Este é o título dunha telenovela, armado con dous conceptos fundamentais, un clásico, o amor, e outro moderno, o medio ambiente, do que estamos todos tan sensibilizados. Entre os dous forman unha atmosfera etérea, unha luz de foto erótica de Interviú. As personaxes falan apaixonadamente de amor. Capítulo 627, décimo quinta tempada. A Corporación Voz non dá feito con tanta subvención que recibe. A Deputación da Coruña sóltalle 84.000 euros para financiar unha “campaña de sensibilización de actuacións en materia de protección ambiental” (qué ben-dito está, qué categoría, qué nobreza), un proxecto xestionado e promovido só nos medios da Corporación. A dotación é a última na listaxe, pero a máis elevada, dun paquete de inversións na provincia por un importe total de 4,8 millóns; como se decidiran incluíla logo de cuestionarse hai pouco La Voz de Galicia o papel e os gastos do ente provincial, anacrónico e costoso especialmente se se olla dende estos tempos de crise.
Para o mes criticarán con máis fereza á Deputación e a Deputación soltaralles o dobre de pasta. Lembran as tácticas dalgúns amantes e esposos; non hai como tratar mal a unha muller para que te queira. Non me deixes, Santiago Rey Fernández-Latorre, non me deixes, sen ti non son nada, e sabes que por ti fago o que sexa. Santiago non atende a súplicas nin razóns e a Xunta acode para axudar á súa amiga primando a V Televisión e á Cope nunha campaña publicitaria de 120.000 euros. Rematará triunfando o amor? Non se perdan o próximo capítulo de “Amor no medio ambiente”.
<>
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2010
(351)
-
▼
julho
(34)
- Non me sexas foraxido
- A publicidade en Galicia (extracto da Obra Magna d...
- Suceso
- Instruccións básicas para borrar unha culpa
- Requisitos para un antidisturbios
- Diálogo
- Se hai que palmala nun ascensor
- A frivolidade é cousa de asegurar a todo risco
- Antón está de viaxe (IX)
- Unha enquisa preto do Olimpo
- As insinceras enquisas
- Haiku
- Pegándolle á paella dende 1808
- Exemplo para ilustradores
- Quero cativeiro con Ingrid
- Os presos de conciencia escollen España
- A foto do mundial
- Gústame o fútbol tanto
- Gol de Iniesta
- Traballo de fanáticos
- Escaparate para necios
- Un partido sen interese
- Feijóo diante das bestas
- Standstill no teatro
- Tapa de polbo a precios berlineses
- Un punki no condado de Kent
- Premio á mellor cacheira de mamut
- Prédica e virtude
- Que se cumpra o protocolo
- A tormenta no cartel
- Óscar Mariné, deseñador
- E puido cascarlle seis
- The Lord be with you
- Amor no medio ambiente
-
▼
julho
(34)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário