Como aforrar 1.350.000 euros

A min non me pregunten, que nos petos do pantalón non me colle nin un billete de 5 (vaiche ser o programa da lavadora). Se queren sabelo teñen que preguntarlle a Marcos Guisasola, concelleiro de economía, emprego e comercio (coido que non me deixo nada atrás) de Sanxenxo. Logo dun estudio polo miúdo da “situación”, “pretende racionalizar os custos ordinarios dos distintos departamentos municipais, maximizando o rendemento dos traballadores e eliminando gastos que se poden considerar prescindibles” (Diario de Pontevedra).

Aínda que non queira, coido que entendo o que quere facer. O que xa non entendo é a segunda parte, referida á “xestión dos alugueres de locais e naves comerciais que a administración local SOPORTA no municipio”. A quen lle vai regatear rebaixas ou demoras, a Telmo e a quen máis?
_

2 comentários:

Óscar disse...

Pero mira que me eres...
Non te metas con Telmo, pobriño, agora só vai poder sobrevivir dos "alugueres de locais e naves comerciais que a administración local soporta no municipio". E ademais vai ter que regatear co Guisasola o prezo do metro cadrado... despois de todo o que fixo polo concello... que lle deberían erixir unha estatua e poñerlle o seu nome a unha rúa...
Vai ter que acabar limpando pratos no bar da lonxa para poder comer quente, pobriño.

Unknown disse...

Unha estatua? Xa ten unha. A lo menos eu pensaba que a Madama era el "sobre brioso corcel", xa sei que non se aprecia moi ben, pero a arte moderna éche así.

Ademais, logo de ler o seu blog, estou convencido de que en breve será fichado como columnista polo Financial Times ou o Wall Street Journal. E daí a asesorar a Josemari só hai un paso.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet