A forca ilustrada do xornal

(Libertad de movimientos) Suelo decir que no sé lo que es la libertad, pero como en muchas otras cosas el argumento más sólido que tengo no es más que una alegoría: la de las cuerdas de la marioneta: cuantas más, más libertad.” Rafael Sánchez Ferlosio


Aquí uns debuxos de Mikel Urmeneta, que algúns coñecerán polas afortunadas camisetas de Kukuxumusu. Trazo groso, deixándose levar. Natural born majadero, o amante dos cinco continentes. Persoa que viaxou pouco, recoñezo que me rebela que publique en sitios como El País. Como se soubera da súa ca-li-da-de-hu-ma-na. Como se o tivera idealizado gratuitamente, porque nunca atopei nel algo que me toleara. Na trincheira o inimigo é frontal innegociable.

O que chama grafotuits non descubre nada, mais como veño dicindo ultimamente, é outro manifestando o seu noxo: lecturas sexuais da crise e a prima de risco, ladróns e caveiras e Rajoy e Bankia e Merkel. Pode que o seu enxeño sexa obvio, inútil ou mercado.
_

Ética número 15.824

Un pouco de música escondida. A canción tócalle aos Roots, banda de hip-hop de Filadelfia considerada unanimemente a mellor do mundo, a mellor banda de hip-hop de Filadelfia do mundo, digo eu, como se chega a esa unanimidade. Pensaba que eran máis arriscados, pode ser un problema persoal. Misturan eso que chaman neo soul con jazz, rap e rock, neso si hai unanimidade. Son residentes no popular Late night with Jimmy Fallon da NBC. Contan que o seu directo é unha apisoadora, as baquetas unha fantasía de cilindros. Tocan no Sónar o sábado, unha escusa como calquera outra para pasarse por Barcelona.

Son modélicos, acordo, instrumental e moralmente, o que enfastía un pouco bastante: o seu líder, Questlove, considerado tamén por unanimidade un dos mellores bateras do mundo (de Filadelfia) é obamamaníaco, e dos Sixers. O do baloncesto paréceme ben, que lle queira roubar a carteira a Hillary Clinton xa non tanto.
_

Chumbo na cachola



























Quizais non poidan asistir ao taller porque lles cadra mal viven a catrocentos quilómetros de Bangkok o coche esmorece no taller non dispoñen de “140 euros de nada”, non importa, fagan un esforzo, tipógrafos do mundo, apúntense, din que o taller xa está completo pero pensan “liar máis”. Se malia o que digo eu e o que din eles non se animan, a lo menos entren na súa páxina; deseño limpo e artesán, textos hilarantes. 

Non todos os deseñadores e impresores serían capaces de construír frase tan guapa, “12 horas de saturnismo y uñas sucias”, non é por meterme con ninguén, é por salientar o que fan estos serios pirados.
_

Evaristo da homenaxe ao plaxio

Un logotipo abalaba á puta cara da xente como vía que ninguén lle tusía foi chamar outro logotipo
dous logotipos abalaban á puta cara da xente como vían que ninguén lles tusía foron chamar outro logotipo
tres logotipos abalaban á puta cara da xente como vían que ninguén lles tusía foron chamar outro logotipo
catro logotipos abalaban á puta cara da xente como vían que ninguén lles tusía foron chamar outro logotipo
cinco logotipos abalaban á puta cara da xente como vían que ninguén lles tusía foron chamar outro logotipo
seis logotipos abalaban á puta cara da xente como vían que ninguén lles tusía foron chamar outro logotipo
sete logotipos abalaban á puta cara da xente como vían que ninguén lles tusía foron chamar outro logotipo
oito logotipos abalaban á puta cara da xente era insoportable comezou a loita chegou a policía eran demasiados logotipos eran demasiados logotipos eran demasiados logotipos.
_

Un calote de segunda

Tivo que saír outro intelixente a criticar aos seareiros de fútbol. Chámase Pablo Dorado e comeza así o seu artigo en Sermos Galiza: “Entendo perfectamente a ledicia de milleiros de galegos e galegas polo ascenso do Deportivo da Coruña e do Celta de Vigo a primeira división.” Con esa frase xa sabes o que vai vir despois, e máis se reparas no título, Uns calotes de primeira. Pode un aforrarse a lectura porque si, o fútbol é un negocio pouco exemplar para os nenos, os clubes deben unha pasta, os xogadores asinan contratos escandalosos, as federacións son niños de corrupción... e por último, de colofón: esos milleiros de galegos e galegas deberían saír á rúa, non para celebrar triunfos ou ascensos, senón para esixir que os seus clubes paguen os seus impostos, que non ten porqué ser sempre a clase traballadora a que apoquine, ou sexa, que esos milleiros e milleiras de galegos e galegas son uns pobres alienados, a ver se vos enterades.

Menos mal que o rapaz, ademais de intelixente, é clase traballadora, demostra conciencia de clase. Os galegos e galegas deberían estarlle agradecido por abrirlles os ollos.

Un currante ten que ler libros, informarse correctamente, prescindir do fútbol e a tele e o alcohol e o tabaco e o bocata de salchichón que fabrica unha truculenta multinacional, tantos opios.

Un currante, ao chegar a casa, o que ten que facer é ler a “cráneos previlegiados” como Pablo Dorado, ou a calquera outro porque non sei se se decataron, pero neste mundo retrasados apenas hai, case todos son de intelixentes para arriba.
_

Manual de épica para Djukic

Chegas tarde a Balaídos, o partido é ás sete e media e a sobremesa é longa, con augardentes e cigarros. Algúns respectan eso que din os preparadores físicos de que non se pode follar antes de xogar ao fútbol, inda que hai gurús para tódolos gustos e petos. Átaste as botas con desgana. Saúdas aos do equipo contrario, quedas para despois. No medio do partido sacas o móbil, ollas o correo e reservas mesa no restaurante para eso das once, hoxe vai ser boa, 85 puntos, 2 roubos do Deportivo, notable participación da canteira para un fútbol notable e moitos goles.

Estupendo que o adestrador do Valladolid, pelexando polo ascenso directo, exercite a retranca, mais uns anos na Coruña non son suficientes para graduarse nunha materia que non é unha materia. O Celta regresa a primeira. Sei dun desencantado do fútbol (dérase de baixa como socio e non polos resultados) ao que lle faría ilusión. Treme Mourinho, ala Celta.
_

A canción infantil segundo Evaristo



Obama condecorou a Bob Dylan coa Medalla da Liberdade, o máximo honor civil que che pode caer en Estados Unidos. Podían darlla a Evaristo (La Polla Records, The Meas, The Kagas); entregaríalla Rajoy ou Soraya, agora que anda por alí sacándose fotos con xente importante (chámanlle ofensiva diplomática), aplaudirían e soltarían un bonito discurso sobre a palabra, a liberdade (tranquilos, non sucederá).
_

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet