Estas últimas semanas estiveron a puír a lei de reforma laboral, de todos coñecida. Repetían a palabra flexibilidade como se fora un mantra avariado, mentras o presidente do goberno insistía en que dita reforma “está feita para evitar despidos”. Os ignorantes nunca nos enteramos de nada. Durante o proceso amarraron logros inéditos como o despido preventivo; se a empresa non gaña o que ten que gañar, estás fóra (chamábaselle despido obxectivo; a novedade consiste en que o recoñecen abertamente, con plena cobertura legal).
Non imos referir aquí ese e outros puntos do texto, que para eso están os xornais (permítese asubiar). Tras o seu exitoso trámite no Congreso, pasou a mans do Senado, e como dixo Isaac Rosa, confiemos en que alí non o retoquen máis. Puír: tornar liso, sen protuberancias nin desigualdades, fretando con algo (RAG).
_
A publicidade en Galicia (extracto da Obra Magna de Herr Professor Aquiestamus)
Os lectores de Vieiros xa saben, ónde vai, que o seu xornal dixital pechou o día 24, véspera do Día Nacional. Puideron exporlle unha OPA hostil desas a La Voz de Galicia para mercala, pero preferiron diluírse no baleiro dun mercado inmovilista:
- As subvencións non son para axudar aos emprendedores que andan coa idea de crear riqueza no país a partir da ousadía, o sentido, a imaxinación, o coñecemento, o traballo, o respecto e a responsabilidade. E? Qué di este? Está drogado?
- As subvencións son para os amigos, e as subvencións máis cativas, o solto, para os medios desafectos e a farándula (así irán entrando en razón).
- O da publicidade é un mercado enganoso. A xente olla o spot que gañou o último festival de publicidade de Cannes e aplaude pampa, qué moderno, qué orixinal, qué atrevido, pero pasarán moitos, demasiados anos, antes de que un empresario local comprenda que ese tipo de publicidade, ou outra, si é posible, que non ten porqué ser cara e o target está aí agardando.
- Qué fisno, o target. Primeiro soltas o anglicismo, e se o empresario non sabe o que é (que xa ven sendo raro, porque as parvadas aprendémolas rápido), pois mellor, porque entón lle traduces o de mercado obxectivo e mercado meta. Pero eso seguro que é moi caro e os nosos clientes non, non... non lles vai gustar. E pasaron 50 anos e aquí estamos, hai que ser serios, ¿anunciarse en Vieiros? Ti... ti estás drogado, ti estás moi drogado, ti qué te metes, meu fillo.
- Quén se anunciaba en Vieiros? Os que non tiñan cartos. O empresariado mundial dá noxo. O empresariado galego só gañas de abrir unha fiestra para respirar. Os fillos con acceso a educación daqueles que fixeron cartos sobre a emigración e a explotación non soen saírse de dúas pautas marcadas: continuar co mesmo modelo ou perderse nun fachendoso malgasto persoal.

Etiquetas:
publicidade
Suceso
Estas son imaxes cedidas por un videoafeccionado, que captou o intre no que tres prófugos nacionalistas galegos gravaban a Internacional con Robert Johnson á guitarra (xa saben, o que vendeu a súa alma ao demo nun cruceiro). Non se preocupen, en canto saíron do vello, cutre estudio, foron reducidos, non, como din agora, neutralizados, fo-ron-neu-tra-li-za-dos polas forzas especiais da policía nacional (es-pa-ño-la).
_
Etiquetas:
música
Instruccións básicas para borrar unha culpa
Temos o pracer de convidar ao lector a pinchar neste enlace. Son artigos do escritor uruguaio Eduardo Galeano, que como home futboleiro e lúcido que é arráncase cunha oda de ciruxano ás grandes miserias e pequenas grandezas dun mundial; a FIFA, Sudáfrica, o Jabulani, o polbo, Forlán e Iniesta. Pero mellor que o lean a el, e non só, para nada, por “El reino mágico”.
Gracias ao meu curmán, que nos falou do sitio.
Se alguén teme que o tachen de procastrista trasnoitado non ten máis que pasar da recomendación e darlle a borrar historial, baleirar caché e restaurar Safari freneticamente, non vaia ser que se entere algún ex compañeiro da facultade.

política
Requisitos para un antidisturbios
Unha xornalista andaluza atopábase na Alameda a noite do 24 cando lle preguntou a unha señora por ónde ir para a Praza da Peixería Vella, cunha torpeza impropia da súa profesión: coa acreditación suspendida sobre as tetas e a carón dos antidisturbios que controlaban os excesos civís dun grupo de independentistas. Un deles, dos antidisturbios, non tivo máis remedio que agarrala dun brazo e reprendela: "Aquí no hay nada que se llame Pescadería Vella, se llama Pescadería Vieja. Tú, que eres de fuera, deberías saberlo. Corre, no vaya a ser que te demos unas hostias”.
A raíz do suceso un sector da opinión pública cargará contra estas forzas do Estado (en sentido figurado, claro), o que non me parece ben, porque estaban a facer o seu traballo; unha xornalista con fachenda de respecto hacia Galicia é un estorbo patético; eran os fastos en honor dun patrón de España.

Diálogo
- E ti?
- E bueno, hai que ir indo.
- Que rasón tes, meu fillo, que rasón tes...
- É o que hai...
- Si... e non se pode faser nada.
- E que se lle vai faser?
- Nada...
- E inda bo é.
- Si, o, podería ser peor, sempre...
- Bueno...
- Xa, bueno...
- ...
- Polo menos a música non é mala, ¿non?
- Non, a música non é mala, non, é boa, si, a música é boa...
- É o que dijo eu, a música non é mala... Bueno, xa chejamos, non creo que nos vexamos máis así que nada, vaia ben, que haxa saúde que é o que importa.
- Si...
- Encantado, ala, vaia ben, vaia ben, adeus.
- Adeus.

literatura
Se hai que palmala nun ascensor
Hai quen, créndose inmortal, pagándolle á ciencia, un día, unha vez, detense uns segundos non para imaxinar a súa morte, senón cómo morrer; a morrer, morrer por todo o alto, con foguetes entre o colchón de cartos e a muller 70 anos máis nova. Non son unha persoa ambiciosa e coido que de morto aínda o serei menos, polo que me conformo cun final normal. Desculpen o tema e o seu tratamento; saltou “God bless the child”, cantada por Sharleen Spiteri no disco que se marcou de música de ascensor; pensei que non estaría mal, nun ascensor e cantando Sharleen Spiteri.
Os entendidos opinarán que é unha aberración; a voz de Billie Holiday é intocable e a cantante de Texas non é máis que eso, a cantante dun grupo de pop profanando algo vivo. A comparación sobra; dor atopada, pracer rexeitado e reinventado. A familia non, pero eu conformaríame con ese ascensor.
_
Etiquetas:
música
A frivolidade é cousa de asegurar a todo risco
A televisión é xornalismo serio, desculpen a redundancia, porque xa se sabe que todo xornalismo é serio. Proba do que estamos a falar é unha nova que deron hoxe nun telexornal sobre as partes do corpo que tiñan aseguradas algúns famosos. Ía argumentada: aseguraban, taxaban aquelas partes ou membros consideradas ferramentas imprescindibles para o normal desenrolo das súas actividades profesionais. A saber: os dedos de Fernando Alonso, o cu de Jennifer Lopez, a voz de Madonna... e así un longo etcétera que completaba Tom Jones, asegurado o seu peito de lobo por 3,5 millóns de euros.
É o que ten ser fillo de mineiro galés e cantar “What’s new pussycat” coa camisa aberta, vale, non me parece mal, pero entón, qué aseguro eu antes de que Seguros Ocaso se aproveite dos meus atributos? Hai que estar preparados para o que poida pasar.

prensa
Antón está de viaxe (IX)
Brais, cando era novo e sentía, sentíase mal; logo deixou de sentir, mais, curiosamente, seguía sentíndose mal; o autor, que non é tan intelixente como a personaxe, non se explica cómo eso é posible. Logrou ser unha persoa civilizada, con “urbanidade”, que se di; non se pasaba moito nin consigo mesmo nin cos demáis; nada era tan importante, aínda que lle molestaba o calor de Rosa nese intre, remuíño lento e pesado dunha coxa, man que tentaba as figuras do soño, penumbra entallada de arrecendos do xardín e sexo rancio; quería erguerse, abrir unha fiestra e fumar; típico caso, díxose, esto non lle pasa aos hippies, nin aos progres, nin a esa xente modesta que contribúe diariamente a que o mundo sexa máis xusto e alegre; son o home que cuspe con gratuita carraxe, guau, se a lo menos Rosa se deixara de melodramas caseiros, para min, que é o que importa, arruinando a súa beleza, durmindo como un saco de lenzo basto de aspiracións e remorsos; a linguaxe é un boomerang interior, cajo na patronal, víñalle á boca unha canción de Gabinete:
“Caray, ya no hay
estilo ni personalidad,
pues muy bien, os diré:
ser distinguido es una gran cualidad
y yo la cumplo sin dificultad.
Mi alto linaje me deja mirar
por encima del hombro de los demás,
de los demás.
Caray, cada vez
las personas se visten peor.
Okey, soy el rey
en mantener la raya del pantalón
y en observar normas de educación...
Quitad, apartad, por favor,
porque aquí estoy yo...”
Dentro de dous minutos riríase cun riso lonxano, reflectido, de si mesmo, e aquí non pasou nada, todo controlado, a culpa é destas persoas desorientadas e inseguras disfrazadas de modernos que todo... o controlan, ah, pero non somos iguais, hai clases, por favor, non son fillo dunha educación relixiosa, lin Rayuela cando me tocaba, Antón cada vez anda con peor material, qué empanada de xoubas, vaite, Brais, non a queres e está ben así, durme, shhhh, durme, non, eu non son moderno, durme, guapa, así, shhhh.

Unha enquisa preto do Olimpo
“Para compensar la falta de apoyo recibido en su campaña, el PP de Madrid encargó a NC Report una encuesta en la que se daba a conocer que siete de cada diez españoles están en contra de la subida del IVA y opinaban que el alza fiscal no servirá para reducir el déficit.”
O parágrafo extráese dunha nova sobre a recollida de sinaturas auspiciada pola Comunidade Autónoma de Madrid (moi orgullosos de ser madrileños, reflectía innecesariamente a enquisa do outro día) contra a subida do IVE, que casualmente lles preocupa tanto como minar a imaxe de ZP. Non me parece mal; como se envían aos exércitos de terra, mar e ar a desaloxalo da Moncloa (sen complexos, diría Aznar, aforrándose o gasto en furgallas cargadas con caixas de folios lixados). O problema radica na enquisa, nas enquisas das que estamos a falar; quén as paga, os afiliados do partido interesado ou a cidadanía? Sobran recunchos xurídicos para dictaminar que os afiliados, non teman, os cartos dos contribuíntes están ben empregados.
A Excma. Señora Dona Esperanza Aguirre, gaivotas nos calcetíns, chulapa-pegaso con pulseira olímpica, ademais, ben pode aducir que os afiliados do partido interesado e a cidadanía forman un mesmo conxunto homoxéneo, porque todos os españois saben que a alza fiscal non servirá para reducir o déficit. A lo menos os españois de Madrid. Os de aquí non sei; habería que preguntarlle a Feijóo, encargar unha enquisa.

As insinceras enquisas
Hoxe publican en Vieiros algúns datos do último barómetro autonómico do CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas, non confundir con CSI Las Vegas, que a min xa me ten pasado). As enquisas deste tipo de órganos independentes, como calquera enquisa, vendidas como instrumentos de rigor científico, son por natureza reviradas e tendenciosas. Feijóo sabe algo do tema. Rigor. Rigor mortis. Os vascos son máis independentistas que os cataláns, que á súa vez sono máis que os galegos. Algúns están “bastante orgullosos” e outros “moi orgullosos”.
Eu son independentista os días que os independentistas non me dan a vara; os meus medos non atopan refuxio en bandeira ningunha, nin biblia nin logo(s). Síntome galego (100%, como a rubia galega, o porco celta ou os percebes do Roncudo), non orgulloso de ser galego. Síntoo (un pouco).

Pegándolle á paella dende 1808
As festas gastronómicas galegas poden resistir a un crack como o do 29. Segundo un estudio asinado por doutores en economía da USC, poden sen problemas tirarse ao suicidio os corredores de bolsa dende os rañaceos de Wall Street, que aquí as festas son sagradas. E hai variedade como para invertir (a variedade é un valor que cotiza en Bolsa, como as receitas empresariais de Adolfo Hitler Domínguez). A última que descobremos foi a da paella, na parroquia silledense de Cortegada, que vai xa pola décima edición; máis de 1.600 persoas a xantar, máis de 1.000 quilos de ingredientes.
Lembramos o que escribiu Antonio Luque no blog cutre que lle puxo a FNAC: “El fuego de más de ochocientas paellas hacía llorar a los habitantes, aunque la paella verdadera no lleve cebollas, sólo tomate, pollo, conejo, arroz, judías verdes, azafrán, agua, sal y alubia garrofón, sólo eso, conste (puede ponerse alcachofa en temporada)”.
<>

costumes
Exemplo para ilustradores
Chámase grain edit e mostran traballos como o que colgo a continuación. O equipo afirma centrarse en deseño clásico, que para eles vai dos anos 50 aos 70, e no deseño contemporáneo inspirado nese período. Podes discrepar desa e doutras afirmacións, pero amosan traballos xeitosos.

<>

<>
Etiquetas:
ilustración
Quero cativeiro con Ingrid
Ingrid Betancourt tiña morbo, pero agora que renunciou á demanda de 15.000 millóns de pesos polo seu secuestro aínda ten máis. Non me estrana que lle deran a medalla da Lexión de Honor en Francia, nin que Carla Bruni estea celosa. Qué boa persoa e qué misterio; por algo o goberno de Uribe arriscou tanto, sen escatimar gastos, para ceibala daquel cativeiro que retransmitiron na xungla. Era un ocelote engaiolado no seu propio medio. Era unha recta defensora da liberdade. Foi musa de Toulouse-Lautrec.
Lembremos que esta sex symbol da democracia e os dereitos humanos (cando a liberaron saía no Hola cun fogoso amante que non era Sarkozy) emprendeu a súa demanda en solidariedade con outras víctimas de secuestros. A que é adorable?

Os presos de conciencia escollen España
É vostede un preso de conciencia? Fuxa, fuxa desta páxina; baixo a inocente máscara dun creativo vago trepida unha lavadora de cerebros centrifugando. Non lea unha liña máis, porque non nos facemos responsables dos irreversibles danos ideolóxicos que sofrerá. Estamos con Fidel Castro. ¿Un dictador? Non tanto como din. Os que buscaban un mundo máis xusto (qué boa xente) abrazárono nos seus comenzos, para ir renegando del conforme cumprían os seus soños de turistas intelectuais, sentimentais e sexuais. Fidel xa hai moito que non mola; Cuba é un cárcere, un muro comido pola lepra, a fame e a vergoña.
Preso de conciencia, distendida expresión. Din que é cualquera persoa encarcerada pola súa raza, relixión, cor de pel, idioma, orientación sexual ou credo, mentras non teña defendido ou practicado a violencia. Tamén din que é un mal endémico en Cuba; aquí non hai deso, somos “ceibes de conciencia”, como en Honduras ou Colombia.

A foto do mundial
Ollaron a Louzán, Feijóo e Telmo Martín na Ferrería, en Pontevedra, rodeados de groupies octoxenarias drogadas con tinto do país (ninguén dixo que ser unha estrela do rock’n’roll fora doado). Louzán, como sempre, nun discreto segundo plano; Feijóo coa súa insólita emoción de lentes empanadas; Telmo co rostro pintado coa bandeira, como se fora un sioux que volve triunfante dunha belicosa negociación onde se xogaba un edificio nas Rías Baixas; todo sexa por humanizar a esos bárbaros, que polo de agora non lles humanizo máis que as rotondas.
Algún pensará que é un contrasentido, porque os brancos expanden a civilización e os caras pintadas recuan e xuran en arameo, que os cabróns ata se matriculan na escola de idiomas, pero non, Telmo ten as ideas claras e pinturas de guerra; esto aínda está empezando, amigos. E sorrí.

Gústame o fútbol tanto
A película comenza con Carles Puyol abrazando a un Casillas emocionado, como un estudiado guión/filón que, sen embargo, puideron arruinar árbitro, FIFA e holandeses; todos ao servicio da moda. A moda é máis poderosa que o que antigamente se coñecía por “os elementos”, ou quizais moda e elementos son o mesmo e a diferenciación está de máis; habería que preguntarlle a de Jong, van Bommel ou ao propio adestrador neerlandés, Bert van Marwijk, que son os que saben. A moda; non lle preguntedes por ela ao árbitro, que só foi a Johannesburgo a arbitrar; nin a Blatter, que fixo de Sudáfrica un bonito país do bonito primeiro mundo; nin a Platini, que case a palma; nin a Ángel María Villar, por favor: cando o entrevistaron logo do partido semellaba unha efixie con resaca, si, bueno, estoy muy emocionado... (pausa), esto ha significado tanto esfuerzo... aunque bueno, lo mío es levantar otro tipo de copas, sabes, cuando cierras un buen negocio y llamas a una dama de compañía, en fin, no voy a hablar de esto porque esto es muy emocionante... (pausa) y me emociono, sabes, estoy muy emocionado y quisiera aprovechar esta oportunidad que me brindais los de la televisión para enviarle un saludo a toda España en general... (pausa longa) y a mi familia en particular, porque sin su apoyo este éxito no sería posible... e podías ir preparar té e o tipo seguía.
Claro que a moda guíase por caras e cruces, resplandecente moeda perversa, e La Roja está máis de moda que nunca. España xa non se rompe porque Casillas e Puyol abrazáronse espontaneamente e quen marcou o gol da victoria foi un manchego, a lo menos de orixe, a quen se idolatra aínda que non cumpra cos canons da moda, o que ademais o fai máis interesante. Todos, agás os intelectuais de irreductibles principios, faltaría máis, escriben: ZP, Rajoy, Ansón, Ignacio Escolar, Manuel Rivas... O fútbol? A min gústame tanto como a Villar.

fútbol
Gol de Iniesta
Hoxe estou contento por tres razóns que a continuación expoño en orde de relevancia:
1ª) O gol de Iniesta.
2ª) A selección española gañou o mundial.
3ª) Non son un intelestuales que se teña prohibido flipar cun deporte de masas (oh, estamos aliesnados!) e cun país que non queremos como é España. Onte, ao deitarme, sentíame como un neno, e lembrei cando meu pai me levaba a Balaídos.
Á tarde o mesmo escribo unha crónica do partido; con moito coidado, non vaia ser que entre un holandés errante pola fiestra e me faga unha demostración de kickboxing. Carallo cos holandeses, os que ían xogar ao fútbol. Por certo, a FIFA debía establecer unhas regras básicas para o final deste tipo de encontros, por exemplo: os holandeses non tiñan dereito a chorar por perder.
<>
Etiquetas:
fútbol
Traballo de fanáticos

Vulgar Picture, un sitio co material gráfico esencial da discografía dos Smiths e Morrissey; portadas, contras, interiores e algún cartel promocional. Non imos escribir nada. Salientámolo e subimos unha imaxe; os fanáticos xa coñecerían a páxina antes mesmo de que se fixera. Está todo escaneado a unha boa resolución.
<>
Etiquetas:
fotografía
Escaparate para necios
Confiemos en que Florentino Pérez non repare en xogadores como Özil; dígoo máis que nada pensando no futuro do xogador (como persoa e, dende logo, como profesional). Esquecíame, síntoo: para qué quere Mourinho a un rapaz con talento?
<>
<>
Etiquetas:
fútbol
Un partido sen interese
Os uruguaios, cun equipiño modesto que se afixo en poucos días a sobrevivir miragrosamente, están pelexándolle o terceiro posto, manda carallo, a Alemaña, que era quen debía xogar a final con España (individual e colectivamente é moito máis equipo que Holanda; tanto se louva a Sneijder e a min non me gusta, e Robben só ten unha xogada). Se mañán se impón a normalidade e España proclámase campiona do mundo, o fojeteiro ben pode tirar un fojete por Uruguai, gañe ou perda, e outro por Alemaña.
Polo de agora van empatados a 2. Gozo do partido porque non se me perde nada nel, e cando os alemáns se soltan dá gusto velos. E inda por riba os outros saíron respondóns. En fin, a Mannschaft acaba de marcar o terceiro. Queda pouco.

Feijóo diante das bestas
Pasan un encerro dos sanfermíns pola tele co seguinte titular: unha cornada e dous feridos. Qué ven sendo eso, dunha cornada un touro causou dous feridos (cornada estereofónica), ou que por un lado houbo un que recibiu unha cornada e dous que resultaron feridos. De ser correcta a segunda lectura cabe preguntarse a qué categoría pertence unha persoa atravesada por tan bravo animal, coa venia de Joaquín Vidal, posto que non é nin un ferido nin un morto.
- Tío, qué tal?
- Eu ben, levei unha cornada na ingua da ostia, pero ben, peor están esos dous, que están feridos.
Por qué Feijóo non se ata un pano vermello ao pescozo, agarra El Mundo e bota a correr pola zona vella de Pamplona, cos aplausos das pantasmas de Hemingway e Ava Gadner? Se o empitonan non lle vai pasar nada.

festas
Standstill no teatro
O grupo catalán está a percorrer a península con dúas propostas distintas: unha, prodigándose en concertos, digamos, convencionais, repasando discografía, con fume, alcol, baile e bises; outra, con menos datas, presentando o seu espectáculo ROOOM, en teatros, onde interpretan sentados só o seu último traballo, o fabuloso triple EP “Adelante Bonaparte”, cunha pantalla de fondo sobre a que proxectan imaxes. A edá, como din os vellos, vaiche ser cousa da edá; puidemos escoller e escollemos ROOOM. Velaí as nosas impresións:
- Receo inicial: cheira tanto a rollo cultureta que abafa.
- Teatro Caixanova, en Vigo: rollo cultureta a maior gloria de políticos e banqueiros (¿obra social? chúpalle a polla ao da butaca do lado).
- As imaxes: decepcionantes, horribles. Só hai que lembrar o vídeo de “La risa funesta” ou o deseño da caixa de “Adelante Bonaparte”. Por qué non tiraron por aí? Quixeron facer algo conceptual (“el concepto es el concepto”) partindo de imaxes caseiras (evitando dereitos de autor, vale) que se ollaban cutres, obvias e molestas. Pode ser que facer unha película de hora e media lles resultara demasiado costoso, de cartos, tempo e persoal; puideron, non sei, difuminalas, distorsionalas, buscar texturas, luces e sombras, algo obrigadamente máis abstracto, non un cepillo de dentes rotando (a culpa non é do cepillo, un obxecto tan válido como calquera, coche, cable, martelo, pistola, porta, abrelatas).
- Música: as cancións aguantan o que lle boten, son moi boas; encantoume o concerto, subindo e baixando. Agardaba máis do son, pero non foi malo logo dos primeiros minutos (coas expectativas xa se sabe o que pasa). A canción que abre e pecha a obra é a mesma; a primeira, que narra o velorio e funeral do pai, foi máis ladaíña que no disco (a guitarra acústica soaba como un estropallo, o baixo acoplaba); a segunda, o nacemento do fillo, colleu un ritmo descoñecido, como de bossa nova, que se deixou querer. Das dúas versións de “Adelante Bonaparte” quédome coa segunda, arrancando coas palmas e rematando con toda a elegante cabalería. “Elefante”, para a que se trouxeron a tuba, non decepcionou: arrepiante.
- O público en pé aplaudindo; houbo quen se queixou de que non tocaran máis. Eles saíron a saudar e dicir que non había bises, como pedindo desculpas; aínda non lle colleron o pulso a este tipo de shows: debían inclinarse para agradecer o recoñecemento e desaparecer coa fronte alta; se alguén quere desculpas que acoda á oficina do consumidor e esixa un documento triplicado. Prenderon as luces e comenzou a soar unha canción de Radiohead, como admitindo unha influencia descarada.
- Pregunta: quén fede a cultureta, a pureta? Os outros ou eu?

Tapa de polbo a precios berlineses
Ao polbo ese do acuario de Oberhausen van mazalo como nunca se mazou un polbo. Non van abrandalo, van mazalo, van pulverizalo. A mesma chancelera ofrecerase, con luvas e látego de dominatrix. Non sairá unha tapa dos seus raxos; qué culpa terá el. Alemaña, a temible Mannschaft, renovada e histórica, goleadora, vertical, toque e fame e orde e forza, xogou como xogan todos contra España; intuíase un perigo, dende logo, e só recibiu un gol como puido non recibir ningún. Sería inxusto que pasara.
Segundo os que entenden de fútbol, España suponse que xogou ben os últimos dez minutos, pero voltemos ao polbo; non se pode traer para aquí, para as Rías Baixas? Os mariñeiros farían unha excepción con el, demostrando así o seu amor á patria.

Un punki no condado de Kent

O que ollan enriba son fotos e cadros de Steven John Hamper. Non é familia do doutor Livingstone; de nome artístico Billy Childish, el considérase irmán de Dostoievski e Van Gogh, con modestia ou sen ela. Leva publicados máis de 100 discos, con máis de 600 cancións ao seu nome, 40 libros de poemas e 3 novelas. Pintou máis de 250 cadros (a información debe ser errónea, teñen que ser abondo máis). Non se trata de que prefira a cantidade á calidade, é que fundou un movemento artístico chamado “stuckism” para rebelarse contra a sofisticación e tanta teoría da arte británica, contra as galerías e os marchantes... en fin, contra todo o que se movía e, con máis predilección, contra o que non se movía. Como din nas reseñas, o seu é a inmediatez, o amateurismo e a expresión emocional básica.
Nesta páxina atoparán máis sobre el e links.
<>
Etiquetas:
música
Premio á mellor cacheira de mamut
Este vídeo recolle as bases do éxito dunha campaña de Bosch en Alemaña. Promocionaba neveiras e conxeladores con VitaFresh, unha tecnoloxía que seica conserva os alimentos máis tempo, moito máis tempo. Durante unha semana, a marca colocou na sección de conxelados de 24 supermercados xermanos chuletas de mamut, patas de dinosaurio e filetes de tigre prehistórico. Falsos, enténdese. A exposición apoiábase en anuncios por megafonía, música dos Picapedra, folletos e as propias etiquetas da carne (a tipografía, perfecta), coa publicidade de Bosch e un código QR, desos que ao pasarlle un móbil intelixente por riba conéctache directamente coa web. Esta subiu o seu tráfico nun 236%, e a campaña gañou non sei qué premio no Festival de Publicidade de Cannes, o máis prestixioso e influente do mundo (publicidade para o publicista).
A típica vella repugnante (se me pilla Bibiana Aído ordena un xuízo sumarísimo) diríxese ao carniceiro; pon carne fresca da edade de pedra, pero non estará como unha pedra, verdade? Está tenriña como lle gusta ao meu home? Ai, eu levábache unha chuleta desas, que hai que dicir que non están mal de precio, pero ten tanta graxa aí polos lados. Aos clientes chocoulle e divertiulle.
<>
Etiquetas:
publicidade
Prédica e virtude
A moralidade é como a constitución española, un texto sagrado, intocable, que se pode manipular a conveniencia dos que detentan o poder (detentar é un castelanismo, dame igual). Ninguén pode sorprenderse, nin escandalizarse por unha conducta inmoral, posto que é intrínseca ao ser humano. O conto cambia cando todas esas persoas, máis ou menos importantes (pode ser un xornalista, un enfermeiro, o presidente da escaleira), erixidas en valedores da moral, ou do que eles queiran, mesmo da inmoralidade (guau, cómo mola, tronco!), se suben ao primeiro púlpito que teñen a man a predicar; mais non paga a pena molestarse en pegarlles un tiro.
<>
<>
Etiquetas:
política
Que se cumpra o protocolo
Estamos a favor do protocolo, a lo menos para persoeiros serios; que o aprendan e o cumpran. A xente rise, si, pero coido que é mellor que cando se esquecen do cargo que ocupan. Como a chancelera alemá celebrando o gol da súa selección contra Arxentina, ollen, Wiederholung Telefunken, bundesostiag:

Ademais, agora estas celebracións están prohibidas (polo protocolo): debe un ser considerado co presidente rival.
<>

Ademais, agora estas celebracións están prohibidas (polo protocolo): debe un ser considerado co presidente rival.
<>
Etiquetas:
fútbol
A tormenta no cartel
Micah P. Hinson está de moda en certos círculos. Quería ser escritor, escritor da escola Bukowski. Unha espiral de autodestrucción tívoo paralizado ata que puido gravar o seu primeiro traballo. En contra do que di a súa biografía, a mala sorte non foi tan mala. Ofrecéronlle medios e unha boa banda; leva xa varios discos, xira con regularidade, é un artista respectado, coido que casou (coa cursilería habitual destos casos).
Non me desgusta, pero lle sobra a actitude de literato atormentado. Como o que dicía Óscar Mariné sobre o deseño, unha pipa é unha pipa; para qué andar co cartel de “I’m a songwriter”, se ademais non vas sobrado (Henry Miller, Hemingway?).
<>
Etiquetas:
música
Óscar Mariné, deseñador
“En deseño unha pipa é unha pipa, nunca unha pipa de deseño. Habería que admitir, sen embargo, que se algunhas seguen parecendo de deseño, quizais non sexa só teima lingüística da xente, senón fracaso do deseñador.”

Estiven ollando, entre outros, o seu traballo para El País Semanal; depurou integralmente a revista de todas as horteradas e moderneces que cambiaban cada seis meses, conseguindo unha publicación limpa, estable e contemporánea. Unha mágoa que non puidera meterse tamén cos contidos e as sinaturas (utopías).

deseño
E puido cascarlle seis
Aos de Cuatro caíaselles a baba con Brasil. A tomar polo cu.
Unha gran defensa? Si, tan sólida e ordenada que en canto a apretaron un pouco marcou en propia meta.
Explosión de madurez de Robinho? Borrouse da segunda parte.
Holanda é hoxe en día un equipo discreto, con moitas limitacións, na primeira parte mereceu ir perdendo por máis dun gol, e na segunda non marcou catro porque... non ten a dianteira de Arxentina.

The Lord be with you

O Elexido para cambiar a Historia bendícenos coas palabras litúrxicas: “The Lord be with you”, palabras que desprega coas mans como ás flamíxeras, como linguas santas (o Espírito Santo prefire tirar de megafonía), ao finalizar o discurso no que pediu a Demócratas e Republicanos que se unan fraternalmente, aparcando diferencias políticas, para sacar adiante a lei que permita legalizar a 11 millóns de inmigrantes. Non estou pensando en nada.
"Esos inmigrantes ilegais deben rexistrarse, pagar os seus impostos, pagar unha multa e superar esas probas para poder chegar a conseguir a cidadanía", dixo. E "aprender inglés" (que tamén será pagando... ui, eu non estou pensando en nada).
- The Lord be with you.
- Et cum spiritu tuo.
- What?
- And with your spirit, my friend.
- Ok.
I’m running to corruption of the spirit, qué desjrasia, El nunca sacará nada bo de min.
<>
Etiquetas:
relixión
Amor no medio ambiente
Este é o título dunha telenovela, armado con dous conceptos fundamentais, un clásico, o amor, e outro moderno, o medio ambiente, do que estamos todos tan sensibilizados. Entre os dous forman unha atmosfera etérea, unha luz de foto erótica de Interviú. As personaxes falan apaixonadamente de amor. Capítulo 627, décimo quinta tempada. A Corporación Voz non dá feito con tanta subvención que recibe. A Deputación da Coruña sóltalle 84.000 euros para financiar unha “campaña de sensibilización de actuacións en materia de protección ambiental” (qué ben-dito está, qué categoría, qué nobreza), un proxecto xestionado e promovido só nos medios da Corporación. A dotación é a última na listaxe, pero a máis elevada, dun paquete de inversións na provincia por un importe total de 4,8 millóns; como se decidiran incluíla logo de cuestionarse hai pouco La Voz de Galicia o papel e os gastos do ente provincial, anacrónico e costoso especialmente se se olla dende estos tempos de crise.
Para o mes criticarán con máis fereza á Deputación e a Deputación soltaralles o dobre de pasta. Lembran as tácticas dalgúns amantes e esposos; non hai como tratar mal a unha muller para que te queira. Non me deixes, Santiago Rey Fernández-Latorre, non me deixes, sen ti non son nada, e sabes que por ti fago o que sexa. Santiago non atende a súplicas nin razóns e a Xunta acode para axudar á súa amiga primando a V Televisión e á Cope nunha campaña publicitaria de 120.000 euros. Rematará triunfando o amor? Non se perdan o próximo capítulo de “Amor no medio ambiente”.

Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2010
(351)
-
▼
julho
(34)
- Non me sexas foraxido
- A publicidade en Galicia (extracto da Obra Magna d...
- Suceso
- Instruccións básicas para borrar unha culpa
- Requisitos para un antidisturbios
- Diálogo
- Se hai que palmala nun ascensor
- A frivolidade é cousa de asegurar a todo risco
- Antón está de viaxe (IX)
- Unha enquisa preto do Olimpo
- As insinceras enquisas
- Haiku
- Pegándolle á paella dende 1808
- Exemplo para ilustradores
- Quero cativeiro con Ingrid
- Os presos de conciencia escollen España
- A foto do mundial
- Gústame o fútbol tanto
- Gol de Iniesta
- Traballo de fanáticos
- Escaparate para necios
- Un partido sen interese
- Feijóo diante das bestas
- Standstill no teatro
- Tapa de polbo a precios berlineses
- Un punki no condado de Kent
- Premio á mellor cacheira de mamut
- Prédica e virtude
- Que se cumpra o protocolo
- A tormenta no cartel
- Óscar Mariné, deseñador
- E puido cascarlle seis
- The Lord be with you
- Amor no medio ambiente
-
▼
julho
(34)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.