David Byrne



Un tipo ben curioso, David Byrne. Esto é dun concerto grabado en Union Chapel, unha igrexa de Londres transformada en exquisita sala de concertos: clásicos dos Talking Heads, temas da súa carreira en solitario e algunha rareza. Funky, ritmos tropicáis e ata Verdi con toda naturalidade.
Xa tiñan sona aqueles concertos da súa antiga banda. Semella que non perdeu as ganas, ese amable atrevimento.

Sharleen Spiteri pásase ao soul

O soul está de moda. Amy Winehouse o puxo de moda ou o soul puxo a Amy Winehouse de moda. Agora tócalle a Sharleen Spiteri, sen tanta polémica barata, con menos sexo e menos drogas. Estética máis vintage que retro. Semella unha boneca de porcelana. Non nos gusta moito.
Aquí podedes ver o vídeo do single que están a radiar, All the times I cried. Xa sona en todas partes. A competencia é dura.

Manipuladores

Somos manipuladores: cando escribimos, manipulamos a información que temos sobre un asunto para dar a nosa opinión sobre ese asunto. Desconfíen da xente que di non ser manipuladora.

A sombra do patrón

Non está mal cómo escribe Isaac Rosa, un xoven sevillano que estará moi contento de escribir en Público. Eso é o malo, que o propio xornal o eclipsa, case poderíamos dicir que “o posúe”. Esta é unha parte do artigo de hoxe (quitámoslle as beneméritas alusións ao seu patrón):
"Aznar es un crack, un galáctico, y las grandes compañías se lo rifan. Como a su amigo Blair, que hoy asesora a JP Morgan en sus inversiones. O Schroeder, a sueldo de la Gazprom rusa. ¿Por qué debemos pensar que se benefician de su paso por la política? En el caso de Aznar, apuesto a que Murdoch ni siquiera sabía que había sido presidente de este pequeño país. Puso un anuncio, y Aznar mandó su currículum. Cuando lo fichó, News Corporation dijo valorar “su impresionante comprensión de la política mundial y de las realidades de la globalización.” ¿Es que alguien duda de la competencia de nuestro ex presidente en ambos campos?
Es verdad que Aznar, como Blair y Schroeder, tiene algo que vale su peso en oro: su cartera de clientes, todos sus contactos y amistades. Cuando una empresa busca comerciales, valora que los candidatos tengan “cartera de clientes propia”. Tras presidir un país, codearse con grandes y pequeños, y poner los pies sobre la mesa del gran jefe, seguramente su agenda guarda teléfonos que no tenemos ni usted ni yo. Pero no pensemos mal. Sin su paso por el gobierno, Aznar también tendría hoy ese sueldo, esos anticipos editoriales y esas conferencias de alto caché. Él lo vale."
Non é extraordinario en nada, ¿verdade?, apenas a ironía como un recurso, pero está ben.
"I've been stabbed in the back
so many many times
I don't have any skin
but that's just the way it goes"

Morrissey

A familia



Nunca pensei que fora atopar esto. É un dos "bonus track" da edición en vinilo de"Nada" (doble en vinilo azul, non sei se é un artigo de coleccionistas difícil de atopar; nos pillámosllo no seu día directamente a eles).

Outra dos Enemigos



Imos rematar a semana con outro tema de "Obras escondidas", que aínda non nos cansamos de escoitar. "Soy un ser humano". Algúns dirán que este tío sofre un trastorno bipolar (está de moda) ou que se droga. É o xeito que teñen de soltar a merda que acumulan.
"me he de hablar muy seriamente
esto mío se acabó
quedaré como un amigo
no me guardaré rencor" :)
Unha de tantas cancións de Josele que respetan o espírito do rock & roll (yeah!) dende unha perspectiva rabiosamente persoal.

De como estrañar a mili

Hai varias semblanzas na rede. Refrescando, atopamos aquel suceso de consecuencias veloces: comenzando a desfrutar do éxito (considerable) do seu primeiro LP, "Persecución" (producido, por certo, por Ariel Rot), o grupo trunca a súa traxectoria coa marcha de Ricardo Chirinos, o cantante, que ten que cumprir o servicio militar.
Quén concibe a unha estrela de hoxe deixando de grabar porque ten que facer a mili? De perdurar esta, as discográficas pagaríanlle ao exército para convertir aos famosos en obxectores.

(A RAG non admite semblanza, tanto me ten; unha semblanza non é unha descrición).

Imaxinade a El canto del loco facendo a mili. A mi La Legión! Os tipos tocando esa de "Eres tonto" mentras pasean ao "Santísimo Cristo da Boa Morte", e a cabuxa balando por alí :)

A gramola dos anos 30



Hoxe, primeiro pasmo, puxeron “Lo que quieras oir”, dos Pistones, na radio. Digna rareza da década máis sobada, saqueada, mitificada e inxenua. Tiveran un éxito (efímero) con “El pistolero”, pero o mellor tema era “Metadona”. O segundo pasmo foi atopar os temas na rede. Aguantan moi-ben.
"Lo que quieras oir" está adicada á actriz de cine mudo Gloria Swanson. Buscade o vídeo (non deixan insertalo) con actrices dos anos 30 e 40 (están buenísimas).

Prensa protectora

Os de Público gábanse nunha páxina de que non admiten “anuncios de prostitución”. Normal. Non vaia ser que unha venezolana con 195 de peito lles levante a clientela:
“Anastassia Chávez. 195 de peito. Tigresa amazónica viciosísima. Grego profundo. Visitas.”
Menos mal que os xornáis nos “salvagardan” das arpías que se gastan esos talles imposibles.

Os pensamentos de Josele

Estos días recuperamos o disco “Obras Escondidas”, irmán menor do doble “Obras Escocidas”, documento para a posteridade da apoteósica, triunfal xira de despedida dos Enemigos (estivemos no concerto do Multiusos, e logo de 5 horas e 200 bises non remataron con “Satisfaction” por moi pouco).
“Te vi actuando para tu jefe
en su cumpleaños
y te vi alternar en una gran fiesta
en contra de algunas drogas
¿crees que quiero entrar
en tu gran fiesta?
¿lo crees de verdad?
Só é unha canción na que Josele revela de tranqui o que pensa de algúns “famosos artistas”. Non ten ningunha interpretación persoal.

A barraca on line



Este é un dos soberbios bastardos temas de Tom Waits, sen Tom Waits. Non sabemos de quen será nin nos interesa. Ten unha guitarra que semella, non sei, grega. Algunha flipadura dun admirador ateniense. Os "beats" en plan chill out dunha web nosa soaban ao mesmo tempo. Coido que estamos preparados xa para pinchar en Ibiza, e forrarnos en sesións dun par de horas.

I like my town with a little drop of poison
Nobody knows they're lining up to go insane
I'm all alone, I smoke my friends down to the filter
But I feel much cleaner after it rains

She left in the fall, that's her picture on the wall
She always had that little drop of poison
She left in the fall, that's her picture on the wall
She always had that little drop of poison

Did the devil make the world while God was sleeping
Someone said you'll never get a wish from a bone
Another wrong goodbye and a hundred sailors
That deep blue sky is my home

She left in the fall, that's her picture on the wall
She always had that little drop of poison
She left in the fall, that's her picture on the wall
She always had that little drop of poison

A rat always knows when he's in with weasels
Here you lose a little every day
I remember when a million was a million
They all have ways to make you pay
They all have ways to make you pay

Convidamos ao lector a cantar ben alto e desafinado, con chispúnchispún e a guitarra do vídeo. Especialmente se está no curro e precisa relaxarse.

Entrevista na radio

Esta mañán escoitamos na radio unha entrevista a Radiohead como en pirulas de 30 segundos. Non vaia ser que digan algo "interesante" ou se extendan. O interesante é o formato do programa "en si", a comunicación moderna e a contracultura dosificada. Entre a faísca cronometrada atopamos un sentido, que pouco ten que ver con, por exemplo, as dúas pirulas que resumimos a continuación:
1) "The bench" marcou a transición entre Pablo Honey e O. K. Computer (e a nós que nos importa).
2) Participando no movimento contra o cumio do G-8 en Colonia démonos conta da debilidade ante o Sistema. Logo emparanoiámonos trasladando esa lectura política ao disco...
A palabra paranoia debeu aparecer en 6 ou 7 das pirulas; sutil xeito de desprestixiar a música que se programa coa etiqueta de moderna, pop ou vangardista.

Claro que ao Tom Yorke xa lle vale, tamén, con tanta paranoia e tanta película.

Dj LAB:B

"O dj é o músico do S. XXI"
Un soño: "traballar en Ibiza, o paraíso da electrónica (?), cobrando millonadas por un par de horas".

Hai que coidar aos colegas

Cando un "colega" pide "un pequeno favor" sempre hai que facerllo. Por colega, obviamente, non entendemos a unha persoa coa que coincides no bar logo do curro; un colega é alguén que, na súa magnanimidade, moléstase en facerte partícipe das súas aventuras filantrópicas (si, señoras e señores, a filantropía existe). Tema aparte é que ti non esteas á altura, como nos pasou a nós.
Un filántropo do pobo que sempre se desvela polos demáis, especialmente polos nenos, aos que adestra nun clube de baloncesto para que non sucumban aos destructivos encantos das drogas e da carne, pediunos un cartel para colocar en "locáis públicos" vendendo un décimo de lotería de nadal: 20 euros o décimo e tres euros a doazón para contribuir modestamente á continuidade do proxecto deportivo-social. Ben.
Hugo, que así se chama o filántropo, quería que lle fixera o cartel cunha foto de Pau Gasol que el, persoalmente, recortara con todo o seu agarimo do Marca (o que crecen os rapaces!). Nós, que somos uns petardos, dixémoslle que esa foto non servía para nada, pero que lle buscabamos unha, que a silueteábamos, etc.
Así o fixemos. Ao día seguinte, no bar, dixo que non, que por algo nos pedira que fixéramos o cartel coa "súa foto", que o fixéramos coa súa foto e que lle deixáramos vinte copias na cafetería que temos en fronte do curro a eso da 11 da mañán, de paso que nos tomamos o café do funcionario.
Os funcionarios que non somos funcionarios non puidemos saír tomar café, e cando fumos xantar deixámoslle unha copia no bar para que a ollara e a ver se daba o seu "visto bo".
Resulta que a ollou e que lle daba "o aprobado", pero: ¿por qué non llas deixáramos á mañán na cafeta, 20 copias? ¡Tivo que recoller o noso ridículo curro pola tarde, e logo gastar 6 euros en fotocopias! ¡Un curro que podía facer el na casa se ningún torpe familiar lle extraviara... o Word!!! ¡Porque xa o facía el de puta madre co Word de toda a vida!
Non tomou nada. Veu "pegarnos o toque", deixarlle claro a todos que este pobo rematará apodrecendo con peña tan negada e egoísta coma nós.
Pero tranquilos: os rapaces seguirán aprendendo a defender en zona, practicarán os tiros libres e comportaranse como deben fora da cancha, comenzando polas duchas.

O anuncio do Golf

Podemos tirar sen medo algún de clásicos da Polla Records como "Revolución" ou "Salve", daquel tema intemporal. Todo cambia para seguir igual, como no anuncio. Vixencia:
"Si en Londres tienen a la Thacher
nosotros tenemos a Ardanza"
Nós, "aquí e agora", temos a Touriño e a ZP. Longa vida aos nosos próceres (e traede máis polbo e máis empanada).

Qué foi antes

O Estado de Texas non recoñece ao TPI (tribunal penal internacional, chaval). A lo menos non o recoñece en materia de pena de morte. O orgasmatrix organismo internacional, chaval, resbálalle a esos texanos, á gran familia decente ataviada de sombreiros texanos e botas texanas.
- Se un mexicano está "sen máis" ilegal no País da Liberdade e as Oportunidades, depórtase violentamente.
- Se o mesmo mexicano é un criminal no País da Liberdade e as Oportunidades, axustíciase segundo as leis do País da Liberdade e as Oportunidades.
Texas non recoñece ao TPI. O mac non recoñece o disco que lle acabo de meter. Debe ser algo parello.

Escritor/a sobradamente preparad@

Qué petarda é a Espido Freire. ¿É eso o que se entende por un bo escritor/a contemporáne@, gañador@ de Premio Planeta e colaborador@ de prestixio en medios serios? No primeiro párrafo dunha columna súa sobre a violencia que sofren as mulleres, escribe que esa violencia xa é algo asumido socialmente, que entra dentro das "convencións normáis". As convencións normáis! ¿Existen convencións normáis e convencións "anormáis"? As convencións anormáis xa non serán convencións, digo eu. Claro que eu son un tip@ cadrad@ e de imaxinación mínima, e nunca gañei o Premio Planeta; seguramente falo dende a frustración, a envexa e o resentimento.

Aforismos?

A liberdade de expresión (esa que defenden tan obstinadamente os medios de comunicación), a liberdade creativa, están por todas partes a todas horas (gracias á obstinación dos medios de comunicación e de algún romántico calculador). Como a Coca-Cola. Cántos se afanan en "contribuir" a esa liberdade. Cántos se ufanan de telo feito.

Non, non somos pesimistas nin "negativos" (que ademáis está considerado "pecado" na sociedade actual). Nin temos nada que xustificar (algunha ventaxa tiña que ter non ser ninguén). Precisamente por eso.

A censura e a autocensura, por se alguén busca un titular efectista para unha entrevista rabiosamente banal, son irmáns incestuosas.

Todos os domingos de agosto

Alguén lembrarase dos Sundays, un trío modesto, intrascendente, que gravitou arredor de Londres. Sacaron o primeiro LP e foron entronizados coma os lexítimos herdeiros dos Smiths, o que demostra que os mass media, comenzando polo NME, tiran de drogas duras cando non saben qué facer.
Os Sundays estaban moi ben; modestos, sosos e con melodías prístinas. Unha gozada redescubrilos tan puntualmente, en vacacións.
<>

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet