Imaxenio

A tarde pechados na urna de cristal pulindo o tema do concurso. O xefe, a súa amiga publicista e aquí un ignorante. Ela encarregouse dos timings, o naming, o brainstorming e o briefing, ademáis dos textos.
- Conquerir unha imaxe de marca que cale no imaxenio colectivo, ese é o tema.
- Será "subconsciente colectivo".
- Non, imaxenio. O imaxenio é un valor obxectivable, que se pode acadar cun enfoque correcto das sesións de traballo, mentras que subconsciente é un valor pasivo...
- Ah, eu pensaba que era a televisión dixital que venden os de telefónica...
- Señores -corta o xefe-, nos estamos desviando, o prazo acábase e eu estou saturado e empezo a estar nervioso e a non saber nin qué estamos facendo.
- Reláxete, home -dille ela-, ¿por qué non saes un rato fora? Non hai que perder a intelixencia emocional.
- ¿A qué?
- ¿Non sabes que é? Ei deixarte un libro que teño moi bo sobre intelixencia emocional. Podo deixarcho a ti tamén, Miguel, ¿queres?
- Oh, si, queimar libros é moi liberador.
- Bueno, centrémonos, por favor, cen-tré-mo-nos.
Esta tía é que non é exactamente un ser humán, é máis ben un libro de autoaxuda con patas, coa boca chea de tecnicismos e mentiras e unha vaidade e unha cobiza ás que só lle pon freo a súa propia estupidez.

O productor de Russian Red



O disco de Russian Red está moi guapo. Ata a portada. A única mácula vai a cargo do productor, a quen podían levar preso que non nos perdiamos nada. Moito currou para enrarecer unha voz que en directo soa natural e cargada de matices. O tío sacouse unha grabación metálica e como no valeiro, e se lle das caña no mp3 chega ser desagradable. Aínda pretenderá que lle dean un premio.
Ao productor agora dáselle tanto ou máis pulo que a quen compón e interpreta as cancións; trátano como un gurú tecnolóxico que garante un son e unhas ventas. Está ben para os artistas mediocres, que non é o caso.

Xogando aos abogados

Imos deixar un comentario nunha bitácora do noso pobo, por un post publicado recentemente. Moléstanos que se escriba con tantas contradiccións sen asumir (o noso é todo un mapa de contradiccións, pero nós mesmos somos ese mapa), contradiccións que comenzan pola propia linguaxe:
- “Ínclito e inepto”: mal, tío, non podes xuntar un calificativo que se supón é sarcástico (e manido) cun descalificativo. Podías poñerlle “ínclito y proverbial”, por exemplo, ou, senon estás para prontos florentinos, “aprovechado e inepto”, ou “subnormal y cabrón”, o que ti consideres.
- Na cabeceira asegúrase unha “visión aséptica” e “máximo respeto hacia las personas, no permitiendo alusiones descalificantes de su vida familiar y personal”. Carallo, menos mal que se corta!
O que nos molesta, no fondo, sabemos que non son as patéticas pretensións do autor. Moléstanos que o concellal aludido sexa concellal.

Un proxecto con nome



Outra cantante folkie, a revelación do 2007. Ultimamente buscamos rock e só atopamos movidas neste plan. Preferímolo (preferímola) a todos esos grupos que gardan quenda na SGAE e na MTV. Unha nena de 22 anos cun discurso delicado, estrano e fora de onda, a quen se lle nota unha admirable convicción en todo o que fai. Podía facer súa aquela canción de Corcobado:
"Siendo la noche de hiedra
los nervios dorados se doblan
y la luna es un susurro de tambor"
A orixe de Russian Red é tan coñecida como reveladora: montou unha banda á que non lle puxo nome ata que se "apropiou" do nome dunha marca de pintalabios que lle gustaba moito.

Os do PSOE son uns cachondos mentais

A FAES de José María Aznar obtivo unha axuda de 884.550 euros do Ministerio de Asuntos Exteriores para diversos programas destinados ao "fortalecemento de institucións democráticas, o fortalecemento de partidos políticos, a defensa dos dereitos humáns e a divulgación de valores de cooperación internacional". Tanto fortalecemento ben vale un esforzo máis dos contribuintes, na-tu-ral-men-te.
A esto hai que sumarlle o que lle soltou o Ministerio de Cultura para o seu programa de actividades, 2,89 millóns de euros, o que a convirte na fundación política con máis axudas do Estado (3,7 millóns de euros), abondo máis que a propia fundación do PSOE, a Fundación Pablo Iglesias.

feijoo.tv

O meu nome é Feijoo, Alberto Núñes Feijoo, e quero apresentarvos a nosa campaña para as prósimas elecsións. A que mola eso que fixeron os meus creativos coas letras? parese como nas películas de James Bond (a min é que me justa moito o axente 007, vin todas as súas pelis). FEIJ009... jo, teño o mellor equipo de publisistas do mundo. Vos ijual non entendedes o consepto porque é aljo moi modersno, así vanjuardista, pero non vos preocupedes que eu estou con todos os jalejos e jalejas. En feijoo.tv poderedes verme polas siudades e aldeas de Jalisia fasendo país e preocupándome por todos os jalejiños e jalejiñas, ai qué riquiños e qué riquiñas me son.
Bueno. Se queredes, tamén podedes visitarme en Facebook (xa teño máis de 420 amijos).
Non me vou dispidir sen aproveitar antes este espasio que me brindan os amijos da Caixa de texto para saúdar a nosa querida amija e colaboradora dese lugar tan idílico e tan jalejo que é Parada do Sil, Silvia Carreño, Secretaria Ejecutiva de Comunicación y Relaciones Institucionales del Comité Regional de Novas Xeracións del Partido Popular de Galicia (colle folgos).
Penso en ti nas duras xornadas de campaña, Silvia, eso axúdame a sejir adiante. Espero verte pronto.

---


- ¿Qué tal quedó?
- Un discurso emocionante, jefe.
- A mi aún me saltan las lágrimas...
- Humm... no sé
- Qué palabras tan sentidas y con tanto coraje para nuestra querida madre patria.
- Bueno, pero me van a votar?!
- Pues claro, jefe, quién no le va a votar a usted, con ese porte, con ese programa político, con ese sex appeal, con ese...
- Bueno, ya vale, venga, vamos con otro vídeo.

A película de Mauro Gioia




O proxecto doutro artista po-li-fa-cé-ti-co, o napolitano Mauro Gioia. Un achegamento á música de Nino Rota, o das bandas sonoras, dende o rock e o cabaret. Colaboran con el, entre outras, a antes mencionada Catherine Ringer e Sharleen Spiteri, coa que ataca unha famosa canción do "Padriño" de Coppola.
Ficamos co deseño da portada: pop coa icónica e esaxerada Anita Ekberg de "La Dolce Vita". A ver quen consigue o disco no e-mule.

A antiga vangarda



O grupo de Catherine Ringer, Les Rita Mitsouko, a quen descubrimos hoxe por unha web premiada na influinte The FWA. Bailarina, cantante, performer, escritora, cabareteira e actriz porno (nos seus tempos), esta rapaza francesa é ben completa.
Naceu en Suresnes, extrarradio de París que aquí coñecemos polo derradeiro congreso do PSOE como PSOE.

O embigo mal disimulado

Fotografiarse. Apuntalar a evidencia de ter estado e ter vivido; velaí a redundancia e a necedade.

Como esos intelectuais que “recomendan” non escribir, ou a lo menos non publicar, ata que es “vello”, mentras eles escriben cunha fidelidade enfermiza o seu diario. Cando chegan aos 65 (ou a edade que consideren), sacan todos os libros do armario, a suprema autobiografía, a autohomenaxe disfrazada de “perspectiva” e de “tempo”, dúas palabras valeiras, a haxiografía con pretensións de reflexo dunha Época.

Esclarecidos



Imos con algo máis cercano (máis íntimo, se se quere). Esclarecidos, que este ano tampouco vai aparecer no in-dis-pen-sa-ble "Zeitgeist" de Google. Esclarecidos era un grupo intelixente e non facía ruído, ademáis de estar formado por xente xa entrada en anos, con familia, cun traballo para vivir... en fin, todo eso que aborrecen as estrelas e os fans das estrelas. Lembramos a Cristina Lliso, as cancións, as colaboracións de Corcobado, e pensamos que hoxe os etiquetarían como “banda de pop adulto” ou algunha sandez polo estilo.
Despóis montaron Lliso, un grupo electrónico, máis experimental e desacomplexado, que desgraciadamente, non sei por qué, perdímonos. Non os busquedes en Google, en Google buscade Bibiana Aído e Sarah Palin, e Kate Perry, que é hiper-mega-transgresora.

Os soños de aluminio de Michael Stipe



Os discos que máis nos gustan dos grupos grandes non son os primeiros, nin os máis oscuros, nin os cañeiros nin os últimos nin os superventas nin os raros nin as edicións limitadas nin os experimentais. Gústannos os discos normais, como o "New adventures in hi-fi", de R.E.M. Cando o cantante semella dicir, sen máis resorte publicitario que o que lle pide o corpo:
- Ola, somos R.E.M. e esto é o que nos gusta e o que sabemos facer. E facémolo ben.
A canción, "E-bow the letter", está guapa en estudio, con Patti Smith, pero nos fixo gracia o rollo e as pintas que se gastan aquí, con Tom Yorke, nun concerto pola liberdade do Tíbet.

Subvencióname

Temos novo xornal “galego”. Seica do grupo do ex director de La Voz de Galicia, o mesmo que convertiu A Nosa Terra nunha revista do corazón. Coas subvencións que vai recibir, ademáis, poderá tapar algún burato, subvencións que aínda non sabemos por qué reciben: ¿polo arriscadísimo exceso de redactar un par de páxinas en galego? ¿por colegas? ¿por contar o que teñen que contar? ¿un pouco por todo?
O caso é que esto, independentemente do ton , non é máis que contar o que xa se sabe e se saberá. Habería que facer algo, ¿non?

Viaxe a Porto (II)

A bandeira está por todas partes, comenzando polas cartas dos restaurantes. Aínda cumpre a función de símbolo telúrico, de referencia que aglutina o orgullo dun pobo, función que aquí herdaron algúns logotipos extranxeiros e certos grupos de rock.
O mesmo aquí está tamén por todas partes e non nos decatamos. Valor de marca, que lle din.

Viaxe a Porto




Os que leron o post anterior saberán que non baixamos a Porto, senon a Ikea, en Matosinhos. Durmimos en Porto e andivemos por Porto, si, pero a razón da viaxe era o Ikea. Pouco lle puidemos “sacar” nunhas horas e non está mal así.
¿Por qué temos que aproveitar algo das viaxes, por modestas que sexan, en vez de aproveitar as viaxes algo de nós?
“A baixa” encantoume. Ía predisposto, claro. O esteiro do Douro, chumbo e verde; as barcas cos bocois de viño, aínda que xa só estiveran aí para que os guiris lles sacaramos fotos; as adegas, a maioría ametralladas con enormes marcas inglesas, á outra beira do río; unhas gaivotas orondas roubándolle os restos a gatos sibilantes, nun calexón de mariñeiros onde se repartían cruces pintadas nalgunhas portas; o lixo con esclerose múltiple; o novo tranvía, con forma de tren de alta velocidade, cruzando a ponte Dom Luis, baixo un ceo de azulexos grises e húmidos; a vella de delantal con lamparóns transparentes de lexía, que nos foi por unha cervexa á froitería do lado.
Non imos apuntar nada máis aquí. Non queremos ferir a sensibilidade de catro nacións e algunhas persoas, e apenas foron unhas horas. Gustounos (ou nos facía moita falla).

Os mércores en Ikea



Os mércores non agasallan armarios estilo imperio ou lámparas de araña (coas súas correspondentes instruccións de montaxe). O que pasa é que os sábados todos os centros se colapsan, e queren chamar ao público a mercar durante a semana. Ofrecendo descontos en determinados productos, por suposto.
De progreso a relixión, así poderíase definir a traxectoria da multinacional sueca e o seu eslogan “ármeo-vostede-mesmo” (ao final sempre nos picamos).

Baixo as etiquetas



O que se ve neste vídeo é, aparentemente, do máis normal: unha tía actuando coa súa banda. Se se investiga un pouco quen é (Neko Case, máis coñecida como membro de The New Pornographers) o que se ve é unha heroína, supervivinte dun volcán mediático que a quixo sepultar baixo as etiquetas. Algúns exemplos:
- Country alternativo.
- Honky tonky postmoderno.
- Americana noir (un crítico que ía de fisno).
- Power pop atmosférico (guau!).
Unha personaxe interesante, en todo caso, que se atreve con Tom Waits e que canta con Howe Gelb, quen á súa vez nos abraiara coa súa "Red right hand".

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet