Cada vez entendo menos aos que entenden de fútbol. Agora que hai que supoñer, Brasil xoga ben ou mal? Holanda podía cascarlle seis goles e eu contento, e non me estou a queixar de que renuncien a esa cursilería de tintura paternalista e neocolonial denominada “jogo bonito”, porque non renuncian a ela, o que fan é administrala dentro dun contexto táctico máis ben pobre. Un equipo descaradamente físico, tirando dunha soa fórmula chabacana. Unha defensa dura agardando á fantasía dos dianteiros.
Postos a alucinar (bambearse), pregúntome se a selección é o reflexo dos cambios no país. Unha economía emerxente, unha riqueza por aproveitar, como sempre, copiando o peor da antiga metrópole. Se non ganan que boten a Dunga e fichen a Capello.
<>
O maxisterio do ex presidente
Transcribimos a nova publicada en Galicia Hoxe:
Touriño falará na UDC da utopía tras o poder político
O ex presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño será o encargado de abrir o Curso de Pensamento Carlos Gurméndez organizado polo Club de Prensa de Ferrol en colaboración coa Universidade da Coruña, cun relatorio sobre o período posterior ó "poder político". Co título Pensando na sociedade de valores, o estado de dereito, a ética pública, os principios e a moral, o curso -do 21 ó 23 de xuño- analizará os valores de esquerdas no século XXI, a ética militar e as crenzas relixiosas.
Se se cotiza como un Aznar ou un Clinton, ben podía falar tamén da ética no esquí acuático e o valor do pensamento de neopreno, moi importante.

Etiquetas:
filosofía
Ronaldo vai cambiar de país
Qué partidazo de Cristiano Ronaldo; non marcou nove goles por compaixón, porque xoga no Real Madrid. O que confiaba erixirse en mellor xogador do mundial (díxoo) ficou bloqueado por un conflicto de intereses. Ou polo entrenador, se queren; mesmo cando Portugal recibiu o gol que o eliminaba pasou de subir con máis intención, cun medo férreo a desordenarse atrás. España, como sempre neste mundial, con algún detalle como o do gol: Xavi e Iniesta podendo xogar ao seu. O gol, de Villa, que é o que conta.
Para a próxima a ver se a federación de fútbol portuguesa lle paga a Ronaldo o que pide, porque de seguir así non descartaría que se nacionalizara español. Será por cartos, dirá Ángel María Villar, e os do Marca cambiando a rotativa para sacar o xornal máis grande.

fútbol
A docencia da demandante e os marcos
A presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, pide que Galiza Nova a indemnice con 30.000 euros por tela deshonrado, desacreditando o seu labor como profesora. As mocidades do BNG repartiron uns boletíns á porta do IES San Tomé, en Vigo, onde exerce a inocencia, digo a docencia, a demandante, boletíns nos que “apelaban á inspección educativa a actuar e evitar agresións contra a lingua galega nas aulas”. Ela tomouno como unha afronta persoal, claro. Os nacionalistas non é que non saiban contra quen se enfrontan, e que non saben en qué marco.
Agarden que estou comenzando a entender o asunto. Gloria Lago é profesora. Gloria Lago é profesora! Non sabía eu eso. Subo a poxa a 100.000, pero a favor da liberdade de expresión dos nacionalistas que loitan contra a necedade. Para qué están os xuíces senón para deixarse levar silandeira, que non sibilinamente.

política
A fogueira de Fabio Capello
A estas horas debe estar todo o Reino Unido debatindo a quen matar, se ao árbitro ou a Capello. O colexiado tivo a súa culpa anulando o gol do 2-2, que era válido, pero eu decantaríame polo seleccionador. Para un xogo pobre e unha defensa mala trouxeron a ese castrense histrión italiano. O seu orgullo non pode estar máis ferido. Un que debía estar contento, antes do partido, era Morrissey, tan nacionalista inglés el, navegando dende hai uns anos con bandeira italiana (ollabas nalgún escenario o bombo pintado coas súas cores); que ben se vive en Italia, o clima, os mozos... Hoxe cancela concerto, aínda que non teña concerto programado.
Inglaterra inventou o fútbol, ou eso din. Gañou como anfitriona o mundial do 66, vencendo a Alemaña na final con axuda do árbitro, xa saben. Nunca máis. A Raíña estará preparándose para recibir ao novo primeiro ministro (esto non pasaría con Tony Blair) e decidir qué se fai con Capello (Blair mandaríao a Iraq). Deixámolo cunha das viñetas de Forges sobre o partido.

E outra sobre o partido que comenza

O negocio das estrelas esixe horas de ximnasio
A vida está moi cara, ou máis cara do normal. Partindo deste axioma, algunha xente bota contas para xustificar os seus hábitos de consumo, aínda que cobra máis sentido ao revés, xustifica os seus hábitos de consumo botando contas. A música é un exemplo moi coñecido polo debate das descargas ilegais, debate que algúns pretenden adiar co precio dos concertos. Mentras os servidores de internet estafan nas súas tarifas (hai moitas descargas ilegais, pero ningunha gratuita), as discográficas ollan como mingua o seu suntuoso negocio, reaccionando os artistas segundo o seu status. A estas alturas e co horizonte sen despexar, moitos dos grandes optaron por rendibilizar a súa figura no directo; precios escandalosos, mais polos que lle garanten ao público un escenario visualmente potente, cambios de traxe e tres horas de suor. O consumidor medio dise, joder, 90 euros, vale, vou, pero ti garántesme un escenario máis orixinal que o da túa última xira e non te me moves de aí enriba a lo menos en dúas horas e media, logo xa negociaremos as quendas de bises.
<>
<>
Etiquetas:
espectáculos
Lévome o mando Wii ao G-8
"Nós, o G8, estamos decididos a exercer liderazgo e a cumprir coas nosas obrigas". Solemne comunicado oficial da xuntanza.
Esta finde estarei en Toronto, no cumio dos países máis ricos do mundo, convidado por Obama. Dende que é presidente, ten por costume chamarme para estas citas transcendentais. Non crean que o fai porque vexa en min a un experto decidido a revelar a tan selecto grupo as pautas a seguir para reactivar a economía mundial, aplacar a coviza dos mercados, dotar de ética ao capitalismo, abolir a pobreza no primeiro e no terceiro mundo e condenar a Irán a unha transición democrática e o ostracismo nuclear. El e os seus colegas precisan de expertos, dende logo, pero só para as fotos; cos seus antecesores, levan dende 1975 asinando acordos e resolucións gracias aos cales o mundo no que vivimos é un mundo mellor.
Obama chámame para retarme ao ping-pong na Wii; unhas partidas fanlle máis levadeiras as tensas, duras xornadas de debates e negociacións (filosofía de traballo Google). Gábase de ser rápido e despregar un amplo abano (sen h) de recursos, pero só unha vez conseguiu ganarme, logo dunha noite de champaña, gambas brancas e loiras saídas oficiada por Berlusconi.

O dubidoso mérito das marcas
Esta semana en Wimbledon John Isner e Nicolas Mahut batiron unha marca histórica; tres días co mesmo partido, que durou 11 horas e 5 minutos; ganou o estadounidense por 6-4, 3-6, 6-7 (7), 7-6 (3) e 70-68. Qué barbaridade, os señoritos da ATP deberían pensar en permitir o tie break no quinto set. Ningún dos dous cedía o seu saque; no quinto set disputaron 138 xogos; sumo 70 + 68 e case desfalezo. Eso non se lle fai nin aos espectadores; son capaz de imaxinar a tensión interminable, mais a xente fai plans, queda para cear, ten choio.
Pasaron á historia, si, pero Mahut, o francés, logo de duelo titánico, desorbitado, descomunal, esaxerado, caiu eliminado. Se lle deran a escoller entre o Guiness e pasar a segunda rolda, o normal, mesmo o plausible, é que se quedara coa segunda opción. E facer algo máis que sacar con man firme.

tenis
O sexo de Sergio Ramos
Ollaron cando a expulsión do xogador chileno (descúlpenme, tardo moito en quedarme cos nomes)?. Tivo que ir Xavi a sacar a Sergio Ramos da liorta; vai daí, o, vai daí, expulsáronlle a un, xa está, cala a boca, papán.
<>
<>
Etiquetas:
fútbol
Iniesta, gracias a Deus, é de Fuentealbilla
Verticalidade verticalidade verticalidade. Aprenderon unha palabra e jodeuse o invento. O segundo gol de Villa contra Honduras foi obra de Xavi, que nin flipou nin conservou, ollou a xogada e fixo o que tiña que facer. O gol de Iniesta, lanzando o sombreiro pola herba, contra Chile, non foi por correr como un tolo hacia a portería. Están no descanso, Chile e España, e o resultado é inxusto; un chileno trabucouse de perna ao finalizar, ata o gol de Iniesta o centro do campo español non cheirou a pelota. Unha merda de primeira parte.
O Barça é un equipo inofensivo, sen veleno, nin velocidade, nin chegada, nin intelixencia (¿intelixencia? Xavi no gol antes mencionado, pero eso non se apreciará xamais). Non me gusta Villa cando se empalma e pensa que o vai meter todo. España non lle debe nada ao Barça, obviamente.

Día Hpnotiq da música
A ver se non se mosquean os de rn3 porque cada vez que poño algo seu na bitácora quítolle da parte do código que facilitan o correspondente ao título; unha porque é moi grande e me estraga a imaxe, outra, ás veces, polo que di, neste caso "Día de la música Heineken 2010"; non me gustan os días da música nin do gas butano nin o día sen coches nin o día mundial dos calcetíns de lá; non me gusta que a publicidade dunha marca se confunda coa natureza de ningún evento; tanto ten que sexa Heineken, Mahou, Feiraco ou a colonia esa que bebe Paris Hilton, Hpnotiq, que sei cal é porque un día ollei unha botella rara nun bar, preguntei e contáronme que era o que tomaba a celebridade (como se houbera que ocultalo ou pedir perdón).
- Queres probalo?
- Non, gracias. Non é por principios nin nada deso, é que son máis ben de gustos fixos; un gin tonic de Beefeater, gracias.
O caso é que entre os concertos emitidos por Radio 3 para o día da música (Sr. Cruzcampo, Águila Polock, Delorean y sus Estrellas, Nacho Budvegas, Christina Carlsbergvinge...) está este de Standstill no Teatro Circo Price de Madrid. Que os comentaristas se limitaran a presentar e despedir o concerto, coa cuña “Radio 3, Radio Nacional de Heineken” (eso si que estaría ben) entre cancións, nada máis, supoño que xa sería moito pedir. Acomódense e gocen.
<>
Etiquetas:
publicidade
Kim Il Sung é un tipo fantástico
Onte reparabamos nun réxime dictatorial, o de Corea do Norte; liberdade cero, arame de espiños unindo todas as conciencias coa do ogro nigromante, nin unha lata de Coca-Cola; moi mala elección a de nacer alí. Nós vivimos en Galicia, unha comunidade historicamente diferenciada, ou como lle chamen agora, onde a liberdade, perdón, A-LI-BER-DA-DE, máis que un dereito, é unha obriga. Se un cidadán galego padece algún tipo de anomalía mental que lle leve a rexeitar A-LI-BER-DA-DE, como é o meu caso, xa pode ir pensando no exilio, porque a súa señoría Núñez Feijóo non desistirá no empeño de que todos os galegos con-vi-va-mos-en-li-ber-da-de. Como dirixente preparado e cabal que é, supón que se nos dá a escoller entre a súa Galicia e a Corea de Kim Il Sung, só por poñer un exemplo, todos escolleremos a súa Galicia.
Demostrouno coa lingua, e agora abre outro capítulo do seu libertario programa financiando o boicot á Lei do Aborto. Partida orzamentaria para unha “rede de apoio á muller embarazada”, xestionada pola asociación antiabortista Red Madre e progresivo desmantelamento da rede asistencial pública, obrigada mentras a informar da existencia de dita rede, do “dereito á vida en formación dende a concepción”, en palabras de Paula Prado. Que se poida elixir, xa saben (porque non se pode, aquí unha nai non pode parir nin un só fillo, moito peor que en China). A-LI-BER-DA-DE ante todo.

O porteiro que lía a Mao
O interesante dun mundial de fútbol atopámolo sempre no anecdotario e en Corea do Norte, a maior gloria de Kim Il Sung, o presidente eterno. O xornal italiano La Stampa desvelou que catro xogadores da súa selección desapareceron en canto pisaron chan sudafricano, o que se entende por deserción, habitual nas delegacións deportivas dos países totalitarios; a lo menos tentalo, para logo aterse ás consecuencias. O adestrador ten prohibidas as roldas de prensa, pero un xogador ao que designaron voceiro afirmou que era falso, no seu equipo seguían a ser 23.
Un dos que se volatilizou co pasaporte sería o pechacancelas (pechaacancelaecorre) Kim Myong Won, o que devaluaría terriblemente a goleada de Portugal. Eso non se lle fai aos de Marca; Cristiano Ronaldo sacando peito e resulta que só lle puido marcar un gol a un utilleiro tullido que lía apoiado nun poste o libro vermello de Mao.

costumes
A discografía de Jolie Holland
Hoxe é un gran día. Conseguín os discos que me faltaban de Jolie Holland, a mellor artista texana de todos os tempos e abondo máis. Non os busquei por fetichismo nin coleccionismo. Non vou engadir nada ao que escribín sobre ela en vellas entradas, ás que non penso corrixirlle nin as erratas. Podía dar máis datos ou meterlle literatura, pasando.
O que si vou facer é remediar a falta de “Old fashioned morphine” (It was good enough for my grandpa/It's good enough for me). “Springtime can kill you” é un traballo extraordinario e accesible.

música
Todos somos adestradores (mal español)
Navas din que é un gran xogador, dalle “verticalidade” á selección española, din, que a miúdo peca de lenta, “horizontal e amanerada”. Non o discuto; baixa a cabeza, apreta os dentes e bota a correr co defensa pegado a el; cando se decata de que o defensa lle aguanta a carreira, cambia de marcha, e así ata que chega á liña de fondo, sen regate e sen visión, cando centra non se sabe a ónde nin a quén.
Que Cesc non pode xogar con Xavi só o pode asegurar unha mente estreita.
Se ese é o fútbol que gusta de España, a min que me dean de baixa (voume pasar aos franceses, que a lo menos gozan dos mellores hoteis e se divirten).

Retrato idealizado de tres anciáns
Hai un tema no concerto de Radiohead, “Life in a glass house”, no que o grupo conta coa presencia de tres vellos, aportando os seus metais brunidos para tan televisiva ocasión. As cámaras reparan neles e podes construir a súa faciana de neno traveso que non se arrepentirá das súas falcatruadas. É unha gozada velos, gustaríame que acendera agora a miña dona a tele e me pillara; díxenlle que ía cos amigos ao club, ao de sempre, a tocar cancións de amor de Burt Bacharach, e aquí estamos os tres, co noso savoir-faire, facendo rock vangardista para masas, ou como lle chamen a esto que fan os rapaces; Miles Davis, un lixo ao noso lado.
Advírtese que o grupo os trata cun respecto cómodo, en ningún intre cos acostumados desdén, paternalismo, admiración ou forzada complicidade profesional. O vello pode reparar nunha moza que lle saca fotos dende a primeira fila; estou mellor que Mick Jagger, non compares, dixeron de ir despois da actuación a un pub que coñecen eles, logo dun gin tonic voulle demostrar que aínda son o de sempre.

Todas as lendas urbanas
Hai unha lenda urbana que conta a primeira participación de Corea do Norte nun Mundial. Parte de dúas verdades consolidadas pola propaganda occidental durante a Guerra Fría: os amarelos son todos iguais, e os prosoviéticos, máis aínda. Non se distinguían uns xogadores de outros, circunstancia aproveitada polo adestrador norcoreano para cambiar no descanso a todo o equipo sen que ninguén se enterara, arrasando na segunda parte a once contrincantes extenuados (puideron cambiar a dous ou tres, qué risa). Moitos pensarán que vaia lenda urbana trivial; pois si, como a dos caimáns nos váteres de Nova York.
Como nas películas de Rocky aquelas de Sylvester Stallone, o humano, o sacrificado, o bo boxeador norteamericano, remataba vencendo á maquina de laboratorio fabricada na URSS. Dinme agora que igual foi Corea do Sur quen fixo a trampa, sendo logo eliminada por Brasil, pero eso qué importa, se son todos iguais.

O volume da vuvuzela
A vuvuzela, sábeno ata os que detestan o fútbol (se non son os primeiros en sabelo), é unha corneta coa que os seareiros animan aos equipos en Sudáfrica. Adestradores, xogadores e, atención, comentaristas deportivos, pediron a súa prohibición, ao que se negou a FIFA logo de botar as súas contas. A Caixa de Texto quere amosar un apoio case incondicional ao seu festivo e masivo uso. ¿Por qué “case”? Porque na tele non se escoitan, cando non podemos permitirnos unha visita a Nelson Mandela. Na wikipedia pon: "Un estudo determinou que dito elemento pode ocasionar serios danos ó aparato auditivo das persoas debido ó elevado nivel da intensidade do son que emite. A modo de comparación, o motor dun avión en marcha xera 120 decibelios (dB), e no momento de engalar 130 dB. Unha vuvuzela alcanza 127 dB."
Algún pensará que somos uns flipados que escoitamos música a 360 decibelios e non andará desencamiñado; preferimos que unha vuvuzela, o dito elemento, nos escaralle os tímpanos a escoitar aos comentaristas que levaron o España - Suíza. O desa xente si que é daniño; o partido foi malo, se fora bo a narración implicaría o traslado obrigado ao hospital. Agradeceriamos, pois, todo o que sexa barullo enxordecedor; quitarlle o volume á retransmisión ou poñer un disco de Benny Goodman non pega.

Antón está de viaxe (VIII)
Parou onde o paso de cebra, colocando a bicicleta na dirección da outra beirarrúa; a esas horas non había apenas tráfico; a furgoneta dalgún panadeiro ou repartidor de prensa, o convertible dos rapaces que continuaban de esmorga, pa mi mulata, pa mi morena, pa que tu sientas mi ritmo en las piernas, pa mi princesa, pa mi guerrera, que se me vengan pacá esas caderas; despois un silencio de deserto eterno, ningún coche pola dereita, ningún pola esquerda, pero non pode un fiarse, puxo a punta dun pé na calzada e de súpeto walkirias de semáforos e pitos, os 60.000 xinetes do apocalipse, 30.000 por un lado e 30.000 polo outro, latas de refresco baleiras atadas ao carro do demo vestido de noiva, pa mi mulata, mi bicicleta, raposos de lume, verdes e amarelos e vermellos e azuis trazando liñas de aerosol, fauces devorando o tempo, voces que pasan como un coitelo, tractores negros, wengé na crista das rodas de aceiro; ninguén dixo que fora doado para a Panteira Rosa cruzar unha rúa; aparecéuselle o alcalde Clouseau cun candeado e unnha chave máis grandes que el, sinalándolle encolerizado o colector do lixo, fíxolle un aceno coa cabeza, non, montou na bicicleta e botouse á calzada silente.
_
_
Etiquetas:
literatura
Heinrich Neumman e os seus intelectuais especializados
Ola, o meu nome é Eleuterio, Eleuterio Couto. Son labrego dende que nacín. Aos 34 anos viñeron pola aldea uns profesores que eran socialistas e querían ensinar a quen quixera os rudimentos da lectura e a escritura; foi como unha aparición bíblica, montados en burro e enroscados, ou enrocados, non sei, nunha palestina, como María Dolores de Cospedal. Dicían que a cultura era a mellor arma para enfrontarse á explotación e á pobreza. Aprendín a ler, mesmo aprendín qué significaba o meu nome (en qué carallo estaría pensando o meu pai, que se chamaba José). Deixei muller (que non quixo aprender a ler) e seis fillos e partín para loitar pola República alá onde puidera. Rematei en Madrid. Morrín o 6 de febreiro de 1937, na batalla do Jarama.
Agora, 73 anos despois, gracias ás novas tecnoloxías, eu e os meus compañeiros podemos ver na fosa "Cultura contra la impunidad", o arrepiante vídeo que grabaron os intelectuais da democracia española, os que esixen a rehabilitación do xuíz Garzón; Almodóvar, Maribel Verdú e toda esa xente intelixente e comprometida amiga do rapaz da cella. O vídeo arrepiante é, eu non me remexo aquí embaixo, pero non estou seguro de porqué é realmente arrepiante; hai algo que non me cadra. Xa mo dicía a miña muller: ¿ónde vas ti, Eleuterio, se ti non entendes deso?

Un muro de ruido para pintar mensaxes frustradas
Hai polémica, ou indignación, porque Rage Against the Machine actúa en Rock in Rio; unha banda de explícita ideoloxía anticapitalista nun festival que é a quintaesencia do poder fagocitador do sistema (que en realidade xa non precisa fagocitar nada), un negocio mastodóntico onde o valor da música programada equivale ao número de hamburguesas consumidas durante a súa celebración. Creouse un grupo en Facebook pedindo que a banda suspenda a actuación. Fermín Muguruza opina: "¿Estrellas rojas, uniformes de Guantánamo, la Internacional, el Che Guevara, Killing in the name y puños cerrados en el Festival Rock in Rio? Una vez más, la economía de mercado gana y nosotros perdemos, sí, todos los ilusos que nos creíamos a Rage Against The Machine. En Rock in Rio, sólo veremos una autoparodia de lo que fueron. La banda sonará atronadora, el planteamiento estético será impecable, pero el discurso quedará completamente vacío".
O vasco non deixa de ser coherente, ben, o que non está tan ben é a indignación, a ridícula sensibilidade dunha xente esixíndolle ao grupo que non toque porque só o vai facer por cartos, levando non sei cántos anos sen sacar material novo; qué contrato asina un artista cos seus fanáticos, aos que ten prohibido decepcionar. Que non vaian a velo, que escenifiquen o seu trauma xuntándose nunha praza para queimar discos e camisetas. Ademais, Zack de la Rocha, o cura da parroquia, pode argüir que aproveitan para que as súas proclamas cheguen a máis público, dinamitando o sistema dende dentro.

relixión
Os mercados vistos por un parvo que non pisou MediaMarkt
Os mercados, como felinos que calibran o tamaño e a capacidade de resposta das súas presas, amosando os seus cabeiros e gadoupas, arrrr; cabareteira que sae da criminal escuridade, quenlla travestida; os mercados, deus intanxible de non sei cántas cabezas creado polo home; nena, ou te comes a sopa ou chamo ao home dos mercados, ti verás. Os mercados van devorar Polonia, van reducila a un progrom financeiro. É obvio porqué o digo, ¿non? España onte calzoulle seis goles, non importa que fora un partido amistoso. Xa sabemos quen vai ir detrás de Grecia, berce da filosofía convertido en burato negro.
Haberá que averiguar cómo andan de PIB, inflación, débeda externa, paro, esas pequenas cousas; máis que nada por facernos unha idea de cómo anda España. Pensen que mesmo o PP e Ángel María Villar están de acordo: o mundial de fútbol é algo máis que un valioso opiáceo nestos tempos críticos.

Un dos grupos máis usados en anuncios de televisión
Estamos no punto álxido da paranoia con Radiohead. Conseguimos tres grabacións; un concerto en Tokyo; os temas do último disco tocados, máis ou menos experimentalmente, no estudio; e nun set da BBC. Esta última é a que máis nos gusta; nin escenario nin público se fan aparatosos e o son ofrece unha idea aproximada dun son fantástico; a imaxe é horrible, morriñenta e pixelada como a deixaron ata para unha pantalla pequena con tanta compresión, pero eso é o de menos.
Da época do Amnesiac (2001), extraemos desta actuación “I might be wrong”, por non escoller “Idioteque”, porque é unha hora de música pechada, que non precisa de bises nin greatest hits, nítida, a música dun grupo afianzado na súa creatividade.
<>
Etiquetas:
música
Tarifa plana para hippies
Están coa feira medieval na zona vella. Se alguén pasea entre os postos espallados por distintas rúas apreciará o moito que falan a través do móbil os comerciantes, na súa maioría feirantes de presumible pasado ou presente hippie (non así os do asador que montaron en Cervantes). É moi posible, de feito, que se se detén a mercar algo, incenso, especias, pendentes, babuchas, unha gancha de plástico, un kebab ou cinco racións de churrasco con patacas fritas e ensalada e dúas botellas de tinto país e unha gaseosa, por favor, e o ferreiro de San Pedro facendo unha demostración de risco, será atendido por unha persoa que continúa falando polo teléfono.
- Ei, colega, ¿ónde andades metidos?
- Coño, Luciano, ¿e ti?
- Nada, estamos aquí na feira medieval de Santiago e díxome Cris, ¿por qué non chamamos a Rocío e Manolo?
- Ostiá, qué punto. ¿Ónde estades?
- Na feira medieval de Santiago, tío, e igual podemos quedarnos aquí todo o vran, rollo dos concellos, xa sabes. Co movemento de guiris que hai a cousa pinta ben...
- Pois de puta madre; nós estamos en Toledo e tiramos para Valencia.
- Está Rocío por aí? Agarda que se pon Cris, si, esas son a 2’50, a 2’50, si, guapa, por ser pa ti, tío, Manolo, cánto tempo, non?
- Descarao.
- Ola, Manolo, son Cris, qué pasa... anda, ponme con esa muller que boto tantísimo de menos, ai, a miña Rocío.
- Vai, vale, pero... oe, vai saírvos por unha pasta a chamada!
- Qué va, Manolo, coa tarifa plana de Timostar para hippies falas de feira a feira a 0’1 céntimos o minuto, a calquera operador, e as mensaxes de texto gratis durante os tres primeiros meses, Manolo, a que é unha pasada? e ten unha opción para internés, e total, dentro de tres meses sabe Deus ónde imos estar e se O Gran Luciano perde o carallo do móbil.
- Qué forte! perdoa que non se poña Rocío pero vou colgar para chamar xa aos de Timostar, puta Garrafone. Ala, adeus.
- Rocío...
- Un bico moi forte.
Certo, colgaron do outro lado, porque coas novas tarifas de Timostar para hippies para qué te vas parar a falar cunha xente á que no fondo non tragas; o lóxico é saír correndo a unha tenda Timostar e darte de alta inmediatamente, especificando quero tarifa plana para hippies, así de sinxelo.

O amor imposible de Nicolas Sarkozy
O mesmo alguén se mosquea porque falo de España, dentro da que malvivimos os galegos, en termos semellantes aos daqueles que emigraron a Suíza ou Alemania nos 60, que retornaban contando as excelencias desos países ricos e educados onde as persoas nunca cuspían nin tiraban a cabicha ao chan. Ata lle chamaban ecoloxismo ao que para nós eran excentricidades de adiñeirados aburridos (e en parte levabamos razón).
Se reparamos nos “dirixentes” todos son iguais (Premio Nobel á parte); está máis preparada Angela Merkel que Elena Salgado, Solbes, Rato ou Boyer? Está máis preparada para coidar unha “imaxe” nun estado máis avanzado, admitimos.

Bill Gates abriume os ollos
Anda Bill Gates de xira filantrópica. Esta mañán parou en Barcelona, de paso que participa na xuntanza do Bilderberg en Sitges, onde cativou a todos coa Infanta Cristina de escudeira. O pobre quixote norteamericano (porque é pobre, todo o que ten o dá), lamentou que o goberno recortara as axudas ao desenrolo; mal, moi mal, goberno amigo, eso non se fai. El País asegura que é, o pobre, un gran coñecedor da “realidade política española”, do que se deduce que El País coñece sobradamente esa realidade, que podería dar clases, do que á súa vez deduzo que eu non teño nin puta idea. Din, Bill Gates e El País, que España sempre foi un exemplo “internacional” (pois non vai ser un exemplo para si mesma) na súa aportación ao desenrolo dos países do terceiro mundo. Teño que viaxar máis pola península, e sobre todo, ler máis El País; pensaba que España adicábase a pulirse os fondos europeos (para o desenrolo) en pelotazos e resulta que non, que é un país serio, rico e avanzado. Gracias, Bill, por abrirme os ollos. Por certo, o Explorer vaiche ir como un fojete cando metan fibra óptica entre Pretoria, O Cairo e Rabat.
<>
<>
Etiquetas:
informática
Cuarteta de Mercurio
Os tipos baten na cinta,
ese anteface infinito,
sol de moedas de tinta
para a máquina, maldito.
_
ese anteface infinito,
sol de moedas de tinta
para a máquina, maldito.
_
Etiquetas:
literatura
Os que non comprenden a Israel son uns burros
Hoxe só se fala do ataque do exército israelita a ese barco impertinente, provocador, que pretendía levar axuda humanitaria á costa de Gaza. A diplomacia internacional xa se pronunciou; puidemos escoitar unha vez máis esas frases de “condena”, “consternación” e “acción lamentable pola que esiximos unha investigación rápida, imparcial, crible e transparente”, que deben ter pregravadas, non sei, no iPhone.
- O exército israelita bombardea á poboación civil en Cisxordania, prema 1.
- O goberno de Netanyahu non negociará con Xerusalén Este, prema 4.
- Cárganse a media ducia de hippies turcos que navegaban colocados no transbordador do amor, prema... 73.
Os únicos que falaron con “transparencia” foron EE.UU. (xa o arranxan eles) e os propios xudeus, que se non fan nada logo pérdenlles o respecto. Ademais, qué son 9 mortos entre 700 perigosos cooperantes.

Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2010
(351)
-
▼
junho
(31)
- A independencia de Brasil
- O maxisterio do ex presidente
- Ronaldo vai cambiar de país
- A docencia da demandante e os marcos
- A fogueira de Fabio Capello
- O negocio das estrelas esixe horas de ximnasio
- Lévome o mando Wii ao G-8
- O dubidoso mérito das marcas
- O sexo de Sergio Ramos
- Iniesta, gracias a Deus, é de Fuentealbilla
- Día Hpnotiq da música
- Haiku
- Kim Il Sung é un tipo fantástico
- O porteiro que lía a Mao
- A discografía de Jolie Holland
- Todos somos adestradores (mal español)
- Retrato idealizado de tres anciáns
- Todas as lendas urbanas
- O volume da vuvuzela
- Antón está de viaxe (VIII)
- Heinrich Neumman e os seus intelectuais especializ...
- Un muro de ruido para pintar mensaxes frustradas
- Os mercados vistos por un parvo que non pisou Medi...
- Un dos grupos máis usados en anuncios de televisión
- Haiku
- Tarifa plana para hippies
- O amor imposible de Nicolas Sarkozy
- Bill Gates abriume os ollos
- Cuarteta de Mercurio
- Haiku
- Os que non comprenden a Israel son uns burros
-
▼
junho
(31)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.