Todo o contrario á morriña
Unha desas entrevistas que les cada moitos anos, porque a personaxe non é mediática como un Bono. Paul Heaton, ex Housemartins e Beautiful South. Un tipo raro por normal, que coñeceu o éxito planetario e continúa o seu camiño sen perder a curiosidade e a modestia. Comprometido, modesto (insisto), adulto (non como Loquillo que tanto farda), intelixente e pándego. Escoitalo falar de política, relixión, música ou fútbol é unha gozada; as ideas claras, sen a grandilocuencia, o perverso infantilismo de U2, de quen lembra a cobiza de pagar impostos en Holanda.
Podedes lela en Efe Eme, a día de hoxe non ten precio; é tan difícil atopar a unha estrela da música que non te enerve coas súas meditadísimas ideas para salvar o planeta, cando non te piden descaradamente o voto para os seus amigos presidentes. El prefire coller a bicicleta e ir tocar de pub en pub.
_
Etiquetas:
música
A segunda privatización dos callos
A doutrina do shock é un produto de think tank, de partidos maioritarios e corporacións multinacionais. Goldman Sachs, que dixo o artista. Think tank, tanque de pensamento que aquí adoita traducirse en eufemismos como laboratorio de ideas ou centro de pensamento. Canto máis neoliberais son, máis se esforzan en vendernos centrismo e moderación, mentras aplican a política do medo diario, non protestemos, non nos queixemos, agradezamos o pouco ou nada que temos. Nas vilas esa política aplícase peneirada polo carácter e a información dos alcaldes. Haberá algúns que nin saiban de qué falamos, outros pensarán que é algo de fóra, como a morte en México, que non afecta á súa comunidade, e outros, con delirios de grandeza, acomodarán a prestixiosa teoría aos seus intereses. E logo está don Xerar Ilusión.
Don Xerar Ilusión non aplica a doutrina do shock. El é anterior e superior a ela, como se nacera así, amo, estúpido, maleducado, paranoico, agre, arrogante e analfabeto. Poden estar seguros, este home é alcalde de Santiago de Compostela, e entre ocorrencia e ocorrencia, é capaz de prohibir ata o uso de condóns. Polo de agora eu xa temo que quite os callos dos xoves nos bares, os que che poñen co viño ou a caña, qué dispendio é ese, o que queira unha tapa de callos que a pague.
Ademáis, os callos, agás cando te nomean encomendador de honra da confraría da festa dos callos, é unha comida vulgar e mala para a saúde, con toda esa graxa e tantas calorías; o médico quitoullos; o señor alcalde tomará de primeiro unha ensalada de percebes do Roncudo con escuma de crisantemos moderados e reducción de PP.
Marchando.

política
Un hooligan de zume de laranxa
Don Xerar Ilusión Mamón está pletórico. Xulguen vostedes.
_
_
Etiquetas:
política
Os Radiohead de Conde Roa
Concerto de Wilco en televisión, presentando o seu novo traballo, The whole love. A Wilco chámanlle os Radiohead norteamericanos, como a Café Tacuba os Radiohead latinos. Ignoro se hai máis Radioheads noutros continentes, seguro que si, Radioheads chineses, hindúes (imaxínense o rollo brahmánico avant garde) ou nixerianos.
Imos xuntarnos uns cantos colegas no faiado, que é o equivalente á garaxe ianqui, e formaremos os Radiohead galegos. Recibiremos boas críticas e venderemos moitos discos.
_
Etiquetas:
música
Un logotipo azul
Que ollan nesta imaxe? Primeiro digan o que ollan e logo saiban qué representa. É o novo logotipo dos Dereitos Humanos, escollido entre máis de 15.000 propostas de 190 países. O autor é un rapaz serbio, Predrag Stakić. Titulouno Free as a man. Integrou unha man e o voo dun paxaro, suponse que a pomba de sempre.
Funciona, mais unha mente retorcida xa dixo que ollaba unha garra branca estrangulando á pomba. Eu ollo un fouciño lanzado como un bumerán. Vainos retratar a todos.
_
Etiquetas:
deseño
Quen é Elena Salgado para chamarlle inmoral a un broker?
Tanto teatro malo farta. Todo farta, pero o malo máis, non fai falta ter estudios para sabelo. Coñezo un psicólogo que sostén que estos políticos, e os que veñen con gañas de reescribir a historia, porque non lles abonda co seu curso natural, non son hipócritas, acreditan no que din e no que fan.
- Peor mo pos.
- Por que peor?
- Coño, o psicólogo es ti! Porque entón autoengánanse, aínda que por suposto primeiro pretenden enganar aos demais.
- É unha percepción...
- Como que é unha percepción! Non estás na consulta, carallo!
- O que importa non é se eu estou na consulta ou non...
Se ZP e os seus ministros e ministras iranse de astutos, mentras nós discutimos no bar sobre as portas da percepción e pedimos outra ronda.

Canto pides por este polbo de estrelas
Disco de homenaxe a Family, efémeros ata a actitude: sacaron un disco, Un soplo en el corazón, e desapareceron. Javier Aramburu e Iñaki Gametxogoikoetxea. Aramburu era coñecido como deseñador de portadas e cartafois de moitos discos do estado. Despois de dicirlle non a Los Planetas, din que se adica ao que en verdade lle gusta, o surf. A min o surf pouco me di, asócioo con mozos de película subidos a unha interminable onda californiana, esquivando quenllas como aquí a Garda Civil esquiva rotondas (non, non foron tempos); pero apláudoo.
A homenaxe, nesta canción, corre a cargo de Fernando Alfaro, e aproveito para desmentir a noticia que difundiron algúns medios: Aramburu non sae nos créditos de La vida es extraña y rara. As ilustracións son de Pedro Herraiz (tampouco son de Joaquín Gómez Gálvez) e o deseño gráfico de porelamordedios, o estudio, si, de Joaquín Gómez Gálvez.
_
Etiquetas:
música
Como aforrar 1.350.000 euros
A min non me pregunten, que nos petos do pantalón non me colle nin un billete de 5 (vaiche ser o programa da lavadora). Se queren sabelo teñen que preguntarlle a Marcos Guisasola, concelleiro de economía, emprego e comercio (coido que non me deixo nada atrás) de Sanxenxo. Logo dun estudio polo miúdo da “situación”, “pretende racionalizar os custos ordinarios dos distintos departamentos municipais, maximizando o rendemento dos traballadores e eliminando gastos que se poden considerar prescindibles” (Diario de Pontevedra).
Aínda que non queira, coido que entendo o que quere facer. O que xa non entendo é a segunda parte, referida á “xestión dos alugueres de locais e naves comerciais que a administración local SOPORTA no municipio”. A quen lle vai regatear rebaixas ou demoras, a Telmo e a quen máis?

Pode que Naomi Klein tamén sexa unha marca
Supoño que coñecen a autora de best sellers como No Logo ou A doutrina do shock. Este é o trailer promocional do primeiro. A contracultura tamén vende, só hai que seguir os pasos (de marketing) axeitados. Debate. Deslexitímaa o vender? Sería de necios e inxenuos pensalo, pero comprobamos que a tía, tan radical ela, demostra unha hipocrisía na que non reparariamos de non ir por aí como apóstolo redentor. No Logo está protexido por dereitos de autor e foi reeditado por unha multinacional.
Lembremos que á xornalista canadense saíronlle dous compatriotas respondóns, Joseph Heath e Andrew Potter, pouco sospeitosos de xograres do capitalismo, que escribiron un libro titulado Rebelarse vende: o negocio da contracultura. Boa xente.
_
Etiquetas:
publicidade
Mou dende a perspectiva dun xornalista guiri
De paso define o que sería un bo xornalista deportivo. John Carlin.
_
_
Etiquetas:
fútbol
Cuestión de amizade
Saben cando un chiste se repite, aburre, cae pesado como un castelo de naipes que un non sopra. É semellante ao peche da edición dixital de A Nosa Terra. Logo da impresa unha vez máis. As doas do rosario non chegan a nada, máis carbón, máis líquido de acendido.
A política segue sendo vella. Saquemos de aí ao Austero I porque a crise dos medios non é só estructural, austero acariñando a miseria para nós, sobrado para el que é a súa caricatura e os seus amigos que son moitos.

prensa
O titular medido ao milímetro
“Abbas desafía a Israel y a Estados Unidos al llamar a la puerta de la ONU”. E eso qué quere dicir, señores do editorial de, como non, El País, o xornal civilizado en español por excelencia?
Tranquilos, era unha pregunta retórica, non me vaian respostar.
Estou mosqueado, paranoico, se queren: a última columna de Isaac Rosa é deste martes, 20 de setembro, e falaba do tema coa súa soltura e cordura e regularidade habituais; días de asuntos propios, está enfermo, está depurado? As vacacións pillounas en agosto e un pensa onde e cando trazan a raia que separa a un Isaac Rosa dun Rafael Reig.

Matar por unha tipografía
O mundo do deseño gráfico non transcorre alleo ao real, que ven sendo o que contan os xornais, a televisión e internet. Páxina de sucesos. Asasinan no seu piso de Argüelles á neta de Richard Gans. Richard Gans era o fillo dun médico austríaco que se estableceu en España en 1874; foille ben importando de Alemaña trebellos de artes gráficas, máquinas e impresoras, primeiro, e montando a súa propia fundición tipográfica, despois (aforrábase tanta viaxe).
Sospeitan que o móbil do crime é a inmensa fortuna da familia. Por que non uns tipos de chumbo: Gótico Cervantes, Helios, Vulcano...? Liña de investigación imposible, verdade?
Os interesados no suceso poden ler a nova en gràffica. Os interesados no legado da fundición, na evolución da industria e as tendencias da época, na súa historia, poden entrar en Unos Tipos Duros.
A que non adiviñan para qué usaron Franco e os seus colegas toda a maquinaria que lle requisaron á empresa durante a guerra? Unha pista, que recoñezo que é unha pregunta difícil: non era para imprimir panfletos e libelos.
Claim do folleto: Romana, 1ª y 2ª con Romana Negra Ancha/ Novedad. Muy llamativo y propio para reclamos y anuncios!!!

Eduardo Galeano en Carne Cruda
Díxolle Onetti a Galeano dicíndolle que era un proverbio chinés:
“Las únicas palabras que deben existir son las palabras mejores que el silencio.”
Cóntao Galeano na entrevista que lle fixeron en Carne Cruda o pasado 22 de xuño.
_
“Las únicas palabras que deben existir son las palabras mejores que el silencio.”
Cóntao Galeano na entrevista que lle fixeron en Carne Cruda o pasado 22 de xuño.
_
Etiquetas:
política
Está en condicións de anunciar
Aquí saen xuntos don Xerar Ilusión de Vinagre e Compostela co presidente de todos os galegos. Soños húmidos, esta vez en castelán, no almorzo do Forum Europa, que aquí na terra do presidente patrocinan Audasa e Itínere. Temas de interese para esa máscara negra que chaman a opinión pública. Investimentos concertados, 50 millóns de euros, e botellón.
Que se patrocinan os soños ou o almorzo? As empresas patrocinan, e os rexedores, tan sacrificados eles polo ben da cidadanía, fan o que saben facer, magas. Xa me gustaría a min sentar ao seu carón.
_
Etiquetas:
política
A Esperanza crécenlle os animais peludos
Está a educación pública convocando folgas para que a xente se entere de como a están saqueando os xerifaltes do estado, comezando por Esperanza Aguirre en Madrid e o presidente de todos os galegos en Galicia. Ríanse dos laboratorios de ideas. A historia xa a coñecen: os profesores son uns privilexiados, uns lacazáns, cobran máis que Mourinho e sen facer pretemporada. Os profesores son inimigos dos pais. Se hai que repetilo repítese, para eso están os medios; a consigna e o martelo, sutilísimos, non me digan que non.
Lembráronse esta mañá en Radio 3 dunha canción dos Super Furry Animals, The teacher, que describe en primeira persoa as amarguras da xornada de traballo dun mestre. Non hai porqué escoitala, por suposto, podemos matricular aos rapaces nun colexio concertado ou privado, que molan máis e garanten boas notas.
_
Etiquetas:
política
A importancia da estratexia
Conviñamos en que a estratexia dos equipos que se enfrontan ao Real Madrid é a mesma coa que se enfronta o Real Madrid ao Barcelona; como xogar, polas bandas ou polo centro, balón curto ou longo, asociacións ou patada adiante e que sexa o que Deus queira, contemporizamos ou entramos a matar? E o famoso debuxo táctico: 4-3-3, 5-3-2, 6-3-1, 9-1-o adestrador chamándolle de todo ao árbitro? Non, para nada. A táctica do Levante contra o Madrid foi vestirse de azulgrana, customizar a camiseta do Barcelona.
Charla do adestrador aos seus pupilos no vestiario, antes de saír ao campo:
- A ver, pensade que a vosa indumentaria pode ser un elemento desestabilizador, pero coidado, porque poden cegarse e comezar a repartir leña. É decisión vosa; son multimillonarios e o normal é que nos gañen e non pasa nada, pero se queremos gañar con esta pantomima hai que ser consecuentes, se vos levades algunha hostia non me vir logo a protestar.

Navegar é preciso
Mar alto de luces e anzois
a robaliza respira prata
árbore dos ollos
ao mariñeiro que non te precisa.
_
a robaliza respira prata
árbore dos ollos
ao mariñeiro que non te precisa.
_
Etiquetas:
literatura
A cebola e o coitelo
Cando ao morrer sinta medo
supoño que me lembrarei
do artista
que armou este espectáculo
mais logo pensarei
con serenidade
na faciana da miña filla.
_
supoño que me lembrarei
do artista
que armou este espectáculo
mais logo pensarei
con serenidade
na faciana da miña filla.
_
Etiquetas:
literatura
Bandeira galega en Kaunas
A selección de Macedonia non chegou a semifinais por casualidade. Tranquilos, concentrados, ordeados e cunha puntería a proba de defensas esixentes. Aguantáronlle tres cuartos aos españois, que non son precisamente malos e precisaron recurrir ao tiro de Navarro, o amigo de Maljkovic.
Estaba o partido igualado cando os paisanos sacaron a bandeira coa estrela vermella. Temos que andar por aí arranxándolle o mundo aos demais, qué se lle vai facer.
_
Estaba o partido igualado cando os paisanos sacaron a bandeira coa estrela vermella. Temos que andar por aí arranxándolle o mundo aos demais, qué se lle vai facer.
_
Etiquetas:
baloncesto
Terá que casar outra vez
A páxina en branco
moi importante
e logo os camaróns
que para el eran unha cuestión de estado
aínda que houbera tranquilamente dous anos
que non os cheiraba.
_
moi importante
e logo os camaróns
que para el eran unha cuestión de estado
aínda que houbera tranquilamente dous anos
que non os cheiraba.
_
Etiquetas:
literatura
Arcadi Oliveres i Boadella, a orixe das migracións modernas
Gracias ao Proceso de rexistro, o lexítimo descubridor dunha persoa sensata, informada, pavera e egoísta. Nada de retórica e boas intencións.
Aí vai a conferencia, porque eso é unha conferencia, en dous vídeos:
_
Aí vai a conferencia, porque eso é unha conferencia, en dous vídeos:
_
Etiquetas:
política
Almogrote, unha noticia interesante do Correo Gallego
QUESO CANARIO EN LASAL
¿Se iba a quedar Santiago sin hincarle el diente a los afamados quesos majoreros de Fuerteventura? Pues no. Y de paliar esta carencia se ocupará la exquisita tienda Lasal Gourmet, que acoge hoy (20.30 horas, avenida de Vilagarcía 4, bajo) una presentación de productos lácteos de la mano de la línea Fuerteviento y del maestro quesero José Álamo. Semicurado de pimiento, almagrote, licor de queso o jabones de leche de cabra estarán a su alcance en el entorno de la plaza de Vigo. Absténgase roedores, please.
Dise almogrote, animais.

A frase do día
O adestrador da selección eslovena de baloncesto, Bozidar Maljkovic, sobre o escolta da selección española, Juan Carlos Navarro:
“La vida sigue igual. Navarro me saluda, amable, antes del partido y luego me mete 20 o 26 puntos”.
_
“La vida sigue igual. Navarro me saluda, amable, antes del partido y luego me mete 20 o 26 puntos”.
_
Etiquetas:
baloncesto
Cada labrego de mentira
As veas verdes de tinta
como un vómito de píntega e castiñeiro
morde
aproveita
o meu debuxo empalmado
mentras dura non para ti nin para min
ao vento.
_
como un vómito de píntega e castiñeiro
morde
aproveita
o meu debuxo empalmado
mentras dura non para ti nin para min
ao vento.
_
Etiquetas:
literatura
Y no me ses poñer chulitos
Que vos hostio, o galeón é dun quilo e adoro a Esperanza Aguirre e ao Puma, que nos vai xubilar a todos no seu Mercedes nunha lexislatura sen conflictos.
Outra puta víctima da condición humana estilo Feijoonetas.
_
Outra puta víctima da condición humana estilo Feijoonetas.
_
Etiquetas:
publicidade
Reconfortante por reformas
Sostiña
era guapa
ollos de cores negras
e coño de azafrán
que máis queres
que che diga.
_
era guapa
ollos de cores negras
e coño de azafrán
que máis queres
que che diga.
_
Etiquetas:
literatura
Un interés do 6%
Esta é a morte
que me agarda sen morbo
trámite burocrático amarelo
asine aquí
e aquí
infórmolle dos nosos descontos
o perito díxoo ela ten unhas curvas perfectas.
_
que me agarda sen morbo
trámite burocrático amarelo
asine aquí
e aquí
infórmolle dos nosos descontos
o perito díxoo ela ten unhas curvas perfectas.
_
Etiquetas:
literatura
A volta das vacacións
Neste mundo desmesurado, saído, desatado e reprimido, hortera, cutre, rico, ególatra e mentireiro, Isaac Rosa é un oasis asombroso. E non é o único; coñezo xente semellante.
_
_
Etiquetas:
política
Estouche concedendo toda a importancia
David Gistau, que tanto fardas de desacomplexado e cultivado e ovos rodados, barra brava, colega, moitos nin precisamos a Mourinho para ter contra o que escribir nin somos do Barça nin das Nacións Unidas. É a túa película, pero oe, ti sigue igual que vales moito, e non te raies co adestrador que che tocou defender con aires de imparcialidade; só é un tipo que se presta para ridiculizalo constantemente.
_
_
Etiquetas:
fútbol
Eloxio do vintage
Está difícil dilucidar quen posúe a verdade sobre o 11-S, claro que postos a presumir de intelixencia tamén podiamos preguntarnos qué é a verdade, e qué é a intelixencia, mais non nos perdamos en disquisicións bizantinas. Quen posúe a verdade sobre o 11-S? Velaí a cuestión. Os intelixentes e enterados críticos de Chomsky sosteñen que a verdade está aquí, qué curioso, en El País, e dentro da verdade o responsable: O Sistema facéndose carne nun goberno supranacional oculto, vostedes non creo que o coñezan e eu tampouco (non porque estea oculto senón porque somos uns burros).
Os intelixentes e enterados pensan que Chomsky é unha mente analóxica con dificultades para comprender unha realidade política dixital. Pode. Como John Le Carré, algúns inda preferimos aos políticos e espías de antes. Vintage ven do latín vindemia; empregábana os adegueiros franceses para referirse ás súas mellores colleitas.

A envexa dun lector conservador
Décimo aniversario dos atentados do 11-S, se alguén non se enterou merécese un premio. Obsérvese o gratuíto e ofensivo da frase e resérvese na memoria para o final da entrada. Leo un artigo de Noam Chomsky que non me ilumina, nun sentido, digamos, místico, nin falta que fai. Aporta datos e razoamentos útiles; “os Estados Unidos de América siguen sendo o único aliado indispensable de Bin Laden”, independentemente de que Bin Laden sexa unha montaxe. Supoño que son un lector conservador que se conforma con ler aquelo que sabe que lle gustará e non se interesa por nada máis.
Remato o artigo e topo con varios comentarios nos que se critica ao autor “porque está moi visto”, como se fora unha estrela do rock, e porque enarborar a bandeira do antiamericanismo é o único que sabe facer para sobrevivir dende Vietnam. Un lector audaz, sen dúbida, que ben podía ocupar a tribuna do lingüista, filósofo e activista norteamericano. A envexa corróeme.

Policía sen vacacións dende 1979
Esto acontece en Exipto, onde unha turba de indignados atacou a embaixada israelí no Cairo. En febreiro derrocaron a ditadura do amigo Hosni Mubarak. Quedou como goberno provisional, mentras non se podían convocar “eleccións libres”, a xunta militar de toda a vida, co mariscal Mohamed Husein Tantaui de cabeza visible. A maioría, árabe, impaciéntase e olla con malos e lexítimos ollos a colaboración das forzas do seu país no brutal bloqueo da franxa de Gaza por parte de Israel, colaboración incluída no tratado de paz que asinaron os dous países no 79.
Enric González asegura que desbloquear Gaza facilitaría a irrupción de grupos islamistas radicais nas sombras en descomposición das pirámides, e que a posición de Tantaui é moi complexa, chámalle parvo. Don Xerar Ilusión Mente Preclara dixo que todo era culpa dos rapaces e dos pais que deixan a esos rapaces beber no campus. Estou por apuntarme co líquido de acendido do asadeiro.

Tamén me gusta o cheddar
Dende hai uns poucos anos a Morrissey deulle por recuperar en directo cancións dos Smiths, unhas veces con máis fortuna que outras, pero logo de escoitar a actuación deste ano en Glastonbury (condado de Somerset, de onde saiu o queixo cheddar, na parroquia que lle dá nome) penso que o mellor é que pasara. This charming man négome directamente a poñela.
I want the one I can’t have, coa que abre:
Meat is murder; na presentación mándalle un recado a David Cameron e o final é un simulacro da fin do mundo:
Como se a un coche guapo, áxil e potente (cada un que pense na súa marca) lle meteras as rodas dunha apisoadora, bótalle piche á estrada, que imos a Somerset, asfaltaremos paisaxes, lameiras mentais.

Sempre atinado
Xurxo Borrazás parece ser dos que non erra un. Sobre as subvencións á cultura.
_
_
Etiquetas:
cultura
Faltas de ortografía
Non sei cantos días levan raiando coa carta que lles enviou Esperanza Aguirre, Condesa consorte de Murillo e Grande de España, aos profesores da súa comunidade, porque tamén é presidenta dunha comunidade, autónoma de Madrid, para notificarlles os recortes en educación pública e a ampliación da xornada lectiva, o normal nestos casos. Que se os acentos, como ou cómo, unha mala redacción, malos razoamentos, o corrector de Word que non hai quen o afine, a sintaxe, datos falsos, o bolseiro, Vargas Llosa.
A típica noticia de Público.
A próxima vez que vexa ao Rei no bar voulle comentar que me parece moi mal eso de que sexa Rei, con tantos privilexios e maiúsculas, e el vaime dicir que si, que non o pensara nunca e levo razón, a Miguel non lle cobres que o convido eu, un amigo que sabe escribir sen cometer faltas, todo un exemplo.

Carta aberta a Uxío Fernández
Estimado e ilustrísimo
Director de Imagen & Comunicación, primera revista de información corporativa institucional, empresarial y profesional de Galicia y Asturias, e León. Nº 137. Agosto 2011. 2’50 euros. Ti, que o sabes todo, dime, cando che van pegar un tiro por compaixón?
A cara de mala hostia responsable non cha quita ninguén, ti tranqui, es o puto amo en modesto, un crack dirixindo unha revista supermolona.

Raquel
As tres da madrugada repíteste
como un cromo pero quérote loira igual
chámalle confesional
de clase baixa
sen estudios
non por quedar mal
peor non te preocupes.
_
como un cromo pero quérote loira igual
chámalle confesional
de clase baixa
sen estudios
non por quedar mal
peor non te preocupes.
_
Etiquetas:
literatura
Carne cruda, non será a título póstumo
O programa das dúas de Radio 3. Non sexamos cenizos, non pensemos no 20 de novembro, que pouco pode empeorar o horizonte político, pero pode. Dígoo porque o de Javier Gallego é un desos programas aos que non lles auguras futuro, e que estrea tempada, logo das vacacións, con algo así como un día na xira de Juan Perro. Na hora hai pasaxes triviais, vale, tampouco fan ningún mal e son precisas como descanso, se hai bo rollo no grupo, se algún ritual antes do escenario, qué comen e qué beben, se Auserón é perfeccionista.
Logo están catro ou cinco cancións e algunhas reflexións desas que dis, joder, qué razón leva este home, completamente de acordo. Hacia o final fala do 15-M e descubres con entusiasmo (vaidade, se queres) que pensa o mesmo ca ti; non se trata de mudarse cun saco de durmir e un portátil a Sol ou ao Obradoiro.
_
Etiquetas:
radio
Lunáticos na hemeroteca
Artigo de Gabriel García Márquez do 83, exercendo de turista en Galicia. Leña ao mito.
_
_
Etiquetas:
literatura
Yoani, meu amor
Xa saben quen é, a blogueira cubana para El País. Un exemplo, que se di, para todos.
E quéixanse de que non lle renovan ao Mauricio Vicent.
_
E quéixanse de que non lle renovan ao Mauricio Vicent.
_
Etiquetas:
política
Un problema con denominación de orixe
Corto e pego e amaño unha mensaxe que lle enviei a un amigo a modo de arroz SOS. Estou de volta cun problema chamado cabrales; por mor do seu magnífico arrecendo corro o risco de durmir abrazado a el, ao queixo, na rúa, polo que che pido a túa colaboración. Temos que quedar.
Seino, Lao Tsé, seino, quédame moito camiño para poder darme de baixa como individuo e idiota, pero ao rapaz do chigre non, el estaba en armonía co universo. El si que escanciaba ben.
_
Etiquetas:
vacacións
Diario de sidra
A continuación vai o que escribín durante os días que nos tiramos sen cobertura nunha casa de Urbiés, Mieres. Omitín o íntimo, tirei o peor e amañei algunhas frases para que quedaran, unha contradicción como calquera outra, máis espontáneas. Hai grandes lagos, de sidra, porque un é ao que vai, non a escribir.
DÍA 1

Un anaco de madeira no muro da casa. Escosura 480 mt. Estamos en Urbiés, Mieres, rodeados de obrigadas montañas verdes. Serra de Urbiés, segundo leo nun dos moitos folletos que nos deixaron os caseiros. Viñen sen equipaxe, sobre todo de cabeza. Para qué ler, documentarse. Tampouco iamos a extremas virxes terras. Abondaba con saber cómo chegar, atravesando a cunca mineira. Instalarnos requeriu baixar a Mieres por provisións, o lugar máis próximo con tenda aberta, un centro comercial. Un centro comercial é triste. Un centro comercial case baleiro o é inda máis. Tivemos que baixar dúas veces porque se nos esqueceu o café. Xa controlo dous chigres con boa pinta. Perdinme o partido do Sporting. Sentado na terraza, ollo o fume das chemineas perdidas, afastadas, invisibles, entre montañas que se apretan como brécol (ao vapor).
Na casa que hai máis abaixo estiveron sachando nas patacas e as ovellas escintilan os cinzarros do último sol. Nubes cortadas por tellados de feluxe. Non hai cobertura. O verde faise máis negro. Tápase a pota. Luces de madeira amarela trazan unha constelación de camiños mestos.
A equipaxe mínima, dixen. Escribo cun rotulador que me deixou a pequena nas marxes de La Nueva España, o xornal co que se preocupou de recibirnos o caseiro. Deume por estas anotacións agora, tapada a pota, sentado na terraza. Cascos inaugura un campus universitario. En Xixón baten unha nova marca de escanciado simultáneo, 7.576 culetes. Noite pendurada de cinzarros e fiestras cegas, frías pálpebras dun tempo que recupera algo de verdade para esnobs.
DÍA 2
Hoxe nin chigres. Probaremos o asadeiro e a botella de sidra cortesía dos caseiros.
Mañá quero chigres e un llagar para levarme un camión. Sidra e cabrales, eso é o que máis me gusta de Asturias e non por identificarme coa rexión, trampas para presumir de liberdade e mundo. O mundo está aí enfronte, verde erguido con algún pequeno afeitado de machadas e vacas.
Nada de Google. Os últimos que pararon aquí, no campo valoración da web, enumeraron con rigor científico todos os defectos da casa. Vir para criticar que o baño non ten mampara.
Rego entre montañas. Estrema e cicatriz, tiritas brancas do ceo.
Asadeiro. Instruccións de uso.
Confeso que era a miña primeira vez. Tiña o carbón vexetal e as pastillas de acendido. Procedín. As pastillas ardían, pero ningún lume contaxiaban ao carbón, que remexía para nada cun pao. Unhas follas de La Nueva España e tampouco. Entón lin as instruccións do carbón, porque o carbón tamén trae instruccións e eu cumpro anos e non aprendo, sempre leo as instruccións dos trebellos e os prólogos dos libros despois, así me vai. As instruccións dicían que rociar con líquido de acendido o carbón disposto en forma de pirámide. De dispor de pastillas de acendido o da pirámide de carbón non fai falta, pero o líquido de acendido sempre. Líquido de acendido, hai que botarlle un líquido de acendido. Queres gasolina? Vou prender todas as pirámides de Exipto. Con paciencia e botando pastillas de acendido precisamente como un carboneiro, a pas, máis carbón, máis pastillas, as mans negras, a faciana, o suor, tren con destino quérote, próxima estación, sidrina, conseguín un lume alto e feo e puxen a grella dos criollos na parte alta, hosanna!, descubrín que a graxa dos chourizos era un líquido caralludo, ao pingar formou un lume baixo, primeiro, e unhas brasas perfectas, logo.
O intre foi fotografiado ianqui total, faltábame o mandil sempre do trinque e os guantes ignífugos (lea as instruccións). Éxito rotundo. Só faltaba abrir a sidra, hora por fin de poñerse serios.
Eso que chaman lecturas de vran.
Dino os Suplementos de Cultura, coidadiño: en inverno atacámoslle ao tan profundamente calórico, colesterol, o que importa é quentar o corpo, “A primeira infancia de Goethe como iniciación á teoría das cores. Vol. I” (954 páxinas en corpo 7), “Marcelino Menéndez Pelayo, pensamientos de un egregio filólogo español sentado en el retrete”, cordeiro estofado, callos madrileños, cocido de Lalín, Camilojosecela de Iria Flavia con exabruptos caramelizados e reducción de PX; no vran non, no vran pratos frugais e refrescantes como A Caseira, “Area de paixón e outros relatos”, “Maruja Torres e as súas receitas libanesas para ser feliz”, 300.000 exemplares vendidos, “Arguiñano na praia, o gazpacho das Estrelas Michelín”.
Se o din os Suplementos de Cultura será certo.
Rosario Dinamitera está cos Indignados II e José Luis Sampedro. A licenciada en parques acuáticos con “Charlie e o ascensor de cristal”. Eu agarrei o primeiro que non armara moito na maleta, un de Italo Calvino que vai ser un libro de outono e xa a fastidiamos, aparecerá un Suplemento Cultural ao completo en quad para darme un toque, ese non é libro para esta tempada, merque calquera destos, lea as reseñas, aprenda, pesado.
DÍA 3
Oviedo, unha cidade distinta ao Xixón que eu lembraba. Será certo o de puta capital. Flipei co espírito nacional-español que gravaron ou gravan en cada estatua, en cada placa conmemorativa. Segundo unha no Concello, España existe gracias a eles, os ovetenses que se sublevaron contra as tropas francesas o 9 de maio, propiciando as Cortes de Cádiz e a súa Constitución, si señor, inclinaron a botella hacia o vaso, escanciaron unha España Constitucional logo de tirar a cortiza das casacas azuis e arriba España, pouco despois.
O xornal é La Nueva España. Na estrada un valo das pasadas eleccións de Álvarez-Cascos que rezaba así: “Más Asturias, mejor España”.
La Virgen de Covadonga!
O valo de Cascos era eclipsado por outro que había ao carón, dunha ferretería: foto da broca dun trade co slogan “una cosa que hace brrrrrrrrrr...”. Fantastic Plastic Machine.
Estabamos en Oviedo, zona nacional, vetusta, augusta e pouca temerosa de Deus, porque a catedral era unha trapallada, pobre ofrenda para O Señor Todopoderoso, eso nin era unha catedral, era unha igrexa que ben podía pasar por cuartel da Garda Civil. Non é por faltar, pero Santiago, a nivel de patrimonio relixioso e civil, xoga en primeira división; Oviedo está en terceira rexional preferente. Tamén poden dicir eles que ceibaron España mentras nós gastabamos o tempo na taberna cos gabachos, non temos problema: por eso somos ilustrados, sen tanta paranoia e Jovellanos e Campoamor.
Imos co serio da viaxe. Andivemos polo mercado de Fontán e arredores. Pillamos unhas botellas para estos días e un xeneroso anaco de cabrales. Sidra para levar será noutro sitio, a ver se dou cun llagar, porque aquelo é como o Corte Inglés ou o Franco. O queixo envasáronmo ao baleiro, ou como se diga, e me aguantarei para que non abra o seu magnífico podre arrecendo no coche. Qué sufrido e cortés son, a ver cando me conceden o Pulitzer ou un papel en Hollywood, ou mellor nunha obra de teatro de culto, algo radical, desas que non teñen público pero quedas de puta madre e fas contactos, adiñeirados contactos, porque o que eu quero é cambiar a ilusión da miña sidra por unha ilusión maior, moito maior onde vai parar, a fama, a gloria van, as mulleres de Malibú e os nobres escudos ovetenses, 28.857 reales.
DÍA 4
Entre o pobo máis próximo, Turón, e a casa, ollabamos ao pasar o que tiña pinta de mina reconvertida en insidioso centro de interpretación. Mina ía ser; comezaran a perforar cando a Franco e os seus virís e xentís colegas se lles iluminou a lámpada: o burato feito era ideal como fosa común. O que se coñece como cavar a túa propia tumba, en colectivo.
Ai perdoen, que non se deben tocar feridas cicatrizadas, vivimos en democracia, somos todos (i)guais, ese outro xeito de obsolescencia programada. Miguel Hernández é un disco de Serrat. As pestilentes placas de Oviedo a media hora.
Ao chigre escribinlle os seguintes sentidos versos:
Sidrería Monterrey, levareite sempre comigo
se non é no corazón será no fígado.
O rapaz do chigre, el si que escanciaba ben.

Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2011
(375)
-
▼
setembro
(46)
- Todo o contrario á morriña
- A segunda privatización dos callos
- Un hooligan de zume de laranxa
- Os Radiohead de Conde Roa
- Un logotipo azul
- Quen é Elena Salgado para chamarlle inmoral a un b...
- Canto pides por este polbo de estrelas
- Como aforrar 1.350.000 euros
- Pode que Naomi Klein tamén sexa unha marca
- Mou dende a perspectiva dun xornalista guiri
- Cuestión de amizade
- O titular medido ao milímetro
- Matar por unha tipografía
- Eduardo Galeano en Carne Cruda
- Está en condicións de anunciar
- A Esperanza crécenlle os animais peludos
- A importancia da estratexia
- Navegar é preciso
- A cebola e o coitelo
- O tempo e outras historias
- Bandeira galega en Kaunas
- Terá que casar outra vez
- Arcadi Oliveres i Boadella, a orixe das migracións...
- Almogrote, unha noticia interesante do Correo Gallego
- A frase do día
- Cada labrego de mentira
- Y no me ses poñer chulitos
- Reconfortante por reformas
- Un interés do 6%
- Call me the breeze
- Praia da Lanzada
- A volta das vacacións
- Estouche concedendo toda a importancia
- Eloxio do vintage
- A envexa dun lector conservador
- Policía sen vacacións dende 1979
- Tamén me gusta o cheddar
- Sempre atinado
- Faltas de ortografía
- Carta aberta a Uxío Fernández
- Raquel
- Carne cruda, non será a título póstumo
- Lunáticos na hemeroteca
- Yoani, meu amor
- Un problema con denominación de orixe
- Diario de sidra
-
▼
setembro
(46)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.