Esto é o que opinan Diego Manrique e algún máis sobre o volume das grabacións modernas, pensadas para reproductores de mp3 e grandes almacéns. Dylan, no seu papel, asegura que son muros de son onde non hai espacio para a música nin os músicos, o que redunda no progresivo empobrecimento do consumidor etc. etc.
Así é a miúdo, pero non por subirlle o volume tes que perder “calidade”. O que está claro é que para almacenar 30.000 cancións nun reproductor tes que economizar recursos por algún lado.
Así é a miúdo, pero non por subirlle o volume tes que perder “calidade”. O que está claro é que para almacenar 30.000 cancións nun reproductor tes que economizar recursos por algún lado.
O PP agasalla aos xornalistas que cubren as súas actividades cunha tostadora que imprime o logo do partido no pan. Imaxinade que estades recén casados e que sodes xornalistas. Chegades ao piso que tanto vos costou amueblar pero que tan guapo vos quedou (sobre todo gracias á moza), de noite, coa tostadora debaixo do brazo.
- Olla o que me agasallaron, cariño.
- Oh, pero nós xa temos tostadora.
- Xa, pero ma agasallaron... e imprime o logo do PP nas tostadas.
Eu son ela e saio correndo do piso e pido protección policial e que encerren a ese tío, porque unha persoa “normal” non pode aparecer na casa cunha tostadora que imprime o logo do PP, e contarllo á muller tan tranquilamente.

"As redes P2P son éticas, polo tanto deben ser legalizadas..."
Entrevista con Richard Stallman, fundador do proxecto GNU e "ideólogo do concepto copyleft". O tipo é bastante simple, moi ianqui, e o xornalista subnormal (en Andalucía tenemos Guadalinex!), pero menciona algunhas movidas elementáis que nos conviría a todos ter claro.

XUICIO A AZNAR
Hai unha plataforma cívica (creo que se chaman así) metendo presión para que encausen ao expresidente Aznar. Non sabemos se polo da guerra de Iraq, pois lembremos que este tío é moitos tíos. Igual que dixo que lía a Cernuda, igual que é texano, historiador e home de negocios.
Aquí podedes demostrar as vosas habilidades como grafiteiros. E logo visitar a páxina. Ata anda Julio Anguita por aí.

Esta finde escoitamos o “Ringliders of the Tormentors”. Entrounos! Segue a ser un disco plasta, pero lle pillamos movidas. “Life is a pigsty” resúmeo: comenza como unha canción pesada, gratuita e sobreproducida, ata que Morrissey se pon en plan Morrissey a declamar eso de life is a pigsty, crecendo, e te desarma.
É unha obra precipitada que só por desapegado fanatismo a desfrutas, pero cando a desfrutas xa paga a pena. :)) Falamos coma se fóramos amantes da ópera. Fáltanos o palco no Carnegie Hall.
É unha obra precipitada que só por desapegado fanatismo a desfrutas, pero cando a desfrutas xa paga a pena. :)) Falamos coma se fóramos amantes da ópera. Fáltanos o palco no Carnegie Hall.
DÍAS DE CEAS DE EMPRESA
Estaban tres nunha cafeta. Un engarabatado bonachón. Unha enfermeira preocupada porque todo o instrumental se dispoña debidamente hixiénico. Outro con pinta de garda de seguridade autónomo cunha cirrose ben levada (ou doutor House sen guionista). Falaban da cea cos do curro.
- Eu decateime de contado do mal rollo.
- Xa, é que eu quería que ti, sabes...? - dicíalle ela.
- Xa, non me digas nada. Decateime de contado.
- E claro, Arturo...
- Decateime de contado.
- Pero ti...
- Eu decateime de contado do mal rollo. Decateime...
Soltou a frase unhas vinte veces. Non é unha esaxeración literaria. O tipo era a hostia. Decatámonos de contado.

Nósosqueconstruimosestepaís
A Salvador Pániker non se lle pode ler na edición dixital do País. Hai que ser socio e pagar. Continuamos así con esa mítica teima da élite da cultura ou a cultura da élite, e, o máis importante, privamos a unha maioría de ler o que non queremos que lea.
Deixamos ao vello e neno José Vidal-Beneyto comerse o tarro sobre as variantes dialécticas e históricas da vertebración e a desvertebración da esquerda en Holanda, por exemplo.
A Pániker non. Pániker é un lúcido e fala sen problemas de movidas como a eutanasia, ese tipo de movidas para as que esta sociedade non está preparada. Nos tamén estamos a favor da eutanasia, quede claro, pero primeiro temos que pensar na paz social.

Aclaración dun tal Milko:
Futura, deseñado por Paul Renner en 1927 para a fundición Bauer, inspirado en caracteres sen remates da revolución industrial do s. XIX. Futura inspirou a súa vez todos os caracteres xeométricos sen remates do s. XX, e en especial a un dos más significativos: Avant Garde, deseñado por Herb Lubalin en 1962.

Temos un lector coreano. Aínda que o único que fixera fora entrar buscando “outra cousa” e sair inmediatamente, sen ler nin entender nada, emociona pensar que un oscuro vínculo se creou [toma fantasmada de lingüista progre :)!].
O mapa non aclara se é un coreano do sur ou do norte. Semella estar no mesmo borde-paralelo 38, o que o fai aínda máis interesante :)))))))
O mapa non aclara se é un coreano do sur ou do norte. Semella estar no mesmo borde-paralelo 38, o que o fai aínda máis interesante :)))))))
X
Ao crítico de Metrópolis o novo disco de Kylie Minogue fíxoo potear. Non porque o tipo vaia de profundo e desprecie productos prefabricados; vai de profundo, cómo non, pero di que os últimos discos de Madonna e de Britney Spears son moi bos (o de Britney, sublime!). No musical, o crítico profundo de Metrópolis non aclara porqué o disco é tan malo, aínda que aproveita para citar unha morea de estilos, que se vexa que hai nivel. O crítico profundo e enterado de Metrópolis resume a súa propia crítica asegurando que Kylie "perdió el tren", frase da que seguro escápasenos o seu máis profundo sentido.
Nós, que somos xente con pouco nivel e moitos prexuicios, preguntámonos qué multinacional lle paga, ¿quizáis a de Britney Spears? ¿Ou ao mellor é que ao crítico profundo e íntegro encántalle correrse esmorgas coa propia Britney Spears?, oh Britney, cómo me pone ese culo cuando estás toda mamada y puesta.
Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2007
(164)
-
▼
dezembro
(20)
- Imos cun grupo experimental. Aínda que non sei por...
- E xa metidos en materia, unha de Elvis Costello.
- Esta é de Anton Corbijn, o fotógrafo oficial das e...
- Fotos de Amy Muir, unha fotógrafa escocesa. No seu...
- Esto é o que opinan Diego Manrique e algún máis so...
- O PP agasalla aos xornalistas que cubren as súas a...
- "As redes P2P son éticas, polo tanto deben ser leg...
- "Ser sublime sen interrupción", dicía Baudelaire. ...
- XUICIO A AZNARHai unha plataforma cívica (creo que...
- Esta finde escoitamos o “Ringliders of the Torment...
- DÍAS DE CEAS DE EMPRESAEstaban tres nunha cafeta. ...
- Este é un desos grupos que pertencen á “cara b” da...
- Nósosqueconstruimosestepaís
- Aclaración dun tal Milko: Futura, deseñado por Pau...
- E xa que estamos coa actualidade dos 40. Unha preg...
- Me cago en Amaral, El canto del loco, o Carlos Goñ...
- Temos un lector coreano. Aínda que o único que fix...
- Sem título
- X
- O 1984 de Apple
-
▼
dezembro
(20)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.