Os críticos saben do que falan



Esta canción non sei cantos anos ten e tampouco me vou molestar en consultalo. Unha desas cancións que che entran á primeira para ficar, voltando a ela, ou ela a ti, cada certo tempo. Lembreina, supoño, logo de enterarme de que o disco de Josele sae a semana que ven. Los Marañones, murcianos non moi coñecidos, foron no seu día como os afillados dos Enemigos; Fino Oyonarte prodúxolles o primeiro traballo, e Miguel Bañón cantou no directo dos madrileños Yo quisiera ser como usted.

A relación de parentesco, en boca dos críticos, tradúcese nunhas influencias semellantes, nun castizo subxénero no que citaban como referentes aos propios Enemigos e aos DelTonos, con Rosendo no papel de patriarca. Non serei eu quen lles amargue tan esforzado pensamento.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet