Aproveito para soltar algo no descanso. O resultado non me importa o máis mínimo. Qué partidazo do Madrid, qué xeito de xogar ao fútbol. Qué valentes e verticais. Encántame o de verticais, que tanto o empregan, sobre todo aqueles aos que non lles vai o Barça. Impresionante, xa digo, o Madrid, agasallándolle á súa afección o mellor de si, unha entrega, unha demostración de recursos que reduce ao rival a un saco de boxeo descosido.
Segundo Fernando Vázquez tamén os barcelonistas saíron medorentos. Claro que si, é o mesmo mesmo plan. Critícalles que xogando a ida fóra da casa e sen Iniesta se coiden un pouco máis atrás. O Real Madrid é campión, vale.
_
G de Euskadi
As listas de Bildu están contaminadas, polo que deben ser im-pu-g-na-das. Impugnar é unha desas palabras que tanto lle gustan aos demócratas. Éncheselles a boca, entre o caramelo e o estropallo, e remarcan o g como se cuspiran, os repu(g)nates. Taxativamente, que tamén o escoitei hoxe non sei cantas veces.
Entre a teoría da contaminación e a teoría da contorna da contorna, que suman dúas teorías segundo os meus escolares cálculos e os cálculos dos demócratas, caray, qué coinsidensia, teriamos que agradecer a mesura dos maxistrados, porque se van ao libro acabamos todos presos. Eu mesmo, os luns pola noite, vou de ronda pola zona vella cun altofalante soltando soflamas proetarras; será que “El Tibio” me toma por un simple desequilibrado e así llo fai saber ás forzas da orde pública, deixádeo, deixádeo, que o pobre non vai a ningún lado, e leva razón porque no fondo non é culpa miña, foron as malas compañías, mamá, que me contaminaron, pregúntalle ao Tribunal Constitucional.
O goberno socialista impugnará, gggg, as listas en canto dispoñan de “base xurídica”, que é como dicir, segundo as miñas escolares letras, que se a xurisprudencia, ou yeah, non observa un delicto, a santa democracia... enviaralle un convite para que si o faga, e rápido, a ver que vai ser esto.
Eu son do PSOE e fágolle o traballo sucio ao PP, que me calumnia, pero non porque vaia contra os seus intereses, senón porque me levo tallada e o teatro, aínda o malo, réxese por normas inviolables. Seguimos no parvulario, mentras os demócratas sacan peito protector e velan por nós, que somos uns inscongscientes. Palabra de Xosé Luís Barreiro Rivas e Dolores de Cospedal.

Etiquetas:
política
Os críticos saben do que falan (II)
Aquí desaugando o que pillo sobre Lecciones de vértigo. Como sen enterarme, traballando máis que un crítico; ou son un hipócrita ou non sei venderme. Unha bala perdida, vale, que tampouco é de interés. De catecismo. Unha canción, El lobo, seica vai sobre o circo que se montou gracias á morte de Antonio Vega; explícita segundo o conta para Ignacio Juliá, crítico, codirector de Ruta 66.
“A mi modo de entender, se dijeron muchas sandeces. A veces la envidia se disfraza de compasión. Vivió como le salió de los cojones… y punto. La canción va de supervivencia y libertad, de ir a tu bola.”
O malo do asunto, o que di está ben, estará mellor na canción e os que me len andarán fartos de coñecer a miña opinión sobre tan sentimental, beatífico tema. Algunha boa xente hai entre críticos, pero o caso é o disco, non as Nacións Unidas.

música
Os críticos saben do que falan
Esta canción non sei cantos anos ten e tampouco me vou molestar en consultalo. Unha desas cancións que che entran á primeira para ficar, voltando a ela, ou ela a ti, cada certo tempo. Lembreina, supoño, logo de enterarme de que o disco de Josele sae a semana que ven. Los Marañones, murcianos non moi coñecidos, foron no seu día como os afillados dos Enemigos; Fino Oyonarte prodúxolles o primeiro traballo, e Miguel Bañón cantou no directo dos madrileños Yo quisiera ser como usted.
A relación de parentesco, en boca dos críticos, tradúcese nunhas influencias semellantes, nun castizo subxénero no que citaban como referentes aos propios Enemigos e aos DelTonos, con Rosendo no papel de patriarca. Non serei eu quen lles amargue tan esforzado pensamento.
_
Etiquetas:
música
O linchamento de Vincent Connare
Aquí mesmo teño reparado en máis dunha ocasión no cruel uso da Comic Sans en todo o mundo. Novo episodio: a Copa de El Rey está gravada en Comic Sans, o que espertou a indignación ou rubor dos deseñadores, xa se sabe, sempre tan sensibles para as tipografías e as cores. En Gràffica recollen testemuños de “unha proba da medida cultural e tipográfica do noso país”.
Certo, non fai falta ser deseñador para escoller unha tipografía correcta de entre as máis estendidas, das que todo o mundo dispón hoxe en día. A indignación está xustificada.
Seguindo a nova, houbo quen aproveitou para facer autocrítica, lembrando o “helvetiquismo permanente” que sofre o gremio. Tamén é certo (tamén podía aforrarse a palabra), pero comparar unha Helvética coa Comic Sans é unha aldraxe excesiva; a súa ditadura, como calquera ditadura, será cargante e empobrecedora, pero dende logo non é unha letra cutre nin válida para un so uso.
Disquisicións entre o embigo e o salón de té, ao final tivo que ser Sergio Ramos, para quen a lucidez e a acción son o mesmo (como debe ser), o que emitira sentencia, tirando a Copa diante do autobús en marcha.

deseño
Trofeo real e divino
A noite inmóbil na súa escuridade, castigando unha choiva de mesta e xorda metralla, paxaros e árbores tesos, como violados por un taxidermista diseminado na néboa, o can ouveaba purulento lume do inferno cando un lóstrego fendeu o ceo negro; anuncio de raios e tronos, preludio do intre no que por primeira vez Deus se dirixiría á humanidade con estas sucintas palabras: ALA MADRID!
Para que nos dixera o que xa sabiamos podía seguir calado, aínda que comprendo a ilusión que lle facía. Algúns, eso si, perplexos de gloria, murmurando, botaron en falta unha louvanza de Pepe, Ronaldo e Mourinho, os numinosos artífices, esquecendo que esa é tarefa dos profetas e evanxelistas de Marca. Eu, polo demais, tamén estou contento. Os títulos todos para o Madrid; voltemos ao fútbol.
Pechouse o ceo, e entre a escuridade bendicida ollamos un centauro de engominada crina branca, cunha copa de ouro e mel baixo o brazo, correndo como se levara cravado un chamizo no cu. Era Cristiano Ronaldo, perseguido por Sergio Ramos.

fútbol
A canción do cambio climático
O de Sergio Makaroff conta con colaboracións de altura, pero tranquilos, non é un disco de duetos para agasallar en San Valentín. As colaboracións conforman o grupo do estudio, músicos curtidos en distintas carreiras que atopan no arxentino-barcelonés un amigable punto de encontro. Sen máis pretensións que gravar un disco limpo, ao marxe dos dictados da industria (pero non contra ela, non é tan inxenuo nin preocupado).
Si hai un dueto, por qué non, neste El suicidio de los escarabajos, con Jaime Urrutia. Digamos que é a lectura que fai Makaroff do cambio climático, por se a alguén aínda lle costa asumir que está aquí e non é ningunha broma.
_
Etiquetas:
música
Tres homes con cabeza
Algúns mantemos a postura do ano pasado e hai dous anos; os títulos, por favor, todos para o Real Madrid, ou máis exactamente, para Mourinho e Cristiano Ronaldo, mentras os demais xogan ao fútbol. Ergue a voz xa un pequeno sector do madridismo. O sábado debía recortar puntos pero ao amigo Mou só lle preocupaba defender, renunciando ao mellor xogador que ten, Özil. Ronaldo, agás sacar faltas, o único que sabe facer son bicicletas sen proveito, o ridículo.
O partido de mañá pode non ser moi diferente, e un non teme pola derrota, senón pola vida dalgúns xogadores, co tractor asasino de Pepe solto polo campo e, por suposto, con licencia para matar. O mesmo, si, que o sábado lle preguntou a Messi se perdera o xuízo.

Algunha vantaxe ten cumprir anos
Quenda para o disco de Alfaro, que chegou onte por mensaxería. O deseño da carpeta, soberbio (pouco se tira xa das caixas de plástico). A música, como era de agardar con Refree de capitán do barco que algo bo debe fumar, cambia, cambia ata non repetirse dentro dunha mesma canción, pero non perde identidade; recoñécese ao autor puíndo as súas obsesións.
Hijo de perra remite aos Surfin’ Bichos:
Nos discutibles “bonus tracks” , ¿Dónde se esconden mis passwords?, fermosa canción sostida con metáforas de hoxe; o amor e a arañeira:
Aínda non sei qué din os que saben (un traballo que non lles merece atención ou présa), nin os que se resisten a abandoar aquel tempo no que soamente pediamos guitarras e velocidade. A min gústame. Foi un agasallo certeiro.

A información que nos humilla un pouco máis ou menos
Non teñen motivos para indignarse, para comenzar porque xa o fixo o goberno, matizando que a coincidencia entra dentro da legalidade. Telefónica anuncia asemade que se desfará do 20% do persoal e que repartirá 450 millóns de euros, en concepto de bonus, entre uns 1.900 directivos. Unha empresa tan importante, tan prestixiosa, precisa coidar á súa xente guapa, que neso consiste o triunfo empresarial e quen manteña o contrario é un inxenuo. A ninguén lle importan os postos de traballo nin a calidade do servizo nin as tarifas razoables.
Está demostrado que o de que a información é poder só é aplicable a asuntos domésticos (podres imitadores de), porque na sagrada macroeconomía, nas multinacionais, a información é humillación. Esta en concreto foi filtrada con certa torpeza; recoñeceuno o presidente, César Alierta, referíndose a un erro de comunicación sen importancia.

publicidade
A bandeira dun xornal
Agás algunha sinatura, o xornal Público é unha franquía de beatos ao servizo da partitocracia. Podían aforrarse a bandeira republicana de hoxe.
Eso tan ibérico, ao que Rafael Reig lle sacaba tanto partido, de “é indignante”, “oféndeme”, “protesto”, “aivá lo que ma llamao”, “ti máis”, “conculca os meus dereitos como cidadán dun estado democrático”, “terá novas do meu avogado”.

prensa
A caveira da República fítanos
Esta diversión non é miña. Non exactamente. O debuxo da caveira saqueino dunha portada dos contos completos de Edgar Allan Poe traducidos ao castelán por Julio Cortázar; Alianza Editorial; deseño de Manuel Estrada. A bandeira ondea por internet adiante e pode pintala calquera con tres rotuladores. Pegueina dentro da caveira e quiteille un pastón (o meu representante está negociando unha exposición da Obra no MoMA).
Non vaian pensar que a frivolidade esconde un significado. Non penso falar en sinalada data da III República, máis que nada porque xa o fixeron no Proceso de rexistro e máis Isaac Rosa no Público, que si, emprega a mesma bandeira.
_
Etiquetas:
deseño
Libro de autoaxuda para o Celta
Terei que tragarme as miñas palabras, remitíndome aos constantes comentarios sobre o Deportivo de SuperLendoiro e o encontro no ascensor. Como diría un coach empresarial, que ven usurpando o papel do cura de toda a vida, a confianza é importante, non me amolar.
Será importante, pero como non marque goles, o Celta non ascende este ano, por moito que crebe o Rayo. Así de simple é o xogo, amigos celestes.
_
Será importante, pero como non marque goles, o Celta non ascende este ano, por moito que crebe o Rayo. Así de simple é o xogo, amigos celestes.
_
Etiquetas:
fútbol
Umbral morrera antes
Non a tomen con Santiago, que tampouco ten culpa. Todos os bares ofrecen El Correo Gallego e El Mundo porque veñen xuntos, non hai máis explicación, diarios que son siempre el mismo diario, así espernexen os progres ofendidos buscando unha cidade de esquerdas, culta e cosmopolita. O de cosmopolita non é falso, só é pequeno; o resto sobra. Esto é unha aldea onde nada se move, polo que debe seguir Bugallo “El Tibio” co Bloque. Dígoo eu que aborrezo o voto útil.
Non pretendo caerlle ben nin aos valentes nin aos cobardes. Entre tanta impostura, nun marco malo, hai xente que fai cousas xeitosas (Andaime, por exemplo). Permítanme, entón, ler a Raúl del Pozo, que lle dá mil voltas ao último Umbral.

Unha cuña publicitaria máis
Véndenlle á Igrexa espacio para anunciarse, o nunca visto. Spotify, o que os castizos chaman un almacén de música e os modernos streaming, será un dos medios de comunicación que colaboren coa visita do Papa a España deste vran, ante o estupor ou escándalo de moitos usuarios, mesmo os que gozan dunha conta premium, e como di Lutz Emmerich, máximo responsable da compañía no país, “non é lóxico que os subscritores de pago se dean de baixa porque son os que, precisamente, non escoitan anuncios”.
O rapaz defende o seu posto de traballo.
O usuario Concienciado, a súa Coherencia Ideolóxica.
Sempre me pasa o mesmo nestos casos; indefectiblemente, póñome do lado dos malos (e neste mundo de cine infantil, o tal Emmerich representa ao Mal). Se comprendera a diferencia entre Coca-Cola, ACS, o Vaticano, U2 e os Sex Pistols, podía cambiar de opinión.

Cumprindo co medio ambiente
Hai unha normativa municipal que prohíbe expresamente pegar cartaces no mobiliario urbano, normativa que incumpriron uns incivís en Portonovo, onde empapelaron colectores e marquesiñas con este libelo. Piden que vaias votar para sacar á alcaldesa do concello; enténdese ben, o que xa non se entende tanto é a foto; se fora un anuncio do salvaxe oeste, wanted, 300 euros e un fin de semana no Spa Carlos I de recompensa, o que quixera cobrar ía telo difícil. Tres teorías (conspirativas, faltaría máis):
1ª) Foron Rafael Louzán & Co, os superiores aos que se rebelou esta Xoana de Arco das Rías Baixas.
2ª) Foron os comunistas nórdicos que coñece Soraya Saénz de Santamaría, a voceira do PP no Congreso.
3ª) Foron de Sanxenxo e non se fale máis, a Policía Local debe elaborar un informe, “acompañado de probas gráficas”.
O que non entende a miña pobre cabeza é por qué os partidos políticos, con trato de favor aos maioritarios, si poden valerse, e de qué abrasivo xeito, do mobiliario urbano. Segundo o contido dos cartaces, estos serán respectuosos ou non co medio ambiente.
_
Etiquetas:
política
Xamais te deixará tirado
Qué tipo fantástico, o Manquiña. O mesmo presta a súa imaxe para vender motoserras que para defender o decreto sobre a lingua. Contra o actor galego que interpreta nas películas, retrasado, bruto, morriñento, incompetente, a persoa teima en amosar un perfil ben distinto, un cidadán sen prexuízos preocupado pola persecución que sofre o castelán na nosa comunidade. Vendendo motoserras demostra a súa solidariedade con eso que algúns chamarán a Galicia eterna, mais a el nótaselle máis compracido na publicidade do novo centro comercial coruñés, Marineda City (qué bilingüismo harmónico).
_
_
Etiquetas:
política
Programa electoral do Sr. Chinarro
O mes é para estar contentos. Publican material novo catro dos mellores compositores do estado: Josele Santiago, Fernando Alfaro, Sergio Makaroff e Antonio Luque. Hoxe detereime no de Antonio Luque, Sr. Chinarro, que anticipou a saída do seu disco, Presidente, cun divertido marketing viral no que se postula para eso, para presidente, presidente con poboada barba, serea, xersei de mariño e náuticos verdes, demostrando que para el a res publica é cousa seria.
Unha frivolidade, unha parvada, pensarán aqueles que monopolizan os discursos profundos, estudiados, comprometidos; serios, en definitiva. Non sei Luque, pero eu non lles levarei a contraria (e semella que el tampouco).
_
Etiquetas:
música
Nabucodonosor non foi ao psicólogo
“Quiero deciros otra cosa. Anoche tuve una percepción, un feeling. Cuando tengo esos feelings tan fuertes, se cumplen. Soñé que, si ganábamos al Atlético, ganaríamos la Liga. Lo vi claro. Y, cuando lo veo tan claro, siempre se cumple.”
O das flipadas tamén vai por barrios, por clases. Un currante cóntalle á súa muller que tivo un soño que se fará realidade, que lle mercará un pazo en Miami e que os días se dividirán en 24 daiquiris, e o normal é que a muller, cun avinagrado aceno, se dirixa ao moble-bar para comprobar qué botella liquidou o borracho, Manolo, todo ten un límite, ti precisas axuda.
Convimos, xa que logo, en que Manolo será obrigado a recorrer a un psicólogo ou algo (os bruxos de agora).
Pola contra, Mourinho pode convocar ao seu equipo, todos firmes, tesos, para soltarlles o máis semellante a unha epifanía dende os tempos, si, de Nabucodonosor. Unha de dúas:
Ou Mourinho non ten muller que o empurre á consulta dun psicólogo ou algo.
Ou os lectores do Marca non teñen muller que os empurre ao psicólogo, ou algo.
A verdade é que non sei para qué creei unha etiqueta neste blog chamada fútbol; tería que cambiala por madridismo ou Mourinho, a maior gloria dos soños do adestrador. O mesmo a miña muller vai ollar por onde deixei a botella de xenebra o sábado á noite.

O barbas exquisito
Ten cancións máis finas, sempre a rentes do intolerable. Chámase Will Oldham, máis coñecido por un dos seus heterónimos, Bonnie “Prince” Billy. Artista que se sabe radical, introvertido e esquivo, como no tópico, adoita rirse e autoparodiarse, que é moi san, como aseguran os doutores. Toca de todo, con inclinación a un posible folk de cámara alternativo, aínda que a el, xa postos, gústalle a etiqueta de, aí vai, “Appalachian post-punk solipsist”. Acéptase unha pausa.
Controla todo, claro, incluídos os vídeos. New Wonder é a cara B do 10 polgadas Island Brothers, gravado con The Cairo Gang. Os beneficios son para auga potable e educación en Haití (non o criticarei). Non hai brincadeiras nin parodias, e un maldí.
_
Etiquetas:
música
O importante é quen o fai
Este non é o novo logo de Nauta Sanxenxo, non corran. Trátase dun proxecto de Unidad Editorial (Expansión, Marca, El Mundo; os imprescindibles), enfocado, ambiciosamente, á información náutica. Saqueino de Pienso Logo Existo, cos que concordo no logro das ondas e o horizonte co 360 dentro do círculo, mais tamén concordo cos comentarios dos lectores sobre a letra (qué tería de malo unha Futura?):
“¿Es que ya no se controla el interletraje? ¿Se pica un texto y ya está hecho el logo?”
“Entre la T y la A duele especialmente, pero la primera A está o muy cerca de la N o muy lejos de U…”
Tanta modernidade, tanto 360º, o que todo abrangue, para descoidar o traballo máis elemental, cunha tipografía pontiaguda terrible (aínda que a súa elección sexa cuestión de intención e gustos). Eso si, fíxoo HourGlass Design.
_
Etiquetas:
deseño
Que os telexornais abandonen a política
Unha presentadora de televisión, Mamen Mendizábal, desquiciou a moitos votantes de IU nun chat do xornal Público, ao respostar a un internauta que non se podía queixar da pouca cobertura que canles como na que ela traballa, La Sexta, lle ofrecen ao partido de esquerdas. Dixo que son os propios votantes de IU os que pasan do partido, precedendo a frase dun lenitivo “desgraciadamente”. Desgraciadamente para ela, os que votan a un partido non pasan; pasarán os que non votan ou votan a outro. Menciona a lei de D’Hondt e o bipartidismo como responsables nun artigo de defensa polos agravios e insultos.
Tamén asegurou que fará o posible para que Aequo e UPyD gocen de máis espacio. Mellor lle iría se non se explicara tanto, para qué, o negocio está amarrado. No único que leva unha razón incontestable é no dos insultos acovardados tras o anonimato de internet. Eu tomaríamo como un cumprido, a tía é guapa, e deixaría a política.

tv
Estrea da semana
Imos coas estreas na carteleira de cine, que é venres. Queremos salientar a película Corcel de uranio, da que ollan a imaxe promocional (clic para ampliar). Película ambiciosa cun orzamento superior ao PIB de moitos países, como demostra o mesmo título, para o que a produtora contratou exclusivamente a seis guionistas, dirixida polo controvertido e oscarizado director norteamericano Arthur Gregorovius, e protagonizada por un espectacular elenco de actores e actrices. Corcel de uranio manterá aos espectadores cravados nas butacas ata o final, nun exercicio cinematográfico de vontade totalizadora que inclúe acción, drama, comedia, intriga, terror, sanguentos asasinatos e tórridas escenas de sexo. Non deixará indiferente a ninguén.
A polémica precede a Corcel de uranio dende a presentación do cartaz publicitario co que empapelaron as capitais do mundo enteiro (agás Teherán, Caracas e La Habana); acúsase á axencia responsable de sexismo, por empregar como reclamo un único fotograma no que se olla á actriz Scarlett Fox Terrier en lasciva postura, así como de falta de imaxinación, o que axudou, claro, a publicitala.
_
Etiquetas:
espectáculos
Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2011
(375)
-
▼
abril
(23)
- A TVG tamén é imparcial
- G de Euskadi
- Os críticos saben do que falan (II)
- Os críticos saben do que falan
- O linchamento de Vincent Connare
- Trofeo real e divino
- A canción do cambio climático
- Tres homes con cabeza
- Algunha vantaxe ten cumprir anos
- A información que nos humilla un pouco máis ou menos
- A bandeira dun xornal
- A caveira da República fítanos
- Libro de autoaxuda para o Celta
- Umbral morrera antes
- Unha cuña publicitaria máis
- Cumprindo co medio ambiente
- Xamais te deixará tirado
- Programa electoral do Sr. Chinarro
- Nabucodonosor non foi ao psicólogo
- O barbas exquisito
- O importante é quen o fai
- Que os telexornais abandonen a política
- Estrea da semana
-
▼
abril
(23)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.