Os Radiohead de Conde Roa



Concerto de Wilco en televisión, presentando o seu novo traballo, The whole love. A Wilco chámanlle os Radiohead norteamericanos, como a Café Tacuba os Radiohead latinos. Ignoro se hai máis Radioheads noutros continentes, seguro que si, Radioheads chineses, hindúes (imaxínense o rollo brahmánico avant garde) ou nixerianos.

Imos xuntarnos uns cantos colegas no faiado, que é o equivalente á garaxe ianqui, e formaremos os Radiohead galegos. Recibiremos boas críticas e venderemos moitos discos.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Xa teño o nome do ghrupo: "Os Loureiros" (e "Os Furanchos" cando actuemos fóra do Salnés).
E tamén o título do 1º disco: "Un viñaso!".
Agora só falta contactar co manager, e sortear entradas para o backstage. Onde se viu un ghrupo con carisma que non sortee entradas para o backstage...

Unknown disse...

Backstage, non pronuncies esa palabra que me poño a soñar coa MTV e cousas peores!

Oh, o backstage, estou completamente dacordo en todo: no nome, no título e, por suposto, no do backstage, e como non hai que escribir cancións nin ensaiar podemos comezar a ser famosos (pero de culto) mañá mesmo.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet