Fiona Apple (todo pola causa)




Hoxe traemos a Fiona Apple cantando con Elvis Costello. Este tío atrévese con calquera: Fiona Apple é neoirquina, filla de cantante e actor, e moi coñecida por “un carácter difícil”. Na wikipedia din que de pequena padeceu conductas antisociáis e un transtorno obsesivo-compulsivo, ademáis de ser violada, aos doce. Tamén é vexetariana estricta (está metida na PETA, claro), pero todo este “cadro” non lle impide amosar unha beleza singular e facer cancións interesantes.

Todo o mundo fala das súas “controvertidas” opinións, en 1997, en contra do pavo de acción de gracias, pero ninguén desvela qué dixo exactamente. ¿Quén gobernaba entón en EE.UU? ¿Bush pai, Clinton? Amenazaría, dominatriz, con torturar ao presidente nunha granxa, pechalo nunha gaiola e darlle fariñas de engorde.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet