O álbum de fotos de Touro Sentado

De continuar así remataremos nunha reserva india de Nebraska ou por aí. Fumando en pipa con Touro Sentado ao noso carón, aferrado á súa botella de Jack Daniel’s, tragándose un tripi detrás de outro e amosándonos un esmerado álbum de fotos:
- Aquí eu con Josemari. El ensinarme falar. El mostrarme o camiño.
- Aquí eu con Bush e muller. Amigos grandes. Muller de Touro Sentado morrer en hospital e Touro Sentado pagar factura de collóns. Josemari dicir eso ser normal. Josemari ter razón intelixente.
- Aquí eu con Al Gore. El dicir os bisontes son importantes. Non matar bisontes. Ti Touro Sentado mala persoa moi, moito arrepentido. Touro Sentado chorar por alma de Touro Sentado.
Primeiro chora, si, logo cuspe desfigurado de carraxe e xura matar a Touro Sentado. A semana pasada recibiu unha carta de Madrid.

O novo de Jolie Holland



Qué guapa puxeron á nosa extraterrestre pelirroxa favorita. Publicou novo disco e como mínimo hai que tentalo. Se fixo "Old fashioned morphine" pode facer o que lle veña en gana. O disco titúlase "The living and the dead" e semella que segue a súa bola, inventando unha morea de vellos cacharros sonoros que refulxen coma un xade magmático e glacial (yeah!).
Vos deixamos cun tema extraído do albume, "Mexico City". Baquetas de po, motor dunha radio dos anos 50, sentimento cristalino como un arroio da montaña.

Era o que viamos

arquipélago
illas brancas
afastadas polo mesmo desexo
aquí na ría
néboa morna sobre as barcas
sen misterio
brazo de granito e ferruxe
e un cartel da Xunta

Premio nacional de las letras (O moralista autonómico)

Tempos aqueles nos que os fascistas presumían de camisa e pistola. Obviamente, non os botamos de menos. Acontece que os fascistas multiplicáronse, abandoaron as aparatosas pistolas e mercaron a legalidade e a ilegalidade, a moral, a maxistratura, o estado de dereito, a relixión católica, o ateísmo, a ciencia, o sexo, os ovos Kinder, os partidos de fútbol do Canal +, a política de privacidade e así un longo etc. Ata as obras completas de Juan Goytisolo mercaron, e lle deron un premio e todo (non se lle pode esixir que renuncie a el, como seguro que pretenderán “os auténticos”).

Un disco de Woody Guthrie



Esto está sacado de dous volumes non de tributo a Woody Guthrie. A filla do cantautor norteamericano que levaba escrito na guitarra “this machine kills fascist” pasoulle unha morea de letras inéditas a Billy Bragg, o derradeiro laborista británico. Este chamou a Wilco e xuntos sacaron “Mermaid Avenue”.
Ata nos enteramos de que que o vello Guthrie soñaba con Ingrid Bergman.

Billy Bragg

Comunicación e espacio

O cliente "tipo" enténdese que queira aproveitar ata o derradeiro milímetro do papel e do deseño que paga. Enténdese, tamén, que o xefe estea do seu lado, aínda que finxa (tan mal) estar do teu. Eles priman a comunicación, aparentemente; priman a ocupación inmediata de información (como algo “intransitivo”); nós primamos o deseño, as veces seguros de que “transmite” e “seduce”, de que “funciona”, ou sexa como debe ser: primeiro o reclamo e logo a letra pequena, non unha letra pequena masiva e logo un reclamo ridículo. Pero deso só estamos seguros en contadas ocasións. É o malo que ten non currar para Nike, nin ser un freelance desos que se cren freelance.

As veces amosámoslle ao xefe probas con escandalosos espacios en branco, e notamos como loita, como se lembra do seu profesor de artes gráficas: “o conxunto debe respirar”.

Que non me gustaba



Os Lemonheads nunca nos dixeron nada, e Suzanne Vega tampouco (vale, gustábannos os seus cortes de pelo). O que si nos entra con facilidade son as versións que fan os primeiros de temas tan populares como Mrs. Robinson, de Simon & Garfunkel, ou Luka.
- ¿Nunca che gustou Suzanne Vega?
- Non...
- Veña, ¿non che gustaba, con ese rollo que se traía de intelectual neoiorquina, de libreira liberada, fráxil, obstinada e accesible?
- Non...
- Esa curva do nariz e esos ollos...
- Non...
- Oh, tiñas 17 anos...
- Non teño ningún disco dela...
- Pero che gustaba, recoñéceo dunha vez.
En lugar do vídeo oficial colgamos outro que semella máis interesante. E non, non me gustaba.

Membro da patronal

Antigamente (eso que está aí á volta da esquina), meterse nun sindicato era unha garantía para buscarse problemas de toda índole. Nos ansiados tempos modernos, non. Nos ansiados tempos modernos ser sindicalista confire prestixio social, as corporacións dermoestéticas ofrécenche descontos para aumentar o tamaño das tetas ou da polla, como xa apuntamos aquí, e as empresas despiden alegremente a todos os traballadores agás aos que están sindicados. Eso é progreso.
Vou solicitar á alta na CEOE.
- Ola, quería darme de alta na Patronal.
- ¿Qué negocios ten vostede?
- Ningún, pero lla chupo por 500 euros sen factura, libres de impostos.
- ¡¿500 euros?!
- Olle, o meu xefe cobra 400 por logos que lle despacho en 5 minutos, así que non me pode discutir que é un precio moi competitivo.

Canción para a distancia

millo de prata
micrófono loiro
aceptaches a vida
que te fixo tan amablemente cruel
leve estatua e riel
de desexos condeados a si mesmos
caen
caimos os paxaros nocturnos

Artista combativo na busca de fronte



Este é o autorretrato do Fermín Muguruza da actualidade. Un artista que busca a súa identidade en frontes cada vez máis difusos. Lonxe fican os tempos inmediatos de Kortatu. El segue a súa carreira cunha meritoria e coherente inquedanza.
Hoxe en día, o enemigo, máis que invisible, é abstracto. Compre redeseñarse, que diría Salvador Pániker.

A vixencia dos Clash



Estos días todos falan do directo que se acaba de publicar dos Clash, “Live at the Shea Stadium”. Grabado en Nova York, en 1982, e como teloneiros dos Who, mostra a un grupo pletórico e entregado. ¿Por qué non se editou ata agora? Joe Strummer terá a resposta.
O vídeo é unha versión de Gorillaz do “Rock The Casbah”, aínda que tampouco é que se matara, o señor Damon Albarn.

Sen título

Algún desaprensivo “desclasificou” para o youtube as imaxes de “Rank”, como se foran documentos da CIA. Non, non o imos ver, por moitas razóns.

Chocolate Jesus

Chocolate Jesus é unha canción de Tom Waits que nos ven á cabeza polo triunfo de Barack Obama (non ten que ver coa cor da pel). En EE.UU. din que están de festa. En Europa xa estamos todos borrachos coma preas, ou case todos, porque algún aínda recela de que o seu mandato transcurra con normalidade, en caso de que chegue gobernar, porque o poden asasinar antes. Ilusos: EE.UU. só mata (ou tenta matar) aos enemigos de EE.UU., e Obama é amigo dos EE.UU., como proba, por exemplo, que a financiación da súa campaña electoral sexa a máis cara da historia.
Así que, tranquilos e felices, xuntemos as mans, ergamos a vista ao ceo e cantemos, todos xuntos e unidos, a epifanía, o segundo advenimiento de Xesuscristo á Terra.

Outra

Confesións na pista de baile

Qué escándalo as declaracións da Súa Maxestade A Raíña de España. Que non se apaguen as luces. Que xire a bola de espellos.
De qué se escandaliza a xente? De que diga que un matrimonio gay non é un matrimonio e de que os nenos veñen en cigoña dende París? Se aos homosexuais agora lles da por casar como casaban nas boas familias de toda a vida, alá eles; berlina enjaezada e arroz.
O debate de se a Monarquía pode incumplir esa cláusula do Contrato que lle obriga a estar calada é gratuito e ocioso. Quén se plantexa se a familia real ten dereito a unha inserción laboral, a unha guillotina sen ferruxe ou ao exilio? Todo o mundo fala do guapa e intelixente que é a princesiña, e o partido socialista é máis monárquico que a propia Monarquía, e xa non digamos que o PP, que ao fin e ao cabo sempre se adicou ao seu, con Borbóns, sen Borbóns e co que faga falla.

Jean-Paul Belmondo andaba ás centolas



Sempre nos gustou esta versión de “Wave of Mutilation”, surfeira e contida (xa eles lle chamaron UK surf). E sempre nos fixo unha gracia parva a letra:
“Camiñando pola area cos crustáceos
atoparei o meu camiño a Mariana”
E lle encasquetan imaxes dunha peli na que sae o actor francés.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet