A morte de Iván Dmitrievitch (II)

Escoitaba o látego de auga do vento azoutar as fiestras. Negra choiva escribindo sobre o seu corpo espido, nun costado, na man descansada sobre unha teta, entrando pola coxa, cunha caligrafía dura como disparos que logo esvaraba polo cristal morno da pel, mentres soñaba asomarse ao outro lado do espello, retrato de instintos, e cruzar por fin a ponte do desexo. Entón sooulle o móbil, Fernando, claro, escandalizado porque estaba tirada na cama a esas horas, pedíndolle que se erguera e se duchara, que era tarde, quedamos cos meus pais no Café Azul, lembras?

- Hai que fichar inda que haxa un terremoto?
- Ana, sabes que é costume inveterado na miña familia, que tamén é a túa.
- Por favor, quen di inveterado neste mundo?
- Vístete, por favor. Eu saio agora do despacho e xa aparezo alí.
- Non se pode recorrer, señor avogado?
- Que rara estás hoxe, Ana, estás ben?
- Ferpectamente.
- Vémonos agora, veña.

Ao meterse na ducha sentiu como a auga se levaba a tinta e sentiu tamén algo novo e inquietante, como se estivera a ser observada, mais non podía ser, raro, raro vendedor de salchichas, quería rematar decontado e cubrirse co albornoz.
_

Agasallamos a eliminatoria

Aquelo non era un equipo de fútbol, eran once tíos de provincias que aproveitaban que tiñan que xogar no Bernabeu para pedirlle un autógrafo a Cristiano Ronaldo. Doe dicilo: a culpa foi do adestrador. Doe porque é persoa á que se lle valora o traballo dende o primeiro día. Ten dereito a trabucarse, dende logo, o único que sinalamos é que o erro da formulación do partido impediunos tombar ao xigante revolto. A entrada de Aspas na segunda parte demostrou sobradamente que a eliminatoria era nosa. Detrás do lucimento de Ronaldo o Madrid non é máis que un equipo de estrelas divididas. Detrás de Ronaldo e diante de Casillas, que non tiña porqué parar o velenoso disparo de Augusto Fernández.

O marcador foi obscenamente mentireiro.

Non deixamos escapar unha lebre, deixamos escapar unha tartaruga de ouro podre.

A humildade está moi ben, Paco Herrera, e a prudencia, ás veces. Tamén hai que ter orgullo, autoestima e ganas. Todos aborrecemos a Mourinho (e el masturbándose), mais tampouco se pide perdón, nunca, por xogar en Madrid e gañar.
_

Crudo fasendo das súas


_

A canción de Hendrik Röver



























Isto é un blues contemporáneo, que se di pronto. Los Deltonos, algún ou algunha mesmo se lembrará deles. O que se pode considerar un grupo de oficio, de curro, lonxe dos focos da fama. Foron relativamente coñecidos a raíz dunha sentenza xudicial. Eles, Hendrik Röver, nunca cambiaron, sempre perseguiron as cancións boas. A miúdo compareino con Josele Santiago, sen o seu talento á hora de escribir, mais sobrado no resto. Coherente e esixente.

A canción, que pertence ao seu novo dez polgadas, Saluda al campeón, trae unha mensaxe obvia contra o presidente do goberno, un tal M; con todo, como tódalas boas cancións, ofrece algo máis. Polo prezo de tres cervexas ben reverberadas.
_

Empesamos ben

Xa ollaron o discurso de fin de ano do presidente dende a casa de Padrón onde parou Rosalía? Non respectan aos nosos mortos. Se volvemos a Elías Canetti, isto é malo.
_

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet