A nova liña



Esto é dunha empresa de deseño de mobles de gama media - alta. O texto é esclarecedor. Unha das portadas que se ven na parede é de Violent Femmes, que se se enteran supoño que se escarallan.
O rock & roll (yeah!) é esto. Merquemos unha habitación guapa, neste plan, e deixémonos de parvadas.

A cultura da pedra

Cando era presidente, Aznar ofreceulle a Varga Llosa ser director do (puto) Instituto Cervantes. É nova agora que se ve ao escritor anglo-español nacido en Perú, español en fin (que Felipe González lle concedeu a nacionalidade), é nova, diciamos, agora que se lle ve apoiando ao PP e acudindo aos mítines do partido... bueno, do enxendro ese que perpetraron Rosa Díez e Fernando Savater.
Por qué non é director do (puto) Instituto Cervantes, para maior gloria da lingua española e do presidente de turno? preguntámonos. Algún día averiguarémolo.

A nosa fantástica liberdade de expresión

O que presumen neste país de liberdade de expresión. Cando se coñeceu que Fidel deixaba O Poder os medios de comunicación procuraron a opinión de cubanos que residían aquí. Podían saír na tele e nos xornáis expresando o seu xúbilo pola caída do Tirano, claro que para eso tiñan que ser disidentes, porque se non eran disidentes non ían amosar ese xúbilo obrigado e pedíanlles unhas vagas desculpas cargadas de desprecio por “contactalos” para nada (”trascendeu” algún caso).

O Siniestro de Miguel Costas

O tema do día lembrounos unha canción de Siniestro. Cando Siniestro era Siniestro, antes de que Julián Hernández ficara de responsable intelectual do grupo e se puxera a redescubrir o blues e a dar conferencias. Cando estaba Miguel Costas, ou sexa:

"Me fui al Rastro, allí estaba Fidel Castro
me contó algo que le sucedió en el Talgo
le robaron el carnet, el carnet de Presidente
y al llegar a Cuba se burlará la gente

Y es que no hay derecho, es indecente
robarle el carnet a un Presidente

Y hay un dicho eterno: los malos al infierno

Me fui al Burger King, allí estaba Luther King
me contó una cosa que es la mar de penosa
los negros del ghetto le han expulsado
porque iba en un Rolls aunque era prestado

Y es que no hay derecho, es indecente
echarlo del ghetto para que escarmiente

Y hay un dicho eterno: los malos al infierno"

:) Non aparece no Youtube, pero hai outros moitos "hits" da época. Onde teñen que estar, por outra parte.

Fidel Castro

Dende a adolescencia tratamos con peña que "usou" o tema de Cuba como unha vella bandeira que dignificar ou menospreciar segundo o pub ao que ías e a quen querías tirarte. Todos os nosos adorados progres.
Este é o comunicado de Castro anunciando a súa retirada. Aínda non se vai cumplir o soño de moitos.

Dig, Lazarus, dig



O novo disco de Nick Cave estano a promocionar con "clips virais", apuntándose a un xeito moi actual de publicidade e recoñecendo o poder de convocatoria da rede. O que colgamos aquí pertence a unha serie da que descoñecemos o número.
Semella que o australiano e a súa banda non perden inquietude e que, ademáis, divírtense.

Un pequeno descubrimento



Chámase Aaron Thomas e é fillo dunha estrela pop dos anos 50. Escoitámoslle esta mañán na radio unha canción soberbia. O caso agora é dar con ela. Ten colgados algúns temas en MySpace e no Youtube o concerto que deu en Radio 3 (algo lonxe do que puxeron pola mañán).
O rapaz dicía que lle gustaba moito Radiohead, pero que nunca deixaría de escoitar a Elvis e o seu "Heartbreaker Hotel".
Especulábamos con cargarnos o ordenata, o ordenata do curro, e resulta que nos reventa o da casa. Vai ser o karma :)))

Ariam Ram



Ata onde sabemos, trátase dunha artista dixital sevillana. Non é que nos interese moito. Chamounos a atención que lle puxera imaxes a unha canción como "En alas de la mentira", e no 2007 (nin o autor debe lembrarse dela).
Logo de ver o vídeo preguntámonos para qué o fixo, pero bueno, aí queda, arquivo dun arquivo.

O supremo está que se sae

Chama un tipo preguntando se fixemos nós unha publicidade “moi concreta”. Se lle confirmo que a fixemos nós contrata os-no-sos ser-vi-cios, e se non é así non contrata os-no-sos-ser-vi-cios. Como non estou seguro pídolle que chame pola tarde.
- Non, a verdade é que non a fixemos nós.
- Bueno, de todos os xeitos interésame contratar os vosos servicios...
Cago na patronal, qué hai que facer para que non nos dean máis curro? Vou cargarme o ordenata.

Outra de cine



Xa que queremos demostrar o postos que estamos en cine, aí vai outro vídeo. Os Lemonheads interpretando a lexendaria “Mrs Robinson” de Simon & Garfunkel. Divertíanse, eso está ben.
A peli vímola, non lembramos o título, nin o nome dos actores, pero fixo que estaba ben.

Rafael Reig

O descubrimento deste tío, que escribe en Público, podiamos calificalo de "descubrimento tranquilo". Non ten un estilo alucinante, non garda pólvora en ningún sitio, e non se aliña, que nos saibamos, con ningún movimento redentor-realista (son os peores). Como mostra, o último párrafo da súa columna de hoxe:
"El PSOE y el PP nos tratan como a críos. Mamá nos mima y nos da el pastel porque somos los más guapos y papá frunce el ceño y nos insta a espabilar y llevarnos el trozo más grande porque nos corresponde por derecho. ¿Sólo podemos elegir entre votar al PSOE con el yo infantil y edípico o votar al PP con el severo superego de los españoles de bien? ¿Para cuándo elecciones para mayores con reparos, clasificadas X y que de verdad puedan herir nuestra sensibilidad infantil?"
Quen o queira ler pois eso, só ten que entrar no (infantil) Público; aí están el e Manolo Saco.

Eutanasia

E xa que nos detemos en tempos de oscurantismo e superchería, deixamos un enlace para asinar esixindo as desculpas públicas da concellalía de sanidade da comunidade de Madrid, que satanizou por todos os medios (nunca mellor dito) a uns médicos que se limitaron a facer o que faría calquer conciencia limpa, da que tanto falan "eles".
Estamos no século XXI e o tema da eutanasia segue a esquivarse como un tabú, gobernados polos lexítimos herdeiros da Santa Inquisición.

Karmacoma



Este vídeo foi censurado en moitos países e canles. A "enrolladísima" MTV censurouno sumariamente (pensar que aínda haberá peña que se estrane: canles como esa causan estragos nos cerebros cool).
Ata nós, que non somos cinéfilos, pillamos os guiños a unha morea de pelis.

Poña un artista na súa vida

Antigamente a Arte, ese rollo que te cagas, mercábase (xa daquela sabían a hostia de subvencións e derivados). Agora non, agora mércase directamente ao Artista. Pouco importa se o Artista lle pega ben ou é un petardo; é un Artista e ter un Artista na casa, no curro, no picadeiro ou no sindicato é un signo de distinción, mola, é un punto.
A humanidade evoluciona. E o Artista, namorado da Arte, algún ata da nai de Ésta, a Cultura, déixase querer.

Sandra

Sandra xa non é unha “chica Almodóvar”, xa non está na Empresa. Despediuse por teléfono. Logo veu o xefe a contarnos que nas oficiñas centráis voan os coitelos.
- Non jodas...
- Así como o conto! O clima que se respira alí...
- Vaia, quen o diría... o clima...
Agora mesmo Sandra é a tía no paro máis feliz do mundo. Parabéns.
En deviantART atoparedes miles de pincéis para photoshop. Unha colección ordeada e actualizada diariamente. É unha ferramenta que acorta perigosamente a distancia entre a creatividade e a producción estándar, ademáis de inducir ao efectismo barato; non vos crer que esos pincéis son máxicos, pero en ocasións poden valer e axilizar pasmosamente o curro.

Mike Shinoda




Unha remezcla do “Enjoy the silence” de Depeche Mode a cargo de Mike Shinoda. O Mike Shinoda este é o líder de Linkin Park. Na wikipedia póñenlle que entre os seus numerosos talentos está cantar, tocar os teclados, a guitarra, pintar e moitos máis [sic] :)
Con ese apelido tiña que ser fillo de xaponés, efectivamente. Emigrados da II Guerra Mundial aos EE.UU.
Recomendamos dúas páxinas para deseñadores currantes:
http://www.webintenta.com/category/photoshop

http://www.thefwa.com/

A primeira vai un pouco en plan didáctico. A segunda é un escaparate das mellores webs (por se alguén quere medir as súas forzas co equipo de marketing de Coca-Cola ou de Nike). Ambas evidencian que o deseño para papel ficará nun plano case marxinal, pero non desaparecerá como din os culturetas nihilistas que andan soltos por aí.
Un acalorado e acaracolado debate no foro dun importante xornal na rede sobre a obra e os miragres de J. Mª "home orquestra" Aznar (preparou "duras" oposicións ao estado, abogado, inspector de facenda, poeta, experto en política exterior europea, expresidente, mártir ileso contra o terrorismo, columnista, asesor xurídico e económico para o Estado e para unha empresa das Bahamas...). Esta é, polo de agora, a nosa última contribución ao mesmo:
loh de izquierah claro que noh equivocamoh, quillo: pa empezá dejando que habléis loh de derexah, que no manejá máh lengua que una mofeta debaho de una zotana

Packaging

“Siempre he creído que el packaging promocional es, en cierta manera, una forma de poesía.”

Guau! Así comenza o autor un “workbook” sobre... “structural packaging”. Imos probar, pois, a facer unha poesía :)



Troquel do estuche do perfume

non son o teu "amante"
non son divertido
nin aburrido nin fashion
son o negativo do tempo
que soñaste onte para ti

unha caixa ben feita
e punto

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet