Mágoa non estivera Joaquín Vidal para contalo

O do outro día de José Tomas seica foi unha pasada. Na súa segunda reencarnación como toreiro. Era toreiro cando Joaquín Vidal o admiraba, retirouse a aquela lonxana galaxia da que falaba o mestre, e voltou: completamente pirado nun mundo constreñido de constructores trapicheiros e artistas de prensa rosa. Tres ourellas, tres cornadas. Coinciden en que non estivo fino, porque os toros eran os toros dos que falaba Joaquín Vidal: drogados, tramposos, cobardes, enormes e falsos. E o tipo alá se puxo: se non vindes por min vou eu por vos.
Nada de pegar pases, nada de gardar distancias ventaxosas e facer gallardos desplantes ao tendido 7. ¿Regresei por pasta? Pode ser, voume entregar igual a cada besta que lidie como se fora a derradeira. Os pitóns afeitados tamén penetran a entreperna. As luces do traxe ensanguentadas. Cortou tres ourellas (coinciden en que se premiou un pundonor temerario e non unha faena recoliida). Non saiu pola porta grande que lle correspondía, saiu en ambulancia para o hospital máis cercano.
Para os da PETA, para Alaska e Morrissey e Richard Gere e todos os amantes dos centros de arte contemporánea é un “atavismo”, unha salvaxada, un crime. Pó vale.
Se alguén quere reconfortarse coa opinión contraria, pode ler o final da columna de hoxe de Manolo Saco, por exemplo.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet