Onte palmou Ingmar Bergman. Estarán os cinéfilos de todo o mundo de riguroso loito. Xirará a noria de haxiografías e retratos, de conspicuos análises da súa fonda obra. Reporán as súas películas na televisión. Programarán ciclos temáticos en cines e teatros, e nos cafés prenderán apaixoados debates sobre a contemporaneidade da súa Obra (ou algo así).
Imaxinámolo no seu retiro na illa esa de Farö (ou como se escriba); un vello escarallándose de risa mentras le os xornáis dos que é portada, todas as sandeces e todos os vomitivos eloxios que se poden soltar sobre unha persoa.

Os criticos tan caros

Díctannos o que debemos escoitar. Non podemos escoitar grupos como os Cowboy Junkies (lino o outro día). Hai que ser dinámicos e alegres. Deleitarse con algo triste é de lerdos. Podes escoitar cancións tristes de Amaral ou Shakira ou El Canto del Loco, pero eso o xustifican socioloxicamente. O que veñen aseverar é:
- Cómo escoitas eso? é deprimente! Qué clase de marciano es?
- Oh, Amaral, bueno, eu escoito outras cousas, pero hai que recoñecer que sacaron un bo disco. Están arrasando.
Un gremio sen vergoña ningunha (hai excepcións, dende logo). Nos citamos de novo a Josele o dos Enemigos: "yo no quiero ser feliz". Algún problema?



A canción que lle adicaron os da Polla Records, unha desas cancións que semella xamáis perderán vixencia (entre o servilismo para os "mass media" e unha vanidade de babosos):
"...tuyo es el poder
tuyo es el espacio en el papel..."
Que ata se pasaron; outorgáronlle máis importancia da que teñen. Son os últimos dunha pirámide.

O monstro da banalidade

O fundador do partido socialista luso arremeteu contra José Saramago (comunista) por "vaticinar" que Portugal rematará anexionándose a España, aclarando ademáis que o escritor atópase en débeda coa lingua de Camoes, pois gracias a escribir os seus libros en dita lingua outorgáronlle o Premio Nobel. ¿En qué quería que escribira? Podes facelo en mandarín, e mal, e o mesmo optar ao premio.
Pola miña parte, eu que xa dende pequeno quixen ser Nobel (do que sexa), mañán mesmo comenzo a escribir en portugués. Dígoo moi en serio, que eu son desos avispados que aprenden dos que saben.

Unha desas cancions "perfectas"

Imperfectas e inspiradísimas. Non entendo como alguén tan listo como Bowie se impón recuperar este xeito de facer cancións; é unha tarefa condeada ao fracaso. A Auserón non se lle ocurre facer agora discos como "La ley" ou "De un país en llamas" (un pasote de discos!).
Que se deixe estar. Só por facer algunhas cancións como esta xa cumpliu. (Descúlpeseme o ton de profesor, hai que dicilo).

Radiohead

O tema do vídeo é abondo tópico: sexo, poder, producción, dominación, rebelión, riqueza, morte... Góstanos a enganosa austeridade da técnica. Radiohead, icona en declive do pop rock de vangarda, grupo obrigadamente fagocitado polo sistema e despedazado e valeirado de contido por fanáticos e esnobs.
Xa falamos como fantasmóns filósofos dunha posmodernidade á que non lle vemos fin. Por favor, que alguén nos pegue un tiro xa.

"Los Reyes", de Julio Cortazar

"Más que fuera, pero de otro modo, con la sutileza del prestigio. Yo tenía que encerrarlo, sabes, y él se vale de que yo tenía que encerrarlo. Soy su prisionero, a ti puedo decírtelo. ¡Se dejó llevar tan dócilmente! Aquella mañana supe que salía camino de una espantosa libertad, mientras Cnossos se me convertía en esta dura celda."

Quen queira unha dose de sublime literatura clásica que lea o texto enteiro. "Los Reyes", obra de teatro de Julio Cortázar que eu descoñecía e que se pode baixar en pdf de internet (por suposto, xa perdín o link, pois gracias a este tipo de pérdidas afortunadamente non metódicas atopa un estas movidas, pero por aí anda).

Precisase batera (megalomania)

7.500

Esto é o que cobra un xornal de provincias por un anuncio de media páxina a cor en domingo: 7.500 euros. O que é ser perpetuos novos ricos (dende comenzos dos 80 suponse que nos dou tempo xa a ser un país "normalizado"). Veña a estafar! Veña pasta que co Audi que teño xa non me como nada e toca cambiar!
Un xornal onde non saben maquetar nin distribuir seccións con claridade, un xornal que vendeu a súa liña editorial do xeito máis flagrante (todos o fan, pero polo menos disimulan un pouco).

E agora que o penso, ¿non precisarán un subdirector adxunto?

O Artista Antes Dispoñible nas Tendas

A etiqueta non é nosa. Paul Quirk, presidente dunha nebulosa asociación de productores musicáis, endosoulla con toda a xenreira e frustración da que era capaz a Prince, quen vai agasallar o seu novo disco co Mail on Sunday (2 millóns de tirada cada domingo) e coas entradas aos seus 21 concertos londinenses. Pensabamos que aquela guerra que librara Prince coa Warner respondía máis á excentricidade da estrela que a un posicionamento respecto á industria, e quizáis nos pasamos de frívolos.
Prince sempre se nos antoxou un onanista incontinente, pero hai que recoñecer que o que fai está moi por enriba da media (non é que nos caia simpático agora polo simple feito de ir contra as discográficas).
Unha das bondades de internet é que te esqueces do que ías buscar mentras atopas de todo (o que non queren entender moitos capullos, que a rede non ten gusto, nin criterio, nin estética nin ética, que é eso, unha rede, e que somos nós os que nos serviremos dela, ou ela de nós, dun xeito ou de outro).

Hoxe e venres!

Debe ser esa enfermedade que está tan de moda agora, o síndrome prevacacional:)
A peña emprega a comparación como criterio universal á hora de valorarse, un proceso de autoreafirmación incesante no que ven repetindo: bah, eu son moito mellor que este pringao, non vaias comparar!
Non é unha cutredade, os hai que chegan lonxe: artistas, ministros, catedráticos e actores porno.

O que diciamos

Este artigo non nos descobre nada novo. Nin nos impacta polo seu estilo nin pola súa mordacidade (da que carece). E para pretender ser unha información "veraz" coido que lle faltan cifras e axustes (si, as verdades tamén hai que axustalas).
Redunda no que vimos falando sobre o rock'n'roll, un vehículo para trasegar votos novos, por exemplo.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet