Os novos ingleses xa non son airados

Inglaterra ten unha facilidade pasmosa para exportar grupos de "teenagers" con máis ou menos talento que se perden na nada ao teceiro disco. Esos rapaces levan o de montar un grupo e facer melodías no sangue. Aquí, agás fantásticas excepcións, ou se imitan ou se montan fusións aberrantes (e aparte temos a Loquillo, que fai "rock adulto", a Ramoncín, a Ana Belén e El Canto del Loco, a Amaral que din que escoitan o "Marquee Moon" coidado!...).
En fin, estabamos cos británicos: sinceiramente un bota de menos aos fillos de Margareth Thacher; berraban, privaban, follaban, saían á rúa, eran detidos, eran incómodos... Agora todo está ben.
-Papá, voume de marcha a Ibiza.
-Vale, fillo, non tomes moito éxtase que xa sabes que te senta mal.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet