Hai que ver o ruín que é a peña, despachándose a gusto con esa escritora egrexia, transgresora, moderna, intelixente e lúcida que é Lucía Etxebarría, a quen, aseguran, gústanlle os negros tanto como a Ramoncín (os negros da literatura, enténdese, os que escriben por ti, aínda que a frase pode ter un agudísimo doble sentido, claro). Raro é que non dixeran nada de Juan Manuel de Prada, ese outro xenio contemporáneo.
De quen si se lembraban era de Ana Rosa Quintana, porque a Lucía pasoulle o mesmo que á popular presentadora: deulle a unha tecla do ordenador e tiña un libro de 800 páxinas. A informática avanza que é unha barbaridade.
O intelestual opina
Queriamos mirar de qué ía unha película, “Caos calmo”, pero atopamos algo máis que eso: unha avalancha, un volcán, miles de volcáns de información. ¿Cántos blogs sobre cine hai, 5.000.000.000? E qué nivel. En xeral a esta peli poñíana a parir por intelectualoide, o gracioso era que os que así a “denunciaban” eran uns intelectuais a cara descuberta, e fiaban frases tipo “película de intelectualidade pretenciosa”.
¿Película de intelectualidade pretenciosa?:)))) E por qué non “película de pretenciosidade desmesuradamente manifesta na súa intelectualidade”, por exemplo.
E citaban a Bergman, e a un cine francés moi concreto, e dicían que a cámara non tiña movimento e que ao nó do argumento faltáballe o plantexamento e o desenlace (joder, ao mellor esquecéronselle ao director)... Quita, quita.

Terror do ex alcalde

Aquí vemos a Álvarez del Manzano, o ilustre ex alcalde de Madrid, desfrutando dunha tarde nas Ventas. Non sabemos como puido facer para saír sen que o pobo se fixara nos pantalóns.
As espectaculares razóns de Lucía
Hoxe topamos de casualidade cunha bitácora antitaurina. Entre unha morea de razóns para defenestrar a lidia había un impagable artigo de Lucía Etxebarría, no que a gran escritora explicaba por qué o tema era unha salvaxada. Bueno, en realidade non explicaba nada; dicía eso, que era unha salvaxada, e contaba a seguinte anécdota:
Un amigo, xornalista e crítico taurino, convídaa a unha tarde de toros con outros amigos. Chegan ao tendido e os amigos do seu amigo comenzan a ollarlle as súas espectaculares tetas [sic] e a botarlle cumplidos subidos de ton [sic sic]. Transcurridos cinco minutos dende a aparición do primeiro toro, ela, chorando ante a salvaxada que está a presenciar (suponse que a que lle perpetran ao toro), abandoa o lugar.
Anda que somos cortos! Somos incapaces de comprender a relación entre o buena que está a escritora (buenísima) e a salvaxada! Exprimimos a neurona que nos queda e nada, non se nos ocurre nada. ¿Cómo faremos na feira do libro para achegarnos a ela e pedirlle que nos adique a súa última novela?

A vida despois de Ian Curtis
Ian Curtis forma parte dese clube de cadáveres exquisitos que se idolatran e desprecian a partes iguáis (en toda idolatría hai desprecio, e ao revés; unha obviedade). Os seus compañeiros amosaron unha madurez e una coherencia inéditas no mundo do pop (póñaselle a etiqueta que se queira); cambiaron o nome do grupo e seguiron facendo o que lles gustaba.
Bernard Sumner formaría Electronic xunto a Johnny Marr, un proxecto tranquilo de dúas persoas que xa formaban parte da historia da música popular do S. XX.
_
Etiquetas:
música
A longa despedida
Josele Santiago está aí, en Beluso, ao outro lado da ría. As cancións que escribe xa non llas escoitan os rocketas. Agora non é máis que un pureta amargado. Rematáronse as pin-ups e as chupas de coiro negro, o carrusel interminable dos bolos. Así o ven.
- Qué merda tíos, poñede rock’n’roll ou me abro.
- Sí, poñede rock’n’roll, e non esa bazofia para maricóns.
- AC/DC son os auténticos!
- Pereza si que molan!
- Linkin Park: dios, dios, siiiiiiii!
A noria e a pasta non paran de rodar. Non quedarán os nenos sen xoguete, aínda que algún se preocupe por chegar a fin de mes.
Os usos honrados
Artículo 10
Libre utilización de obras en algunos casos:
1. Citas; 2. Ilustración de la enseñanza; 3. Mención de la fuente y del autor
1) Son lícitas las citas tomadas de una obra que se haya hecho lícitamente accesible al público, a condición de que se hagan conforme a los usos honrados y en la medida justificada por el fin que se persiga, comprendiéndose las citas de artículos periodísticos y colecciones periódicas bajo la forma de revistas de prensa.
2) Se reserva a las legislaciones de los países de la Unión y de los Arreglos particulares existentes o que se establezcan entre ellos lo que concierne a la facultad de utilizar lícitamente, en la medida justificada por el fin perseguido, las obras literarias o artísticas a título de ilustración de la enseñanza por medio de publicaciones, emisiones de radio o grabaciones sonoras o visuales, con tal de que esa utilización sea conforme a los usos honrados.
3) Las citas y utilizaciones a que se refieren los párrafos precedentes deberán mencionar la fuente y el nombre del autor, si este nombre figura en la fuente.
Convenio de Berna para a protección de obras literarias e artísticas

Dereito de cita
Clica aquí, paga e le. A nós fascinounos o do dereito de cita (pensar que antigamente personaxes como Cela ou Umbral pasábanse o día citando; o calados que ían estar agora). En canto poidamos botámoslle unha ollada ao Convenio de Berna ese.
"Os amantes" de Utamaro

Esta pintura sobre seda é de Kitagawa Utamaro, pintor e grabador xaponés, representante destacado do movimento Ukiyo-e, que dominou a arte xaponesa entre os séculos XVII e XIX. No Ukiyo-e (”pinturas do mundo flotante”) representábanse esceas de teatro, da vida dos actores e prostitutas de Yoshiwara, o barrio do pracer de Edo (Tokyo), e dos loitadores de sumo, tirando de cores planas e un debuxo marabilloso. Podíanse imprimir case en serie, polo que resultaban económicas, moi populares entre os que non tiñan cartos para mercar pinturas orixináis.
"Os amantes" coido que pertence á serie que lle adicou á esposa e ás concubinas do dictador militar Toyotomi Hideyoshi. O shogunato (”goberno sobre a tenda”, castrense) Tokugawa xuzgou o seu erotismo como sedicioso, e Utamaro foi condenado a un cautiverio do que xa non se reporía, a lo menos como pintor.
Pajas de rapaces
O intelectual incorruptible “citaba” onte a Mozart e a Picasso. Nós a Joaquín VIdal. A comparación tentounos, “deportivamente”. Lembramos a canción:
“Keats and Yeats are on your side
but you lose
‘cause Wilde is on mine
(sure!)”
Se Mozart e Picasso viviran hoxe traballarían para Ikea.
Johnny Rotten dixo que Coldplay son uns pajilleros e uns pijos. Quedoulle a cabeza descansada: claro que o son! Eu pregunto: ¿non ten máis "delito" o seu?

Mágoa non estivera Joaquín Vidal para contalo
O do outro día de José Tomas seica foi unha pasada. Na súa segunda reencarnación como toreiro. Era toreiro cando Joaquín Vidal o admiraba, retirouse a aquela lonxana galaxia da que falaba o mestre, e voltou: completamente pirado nun mundo constreñido de constructores trapicheiros e artistas de prensa rosa. Tres ourellas, tres cornadas. Coinciden en que non estivo fino, porque os toros eran os toros dos que falaba Joaquín Vidal: drogados, tramposos, cobardes, enormes e falsos. E o tipo alá se puxo: se non vindes por min vou eu por vos.
Nada de pegar pases, nada de gardar distancias ventaxosas e facer gallardos desplantes ao tendido 7. ¿Regresei por pasta? Pode ser, voume entregar igual a cada besta que lidie como se fora a derradeira. Os pitóns afeitados tamén penetran a entreperna. As luces do traxe ensanguentadas. Cortou tres ourellas (coinciden en que se premiou un pundonor temerario e non unha faena recoliida). Non saiu pola porta grande que lle correspondía, saiu en ambulancia para o hospital máis cercano.
Para os da PETA, para Alaska e Morrissey e Richard Gere e todos os amantes dos centros de arte contemporánea é un “atavismo”, unha salvaxada, un crime. Pó vale.
Se alguén quere reconfortarse coa opinión contraria, pode ler o final da columna de hoxe de Manolo Saco, por exemplo.

Fiona Apple (todo pola causa)
Hoxe traemos a Fiona Apple cantando con Elvis Costello. Este tío atrévese con calquera: Fiona Apple é neoirquina, filla de cantante e actor, e moi coñecida por “un carácter difícil”. Na wikipedia din que de pequena padeceu conductas antisociáis e un transtorno obsesivo-compulsivo, ademáis de ser violada, aos doce. Tamén é vexetariana estricta (está metida na PETA, claro), pero todo este “cadro” non lle impide amosar unha beleza singular e facer cancións interesantes.
Todo o mundo fala das súas “controvertidas” opinións, en 1997, en contra do pavo de acción de gracias, pero ninguén desvela qué dixo exactamente. ¿Quén gobernaba entón en EE.UU? ¿Bush pai, Clinton? Amenazaría, dominatriz, con torturar ao presidente nunha granxa, pechalo nunha gaiola e darlle fariñas de engorde.
_
Non coma en KFC
Os vexetarianos, aparte de misturar a ética co fanatismo, son uns tipos que saben xogar coa imaxe. PETA, a famosa asociación que protexe os dereitos dos animáis, organiza campañas de concienciación que son constantes éxitos publicitarios (se despóis a peña deixa de comer carne xa non sabemos).
E din: únase a Pamela Anderon, Sir Paul McCartney, A Súa Santidade o Dalai Lama... e moitos máis. Anda que non deben mover pasta.
Un que se retirou

Hoxe temos o pracer de facerlle unha reseña a Dirty Ray, alter ego de Kevin Weatherill. O cantante dos Immaculate Fools sobreviviu a un éxito moderado en España e Alemania, a unha xira cos Rolling e a un cancro de intestino. En internet apenas circula material sobre a súa obra e a do seu antigo grupo. Tanto Google do carallo. Ten un Myspace, eso si.
Adícase a tocar blues e folk por todos os garitos de Europa, coa voz rasgándoselle, un pouco como Tom Waits (sacrílega comparación!), pero sen ningún eco mediático. Viviu en Guitiriz.
<>
Etiquetas:
música
Folga de camioneiros
Acertada lembranza a que fai Manolo Saco hoxe da folga de camioneiros que alentaran os EE.UU en Chile, no 73, e que desembocaría no golpe de estado. Claro que aquí eso non vai pasar, porque o Poder xa está en mans dos seus lexítimos propietarios, os intereses son lixeiramente distintos e non fai falta armar ningún xenocidio.
A conmovedora sensibilidade de Alejandro
Hai que ser compositor, ou algo equivalente, e amosar “sensibilidade”. A sensibilidade tamén é un valor de marca, non tan seguro como outros valores, pero se invistes ben asesorado podes levantarte unha pasta.
Alejandro Sanz é compositor é demostra sensibilidade.
Zoé Valdés, escritora anticastrista gañadora do Premio Planeta, non é que o teña claro “para ela”, é que lle di aos seus lectores que Alejandro é un compositor de conmovedora sensibilidade, en contraposición a Manu Chau, a quen non lle chama roñoso malnacido porque non llo permite o seu contrato.

Fergie (Un mundo interior)

Os intelectuáis e os críticos non son moi benévolos con esta tía. O caso é que non lle fai ningunha falta. As cancións son malas como unha door de moas, vale, ¿e? Para eles encaixará no patrón de mulleres-floreiro e, posiblemente, non compoña nada. ¿E? ¿Acaso por compoñer xa eres alguén? Qué tipos, toda a puta vida queimándose coa mesma chorrada: que se es contestatario, que se es “auténtico”, que se tes “un mundo interior propio”. Esa do “mundo interior” sempre nos fixo moita gracia. Eles teñen mundo interior, esta tía polo visto non (debe estar jodidísima).
O meu xefe ten mundo interior.
Marcel Proust non [algo escribiu sobre estas movidas :)].
Eu, sen pretender compararme con Proust, tampouco teño mundo interior.
Teña vostede un mundo interior propio, e deixe de consumir productos banáis, por favor :)))))))))))))
As fantasías de Neil Hannon
Esto é The Divine Comedy. Arreglos orquestáis, referencias literarias, os Smiths e Jaques Brel, Venecia... ¿Delirios de grandeza, esnobismo ou “easy listening”? Que cada quen decida :)
Hoxe enterámonos de que chegou facer duetos con Ute Lemper.
Lloyd Cole
O outro día escoitamos unha canción de Lloyd Cole. Tiña que ser unha canción “nova”, ou recente. Soaba ao que foi: lider dun grupo, Lloyd Cole and The Commotions (que nunca chegou ter demasiado éxito) reciclado en artesán pop.
Vestía de normal, non facía ruído nin nos discos nin nas declaracións, e claro, así non te comes nada. Ou eso din.
Títulos
Os títulos dos libros que hai agora nas librerías pódense clasificar en tres grandes grupos:
1º) Do tipo “por qué non me chamaste onte, raíña?”
2º) “Cómo ser executivo e preparar sashimi en 5 mintutos para unha cea romántica” (e non morrer no intento, claro).
3º) “A edade da cidade da auga”
O terceiro grupo cada vez vende máis, en “detrimento” do segundo, que foi máis un boom con data de caducidade para novos ricos, e do primeiro, onde pretenden refuxiarse escritores máis “serios” que evitan calquer asomo de pretenciosidade. Os do terceiro grupo están chegando a extremos exquisitos: sosteño que se deixan a saúde e a herdanza no jodido título: “a cidade da edade vulnerable”, “soños de cristal”, “o século do xade maldito”, “a terra traicionada”, “o día que Stendhal descubriu a beleza”...

A doutora Angie
Se controla de mediciña nunca o averiguaremos. De deseño sabe moito, e de tecnoloxía, cero. Tocou facerlle un tríptico para a inauguración da súa flamante clínica dermoestética e mareounos durante un mes coas súas “humildes opinións”. Cando iamos mandar o curro a imprenta díxonos que suprimíramos, onde se especificaban os servicios do centro, o tratamento antitabaco, porque non sabía como funcionaba o aparato e pasaba del (si, polo visto quítante de fumar cun “aparato”; ao mellor de descargas eléctricas).
A semana pasada encargounos unha reedición do folleto, coas súas correspondentes, puntillosas melloras no deseño, e quitando outro tratamento, pois se lle averiara o “aparato” (unha pinzas e unha batería de coche lacadas en mac valen).
Por cómo devora tiradas de 5.000 exemplares a clínica debe ser un éxito. Pedirán cita comedidos casteláns e claro:
- ¿Cuánto fuma usted al día?
- Uf, casi una cajetilla diaria, doctora.
- Boh, yo fumo dos fijas y aquí me tiene, hecha una leona. Ande ande, váyase a la cafetería y pídase un buen coñac a mi salud.

Demoscopia
Os da Voz de Galicia mandaron un dossier moi interesante para convencer a un cliente de que inserte publicidade tanto na edición impresa como na dixital. O perfil do lector da Voz é unha persoa de clase media, media-alta con capacidade de compra, inversión e decisión, entre os 25 e os 54 anos (65%). Por sexos: homes: 62%, mulleres: 38%. Son os number one en Galicia con 640.000 lectores, e os máis rentables, pois por cada mil impactos só supoñen un coste de 11,22 euros [sic].
Os números son fantásticos, ¿verdade? O malo é que comparámonos con ese lector, punto por punto, e ficamos desmoralizados:
- Capacidade de compra: referiranse a que nas rebaixas vas ao Corte Inglés (clase media) ou a unha boutique de Louis Vuitton (clase media-alta). Nós nas rebaixas nin ao mercado.
- Capacidade de inversión: metémonos nun piso de 75 m2 que en realidade é de 68 que estaremos pagando durante 40 anos (palmaremos antes: como os xapones, será a hipoteca o que lle deixemos en herdanza aos fillos).
- Capacidade de decisión: nula, baixamos ao quiosco é somos incapaces de decidirnos: pillamos o Faro, que agasalla unha vaixela, ou o Público, que trae un dvd de Blancanieves e os 7 enaniños.
E nada, entre os 25 e os 54 anos estamos, si, pero de sexo moi mal: a nosa muller abandonounos por un lector da Voz de Galicia, un tío de moita clase, gran comprador e inversor, e xa non nos decidimos nin a ir ao puticlub.

Estudiar para Andreotti
Que os italianos votaran novamente a Berlusconi é comparable a que os españois votaran nas próximas xerais a Aznar. Un goberna un imperio audiovisual e o outro escribe libros e da conferencias, un métese botox e transplantes capilares e o outro déixase non sei qué melena de poeta mentras fai negocios nas illas Caimán: a aberración é a mesma, o insulto a moita peña que os vota é o mesmo (porque non todos son empresarios que prosperan “en contubernio”).
Estúdiase para “ser algo”, antes e agora, enxeñeiro de pontes e camiños, rexistrador da propiedade, abogado, director de marketing, mecánico, xornalista... presidente dun partido político. Ok. Para Berlusconi ou Aznar non fan falta estudios, nin intelixencia, nin sequera “ser espabilado” (eso que tanto valoraron sempre as clases máis ou menos analfabetas e puteadas). Para Berlusconi ou Aznar vale calqueira que saiba poñer os pes enriba dunha mesa e repetir tres veces a mesma palabra. ¿E para Giulio Andreotti? Esfinxe, Poder (con maiúsculas) encarnado nun vello cosido de bendecidas reservas (seguramente xa era vello con 9 anos).

Un parlamento de babosos
Esta tía guapa que se ve na foto chámase Mara Carfagna. Foi presentadora de televisión e Miss de algo, á sombra de Berlusconi. Agora que “Il Cavalieri” goberna de novo Italia (os italianos están máis pirados que nós), ela é ministra (de familia, creo).
Moitos poñen en dúbida a súa validez para o cargo, sen dubidar da validez de tantos políticos que ocupan cargos “importantísimos”.
Momofuku
Elvis Costello rinde homenaxe a Ando Momofuku, o inventor da sopa de fideos instantánea, ou Chicken Ramen. O Xapón da posguerra estalle agradecido, e nós tamén (a Momofuku, queremos dicir).
O novo de Costello din que é así, rápido e “new wave”. Escoitarémolo.
_
Un disco chulo

Esta portada sempre nos gustou. E o disco tamén: interpretacións tirando ao acústico de temas de Robert Johnston, Graham Parsons, os Flamin’ Groovies... e ata Cat Stevens (si, aquel folkie que se convertira ao islam). A primeira vez que o escoitamos agolpáronsenos na cabeza imaxes da infancia, coas cintas que gastaban os maiores.
Ultimamente preferimos a Yo la Tengo cando revisan a tradición (yeah!) que cando se poñen "noise" ou experimentais.
Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2008
(255)
-
▼
junho
(26)
- Informática, literatura e maledicencia
- O intelestual opina
- Terror do ex alcalde
- As espectaculares razóns de Lucía
- A vida despois de Ian Curtis
- A longa despedida
- Os usos honrados
- Dereito de cita
- "Os amantes" de Utamaro
- Pajas de rapaces
- Mágoa non estivera Joaquín Vidal para contalo
- Fiona Apple (todo pola causa)
- Non coma en KFC
- Un que se retirou
- Folga de camioneiros
- A conmovedora sensibilidade de Alejandro
- Fergie (Un mundo interior)
- As fantasías de Neil Hannon
- Lloyd Cole
- Títulos
- A doutora Angie
- Demoscopia
- Estudiar para Andreotti
- Un parlamento de babosos
- Momofuku
- Un disco chulo
-
▼
junho
(26)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.