Libro de autoaxuda para o Celta

Terei que tragarme as miñas palabras, remitíndome aos constantes comentarios sobre o Deportivo de SuperLendoiro e o encontro no ascensor. Como diría un coach empresarial, que ven usurpando o papel do cura de toda a vida, a confianza é importante, non me amolar.

Será importante, pero como non marque goles, o Celta non ascende este ano, por moito que crebe o Rayo. Así de simple é o xogo, amigos celestes.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Dille ao "coach empresarial" ese que moita confiansa e moito conto pero como non suba o Celta este ano vai ter que buscarse choio.
"Todos pa'riba e espalládevos que vou centrar", esa si é unha estratexia e o demais son andrómenas.

E falando de andrómenas, dille ao de Deportes do Faro que como siga escribindo esas cousas tamén vai ter que buscarse choio.
Que aprenda dos do Marca (umh... mellor non, déixao).

Unknown disse...

Ese é o carallo, se deixaran a podre psicoloxía para estrelas de Hollywood (e algún redactor do Faro) e encararan a portería dos rivais, aforrabámonos un desgusto.

Perder non ten nada de malo. O malo é non xogar ao fútbol, que para eso son os campos.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet