A alma rusa

Encargáronnos, tranquilamente, como un encargo máis, un folleto que debe ir en castelán e en ruso. Je! a ver quén é o xenio informático que me adapta o teclado ao cirílico, porque eu nin puta idea.
Respetables mafias rusas están tomando a costa de Levante, erguendo igrexas ortodoxas e todo. Os fillos de Putin, que non teñen nada que ver coas personaxes de Dostoievski.

Vale: despóis de configurar o mac hai que escribir cun rotulador sobre cada tecla a letra que lle corresponde en cirílico, ou pegarlle un papeliño con celo. Je, je, pois ou o facemos ou lle dicimos ao Supemo que nos merque un mac moscovita.

Unha canción popular

Carta aberta a P.J. Harvey

Que si, tía, que es unha Grande Artista. Tes unha Gran Sensibilidade e ata Metes Medo. E os demáis, os demáis son TODOS uns retrasados e uns reprimidos. Ea, ea, shhh, xa, ala, a durmir, shhhhhhhhhh.

Reflexións dun tío superficial



Agora Sarkozy quere boicotear os xogos olímpicos de Pekín, polo tema dos dereitos humanos na ocupación do Tíbet. A súa hipocresía e o seu morro non son novos (ignórase ou ”amonéstase” a unha nación según intereses descarados), o que si é novo é o seu impulsivo xeito de actuar (nunca mellor dito), que, por outra banda, dubidamos sexa do beneplácito do empresariado francés: a publicidade, a pasta que moven unhas olimpiadas vale moito máis que a dignidade duns monxes peripatéticos e a presidencia dun cincuentón encoñado.
Eso si, todo o mundo envexa que se liara con Carla Bruni, e nós non somos unha excepción. E os monxes, logo de meditar, posiblemente tampouco.

Curiosidades

A Trebuchet que empregamos aquí foi deseñada para Microsoft polo mesmo capullo que arruinou a creatividade coas tipografías parindo esa trapallada omnipresente que é a Comic Sans. Teremos que cambiala.
O trébuchet, en bo francés, era unha máquina de asedio medieval, para derrubar murallas e todo eso.

Chet Baker e a metadona



Aquí un tío di que a metadona foi o que lle axudou a Chet Baker "a continuar". Aínda así, a súa adicción lastrou toda a súa carreira. E conta historias "exemplares". Os críticos son como os amigos falsos: tan repugnantes que cando se poñen moralistas dache a risa.
Un sentimental, Chet Baker; caiu pola fiestra dun hotel de Amsterdam tras misturar heroína e coca. Os amigos, oh, aínda o deben botar de menos.

Os gustos de Steve Jobs



Este é o vídeoclip máis visto do mundo nas últimas semanas, aseguran algunhas fontes. Tamén aseguran que é un grupo underground. Incluiron no seu primeiro cd un cd-r para que o comprador o grabara e llo pasara aos colegas, obtendo así unha rápida difusión da súa factoría (porque son un grupo "interdisciplinar": moda, performance e todas esas movidas).
Non nos vaian acusar de carcas desapegados da Actualidade. O nome sacárono dunha entrevista a Beyoncé na que confesaba sentirse así, cansa de ser sexy (un curro...).



E este é o vídeo de demostración de Apple Inc. sobre o IPod Touch, coa mesma canción.

O blog e a literatura do s XXI

Este é o título dun artigo de Edmundo Paz Soldán, boliviano, profesor de literatura latinoamericana na universidade de Cornell (Nova York), para o País. Ten razón no que di, que ao fin e ao cabo é unha obviedade.
Non cambia nada: sobrevalórase ao lector e ao escritor (tan humilde nestos tempos, oh).

A política das baleas



Alguén se lembra de Midnight Oil, aquela banda australiana que reivindicaba a dignidade dos aborixes e o respecto ao medio ambiente (antes de que se puxera de moda)? Peter Garrett, o seu líder, agora é ministro de Medio Ambiente, Patrimonio e Cultura. Na súa cruzada contra a caza de baleas topou cun tal Hideki Moronuki, director da axencia de pesca xaponesa, quen, ademáis de acusalo de pouco diplomático, espetoulle que adoraba os seus discos cando estaba no instituto, pero que agora aborrecíaos :)
Garret, ministro múltiple e violento, asegura que as baleas tardan quince minutos en palmar unha vez lles clavan o arpón. Que tome nota, que se ande con coidado que os xaponeses son exquisitos tanto co arpón como coas embaixadas. Unha vez que deixan de escoitar a música no corpo, como é o caso.

O cadaleito de papel de IU

A análise que fai Público da caída de IU é abxecta (como se diga en galego). Do País agárdalo, pero do Público como que non contas con que vaian tan a presa á hora de deixar claro os seus intereses.
Podían, a lo menos, disimular un pouco a quen obedecen (resultan groseiros).

Temos medo

Hoxe recibimos un mail que penso enmarcar e colocar no salón da miña casa. Entre frases inspiradas, tallantes e intimidatorias destaca esta: "Tengo en mi poder vuestro boceto y CD".
Está claro que a tele e os libros que se len hoxe en día funcionan.

Disseram que eu voltei americanizada

Xa somos americanos. Costounos, pero xa somos americanos. Xa somos bipartidistas. Xa somos unha democracia adulta. A socialdemocracia repite mandato e os conservadores síntense triunfadores, porque na festa da democracia na que tan encarecidamente nos convidan a participar todos gañan, perdón, gañamos.
Non sei por qué nos ven á cabeza un tema de Caetano Veloso: "Disseram que eu voltei americanizada". Esas cancións que cantan os políticos na intimidade.

E o Bloque tamén. O Bloque, que mantivo os dous escaños, pode estar ben contento. Non. O Bloque non se americanizou. Os do Bloque son os da Integridade e o Futuro, bisagra do PSOE, viagra ideolóxica para nacionalistas discapacitados, decepción da vella (da obsoleta, claro) resistencia.

Nas rodas de malandro minhas preferidas
Eu digo mesmo eu te amo, e nunca I love you
Enquanto houver Brasil
Na hora da comida
Eu sou do camarão ensopadinho com chuchu

"Para que Galiza teña forza en Madrid". Todo ben masticado e con "intelixentes concesións" non se vaia atragantar o neno. Claro que si.

Asesores de imaxe

Agora está de moda dicir que a política copia da publicidade, o que é innegable, ¿pero acaso a publicidade non copia da política? Os publicistas crense os amos do mundo, os asesores de imaxe dos candidatos non saen nas fotos ata despóis das eleccións, recibindo trato ou honores de semideuses.
Aínda que soe a aristotelismo (con perdón) máis que trasnoitado, o rollo político seguirá máis alá dun anuncio de danone.

¿A quén serve a publicidade?
¿A quén servía o xornalismo, considerado enfaticamente o Cuarto Poder?

Recomendación da semana




"Fotografía digital de alta calidad", de José Mª Mellado

Está ben escrito e resulta moi práctico para fotógrafos profesionáis, pero tamén para os que non o son, servindo de guía na transición da fotografía clásica á dixital e, logo, no manexo limpo de Photoshop.
O libro compleméntase no seguinte enderezo: http://www.digitalaltacalidad.com/

O País no seu sitio




Esta é unha escolma ao azar da fotogalería que publicou o País para cubrir o "ineludible" concerto dos Cure. Sacaron a "fotogalería" e a "crónica do concerto", que curiosamente é unha crónica do público asistente e de cómo ían vestidos os famosos.
En ningún sitio se le nada do concerto, se é que aquelo foi un concerto, unha corrida de toros ou a rodaxe dunha película.

Métodos de tortura

Está claro que queixarse da música que pinchan nos 40 é de retrasados mentáis. Sobra qué facer e con qué quedarse. Mais se tes que escoitar a emisora 8 horas ao día 5 días á semana, ¿non é natural que todos esos “artistas” que repiten invariablemente te vaian taladrando (literalmente) o cerebro? Se houbera radio nos tempos da Inquisición, o proveito que lle ían sacar como siniestro elemento de tortura!
Imaxino a un cura gordo, de pequenos ollos resplandecentes, sorrinte e babeante no calabozo infestado de ratas, achegándolle á ourella do herexe encadeado o loro que cuspe sen cesar cancións de Rosana, de Neck, de Mecano e El Canto del Loco...

A maior gloria da MTV



Hoxe actúan os Cure en Valencia, na Ciutat de les Arts i de les Ciències, e todo son parabéns. A capacidade de crítica da xente cool remata precisamente onde comenza o cool. Non nos importa quen son e menos aínda o que representan os Cure.
Un invento para gloriosa autopromoción da MTV que costa un millón de euros e que sufraga a Generalitat. Póñena como "cita ineludible", claro.


A MTV e o "sutil" negocio castrador.

As películas de Dylan



Esto é de Bob Dylan. Ao parecer remataron hai pouco outra peli sobre el. Agora que nos estamos a facer vellos semella que comenzamos a escoitalo sen resistencia. Escollemos esta canción porque sae no biopic e porque había moito tempo que lle perderamos a pista ao tío este, Bill Frisell.
A banda sonora son temas de Dylan interpretados por xente como Willie Nelson, Charlotte Gainsbourg ou Cat Power. Cate Blanchett fai de Bob Dylan.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet