Trátase dunha consultora “headhunting”, cazatalentos. Ademais dun deseño perfecto, a idea de substituír as referencias a ese raro mundo de Recursos Humanos especializados en altos executivos por arranxos, xastres ou artesáns, antóllaseme xenial. Xa houbo, por suposto, quen tachou o traballo de pouco orixinal, porque “cloak & dagger”, capa e puñal, está sacado duns cómics da Marvel, aquí a listos non nos gana ninguén, como se todos tivéramos unha chistera da que imos sacando coellos xamais vistos.
A empresa australiana esta misturou con moita elegancia e capacidade de suxestión o “cloak & dagger” dos cómics, cargándoo dun novo significado, coa estética do Londres de Sherlock Holmes. O resultado é limpo e, si, orixinal. Non quero saber nada de “headhuntings”, mais admiro o traballo de marca.
_


Nenhum comentário:
Postar um comentário