O que fica dos Clash é un reclamo turístico para Londres. A portada do London Calling forma parte xa do imaxinario comercial de Beefeater. Saco a cámara que hai que deixar constancia de que estivemos aquí e de que a miña guitarra mide metro e medio.
Ten razón Josele Santiago: doume de baixa do rock'n'roll: unha merda para vender moda. Voume tirar á xenebra.

Non hai nada sagrado (e esta ben asi)

Frank Black & Placebo

Qué postos estaban os de Placebo. Entre eso, que tocar con Frank Blank debía ser para eles un soño de adolescencia e a multitude coreando ese tema que é un himno explícase esa sensación de éxtase que transmiten.
Unha canción moi guapa, si, e o dos Pixies no seu papel, pero qué postos e subidos que estaban os nenos.

Os novos ingleses xa non son airados

Inglaterra ten unha facilidade pasmosa para exportar grupos de "teenagers" con máis ou menos talento que se perden na nada ao teceiro disco. Esos rapaces levan o de montar un grupo e facer melodías no sangue. Aquí, agás fantásticas excepcións, ou se imitan ou se montan fusións aberrantes (e aparte temos a Loquillo, que fai "rock adulto", a Ramoncín, a Ana Belén e El Canto del Loco, a Amaral que din que escoitan o "Marquee Moon" coidado!...).
En fin, estabamos cos británicos: sinceiramente un bota de menos aos fillos de Margareth Thacher; berraban, privaban, follaban, saían á rúa, eran detidos, eran incómodos... Agora todo está ben.
-Papá, voume de marcha a Ibiza.
-Vale, fillo, non tomes moito éxtase que xa sabes que te senta mal.

Ignition

Outra de disciplinas

Estou convencido de que máis de unha e de un cumpliu algunha fantasía sexual con esta canción de fondo. Préstase. Dirán que non, claro (bueno, eu dende logo non!).

O orgullo dunha raza

A facilidade que teñen os militares españóis para espetarse en misións humanitarias é asombrosa. Continxentes, chámanlle. Envíanos a África (un sitio rarísimo, vai de Libia a China e son todos moros). Pilotan tanques ou helicópteros aos que non se lles pode chamar helicópteros porque se chaman blue thunder ou black spy. Espétanse o mesmo.
O retrato dun español medio é un tipo privando a morro e conducindo a toda hostia: Pamela, pónteme o tanga de pantera que estou aí en cinco minutos!!
O tío esnáfrase, o seu peito queda atravesado por ferros informes, pero ninguén lle pode quitar xa ese orgullo de ter burlado un control da Garda Civil. O que se aforraría o Estado se nos matáramos todos á entrada do puticlub, sen manter onerosas embaixadas e repatriacións.

Os Enemigos

Xa aquela noite lembrárame dunha canción dos Enemigos, "Animal", ao ver o despliegue de mediciñas/drogas. Como non a atopo polo youtube meterei outra, "La carta que no" (sentimentalismo). En "Animal" Josele destilaba tranquilidade e agudeza:
"Deja ya de buscar en los demás
lo que hubieras podido encontrar
en una farmacia, chaval"
Cantos teriamos que aplicarnos o conto (eu tamén, si, por qué non). A xente empúxanos á xente e somos febles:). Brindemos por elo.

De "Agrio Beso"


Esta foto está sacada da obra de teatro que armou Corcobado cun disidente de La Fura dels Baus. ¿Obra de teatro? ¿Ceremonia en busca do impacto emocional e a catarse? ¿Experiencia na que interactuar? Cada quen que se quede coa definición/parvada que máis lle guste. Nos quedarémonos agora co esceario; ese despliegue farmacolóxico no chan e o tío co micrófono.
Non imos contar nada da obra; está moi guapa e saimos como reconciliados da Nasa. Temos que buscar algo do vello poeta que actuaba con eles (escarallábaste) e lembrar o que dicía Salvador Pániker: un respecto aos suicidas.

Que extraordinaria personaxe


Cánto hai de "personaxe" que se alimenta de si mesma en Tom Waits é o de menos. Case ninguén pode gabarse dunha traxectoria tan radicalmente creativa, pero non imos poñernos a soltar loubanzas baratas. El presume ao seu xeito:
-¿Por qué non tocaron en NYC?
-Bueno, en Alabama había un tipo que me debía pasta...
Quería subir un anecdotario do que D.A.M. fixera unha escolma para o Pais, pero é de pago asi que nada. Gracias pola foto, meu amor.
Un pouco de censura de cando en vez é ata estimulante, e sen un mínimo de autocensura directamente non existiría ningunha manifestación artística (contextualicen as vangardas, inxenuos). Esto é castración.

Un spot violento

Hai xa tres anos os da tele censuraron este anuncio "porque incitaba á violencia". Pensas que si, que vives nun mundo de necios onde todas as liberdades colectivas son ficticias. O caso é que o pensas e logo te esqueces, ata que te enteras de sucesos como este. É entón cando sintes unha vertixinosa e kafkiana claustrofobia.
É que rematan a hostias, claro:) O mundo da publicidade, mentor do outro, do real. ¿Quén se vai atrever a facer un spot "orixinal"? Un comité de idiotas dictará sentencia e o spot desaparecerá sumariamente.

Outra postal de norteamerica

Entrevista a J. Corcobado

Unha comunidade mexicana mandoume ao mail esta entrevista. Pola vez que entrei no seu foro para saber da canción aquela, "si te matas". É do estilo "preguntan os lectores" ou "os oíntes" ou "os fans". Aínda que non o saiba apreciar porque este tipo de movidas seméllanme unha cursilada para quinceañeir@s e culturetas (que son irmáns), gracias.
Algúns descifrarán agudisimamente as claves segredas da filosofía íntima do artista. E outros pediranlle que se baixe os pantalóns. Eso, gracias.
En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de dados de carácter persoal e na Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, informámoslle da posibilidade do exercicio dos dereitos de revocación do consentimento prestado así como de acceso, cancelación, rectificación e oposición dos dados de carácter persoal incorporados no devandito ficheiro, a través do envío dun correo electrónico a onde todos sabedes.
Unhas movidas levan a outras. Comenzo a ver esto como un palimpsesto infinito e transparente (algo semellante ás capas de photoshop) onde eu, ledamente, non teño nada que ver. Lembreime do célebre poema de Tsing Tsing Ming (S. XI a.C.):
"Se un obra coa súa mente
sobre a súa mente
cómo poderá evitar
unha inmensa confusión"
Jodidos chinos qué bos eran. Pensar que agora adícanse a imitarnos en todo o que temos de salvaxes con algo de pasta para gastar.
Ah, e lembremos que aquel que queda de parvo ante un feito relacionado coa súa vida "é" irremediablemente parvo. Non existe a intelixencia "puntual", nin serve para nada. Non hai eufemismos que valgan.
Unha vez máis cúmplese a máxima de que os que nos adicamos a algo máis ou menos creativo non somos máis que uns tristes bufóns. Divirtamos pois, que para eso nos pagan e nos perdoan a vida. Qué desexa o señor para esta campaña:
-Unha frase enxeñosa?
-Un catálogo de 1.300 páxinas sobre o edificio que está a erguer en Portonovo?
-Non? Unha Coca-Cola, quizáis...?
-Oh, eso de ahí... lo veo muy "plano".
Eso escóitollo moito a un dos meus xefes (teño 3, qué pasa). Eu xa lle digo que é o que ten o papel, que é plano.
Hoxe estivéronme contando algúns ledos costumes de xente vinculada á construcción por aquí (arquitectos, aparelladores, xefes de obra, promotores e axentes inmobiliarios). Unha familia unida. Entendín por fin o que sempre me repite o xefe de que nos adicámonos a construcción. Sempre se me quedaba cara de non entendelo ben, de parvo, ao dicirmo e non era eso, é que eu son parvo, directamente.
Por outro lado non está mal saber que un tamén forma parte desa familia que non para de medrar por detrás da súa modestia e o seu recato. Aínda que só sexamos o rapaz dos recados, o que vai polos refrescos (publicista, jajaja).

O gato de Klee.
Encontrar una cosa es siempre divertido; un momento antes no está. Pero encontrar a un gato: ¡es inaudito! Porque ese gato, han de reconocer, no entra nunca totalmente en su vida, como haría, por ejemplo, un juguete cualquiera; mientras les pertenece, se queda un poco fuera, y eso es lo que hace siempre:

la vida + un gato,

lo que resulta, les aseguro, en una suma enorme.

Perder una cosa es muy triste. Podemos suponer que será difícil recuperarla, que se ha roto en alguna parte, que termina en la basura. Pero perder a un gato: ¡No! no está permitido. Nunca nadie ha perdido a un gato. ¿Es posible perder a un gato, una cosa viva, un ser vivo, una vida? Si perder una vida: ¡es la muerte!

Sí, es la muerte.

Encontrar. Perder. ¿Acaso han reflexionado detenidamente acerca de qué es la pérdida? No es la simple negación de ese instante generoso que vino a colmar una espera que ni siquiera ustedes mismos sospechaban. Porque entre ese instante y la pérdida hay siempre lo que se llama –reconozco que con bastante torpeza- la posesión.

Ahora bien, la pérdida, por muy cruel que sea, no puede nada contra la posesión, termina con ella, si quieren; la afirma; en el fondo, no es sino una segunda adquisición, ahora interior y de una intensidad distinta.

Tú lo has sentido, Baltusz; al no ver más a Mitsou, has llegado a verlo aún más.

¿Vive aún? Sobrevive en ti, y su alegría de pequeño gato despreocupado, después de haberte entretenido, te compromete: tuviste que expresarlo con los medios de tu laboriosa tristeza.

Por ello, un año después, te he encontrado crecido y consolado.

He compuesto la primera parte –un poco caprichosa- de este prólogo para todos los que, sin embargo, te verán para siempre desconsolado al final de esta obra. Para poder decirles: "Estén tranquilos: yo soy. Baltusz existe. Nuestro mundo es sólido.

No hay gatos."

En el castillo de Berg-am-Irchel,
Noviembre de 1920

Rainer Maria Rilke, Balthus (1921), Mitsou, Histoire d’un chat. Seuil/Archimbaud, 2004, pp. 17-22.

Versión en castellano: Marta

Unha ao azar dos "vellos" Pixies

Hai que recoñecer que nalgúns temas nos EE.UU andan adiantados. Na televisión, por exemplo. Vin no youtube unha actuación de Frank Black nun show de Henry Rollins. Ou sexa que Henry Rollins ten un show. Aquí nin sequera hai unha figura comparable a ese tío, e na tele se non te poñen o típico producto de consumo para toda a familia póñente a un friki ao que lle obrigan a largar bromas cada vez máis gordas e blandas.
Frank Black sempre me pareceu un compositor alucinante (songwriter ou como lle queiran chamar). Agora que se ve que o toma con calma recuperamos un tema da súa época máis excitante, Caribou. E estaremos pendientes de Henry Rollins.

O debate continua

Cómo lle gustan as vaguedades a esta peña, o que di Larry Kenswill, vicepresidente de estratexias de negocio de Universal Music Group, ven sendo algo así como el negocio es mío, es mío mío mío mío es mío y si no me enfado y no juego. Na edición impresa menciónase ao catedrático do outro día, que semella non cairlles moi ben:)

P. J. Harvey

Unha tía ante a multitude, sobre plataformas e con ese vestido. Poñámonos ao que hai que poñerse e deixémonos de aburrir como picapleitos. Chega un intre no que os chillidos fanse desagradables (ou non...), pero se así é qué importa.
"lick my legs I'm on fire
lick my legs of desire"
Ah, e cómo se volve ao escenario ao final, cómo remeda a súa estatura. "Don't you don't you wish you never never met her".

Francesca

Hai un punto no que un desapégase e adícase á mera difusión de mensaxes polo valor desas mensaxes en si mesmo (e así debe ser, en calquer época e lugar; que llo pregunten a Nick Cave). Peñazo rollo cultureta, se se quere. Esto é unha lembranza de Ezra Pound e da adaptación que dun poema seu fixo Luis Auserón no seu primeiro disco en solitario:

You came in out of the night
And there were flowers in your hand,
Now you will come out of a confusion of people,
Out of a turmoil of speech about you.

I who have seen you amid the primal things
Was angry when they spoke your name
In ordinary places.
I would that the cool waves might flow over my mind,
And that the world should dry as a dead leaf,
Or as a dandelion see-pod and be swept away,
So that I might find you again,
Alone.

Ao Auserón faltáballe voz por todos os lados, pero a canción estaba moi conseguida, moi guapa. A ver se a topo e a poño aquí.

Os nenos son criminais

Hoxe imos escoitar o que di Lawrence Lessig, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Stanford e fundador de Creative Commons, a alternativa máis extendida ao copyright. Así o presentan. Quizáis o título desta entrada, sacado da entrevista, nos quede algo efectista e tremebundo: reflexo da criminalización á que somos sometidos dende pequenos polos lobbies creados arredor da industria cultural (entertainment). Este home o expón con desapaixoada claridade.

Unha postal de norteamerica


Se alguén quere mandar aos recaudadores sabuesos da SGAE xa adiantamos que esta foto pódese atopar en portfolios, "the online source for creative talent". Un portal interesante sobre todo para deseñadores e fotógrafos. Un escaparate no que colgar os teus curros.
Os da SGAE deben pensar que só eles son "artistas", que non hai nada que ver nin escoitar en todo o planeta. Co pouco que cobran, claro.

Velvet

O tempo, o famoso Tempo, redúceo todo a un riso valeiro, a unha discreta vergoña. Claro que hai peña que anda con estas movidas e se cre que vai "por diante" dos demáis. Máis dura, máis "cool". Duríssima, tío! :)
Supoño que Lou Reed pensará algo semellante, e se non o pensa coido que ten un problema. A canción sempre me gustou.
Un anuncio de Campofrío nun magazine. Perfecto. Xamón cocido baixo en sal. A foto dun carniceiro "familiar" a carón dunha fiambreira. A frase "el jamón que deseas" ou algo así. Méritos:
-A frase é patética pero comprobaremos que resulta seductora.
-O carniceiro inspira seguridade.
-Es ti quen vai ser desexad@ do ben (do buen@) que vas estar.
O producto non o anuncia unha estrela á que non te atreves a compararte e que te desmoraliza e acomplexa. Come.


Ademáis atrévense a tirar dunha tipografía non de pau, senon dunha semellante a esta Georgia e ¡máis gruesa! O xamón baixo en sal alimenta, quedas ben servíndoo no medio dun aperitivo e gozas de boa saúde. Pasou a época onde o fashion dominaba hexemonicamente a publicidade; agora a Saúde e o "normal" e o "real" e o "accesible" son valores moi buscados.
Ela que estea boa pero que sexa cociñeira ou neurociruxana. El que sexa premio Pulitzer e que o seu prato favorito sexa os ovos fritos con chourizo.

Un clasico

Hoxe lembramos ao Nick Cave de toda a vida. O Nick Cave & The Bad Seeds de 1994, qué pasada: semella que pasaron trinta anos. A canción sigue e seguirá incólume, por suposto. O vídeo, que nunca o viramos, é un vocacional exercicio de expresionismo.
Non creo que se preocupen polos vídeos. Os farán ou deixarán que llos fagan porque se convertiron en parte obrigada da promoción de discos.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet