dunha caixa, suponse que cara, enfocada a fanáticos e rapaces que non creceron con eles, con todos os seus discos e material inédito.
Moito teño escoitado “rajar” deste tipo. Si, será un paiaso, un-im-pos-tor. Algunha xente, un 99%, supedita a súa autoestima á estupidez dos demáis. Nós estamos no 1% restante, o dos que non son nin intelixentes nin auténticos; gústannos os Ilegales.
<>
Etiquetas:
música
Eloxio do trombón de Baltar
Seguindo a nosa teimuda liña de desacreditación do señor Núñez Feijóo, toca falar da sucesión (e non secesión) no PP de Ourense. Como lembra Barreiro Rivas, quixo o presidente de todos os galegos rescatar para a ocasión aquel debate “interno” do seu partido; boinas contra birretes, aldeáns e caciques contra urbanitas que presumen de estudios e conciencia democrática. Os complexos non entenden de memoria, nin mediata nin inmediata: ¿Ocuparía el o trono que ocupa sen os votos dos ourensáns, baltaristas todos? ¿É correcto renegar, con frivolidade e aleivosía, de aqueles cos que sempre contas para a victoria? ¿Quén é máis burro, Feijóo ou Baltar (pai ou fillo, tanto ten)?
Os Baltar gobernan a provincia cun caciquismo, cun nepotismo que, de tan obvios, son transparentes, e a rede de influencias, interiorizada pola meirande parte dos seus habitantes, nin sequera incorre en delitos ante a lei. A Baltar Jr, ademáis, gústanlle Obama e os Beatles. ¿Que interesa quedar ben con Rajoy? Non hai problema.

Obxectos perdidos
ardía a trompeta
trompeta candil
trompeta todos os mares erguidos
troula de cunchas como ollos anil
tramallo co que cubriu as súas costas
cando se perdían na area
constelación sobre constelación
flotando nas ondas
que cobraban a súa canción
<>
trompeta candil
trompeta todos os mares erguidos
troula de cunchas como ollos anil
tramallo co que cubriu as súas costas
cando se perdían na area
constelación sobre constelación
flotando nas ondas
que cobraban a súa canción
<>
Etiquetas:
literatura
Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2010
(351)
-
▼
fevereiro
(21)
- O retiro sen inquietude de Teddy Flautista
- "No puedo vivir sin ti", Los Ronaldos
- Temos un problema intelectual
- Os Planetas perfílanse como candidatos a Eurovisión
- Unha persoa que vive da música
- Afganistán: misterio ou escaparate?
- A min nin me molesta nin me divirte
- O esbirro de Uribe
- A grande noite do cine español
- Contra a defensa de Roman Polanski
- Vese pero non se ve
- Máis toxo que árbore
- Carina
- Ao cárcere cos escolares
- O bruxo da Pobra de Trives
- Grizzly Bear na tele
- Oye guapo yo soy artista, y no una cualquiera
- Os osos pardos de Brooklyn son de cores
- As películas de Jorge Martínez
- Eloxio do trombón de Baltar
- Obxectos perdidos
-
▼
fevereiro
(21)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.