Pílula de costumismo

Soltou o neopresidente no seu debate de investidura no Hórreo:

- Un novo rexurdir de Galicia que sexa no século XXI a versión social e económica do que foi o Rexurdimento cultural no XIX.

E unha nai que limpaba grelos na cociña coa TVG posta dixo para si, ai, filliño, míntete, minte e rouba todo o que queiras, pero deixa as drogas que son moi malas, que o sei eu. Entón, o neopresidente, que goza duns adiantos tecnolóxicos dos que non goza a NASA e puido escoitala, replicoulle, tenteando o nó da gravata antes de fixarse na cámara:

- Amable y sufrida señora, el pueblo gallego confía en mí, por eso me eligió, y yo no los defraudaré, se lo aseguro, no defraudaré al pueblo gallego y no la defraudaré a usted que forma parte de este gran pueblo, porque mi compromiso con el pueblo gallego...

- Manolo, fai algo, colle o mando a distancia e quita iso, que teño as mans molladas!
_

O xenio que xamais será recoñecido

Borrazás cita a Erik Satie, a propósito dos Premios da Cultura Galega: “Non abonda con rexeitar a Lexión de Honra, o importante é non ter feito nada para merecela”.
_

Sobre vivenda e pobo

Esto é de Isaac Rosa, co seu silandeiro compromiso de cirurxián.

Esto, dun poeta do Días de Raia.
_

Carta aberta a Tomás

Estimado moderno director de Radio 3:

Por que carallo temos que escoitar todo o puto día a versión do Heroes de Bowie que se puideron evitar Amaral? Eu inda tiven a sorte de non escoitala, pero comentan que é peor que as dez pragas de Exipto. Que Radio 3 non é nin unha radiofórmula nin un centro de acollida para artistas con pretensións, animal!

Os cartos os cartos os cartos, vendede, privatizade dunha vez RTVE, Radio 3, que estou dicindo, eso está feito; será Julio Ruiz o que corte, sen querer por suposto, a túa cabeza.

Tirando doadamente de Wikipedia:

Pragas sufridas por israelitas e exipcios:
- Aarón estende a súa man sobre as augas de Exipto e as ras cubriron a terra de Exipto.
- Aarón golpea co caxato a terra e todo o po do país convértese en piollos. [editar]

Pragas sufridas exclusivamente polos exipcios:
- Aarón golpea coa vara o río Nilo e convirte a auga en sangue.
- Toda clase de insectos invade o país.
- Cae unha terrible peste sobre o gando dos exipcios.
- Aarón recolle cinza dun forno e Moisés espárcea cara o ceo diante do faraón, causando úlceras ós exipcios.
- Cae do ceo unha gran treboada de sarabia e lume.
- As lagostas arrasan os cultivos dos exipcios.
- As tebras cubren o ceo de Exipto durante tres días.
- Morte dos primoxénitos de todos os exipcios e tamén dos do gando. Os hebreos identificáronse sacrificando un año dun ano de idade e marcando a porta das súas casas co seu sangue, para que a praga non os atacara pola noite.

Espalládevos que vou centrar, Aarón, colega, ti es un trepa de película, pero non o único.

Atentamente, oe.
_

A mensaxe é o no que un cre cando lle preguntan



O mellor guitarrista da historia, sen recato, por motivos nos que non me vou deter, saca disco. Johnny Marr camiñando so. A saber o que opina Morrissey. Eu opino que conserva intacta a súa capacidade para asinar melodías inmortais para o barrio, pero que están obrigatoriamente capadas. Tantos anos tocando para tanta xente, músico de estudio e directo, entreténdose como se fuxira do peso do seu propio nome.

Un desatou o seu narcisismo, o outro preferiu facerse invisible.

Este é o adianto do que publicará en 2013, e sen embargo non podo evitar que referirme a el sexa outro exercicio de nostalxia (e xa van dous seguidos: mal rollo). Por iso está ben conservar os discos dos Smiths sen escoitalos.
_

Esos discos difíciles que estás orgulloso de gardar

Enfastía dicilo: non ten a voz nin o talento literario do seu irmán, pero é un bo tipo. Luis Auserón, lembremos que unhas cantas cancións de Radio Futura son súas. Novo disco, esta vez fixándose descarado e tranquilo no rock norteamericano. Non, a un non é que lle entusiasme, pero hai que recoñecerlle a inquedanza e a honestidade. Non vive de rendas.

Está gardado o vinilo do seu primeiro traballo; Josele Santiago, Enrique Sierra, Raimundo Amador, Ezra Pound, unha seria constelación, de cando encargabas a rareza na tenda.
_

Pouco máis dun metro escaso

Estimación do seguimento, así como soa, da folga, simpática guerra de cifras:

   
_

A eso na miña terra chámanlle ir provocando

Non se lembra unha manifestación motivada por unha causa que non fora grave e xusta, dende os Prestige en fila á lingua, mais na de hoxe advertíase algo distinto, os rostros coñecidos, si, de persoas máis vellas, máis vellas e máis pobres, máis fracas e máis gordas e máis vaciladas. Non é un domingo político que aproveitas para tomar un viño cos colegas. Maioría silandeira? Me cago na puta que pariu a presidentes, expresidentes e xente da súa caste.

Tuit de Paula Prado, concelleira de Familia do Concello de Santiago: Con @mariacastelao secuestradas en un comercio del Ensanche por los q apelan al libre ejercicio de los derechos. Zara. Cantos obreiros do metal precisamos.
_

Que pasou en Vallecas?

Non creo que o problema de Morrissey sexa o endeusamento, como apunta algún crítico de ambiguo ego, porque todo indica amablemente que xa naceu así (do contrario non sería Morrissey); o problema son os anos, a lonxitude da súa carreira.
_

Sinaturas do máis prestixioso xornal

As nobres sinaturas nobres de El País, esa máquina expendedora de demócratas que gasta corazón de carballo americano, non como outros, as nobres sinaturas, dicía, enviaron unha carta ao Comité de Redacción do xornal para amosar a súa “preocupación polos acontecementos que está a vivir EL PAÍS”, así como “inquietude e malestar polos casos de censura que denunciou o comité profesional nos últimos días, vinculados ao ERE que afectaría a un terzo do cadro de persoal”. Ollo que non é un manifesto desos, é unha carta. Os da competencia salientan o compromiso do Premio Nobel. A listaxe de sinaturas é a seguinte (vou pasar o traballo, e boto algunhas en falla):

Julián Casanova: nin puta idea.
Jorge Edwards: Pinocho de Pinochet.
Diego Galán: creo que é crítico de cine.
Antonio García Maldonado: nin puta idea.
Marcos Giralt Torrente: nin puta idea.
Jordi García: nin puta idea, son un iletrado.
Almudena Grandes: non lin o libro ese tan transgresor, grazas.
Elvira Lindo: disparen!
Diego Manrique: ai que listiño nos saiu o rapaz.
Javier Marías: unha ovella inglesa, unha ovella madrileña, unha ovella inglesa, unha ovella madrileña...
Rosa Montero: Rosa, canto tempo! Inda non apadrinaches un elefante africano que resultou ser de ETA?
Reyes Mate: nin puta idea, síntoo, de verdade.
Antonio Muñoz Molina: o que lía a Onetti: uns libros, un Instituto Cervantes! Enterrádeo coa muller, non se nos vaia poñer sentimental.
Josep Ramoneda: é analista político, as balas non lle fan nada.
José María Ridao: sóame de algo, pero non caio.
Manuel Rivas: quen che mandaría a ti meterte onde non te chaman?
Maruja Torres: non gasten munición.
Fernando Savater:
David Trueba: debe ser irmán do outro Trueba.
Mario Vargas Llosa: premio!
Manuel Vincent: desaparecerá El País e el continuará coa súa iniciática columna dos domingos.
Ángel Viñas: estou preguizoso, nin puta idea.
_

Non precisamos ser especiais, grazas

Dende que Guardiola colleu ao Barça, o Celta foi posiblemente o único equipo que pasou polo Camp Nou cometendo menos faltas que o anfitrión. Sempre nos rimos deste tipo de estatísticas, mais neste caso os números coido que demostran a aposta polo fútbol limpo, asociativo e creativo de Paco Herrera e os seus xogadores. Colóquense en fronte Barça, Madrid ou a U.S. Navy. Tampouco imos escusarnos no clamoroso fóra de xogo de Jordi Alba no terceiro gol; perdemos 3-1 contra o mellor equipo do mundo, con Messi negado e Xavi sen gobernar o partido.

Rían Mourinho e a súa cohorte de aduladores: o Celta, cun orzamento infinitamente menor, apenas cambiou o seu debuxo táctico para enfrontarse aos culés, non como fan os animosos que se cren os mellores, sinalados por non sei que avesa graza divina.
_

O erro dos culpables

Primeiro comino a ler esta nova: Cando defender o galego é delito.

Agora expoño a miña sinxela conclusión: matalos, matar a esos enfermos tardofranquistas, era pouco. Non o digo en sentido figurado. Vítimas da súa propia paranoia que andan polo seu estreito mundo adiante coa impunidade do acomplexado nacionalismo español (e veña a trasfegar cartos). “A petición da Fiscalía é de 46 anos de prisión, penas de entre 4 e 7 anos para os encausados, e 34.000 euros de multa”, outrocarallo, eu para eso mátoos (e non lles estou a chamar brandos aos detidos); se vou pasar uns anos no cárcere a lo menos que sexa despois de facerlle un servizo á humanidade, non por chamarlle calquera parvada a Gloria Lago ou Rosa Díez (non estaban Savater e Alfrediño Conde na manifa?).
_

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet