Boqueixón: publicidade negativa



Xa se armou. Xa están as almas sensibles do país escandalizadas por este vídeo que recolle o discurso do señor Feijóo no transcurso dunha cea organizada polas xuventudes do PP nun local de Boqueixón. A cea ou esmorga era en solidariedade con Haití, e o presidente da maioría aproveitou, tiranías da axenda, para ridiculizar ao PSOE e ao Bloque (¡maleducado!), ligar cunha rapaza que traballa na TVG (¡machista!) e fomentar o consumo de alcol ata altas horas da madrugada (¡irresponsable!). A todos estos agravios débese engadir que comenzou, si, falando en galego, pero que logo se pasou ao castelán.

Qué agardan, ¿que fale e se comporte “diplomaticamente”? É a súa vida. O único que constata a grabación, innecesariamente, é a descarada vulgaridade deste home e dos seus amigos, que non serán conscientes de que non saben criticar ou entrarlle a unha tía (e eles preocupados). En canto á lingua, moito mellor que falen castelán, xa nos chega cando se exaltan coas tortilliñas e o pulpiño e o ribeiriño.
<>

Todos os sombreiros de Sergio Makaroff

Aquí está Sergio Makaroff, en acústico e con Ariel Rot de fiel, sobrado, serio e divertido escudeiro. Rock arxentino, dirán algúns en sentido pexorativo. Vaia, eu a Calamaro, ou a Fito Páez, non os trago, pero a Ariel Rot si, e dende logo a Makaroff; teño un colega que me deu moito a brasa con el, aínda que máis brasa lle din eu cos meus gustos, de Juan Perro a Suede, daquela e sen cambiar, así que o mellor que podo facer é calar a boca.

“siento un ardor en el brazo

¡Virgen Santa! me hice un tatuaje

dice “always together”

¡recórcholis, maldito brebaje!

me exprimo el cerebro

y es como asomarme al infierno

porque no consigo recordar

a quién le juré amor eterno”

Arxentino é, dende logo, por moito que viva en Barcelona. “Un hombre feo”, “Rico y famoso” (vende máis discos que os Rolling e Madonna xuntos), o “Número 1”, “Master of the universe”; sen a película mo-des-to-im-por-tan-te de outros.
<>

A curar aos EE.UU.

A ver se evitamos que nos tachen de antinorteamericanos, que é ben grave, porque un pode ser criminal, prevaricador, pedófilo, presidente da Xunta de Galicia e mesmo Papa de Roma, pero antinorteamericano non, nunca, e menos agora, con Obama. É que a nós, como aos nenos pequenos, cóstanos entrar en razón, non me gusta e non me gusta e non o quero e quero ir con mamá; típico infantilismo dunha esquerda que se nega a crecer. Queremos cambiar de actitude, como o partido socialista ou o Bloque, polo que nos deixamos convencer axudados do que escribía hoxe Carlos Fuentes en El País sobre a histórica reforma do sistema sanitario aprobada no Congreso.

Xa nos sentimos mellor, persoas adultas, responsables, non importa que o escritor mexicano, o fillo do diplomático, nesgara un pouco a información; se caímos enfermos, pasaremos do SERGAS, e por suposto nada de acudir á sanidade privada; collemos un voo low coast e a Washington, onde nos recibirá o presidente cos brazos abertos.
<>

Antón está de viaxe (III)

A un lado da cancela, destacando sobre o granito envellecido, estaba o interfono con visor e caixa de correos incorporado; dinamizar os espacios domésticos, os lectores de El País Semanal sempre preparados para a vida moderna; Antón dixéralle que estaba avariado, tiña que ser algún cable solto, xa o arranxaría, mentras tanto a cancela ficaba sen fechar. O aparato dinamizaría todos os espacios que quixera, pero podía ser máis discreto; entrou no xardín, laxes estudiadamente irregulares conducían á porta da casa, sebe, unha camelia, os limoeiros, que se dan ben, a maceira vencida, áloe vera, testos, pesados e baleiros recendos de caraveis e xasmíns, a roseira, meta desangrada en arco, pero antes o rodwailler encadeado á caseta, o que non sei é a ónde se encadea a caseta, é un can nobre, non o discuto, come como un animal, tampouco o discuto. Lembrou unha entrevista que lera a James Ellroy, o Rei Midas da novela negra mundial, todo grande, serio, histórico, transcendental, tipo duro, “cráneo previlegiado”, odio o rock’n’roll e a ironía, imaxinábao cun rodwailler no xardín californiano, qué digo un, seis, arredor dunha estatua de mármore de 4x2 de Luciano Pavarotti cun reproductor de mp3 no cu

“y cuando todo acabe
yo no quiero una piedra
encima de mi sólo quiero tierra
y algunos frutales
para que me abracen
que sus tiernas raíces me comprendan”
_

Teño un fillo etarra

Non se trata de descargar responsabilidades miserablemente. Teño un fillo etarra. O que máis me doe non é eso, recoñézoo, o que máis me doe é que me minta; díxome que ía pasar unha finde romántica coa súa moza en París, e me entero pola tele de que é un terrorista vasco que ía fornecerse de coches-bomba para atentar en España. O de matar ao xendarme fixo que foi sen querer, algo raro hai aí; meu fillo, por moi terrorista vasco que sexa, non ten nada contra os policías franceses. ¿Saben qué penso? Que Sarkozy lévao moi mal para a segunda volta das eleccións rexionais e precisaba un golpe de efecto, ¿terroristas en Francia?, en 48 horas pillámolos, xulgámolos e cáenlle 30 anos que non lles quita ninguén, por moi ben que se porten no cárcere.

Non é ningún cachondeo. Hoxe mesmo, en El Mundo, podíase ler un artigo da gran Isabel de San Sebastián no que agradecía ao presidente da república a súa eficacia e firmeza contra os terroristas, non como aquí, onde os desalmados levan unha vida normal, van ao super e ao videoclub, e se os trincan viven con máis privilexios que calquera traballador honrado. ¿Qué será agora do meu fillo? ¿Poderá volver ao corpo de bombeiros cando o solten?
<>

E despois do traballo, a festa

“yupiiiiii
l

LO HEMOS CONSEGUIDO

LOS LIBROS, PODRAN LLEVAR LOS LIBROS EN SU IDIOMA

AY ..... YUPIIIIII

CUANTO TRABAJIÑO NOS DIO

PERO VALIÓ LA PENA

¿DONDE ESTÁS jOSE-VIGO,?

JI JI JI AY QUÉ CONTENTA ESTOY,... NO ME VEIS PERO ESTOY DANDO SALTOS POR LA CASA EN PIJAMA “


Un sagaz colaborador de Vieiros entrou no foro de Galicia Bilingüe e atopou esta entrada de Gloria Lago (NORMA RAE, seica) celebrando o rascuño do decreto do plurilingüismo, que algúns tamén chaman decreto “sobre” o galego, ou decretazo. É abraiante a influencia de persoas como esta muller, ou Corina Porro, aínda que o peso disuasorio o puxera a dirección nacional do PP; ignorantes, puerís, acomplexadas e interesadas. ¿Estou retratándome a min mesmo? Vai ser que si, porque ¿qué é o que conta?

De qué nos queixamos os galegos; vivimos ben e Rafael Louzán, presidente da deputación de Pontevedra, anímanos “a bailar con la orquesta Panorama y su nuevo espectáculo”, cha-cha-chá contratado pola propia deputación que arrancou o outro día no Ifevi.
<>

Antón está de viaxe (II)

Freou o camión do lixo, renxendo as súas engrenaxes sobre as músicas que o norte traía dos pubs, León esvarou nunha mancha de gasóleo e foi rampla abaixo ata dar con ósos e ferros á beira do mar. Ficou ollando o seu reflexo na auga, borroso, negro, vermello, aceitoso, iluminado, escintilante, esquivo, cunha roda xirando dentro do reflexo mesmo. Operarios do Concello apresuráronse a limpar a mancha, mentras o gabinete de prensa difundía que o accidentado negárase en repetidas ocasións a inscribirse no programa da Concellería de Sanidade Para un Consumo + Responsable.
_

Benjamin Netanyahu xogará ao golf en Sanxenxo

Non se pode criticar a Israel porque Hitler se pasou pola quilla das cámaras de gas a 6 millóns de xudeus e os que safaron son influentes amigos do Tío Sam e para algo a ONU fíxolles un país. Historia sabida. Israel que faga o que queira, que perpetre todas as atrocidades que guste contra os palestinos, que xa abondo sufriu o seu pobo, nada máis e nada menos que o pobo elexido por Deus. Ata lle pegaron un toque ao goberno español porque a península é un histórico feudo antisemita e inda agora algún ata di o que pensa. Pero insisto: é historia sabida.

A parte da historia que non se coñece publícaa hoxe El País (qué gran traballo de investigación), que neste artigo infórmanos dos “novos asentamentos” proxectados en Montefaro, 2.700 vivendas e un campo de golf, do que un antisemita deduce que o primeiro ministro israelita vai marcarse un foxos coa alcaldesa, Santa Catalina.
<>

Radiohead na tele



Non podo ir a un concerto de Radiohead; non polo precio da entrada nin porque teña que traballar, non, porque se vou non o conto, á media hora estou carbonizado, incrustado a un bafle cos oídos supurando furia e éxtase. Pensaba que esta canción era imposible en directo, que perdería. Trabucábame: perde, obrigadamente, matices cos que a armaron no estudio, pero gana, non sei qué é o que gana, pero as dúas descargas eléctricas, no medio e no final, son brutais, e o tránsito entre ambas conserva o misterio, o lirismo, o coidado e parte da riqueza orixinais.

Despois está o que din (alienación? si, se queres), e como cubren un plató de televisión co artwork que os caracteriza, obra sempre de Stanley Donwood, que estudaba con Thom Yorke na universidade de Exeter, o que en realidade non lle importará nin á súa nai, pero ven na Wikipedia.
<>

Miguel Delibes

Me cago en Dios, aí vai de novo "Birds in the night", aínda que a el, seguramente, non lle gustaría tan belixerante. "Seguramente", vaia palabra de merda.

El gobierno francés, ¿o fue el gobierno inglés?, puso una lápida
En esa casa de 8 Great College Street, Camden Town, Londres,
Adonde en una habitación Rimbaud y Verlaine, rara pareja,
Vivieron, bebieron, trabajaron, fornicaron,
Durante algunas breves semanas tormentosas.
Al acto inaugural asistieron sin duda embajador y alcalde,
Todos aquellos que fueran enemigos de Verlaine y Rimbaud cuando vivían.

La casa es triste y pobre, como el barrio,
Con la tristeza sórdida que va con lo que es pobre,
No la tristeza funeral de lo que es rico sin espíritu.
Cuando la tarde cae, como en el tiempo de ellos,
Sobre su acera, húmedo y gris el aire, un organillo
Suena, y los vecinos, de vuelta del trabajo,
Bailan unos, los jóvenes, los otros van a la taberna.

Corta fue la amistad singular de Verlaine el borracho
Y de Rimbaud el golfo, querellándose largamente.
Mas podemos pensar que acaso un buen instante
Hubo para los dos, al menos si recordaba cada uno
Que dejaron atrás la madre inaguantable y la aburrida esposa.
Pero la libertad no es de este mundo, y los libertos,
En ruptura con todo, tuvieron que pagarla a precio alto.

Sí, estuvieron ahí, la lápida lo dice, tras el muro,
Presos de su destino: la amistad imposible, la amargura
De la separación, el escándalo luego; y para éste
El proceso, la cárcel por dos años, gracias a sus costumbres
Que sociedad y ley condenan, hoy al menos; para aquél a solas
Errar desde un rincón a otro de la tierra,
Huyendo a nuestro mundo y su progreso renombrado.

El silencio del uno y la locuacidad banal del otro
Se compensaron. Rimbaud rechazó la mano que oprimía
Su vida; Verlaine la besa, aceptando su castigo.
Uno arrastra en el cinto el oro que ha ganado; el otro
Lo malgasta en ajenjo y mujerzuelas. Pero ambos
En entredicho siempre de las autoridades, de la gente
Que con trabajo ajeno se enriquece y triunfa.

Entonces hasta la negra prostituta tenía derecho de insultarles;
Hoy, como el tiempo ha pasado, como pasa en el mundo,
Vida al margen de todo, sodomía, borrachera, versos escarnecidos,
Ya no importan en ellos, y Francia usa de ambos nombres y ambas obras
Para mayor gloria de Francia y su arte lógico.
Sus actos y sus pasos se investigan, dando al público
Detalles íntimos de sus vidas. Nadie se asusta ahora, ni protesta.

"¿Verlaine? Vaya, amigo mío, un sátiro, un verdadero sátiro.
Cuando de la mujer se trata; bien normal era el hombre,
Igual que usted y que yo. ¿Rimbaud? Católico sincero, como está demostrado."
Y se recitan trozos del “Barco Ebrio” y del soneto a las “Vocales”.
Mas de Verlaine no se recita nada, porque no está de moda
Como el otro, del que se lanzan textos falsos en edición de lujo;
Poetas mozos de todos los países hablan mucho de él en sus provincias.

¿Oyen los muertos lo que los vivos dicen luego de ellos?
Ojalá nada oigan: ha de ser un alivio ese silencio interminable
Para aquellos que vivieron por la palabra y murieron por ella,
Como Rimbaud y Verlaine. Pero el silencio allá no evita
Acá la farsa elogiosa repugnante. Alguna vez deseó uno
Que la humanidad tuviese una sola cabeza, para así cortársela.
Tal vez exageraba: si fuera sólo una cucaracha, y aplastarla.
<>

Un público existe

Esgotáronse en dous días as entradas para o concerto de Yo La Tengo na sala Capitol. O próximo martes. Unha nova que é obrigado salientar: un público existe, un público que non consume o que lle mandan, nin Operación Triunfo, nin MySpace, nin Miguel Bosé nin Lady Gaga nin U2, nin grupos indies sen máis discurso que o ruido e a frustración e o histrionismo. Pop total, dicían hoxe. Bo gusto e inquietude, ¿por qué calalo?

MySpace agora teñen, si, como por obriga; James McNew fala do asunto. O matrimonio Ira Kaplan e Georgia Hubley. Se algún día piso os Estados Unidos, piso Hoboken, New Jersey, aínda que non sei para qué.
<>

Antón está de viaxe (II)

León tentaba contar, unha noite máis, as laxes novas que unían a zona dos pubs coa entrada do porto, camiño da casa, laxes que alternaban ondas co novo escudo; tritón, coroa e dous arpóns sacados dunha película de ciencia-ficción (os vellos teiman no bicheiro). Tarefa difícil, facendo eses coa bicicleta, pero non teman que non ía montado, camiñaba, ou serpeaba, levando da man a bici como se fora un ligue con rodas e manillar e timbre. Vendera a gamela había dous meses; o Concello ofrecéralle dúas razóns definitivas para aborrecer o mar, enviándolle un comprador para a leira que herdara da avoa e ofrecéndolle un posto de vixiante no edificio que ergueran fronte ao porto deportivo, zona de ocio con boutiques, restaurantes, unha bocatería, os pubs e a sede dunha sociedade mixta encomendada á promoción turística da cidade, porque Negra Esmeralda, a lo menos en canto a número de habitantes censados, era unha cidade, o alcalde adicárase case dúas lexislaturas a empadroar a todo o que se movía, ata as fanecas tiñan nome e apelidos e dereito a voto. León estaba contento; o pobo de pescadores no que crecera mudara nun centro turístico de sona nacional; el xa non tiña que madrugar, nin pasar frío en inverno, non tiña que correr o risco de saír e atoparse co mar embravecendo; ceibárase, en fin, do xugo de salitre que lle cedera o pai; remataba a súa quenda ás 11, paraba no Véneto (o seu bocata preferido era o Capitán Nemo) e metíase aos pubs, onde medía o cuarto de hora por garimba.
_

A proa manual do tempo



Esta mañán entrevistaron a Standstill, ou a alguén de, porque non sei se son 7, 14 ou 28. Facían “hardcore punk”, pero hai cen anos, antes de que Evaristo ou Johnny Rotten naceran. A “evolución” para eles debe ser algo psicodélico e inmediato. Nas súas webs, que teñen varias, convidan a ser partícipes dos seus proxectos, mesturar os seus temas, enviar mensaxes coa túa posición na rúa. No combo colaboran videoartistas, ilustradores, deseñadores, colegas; de Barcelona tiñan que ser. Este é o seu último traballo.

Se andan pasados de rosca ou non é decisión de cada un. A min entráronme ben; lembráronme a Triana, Triana no 2010, porque me gustan e porque, como soe dicirse, non teño moita cultura. A canción comenza feble, atrapallada, pero logo colle forza e precisión.
<>

Antón está de viaxe (I)

Estaba o día a piques de abrir no porto, pero no Showboat era noite pechada; cores de vértigo perseguíndose na pista con pouca xente; abaneaba un borracho ollando como bailaban dúas mozas, unha detrás da outra, catro serpes de auga morena enredándose e deslizándose das cadeiras á bola de espellos, risos cambiantes, insoportablemente cachondas; parellas e restos de cuadrillas fundíndose nos sofás, a parede cuberta de ducias de televisores antigos disparando todos os videoclips do vran, un segurata que entraba nos baños a pór algo de orde. A esa hora, a meirande parte dos clientes eran de barra; camareiros que remataran nos seus locais, un mariñeiro sen hora, noctámbulos vocacionais, adultos, colonias caras e bebidas seguras. Antón estaba contento, pola tarde pechara unha importante venta cos do Hipercor que se inauguraría en xullo, sábado non se traballa, a muller e os nenos en casa dos sogros, domingo si, domingo ir por eles, xantar coa Gran Familia Unida. Pediulle outro Capitán Morgan con cola a Patricia mentras ollaba como o cu de Ana se perdía no outro extremo da barra, que daba ao almacén. Alex explicáballe como eran os portátiis que mercara a empresa para todos os seus axentes de ventas; e-mails, contabilidade, gigas, presentacións en Power Point, máis gigas, moitos gigas.
- Olla esta carteira, Alex.
- ¿Qué ten?
- Uns poucos cartos, tarxetas, a foto dos pequenos, qué vai ter! Olla esta carteira, esta carteira non vale nada, e os vosos ordenadores tampouco. ¿Qué digo eu sempre? Esta carteira non vale nada, a que vale é a outra, a carteira de clientes. ¿Capicce? Patri, ¿cuándo va a hacer acto de presencia el cabrón de tu jefe? Tengo que hablar con él, y luego que desaparezca, que aquí aún queda noche, ¿o no?
- Abuelo, que ya no estás para tanta velocidad...
- Humm... algunas cosas están bien a toda velocidad, y otras más despacio...
Unha fiestra aberta, cores que fuxían contra as velas ordeadas no primeiro pantalán; o vento axitando os triángulos dos mastros, Kylie Minogue nas pantallas, 2 hearts are beating together, oh oh oh, don’t let go! Alex, é Kylie Minogue, esa muller vendeu máis de 60 millóns de discos, dígoche eu que mexa Moët Chandon, mándalle un e-mail, dille que quedamos mañán, jaja, a estrela loira acariña o micro, a polla negra e diamantada e gorda, a caveira reducida; pagarías por bicar os seus zapatos, Alex, non digas que non, que te coñezo, fetichista do carallo, as tías piden polla. Patri, pon outros, que hoxe paga o amigo Alex.

Ao enfilar para os baños, Antón topou con Brais, que entraba no discopub.
- Coño, o meu curmán favorito, a qué andas ti a estas horas, can? Anda, ven comigo. - Botoulle un brazo por riba do ombro. Brais deixouse levar. Antón petou nunha porta, o tempo pasa, a xente ponse nerviosa, acabando; saíron dous rapaces coa ollada perdida, qué pasa, tío, ¿llegas tarde a casa de mamá?, ¿quieres algo?
- No, circulando...
Entraron, Antón pasou o pestillo (queda algún lugar con pestillos) e sacou a carteira. Aquí estamos os dous cans da familia, coa diferencia de que eu son respetado e ti... e ti es un perdedor. O luns teño que pasar pola axencia para que nos fagades un catálogo novo, fai un tutelo aí, ¿estará Fernando?
- Fernando vai nunha feira en Barcelona.
- Ti traballas e el vai ás feiras... es un perdedor, nin sequera aprendes nada novo.
- Coa trapallada de logo intocable que tedes fágovos uns traballos ben xeitosos, cala un pouco.
- O logo xa sabes que o fixo o fillo do xefe...
- Por eso é intocable, xa.
Antón tiña preparadas as raias. Brais pasoulle o billete enrollado, esnifou Antón, si, tampouco me vaias contar agora a túa aburrida vida, ¿aínda estás con esa histérica do ambulatorio? ¡respeten as quendas! o doutor non pode atender á xente cando a esta lle apetece, ten que traerme a tarxeta sanitaria... pordiós, dache cita para botar un maldito polbo? eso se é que sabe follar...
- Descansa...
Saíron do baño e Antón cantaba “¡no sabes lo rápido que corre mi tiempo, por eso soy, soy, el rey del insomnio!” Qué queres, un gin tonic? Patri, un gin tonic para nuestro artista.
- Beefeater? - preguntou a camareira.
- Patri, un poco más de clase! Ponle Sapphire.
- Qué hortera es, como se a Sapphire fora unha gran xenebra; Beefeater, Patricia; algunhas pequenas decisións aínda podo tomalas por min mesmo.
- Ah, non me estraña que non vaias chegar nunca a nada... Bueno, a Alex xa o coñeces, ¿non?
- Qué tal, Alex.
- Aquí, pasando un pouco o rato. Estáballe contando ao teu curmán...
- Que mentras se follaba a unha puta colombiana pensaba nos zapatos de Kylie Minogue, ¿a ti qué che parece? ¡É un pervertido! jaja.
Rematou de desfacer o nó da gravata e desabotoose o peito da camisa. “¡No sabes lo rápido que corre mi tiempo...!”
- De ónde sacaches esa canción? - preguntoulle Brais.
- Los Ilegales!
- Xa.
- Qué pasa! Só ti escoitas boa música? Escoiteina o outro día na radio do coche, que teño un aparato que sona a diós, e díxenlle ao maior que ma baixara de internés, oe, aínda teño no faio os vinilos de cando era xoven...
- Abuelo!
- Patri... reconócelo, este abuelo es mucho más barco que cualquiera que esté ahora aquí, lo sabes...
- Ay, yo cómo lo voy a saber...
- Humm, te gusta jugar...
Patricia foi atender a outros clientes, “la velocidad es mi verdadera vocación, en un mundo parado siempre voy buscando acción, no es cuestión de drogas es cuestión de convicción, no sabes lo rápido que corre mi tiempo...”
- Ño! ata te sabes a letra! - Brais arrepentiuse de contado da frase, aínda que non tivera ningunha importancia; frase de enterado, o policía interior estaba lento, van ser as sete da mañán, claro.
- Por certo, artista, qué se che perde por aquí a estas horas? Eu teño... excusa.
- Eu tamén - apresurouse a dicir Alex, rindo.
- Non hai moitos sitios a estas horas onde tomar unha copa en boa compaña.
- Ou dúas se son pequenas... e saben cómo facer cun bo instrumento.
- Luego podemos ir al Jungla - apuntou Alex.
- Síntoo, amigos, pero esta é a última para min.
- Oh, vaste rajar ahora! Levas toda a noite por aí y ahora resulta que es muy tarde, no me jodas, primo. ¿Necesitas ir ao baño? Toma a carteira, anda, pero con volta, eh, que é un regalo de Rosa.
- Qué conmovedor respeto pola muller.
- Oe, pois claro, a familia é sagrada, outra cousa é que un teña dereito a divertirse, qué carallo, toda a puta vida currando.
- Vale, vale, pero garda a carteira que a min xa me chega por hoxe.
- Bah, qué desastre, Alex, mírao, sin plan, sin nada, sólo salió a tomarse unas copas porque su vida es una mierda aburrida, con su “maquistosh” y su sargenta.
- Bueno, será cosa suya...
- ¡Ben aquí, artista! - Antón botoulle de novo o brazo polo ombro e apertouno contra si -. Sabes que te quiero y estoy aquí para lo que sea, eh?
- Ouy, esto se pone interesante...
- Alex, esas cousas para ti, deixa, xa pago eu, co xefe que tes non creo que teñas nin para Beefeater.
Bicouno na fronte, Patri, dos más, para mi y para Alex, el artista nos abandona.
- Aínda teño a metade da copa - Brais sacou o paquete de Chester e ofreceu.
- Chaval, las autoridades sanitarias advierten que fumar provoca impotencia.
- Es capaz de tomalo en serio...
- Non, polo menos no meu caso, jaja, pero tampouco é que sea bo, estou aí aí, deixeino pero fumo a veces, hai moito que non compro un paquete.
- Anda de gorrón y da lecciones de salud, está aí aí.
- Ti cala, eu polo menos non compro parches de nicotina.
Brais prendeu un pitillo, as cores atravesaban a néboa íntima, o pincha rematara a súa sesión, Ana, luces! fíxose un breve silencio, apurou o trago e saiu ao porto, algún mariñeiro na cafetería de Carlos, halo de gaivotas perseguindo un pesqueiro, nervioso trazo de grises no ceo branco.
_

Atopan autor para "El lazarillo de Tormes"

Unha prestixiosa paleógrafa identificou ao tipo que escribiu esa novela da que ningún graduado escolar se pode, ou podía, librar, considerada a primeira novela moderna castelán. Nome e apelidos: Diego Hurtado de Mendoza. A prestixiosa paleógrafa (chámanlle así), pregunto eu, ¿non estará subvencionada pola SGAE? ¿Quén vai xestionar a partir de agora os dereitos deste home? Se cobran por Federico García Lorca porqué non van cobrar por Diego Hurtado de Mendoza.

Xa vexo a todos os nenos pasando por caixa:
- Papá, dame para o libro do que nos examinan este trimestre.
- ¡Eh, que xa cho mercamos o mes pasado!
- Si, papá, pero agora temos que pagar os dereitos de autor - respostaralle o neno con naturalidade.

E a modo, que se poñen farrucos e lles dá por cobrar tamén todo o atrasado. Non sabedes o caros que van os langostinos.
<>

Nunha aldea do sur

Semella un tío legal, moi legal, Juan Manuel Lillo, o entrenador guipuscoano do Almería. Intelixente, coñecedor non só do que é o fútbol, na foto da entrevista véselle con cara de bueno, qué tal, eu ben, a ver, qué queres que che conte. Amigo de Guardiola, salienta que o valioso da súa figura non son os seis títulos que conquistou co Barcelona, senón todo o traballo e o fútbol que leva na cabeza e nas costas.

Fala doado; non presume como un Valdano; pregúntanlle por Iniesta e resume todo o feliz que o fai velo dicindo que agora si, todos se suben ao carro, pero xa xogaba ao fútbol antes. Ademáis eso, “xoga ao fútbol, Ronaldo ou Messi xogan a facer xogadas”.
<>

De bata e pantuflas

En literatura sempre se asegurou que os grandes escritores xeraban pésimos discípulos, quen dos seus “mestres” aproveitaban só os vicios, desbotando as virtudes todas. Pode aplicarse a Juan Manuel de Prada, recoñecido pupilo de Francisco Umbral. Todos temos cagadas. Umbral tíñaas por riba da media e desculpábaselle porque tivo algunha época na que escribiu marabillosamente, e non nos referimos, como estúpidos, unicamente ao seu “estilo”. O de de Prada é moi chungo, porque xa o sacrosanto estilo dá arcadas. Seica agora anda de contertulio na Cope. Ante as desafortunadas declaracións do actor Willy Toledo sobre o preso cubano morto en folga de fame (levando razón nas súas palabras), non se lle ocorreu “opinar” máis que o seguinte:

“Podemos contentarnos con atribuir la infamia al paleoizquierdismo calenturiento del personaje en cuestión. Pero no nos engañemos: su rasgo energuménico no sería ni siquiera concebible si no lo auspiciasen los silencios obscenos, los circunloquios difusos y los cínicos eufemismos de una izquierda investida de una suerte de superioridad moral”.

Que me auspicien se non é energuménico! Difuso circunloquio do paleolítico mental, polo amor de Deus, este tío non caga!!! Non, non é que non teña cagadas, é que non caga, non vai ao váter; cómo se pode vivir con todo eso dentro. Un activia, por favor, releo a frase e ata a min me doe, vou sofrer unha oclusión intestinal.


Próstrate ante O Estilo e O Estilo cagará por ti; non quita que nos inclinemos por escritores que elevaron o estilo a algo alucinante, dende Poe a Proust (lembremos que Poe soñaba con fundar un xornal que se chamaría The Stylus). Nin Poe nin Proust nin outros se prostraron, e calquera estudiante pasota sabe que forma e fondo son indivisibles. Carece vostede, don Juan Manuel de Palabras Vomitivas, de autoridade para opinar sobre nada.
<>

A sombra que coñece lugares

A Audiencia Nacional observa indicios incriminatorios nunha cooperación entre ETA e as FARC promovida polo goberno venezolano. ¿Vale así ou lle damos outra volta a frase? Igual non nos expresamos con propiedade. Filtra autos xudiciais, crea un conflicto diplomático, esgrimindo probas tan concluíntes como os fantásticos ordenadores incautados na selva cando o de Raúl Reyes. A razón de estado, neste caso cargarse a Hugo Chávez alimentando, de paso, o feble ideario etarra, muta en paranoia ou instrumentalización caprichosa do poder, cando non en ambos ao mesmo tempo, converxendo. Os maxistrados semellan comportarse como incubadoras axeitadas para o proceso.

Ás súas señorías, España, e con España as súas aspiracións máis íntimas, quedóuselles pequena; por eso a teoría do entorno é como unha sombra que non deixa de envolver interesantes prazas de outros países. De paso, outra vez de paso, a sombra faise necesariamente mesta, pois o leal Uribe non pode ser reelexido e corre certos riscos, mellor que se perda.
<>

Un enxeño de dúas cabezas

The Go-Betweens, banda australiana formada por Robert Foster e Grant McLennan, finado hai catro anos dun ataque ao corazón. Hoxe en día palabras como “talento” e “artista” pronúncianse con cansa insidia, mércanse, cólganse como medallas valeiras de significado. Todos somos uns artistas, uns auténticos cracks. Os Go-Betweens non.

Onte falaba Diego Manrique de Foster, que viña compaxinando a súa faceta de músico e compositor coa de crítico. Publica unha antoloxía dos seus textos e, acertadamente, Manrique agradece que non se saia da crítica: andamos sobrados de músicos metidos a escritores, e para min o exemplo máis recente e cargante é o de Nick Cave, con esa novela pulp, gratuita (El País adiantara un par de capítulos), presentada en caro audiolibro, para que o propio autor cha lea. Se tanto lle gusta que escoiten a súa voz, se non lle abonda coas cancións, que lle conte contos aos seus fillos antes de durmir; non os vai asustar.

Aí vai “Going Blind”, un impecable artefacto pop que non chega aos tres minutos.


<>

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet