Trofeo real e divino

A noite inmóbil na súa escuridade, castigando unha choiva de mesta e xorda metralla, paxaros e árbores tesos, como violados por un taxidermista diseminado na néboa, o can ouveaba purulento lume do inferno cando un lóstrego fendeu o ceo negro; anuncio de raios e tronos, preludio do intre no que por primeira vez Deus se dirixiría á humanidade con estas sucintas palabras: ALA MADRID!

Para que nos dixera o que xa sabiamos podía seguir calado, aínda que comprendo a ilusión que lle facía. Algúns, eso si, perplexos de gloria, murmurando, botaron en falta unha louvanza de Pepe, Ronaldo e Mourinho, os numinosos artífices, esquecendo que esa é tarefa dos profetas e evanxelistas de Marca. Eu, polo demais, tamén estou contento. Os títulos todos para o Madrid; voltemos ao fútbol.

Pechouse o ceo, e entre a escuridade bendicida ollamos un centauro de engominada crina branca, cunha copa de ouro e mel baixo o brazo, correndo como se levara cravado un chamizo no cu. Era Cristiano Ronaldo, perseguido por Sergio Ramos.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet