León tentaba contar, unha noite máis, as laxes novas que unían a zona dos pubs coa entrada do porto, camiño da casa, laxes que alternaban ondas co novo escudo; tritón, coroa e dous arpóns sacados dunha película de ciencia-ficción (os vellos teiman no bicheiro). Tarefa difícil, facendo eses coa bicicleta, pero non teman que non ía montado, camiñaba, ou serpeaba, levando da man a bici como se fora un ligue con rodas e manillar e timbre. Vendera a gamela había dous meses; o Concello ofrecéralle dúas razóns definitivas para aborrecer o mar, enviándolle un comprador para a leira que herdara da avoa e ofrecéndolle un posto de vixiante no edificio que ergueran fronte ao porto deportivo, zona de ocio con boutiques, restaurantes, unha bocatería, os pubs e a sede dunha sociedade mixta encomendada á promoción turística da cidade, porque Negra Esmeralda, a lo menos en canto a número de habitantes censados, era unha cidade, o alcalde adicárase case dúas lexislaturas a empadroar a todo o que se movía, ata as fanecas tiñan nome e apelidos e dereito a voto. León estaba contento; o pobo de pescadores no que crecera mudara nun centro turístico de sona nacional; el xa non tiña que madrugar, nin pasar frío en inverno, non tiña que correr o risco de saír e atoparse co mar embravecendo; ceibárase, en fin, do xugo de salitre que lle cedera o pai; remataba a súa quenda ás 11, paraba no Véneto (o seu bocata preferido era o Capitán Nemo) e metíase aos pubs, onde medía o cuarto de hora por garimba.
_
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2010
(351)
-
▼
março
(19)
- Boqueixón: publicidade negativa
- Todos os sombreiros de Sergio Makaroff
- A curar aos EE.UU.
- Antón está de viaxe (III)
- Teño un fillo etarra
- E despois do traballo, a festa
- Antón está de viaxe (II)
- Benjamin Netanyahu xogará ao golf en Sanxenxo
- Radiohead na tele
- Miguel Delibes
- Un público existe
- Antón está de viaxe (II)
- A proa manual do tempo
- Antón está de viaxe (I)
- Atopan autor para "El lazarillo de Tormes"
- Nunha aldea do sur
- De bata e pantuflas
- A sombra que coñece lugares
- Un enxeño de dúas cabezas
-
▼
março
(19)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário