O tempo dos pexegos
“Hoy sólo tengo dos certezas: que está columna continuará abierta en Escolar.net como cada día, de lunes a viernes a las 6:06 de la mañana. Y que, desde que existe Internet, sólo pierden su voz aquellos que se resignan a estar callados.” Ignacio Escolar
Hai que lle dar as gracias por descubrirnos que era a voz dun xornal, arruinando doadamente o que escribira nos dous parágrafos anteriores (boas intencións, tópicos). Por que desapareceu Isaac Rosa, non podía seguir tamén el? Postos a especular, se quitamos as vacacións e a visita ao hospital, o froiteiro inclínase a que se buscará a vida por outro lado, por compromiso, porque xa non crerá no proxecto dun xornal drasticamente reducido a unha caricatura dixital (Wikileaks!). Idealización da leira colectiva? Chámalle idealización se queres.
Que o deseño do seu blog fora distinto ao dos demais columnistas sempre me mosqueou, dende o primeiro día, tan brillante, tan sobrio glossy, con tanta publicidade, sería un xornalista independente de ampla traxectoria, sería o primeiro director, mereceríao. Si, mereceríao, sexamos positivos; os mudos currantes que van á rúa non.
_
Hai que lle dar as gracias por descubrirnos que era a voz dun xornal, arruinando doadamente o que escribira nos dous parágrafos anteriores (boas intencións, tópicos). Por que desapareceu Isaac Rosa, non podía seguir tamén el? Postos a especular, se quitamos as vacacións e a visita ao hospital, o froiteiro inclínase a que se buscará a vida por outro lado, por compromiso, porque xa non crerá no proxecto dun xornal drasticamente reducido a unha caricatura dixital (Wikileaks!). Idealización da leira colectiva? Chámalle idealización se queres.
Que o deseño do seu blog fora distinto ao dos demais columnistas sempre me mosqueou, dende o primeiro día, tan brillante, tan sobrio glossy, con tanta publicidade, sería un xornalista independente de ampla traxectoria, sería o primeiro director, mereceríao. Si, mereceríao, sexamos positivos; os mudos currantes que van á rúa non.
_
Etiquetas:
prensa
Yoani Sánchez, Twitter e EE.UU.
Lémbranse de Yoani Sánchez, aquela blogueira cubana, xornalista rigorosa, a quen os artistas de El País lle concederon o Premio Ortega y Gasset no 2008 (sen intención política, por suposto)? Lean este artigo de Salim Lamrani, xornalista francés especializado nas relacións entre Cuba e EE.UU., en La Jornada.
_
_
Etiquetas:
política
Adicada ao busto de Santiago Rey
Un xornal que pecha a súa rotativa está máis diagnosticado que un enfermo terminal millonario ou importante. A diagnose de Público coñecémola ben: poucos lectores para un xornal cun aquel de esquerdas e, por suposto, escasos anunciantes, que non se monta unha empresa para darlle cartos aos que informarán aos obreiros, ao que se lle engade o mantra negativo de “crise estructural” da prensa en papel. Os números citados, sen embargo, demostran que esa crise, por variar, non é igual de levadeira para todos, que a pobreza segue por barrios.
As cabeceiras da dereita non teñen problemas para renegociar as súas débedas, tamén é sabido como e con quen, e en Galicia mesmo se dá o caso extraordinario de La Voz de Galicia, que alí en Arteixo semella non imprimir un xornal senón billetes de 500, facéndolle a competencia á Real Casa de Moeda e Timbre coa inestimable colaboración do presidente Frijolito.
_
Etiquetas:
prensa
Mañá nos quioscos xa non haberá Público
Pecha por falta de acredores. Disque a súa débeda ascende a 9 millóns de euros. A de El Mundo é de 18, e a de ABC de 27. A de El País oh sábese pero non se sabe.
_
_
Etiquetas:
prensa
Volve a noite da súa nai
Desintégrase na dor
pura de tan carnal
como unha estrela
sosegada no seo a soga
de luces de culpa
cabalgadura alucinada
transparente insomnio da entraña
para que erma chaqueta
o sangue unha etiqueta
que non atura o mar
dos mariñeiros e poetas.
_
pura de tan carnal
como unha estrela
sosegada no seo a soga
de luces de culpa
cabalgadura alucinada
transparente insomnio da entraña
para que erma chaqueta
o sangue unha etiqueta
que non atura o mar
dos mariñeiros e poetas.
_
Etiquetas:
literatura
O deseño da famosa crise
Outra vez con Marxophone, a quen lles vou esixir algúns cartos por publicitalos en Vietnam. Nacho Vegas tamén edita neste silandeiro e educado lugre de piratas, un mini LP agora. Mantiven ou manteño unha opinión contradictoria cun asturiano que din practica canción de autor/rock. Leonard Cohen, Nick Cave, Dylan, Michi Panero. Cancións sempre longas, chámanlle cancións-río, a miúdo penso que se lle quitas a sintaxe non se sosteñen, quero dicir que non é tan onírico nin tan duro nin tan persoal, mais non hai outro.
O que me chamou a atención do seu novo traballo foi a portada, simple (evitemos o minimal, por favor), plana, marrón e negro, letras hacia abaixo (Bauer Bodoni: lembra que é home de letras non amaneirado), fiel presentadora do contido da caixa, con tinturas de urxencia social.
Nota: editaron o EP baixo licenza Creative Commons, facilitando a descarga nunha ligazón de Radio 3 que a min non me vai; si podo descargalo, con texto explicativo, as letras e a portada, 53 megas, que está moi ben para 6 cancións (da calidade do son fala o autor no texto explicativo), pero o iTunes non mas carga, será polo sistema, os interesados que proben.
_
Etiquetas:
deseño
Traballar como o presidente
Quen aínda afirma que na Xunta non apostan por I+D+i minte. O presidente e o seu cerebro Alfonso xa lle meteron banda larga ao 90% dos galegos, así que a calar. Por se alguén non sabe o que significan as siglas explícollo eu: I+D+i: podes baixarte unha morea de pelis, mesmo a última de George Clooney, nun par de horas. En Monte Pío, o presidente non dá feito; tivo que levarse tres informáticos de San Caetano e encargar non sei cantos discos duros para que lle axudaran polas noites a catalogar a filmoteca que no futuro doará á Cidade da Cultura.
Pretendían desmentir hoxe os mendigos de Praza Pública que esa cifra do 90% é falsa, que só o 53,3% dos fogares dispoñen de acceso a internet, o 51,6% de banda larga. Exquisitos: tampouco compañías como Telefónica ofrecen un servizo real e ninguén di nada. Se se puxeran a traballar como o noso presidente non padeceriamos tantos recortes.
_
Pretendían desmentir hoxe os mendigos de Praza Pública que esa cifra do 90% é falsa, que só o 53,3% dos fogares dispoñen de acceso a internet, o 51,6% de banda larga. Exquisitos: tampouco compañías como Telefónica ofrecen un servizo real e ninguén di nada. Se se puxeran a traballar como o noso presidente non padeceriamos tantos recortes.
_
Etiquetas:
política
Iván Bravo é máis sostible
Monográfica #02: Activismo from Monográfica.org on Vimeo.
Xa se falara do asunto aquí. Naomi Klein, dentro do seu traballo de divulgación, fedía un pouco a estrela do pop acomplexada. Tampouco podiamos falar moi alto; intuición e poucos datos. O outro día, sen embargo, puxéronme un documental da artista que selou a intuición. Escoitaba detrás da súa voz aos Les Luthiers en El sendero de Warren Sánchez, queridos hermanos, hoy vamos a comenzar nuestra reunión con un versículo del libro “Warren tiene todas las respuestas”, que ustedes pueden adquirir en el puesto instalado en el hall del teatro, cuña publicitaria que o predicador metía cada dez minutos.
Pode ser que de pequeno tragara demasiado Les Luthiers, pode ser, de calquera xeito, se queren aforrarse as películas es-tou-te-a-brin-do-os-o-llos-so-bre-o-ca-pi-ta-lis-mo da canadense (que ustedes pueden adquirir en el puesto instalado en el hall del teatro), recoméndolles este vídeo que non chega aos dous minutos de Iván Bravo realizado cun cúter, uns rotuladores, cartón e unha cámara.
_
Etiquetas:
deseño
O texto que agardabamos para comprobar que si
Por fin dixo algo, escribiu, Santiago Auserón, vía Facebook; como se tivera que ser el o que levantara acta notarial do pasamento, ala, xa é oficial, xa é certo. Para os que non temos conta na citada rede social, Efe Eme pediulle permiso ao líder de Radio Futura para reproducir o texto na súa web. Velaquí está.
_
_
Etiquetas:
música
Inda que a simetría poida mentir
Paso de estenderme porque esto semella a sección de necrolóxicas dun xornal en tempos de guerra sen cuartel. Sobran persoas autorizadas, ademais, para lembrar a Enrique Sierra, comezando polos irmáns Auserón, os seus compañeiros de Radio Futura. Deixo dúas ligazóns: a primeira é un texto ata agora inédito do propio guitarrista relatando como gravaron La Canción de Juan Perro, considerado o disco no que o grupo acadou a madurez mais tampouco entrarei no tema, a segunda é a reseña de rigor de Diego Manrique, un hispanista inglés especializado naquela guerra civil que perdemos cada día máis.
Esta mañá estiven co director do Proceso de Rexistro na zona vella. Tomámoslle un viño na súa memoria (case digo á súa saúde, me cago na patronal celestial dos riles), e contoume que mañá posiblemente colguen na súa cabeceira La estatua del jardín botánico. Ocorrésume complementalo coa cara b do single, Rompeolas.
_
Etiquetas:
música
Esta non é unha dedicatoria
Unha semana exacta tardei en poder escribir sobre a perda dun colega sen pasarme, como se fora cronometrable a estrañeza (porque a dor perténcelle a outras persoas). Ata agora, todo o que me saía era demasiado negro; whisky e sangue, filosofía e boas intencións. Xa está. A pista deuma Paul Weller, que publica o que sen dúbida será un dos discos do ano. Funciona: fresco sen renunciar á reflexión, con máis capas que Photoshop e directo á mandíbula.
Vouno deixar para outro día, de tódolos xeitos, porque o corpo pide recuperar ao Paul Weller dos Jam (estivo na gramola do bar moitos meses). Xa nos contará se alá onde estea hai tías guapas suficientes e nada máis, a rañala todos.
_
Etiquetas:
música
Espertou o sisudo oso do seu letargo
Pouco máis e non chega para analizarmos o-te-ma, o-a-sun-to. Esmeril para coitelos mediáticos, alta cociña, sete austeros e cabeiros e galegos millóns de euros para La Voz de Galicia nos últimos tres anos, poden comprobalo no Proceso de Rexistro ou en Galicia Confidencial, mais se o que lles interesa é a telenovela do BNG poden entrar en Praza Pública (aprovéitase para darlle a benvida). Xa se dixo: o BNG non ten problemas graves, móvese e transfórmase como a pantasma hegeliana de Marx, ui que medo que me repite como o allo.
O sisudo oso no fondo non ten nada de sisuso, vai xuntando palabras da enciclopedia co fociño, adiantando, é certo, a hibernación e a lectura do Wall Street Journal, co ben que estaba el sen coscarse, en fin, o traballo é o traballo, que llo digan ao busto de Santiago Rey Fernández-Latorre.
_
O sisudo oso no fondo non ten nada de sisuso, vai xuntando palabras da enciclopedia co fociño, adiantando, é certo, a hibernación e a lectura do Wall Street Journal, co ben que estaba el sen coscarse, en fin, o traballo é o traballo, que llo digan ao busto de Santiago Rey Fernández-Latorre.
_
Etiquetas:
prensa
Frívola ecualización do salón de actos
Arranca a semana con Atenas ardendo, unha reforma laboral acatada antes mesmo de que o goberno a fixera pública e o BNG escindido. Esto último non se me antolla tan malo, moverse é san, non se trata de enterrar a ninguén, que decida logo cada un a quen vai apoiar. Estase a falar esaxeradamente do ego de Beiras, Beiras ten o ego ganado e non lle impide exercer a lucidez; quizais os que teñen problemas de ego son os que llo critican, esos militantes que suben coa navalla na boca por Entremuros.
Tampouco é que aquí sexamos tranquilos e transixentes, criticar forma parte da nosa dieta dende sempre, así que quero criticar a ecualización do salón de actos e a gravación do vídeo. Se queres entender o que di o líder de Encontro Irmandiño os tímpanos sofren.
_
Etiquetas:
política
Non é unha marca de roupa
Trátase dunha consultora “headhunting”, cazatalentos. Ademais dun deseño perfecto, a idea de substituír as referencias a ese raro mundo de Recursos Humanos especializados en altos executivos por arranxos, xastres ou artesáns, antóllaseme xenial. Xa houbo, por suposto, quen tachou o traballo de pouco orixinal, porque “cloak & dagger”, capa e puñal, está sacado duns cómics da Marvel, aquí a listos non nos gana ninguén, como se todos tivéramos unha chistera da que imos sacando coellos xamais vistos.
A empresa australiana esta misturou con moita elegancia e capacidade de suxestión o “cloak & dagger” dos cómics, cargándoo dun novo significado, coa estética do Londres de Sherlock Holmes. O resultado é limpo e, si, orixinal. Non quero saber nada de “headhuntings”, mais admiro o traballo de marca.
_
Etiquetas:
deseño
Era non cobrar en moedas de odio
Esta ben podía ser a nosa Internacional, esta ou algunha outra de Fuxan os Ventos. Non é unha ridícula farruca marcha militar, enganosamente sentimental, garda máis cólera, minte na súa inocencia, volve, nunca marchou, manta de la branca cosida ao inverno da infancia, casete sen fin, pestanexando a luz amarela que entraba pola fiestra da habitación.
Alleo ao devalar da historia do grupo como referente xeracional, dóeme a vixencia da canción, a aldraxe disfrazada por necios como o presidente de-to-dos-os-ga-le-gos.
_
Etiquetas:
música
Desterrado por abrir unha conta en Twitter
Hoxe fun confesarme á barra do bar: abrín unha conta en Twitter, agora dame a absolución e ponme unha caña, no fondo fíxeno para dignificar as redes sociais; prometo respectar a ortografía, os signos de puntuación, e cravar os 140 caracteres.
- Non sei eu, non pareces moi arrepentido, fillo.
- Touche disindo que é para dignificar eso das redes sociais.
- Respectando a ortografía...
- E falando da humana condición.
- Hummm...
- Non porei un botón de acceso no blog.
- Tamén tes un blog?
- Eh... teño dous.
- Non hai absolución. Toma a caña, son dous euros.
- Non era 1’50?
- Precio para pecadores, se aínda estiveras calado, o Señor das Tabernas non se enteraría, que non ten conexión... agora paga e vaite.
- Clemencia...
- Paga e vaite, dixen.
_
- Non sei eu, non pareces moi arrepentido, fillo.
- Touche disindo que é para dignificar eso das redes sociais.
- Respectando a ortografía...
- E falando da humana condición.
- Hummm...
- Non porei un botón de acceso no blog.
- Tamén tes un blog?
- Eh... teño dous.
- Non hai absolución. Toma a caña, son dous euros.
- Non era 1’50?
- Precio para pecadores, se aínda estiveras calado, o Señor das Tabernas non se enteraría, que non ten conexión... agora paga e vaite.
- Clemencia...
- Paga e vaite, dixen.
_
Etiquetas:
publicidade
Enquisa Proceso de rexistro
O blog que todas as persoas intelixentes deberan ler, e as que non o son tamén, que sempre están a tempo de ser (contra)iluminadas, está de enquisa. Preguntan que se debe privatizar primeiro: a Igrexa Católica, La Voz de Galicia ou a Banca. Disque o ano pasado o austero presidente de todos os galegos, meu amor, canto te quero, soltoulle tres millóns de euros a La Voz del Presidente de todos los Gallegos, pero non quero influír nas casas a marcar.
_
_
Etiquetas:
publicidade
Hoxe levaríano preso coa súa conducta moral
Algunha vez apertaron os dentes sobre unha bicicleta de carreiras durante unha curva sen fin, sen dar respirado? Tranquilos que non lles vou relatar ningún heroico pasado deportivo, aquí o fenómeno limitábase a acompañar ao seu pai e os seus amigos nas súas excursións dos domingos pola mañá, non exentas de esixencias como subir á Escusa por onde o mosteiro de Poio: a primeira vez non fun o único que tivo que poñer os pés no chan, nas ramplas máis duras, chegando arriba, porque non daba (era o noso Tourmalet, o noso Alpe d’Huez), e eso que eu era o máis novo, un neno movido por puros espíritos de superación e sacrificio, ganaba o pico, perdías ti.
Cóntoo para que os máis indolentes se fagan unha idea do que pode ser o ciclismo profesional, aínda que tamén a min me choquen os soldos que se deducen das multas que lles cravan (canto cobrarán entón os pirados dos alpinistas, oitomiles sen dedos?). Aproveito, asemade, que non todo teñen que ser marróns, para lembrar con agarimo a aquel vello de Cambados que levaba a botella de plástico chea de albariño. Vaia por el e os outros.
_
Cóntoo para que os máis indolentes se fagan unha idea do que pode ser o ciclismo profesional, aínda que tamén a min me choquen os soldos que se deducen das multas que lles cravan (canto cobrarán entón os pirados dos alpinistas, oitomiles sen dedos?). Aproveito, asemade, que non todo teñen que ser marróns, para lembrar con agarimo a aquel vello de Cambados que levaba a botella de plástico chea de albariño. Vaia por el e os outros.
_
Etiquetas:
ciclismo
Os directivos son xente de conducta moral
Escribo estas liñas a modo de rectificación, pois o Tribunal Arbitral de Deportes ven de negar o que eu pregoaba no seu día, cando equiparaba a inmunidade de Alberto Contador á de Lance Armstrong. Sentencia máxima: despóxano dos últimos Tour e Giro, non poderá competir ata despois das olimpíadas e reclámanlle case dous millóns e medio de euros. O de sentencia máxima debe entenderse en relación aos cargos, que non son exactamente de dopaxe, non entendín moi ben o paso do solombo con clembuterol aos restos de plastificante dunha eventual autotransfusión de sangue. Que sexa unha argucia dos franceses, desesperados porque non ganan un Tour dende que se retirou Bernard Hinault, non me parece unha explicación suficiente.
Pagan os ciclistas, sempre os ciclistas (agás Armstrong), que a miúdo corren traspasando os límites do seu corpo, que se matan vivos para chegar a meta; noutros deportes, máis populares e dende logo menos duros, nunca hai sombras dunha conducta antideportiva, mesmo organizan partidos benéficos e se sacan fotos, que emotivo, van rematar coas drogas e a fame en África. Xa postos, podían organizar un contra todo o que se meten os directivos das distintas federacións, pero é improbable.
_
Pagan os ciclistas, sempre os ciclistas (agás Armstrong), que a miúdo corren traspasando os límites do seu corpo, que se matan vivos para chegar a meta; noutros deportes, máis populares e dende logo menos duros, nunca hai sombras dunha conducta antideportiva, mesmo organizan partidos benéficos e se sacan fotos, que emotivo, van rematar coas drogas e a fame en África. Xa postos, podían organizar un contra todo o que se meten os directivos das distintas federacións, pero é improbable.
_
Etiquetas:
ciclismo
Unha candea ao demo
Lurpak - Lightest from Blink on Vimeo.
Espectacular anuncio de manteiga, porque ese é o adxectivo, espectacular. Que se lle vai facer, aquí contemplamos a publicidade co rapto co que outros contemplan un cadro de Velázquez; para que ir ao Prado ou ao Louvre tendo un televisor na casa, desculpen, amentei ao demo, non era a miña intención, non pretendía ser politicamente incorrecto, que me produce sinceras náuseas.
A televisión, fío conductor dun consumismo que nos garante o desastre, xa. Tampouco é que eu sexa moi consumista se me quitan do bar (slow food, a modo), non vaian pensar que son tan cínico. Un pouco si, recoñézoo.
_
Etiquetas:
publicidade
Porque Bebe é unha artista
Xa ten aparecido nesta bitácora o nome de Frank Black mais á fronte dos Pixies, esquivando a chumbada da súa carreira en solitario. Inclinado o seu eixo de flotación a sucesos paranormais, astronómicos e violentos, bagazo de talento dos Estados Unidos, non me gustaría telo de amigo nin de inimigo. Está como un caldeiro, si, e con todo fai o que chamariamos rock’n’roll normal, sen trampa e con moito xeito. Perdería parte da frescura e o humor do seu grupo; o tipo cumpre con puntualidade. A proba é esta canción, Roberto Cebola.
Lembreime del a propósito dunha entrevista de Diego Manrique a Bebe: será dunha beleza perturbadora (para o xornalista o é), terá un polbo de nove raxos, que dirían na Ría de Arousa, e será todo o “auténtico” que se queira: Un pokito de rocanrol é para partirse.
_
Etiquetas:
música
As veas piden mitin
Despois falan dos namorados, dos encoñados, dos ionquis. O PSOE non hai tres meses que perdeu as eleccións e xa se montou outras, internas, movilizando toda a maquinaria pesada, a quen queredes máis, a Carme ou a Alfredo, mitins, agasallos, promesas, fidelidades, micrófonos. Venden esas rosas cravadas nos puños como democracia, e a asemblea do Bloque como división, unha división na que algúns acreditan, ávidos dun espazo no que soltar a súa imprescindible opinión, alguén pode tomarse a molestia de explicarmo, de iluminarme?
_
_
Etiquetas:
política
Segunda parte do de antes
Vaia por diante que a culpa non é de Manolovich (xa lle quedou o nome así, ao Manolo dos Balcáns). Nin Serbia nin Croacia nin a campiona Dinamarca, o que fai unha alimentación correcta, xogar non xogan moito pero calquera traspasa a muralla que forman en defensa, case non teñen que moverse nos seis metros, e en ataque viven de obuses e Mikkel Hansen, ou eso din, porque eu estiven sen TDP ata que me enterei, tarde como sempre, de que ao amante do jazz que temos por presidente da comunidade lle dera por facer unha chamada e arranxar a antena.
Se lles gusta o deporte non se lles ocorra vivir nunha comunidade na que votan como presidente a un tipo que presume de escoitar a John Coltrane, dígoo sen acritude, só insinúo a enxordecedora idiosincrasia das bancadas/andares. Aquí ou es do Barça ou do Madrid ou estás por riba, cando a divindade che toca o saxo tenor.
_
Se lles gusta o deporte non se lles ocorra vivir nunha comunidade na que votan como presidente a un tipo que presume de escoitar a John Coltrane, dígoo sen acritude, só insinúo a enxordecedora idiosincrasia das bancadas/andares. Aquí ou es do Barça ou do Madrid ou estás por riba, cando a divindade che toca o saxo tenor.
_
Etiquetas:
balonmán
Sete metros contra os comentaristas de TVE
Toca falar de balonmán, ao mellor coñecen este nobre deporte de equipo, xogan sete contra sete, contando aos porteiros, cunha pelota máis pequena, si, que a de fútbol ou baloncesto, quizais por eso, porque as pelotas son máis pequenas e algúns as teñen tan grandes, é un deporte ao que non lle dan pulo, lémbranse del cando algunha medalla ou Iñaki Urdangarín, O Xenro. O meu curmán, limpo afeccionado a este e moitos outros deportes, colleu un caderno durante o europeo que se celebrou en Serbia e foi anotando frases dos comentaristas como remedio contra as ganas de matalos ou cargarse o televisor. Esta é a súa escolma:
Uno de los gladiadores del equipo serbio.
Maneja todos los recursos y registros posibles.
Facultad portentosa para la ejecución del lanzamiento.
España tiene mucha seriedad y sobriedad en sus posibilidades.
Está destinado a detentar ser el mejor arquero del mundo.
Un equipo que ha dado mucho colorido en los aledaños del pabellón.
Manolovich (ou aljo así): un tipo corajudo… un espartano.
El equipo magiar tiene una idiosincrasia que lo hace harto conocido.
Una grada que insinúa ser ensordecedora.
Non serei eu quen lles saque punta porque me tiraría horas e por sacar xa se sacan punta eles sos, como intuíu o curmán. Sete metros é a distancia dende a que se tiran os penaltis, por eso lles chaman así, xa sei, é como explicar que o lume queima ou que Cervantes escribiu un libro, vaia, asómbrasme coa túa facultade portentosa para a enxordecedora execución do lanzamento, colorido gladiador do espartano recurso.
_
Uno de los gladiadores del equipo serbio.
Maneja todos los recursos y registros posibles.
Facultad portentosa para la ejecución del lanzamiento.
España tiene mucha seriedad y sobriedad en sus posibilidades.
Está destinado a detentar ser el mejor arquero del mundo.
Un equipo que ha dado mucho colorido en los aledaños del pabellón.
Manolovich (ou aljo así): un tipo corajudo… un espartano.
El equipo magiar tiene una idiosincrasia que lo hace harto conocido.
Una grada que insinúa ser ensordecedora.
Non serei eu quen lles saque punta porque me tiraría horas e por sacar xa se sacan punta eles sos, como intuíu o curmán. Sete metros é a distancia dende a que se tiran os penaltis, por eso lles chaman así, xa sei, é como explicar que o lume queima ou que Cervantes escribiu un libro, vaia, asómbrasme coa túa facultade portentosa para a enxordecedora execución do lanzamento, colorido gladiador do espartano recurso.
_
Etiquetas:
balonmán
Tamén a Eilen Jewell lle gustan os Kinks
Seguimos con música de vangarda para cangrexos da historia, quenda para os Kinks, nin os Beatles nin os Rolling, os Kinks dos irmáns Davies. Dous minutos e pouco son suficientes, a xente como Evaristo ás veces mesmo lle sobran, mais non ten nada que ver cos 140 caracteres do Twitter para intercambiar ligazóns de (ins)urxencia, non sei, o concepto de rede social, como tódolos conceptos, quédasenos grande, somos máis da pobre e lenta e suicida realidade da taberna non idealizada, un prexuízo máis.
Tanta veloz información atrósmanos. Non é unha crítica, fan ben; pode ser un pozo de banalidade e mal gusto e un formigueiro da Ilustración, depende de cada un, non é importante. Importante, para nós, é que tamén a Eilen Jewell lle gustan os Kinks.
_
Etiquetas:
música
Aos perigosos percebes que vaian mulleres e nenos
Este libro ensínano con irreprochable orgullo os de Sal y Laurel, unha empresa suponse que galega adicada á venda de marisco fresco das Rías Baixas on line. Non é que che manden as centolas por e-mail, mais vai ti saber co tempo. O único que non atopo irreprochable, ademais duns precios que non son culpa súa e van ben medidos, é que empreguen o castelán. Ou o fas con varias linguas, por aquelo do mercado e a glo-ba-li-za-ción, ou o fas en galego, carallo.
Teñen o mostrador na web, e dentro da web, o blog con curiosidades, receitas, fotos... e este libro do 52 ao que nunca lle podería dicir que non, moi vascos os debuxos, como se alzar o arpón contra a balea fora unha mol rutina.
_
Etiquetas:
deseño
Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2012
(198)
-
▼
fevereiro
(27)
- O tempo dos pexegos (II)
- O tempo dos pexegos
- Yoani Sánchez, Twitter e EE.UU.
- Adicada ao busto de Santiago Rey
- Mañá nos quioscos xa non haberá Público
- Volve a noite da súa nai
- O deseño da famosa crise
- Traballar como o presidente
- Iván Bravo é máis sostible
- O texto que agardabamos para comprobar que si
- Inda que a simetría poida mentir
- Esta non é unha dedicatoria
- Espertou o sisudo oso do seu letargo
- Frívola ecualización do salón de actos
- Non é unha marca de roupa
- Era non cobrar en moedas de odio
- Desterrado por abrir unha conta en Twitter
- Enquisa Proceso de rexistro
- Hoxe levaríano preso coa súa conducta moral
- Os directivos son xente de conducta moral
- Unha candea ao demo
- Porque Bebe é unha artista
- As veas piden mitin
- Segunda parte do de antes
- Sete metros contra os comentaristas de TVE
- Tamén a Eilen Jewell lle gustan os Kinks
- Aos perigosos percebes que vaian mulleres e nenos
-
▼
fevereiro
(27)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.


