Enquisa Proceso de rexistro

O blog que todas as persoas intelixentes deberan ler, e as que non o son tamén, que sempre están a tempo de ser (contra)iluminadas, está de enquisa. Preguntan que se debe privatizar primeiro: a Igrexa Católica, La Voz de Galicia ou a Banca. Disque o ano pasado o austero presidente de todos os galegos, meu amor, canto te quero, soltoulle tres millóns de euros a La Voz del Presidente de todos los Gallegos, pero non quero influír nas casas a marcar.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Bo día, son o Administrador dos Blogues, así, en maiúscula, e coido que está vostede equivocado na descrición dese blogue. Seica son uns elementos de coidado, e unha banda de roxos, librepensadores e, para rematala, tabernarios.
A intelixencia é precisamente o que lles falta. Se fosen intelixentes estarían ao lado de Mariano, e terían os cartiños no Santander, e irían a misa todos os domingos coa súa santa esposa, e terían unha ou dúas queridas das de bo ver, e se deixarían ver polo porto deportivo de Sangenjo...

Ui, vouno deixar que me estou poñendoooo... ooohh...aaaahh!!!

Unknown disse...

Bueno, home, ninguén é perfecto, e xa que fala do Santander, e como Administrador dos Blogues que é, aproveito a ocasión para comunicarlle que o noso banco, o de "queremos ser tu banco", vai lanzar un préstamo alucinante con xuros de partirse para todos os blogueiros que poñan un coñazo-banner da nosa santa entidade na súa páxina.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet