Almodóvar enfadouse con El País

¿Xa se enteraron? Pedro Almodóvar arremeteu contra El País e o seu “crítico radical”, que puxo a parir a súa última película en Cannes. Ja ja ja JA JA JA JAAAAAAAAAAA JAAAAAAAAAAAAAAAAAA JAAAA JAAA JAAAAAA, señor non podo, un vaso de auga por favor ja ja ja ja ja ja ja ja ja jajajajajaja
<>

A crónica

De todas as crónicas que nos tragamos esta mañán (somos uns viciosos) quedámonos cunha na que lle chamaban a Guardiola aprendiz de bruxo. Non se fabricou ningunha enrevesada táctica, non, só puxo a Messi flotando entre liñas. Xa lle podían facer a marcaxe que quixeran; apenas puido ensaiar os seus vertixinosos caneos hacia a portería, pero axudou a osixenar suficientemente o campo do rival, con balón e sen balón. Por se os seareiros non estaban satisfeitos, buscou as costas do adversario, gravitou en soberbio escorzo e rematou ese centro que lle viña con selo de outro planeta.

O balón foi para Xavi e Iniesta, e cando Xavi e Iniesta collen o balón non hai partido. Era un pracer supremo ollar como o recibían, tranquilamente: as pernas dos defensas ingleses comenzaban a dubidar e unha pregunta imposible debuxábaselles na fronte: ¿por ónde vai saír este carallo? Sentella nejra.
<>

Marabilloso Barça

Pendente

Nontronte detiamonos con brevedade e rapidez na coprofaxia que practicaba a nosa escritora máis internacional (coprofaxia: típica palabra que aprendes no instituto e non empregas máis... ata hoxe), dona dese autor (”auteur”) cosmopolita chamado Muñoz Molina, residente en Manhattan, quixotesco valedor da lingua de Cervantes no mundo. A nosa escritora máis internacional voaba en círculo sobre os cadáveres exquisitos (nós tamén lemos tres libros, o que pasa que dous non coinciden) de Benedetti, del Pino e Vega, ademáis de no marido da colega. Nin rastro de Javier Ortiz.

¿Qué pasa? ¿Non se pode mentar o seu sensato nome na desquiciadamente influente redacción de El País? Non vaia ser que aos neoirquinos lles pegue por ler algún artigo seu (de Ortiz, queremos dicir), quita-quita.

Non crean que nos molesta, o que nos molesta é que moito “intelectual de esquerdas” practique a mesma relixión que a nosa escritora máis internacional.

E con esto pechamos o tema, xa lle adicamos máis tempo do que merecía.
<>

Non temos remedio



Este valo é un dos finalistas escollidos nos Premios Sombra, na categoría “Chimenea” á visión máis destructiva do medio ambiente. Ecoloxistas en Acción organizará a gala de entrega dos galardóns, que terá lugar en Donosti o 29 de maio. Estos premios pretenden sancionar a todas aquelas empresas que “destacaron no último ano por transmitir valores negativos, ou por facer pasar un producto como ecolóxico ou saudable sen selo”.

Nada que obxectar; nós tamén detestamos os anuncios de BP, Endesa, Repsol, Actimel, Activia, o intestino de José Coronado e as pestanas de Penélope Cruz. O caso é que non van chegar moi lonxe, porque non se molestan en aprender as sutilezas da publicidade moderna e o contexto socio-económico no que se desenvolve (perdón pola pedantería), e o seu discurso é férreo; contrapoñen e antepoñen valores: colectivo-individual, esforzo-hedonismo, ético-estético.

Vale, constructores desalmados móntanse urbanizacións e campos de golf no hábitat do oso pardo, ¿a quén llo contas? ¿a quén queres sensibilizar da barbaridade que eso supón? ¿cómo podes cambiar as preferencias de millóns de consumidores? ¿con spots ao Walt Disney? ¿contratando para a entrega de premios a un actor ou estrela do rock que vai de enrollado?
<>

Munich air disaster 1958



Imos ambientándonos para a final de mañán: Manchester United - F.C. Barcelona. Facendo un esforzo monumental, esquecémonos de CR7 e de Sir Alex Ferguson e homenaxeamos deportivamente a aquel equipo lexendario que morreu no aeroporto de Munich no 58. Morrissey, que é de Manchester, escribiulles esta canción.
Non, non queremos que volten sofrer unha traxedia semellante, aínda que se morrera o puto CR7 (ou era C3-PO?) non nos importaría o máis mínimo. Só desexamos que gane o Barça.
<>

E se a Sarkozy lle da por invadir España?

A metade do exército desmovilizado no hospital e en corentena a causa da gripe porcina. Un exército profesional (e humanitario). Esto antes xamáis pasaría, e de pasar ninguén se enteraría. A estas horas estará Nicolás Sarkozy ollando o telexornal no Elíseo. Por fin, por fin acadará a altura de Napoleón; invadirá España facendo un uso aproximado da estratexia que fixo célebre ao seu antecesor no cargo.
- ¡Agora, que están case todos a punto de palmala!
Baixarán as casacas azuis polos Pirineos, como na Guerra da Independencia. Aínda que, agora que o penso, España pode saír victoriosa da contenda, mandando a todos os soldados febrís ao campo de batalla.
- Tú clávame la puta bayoneta, gabacho de mierda, a ver si tienes cojones. ¡Vas a morir...!

Nico, Niquito, ya te dije que no era una buena idea - diralle a primeira dama - , los españolitos tienen... fuego torero, y cuando les entra la fiebre...
-¡¿Qué quieres decir con eso?! ¡Me tomas por tonto! ¡Soy mucho mejor amante que esa pandilla de animales españoles e italianos! ¡¡¡Soy francés!!! ¡Je suis la grandeur de la France!
- Sí, cari, no te enfades, ay mi napoleoncito cómo se pone. Sabes que a mi me pones cuando te pones así...

E, mentras tanto, ZP falando coa embaixada en París, ¿pero de verdad va a invadir España? Qué cabrón, eso no se le hace a un colega, a un amigo, aún el otro día, en la cena del G-20, me decía lo guapa que estaba mi Sónsoles, fíjate tú lo que son las cosas...
<>

Elvira, rosario de voitres

O domingo topamos de novo coa frase en corpo 18 de Elvira Lindo. Somos reincidentes. Opinaba a nosa escritora máis internacional sobre “a arte” das necrolóxicas, arte na que ultimamente apreciaba moi pouco nivel (Benedetti, Antonio Vega...), e mencionaba a que lle escribira a súa colega Rosa Montero ao marido recén falecido como exemplo a imitar: “La columna más luminosa del mes la escribió Rosa Montero después de la muerte de su marido, Pablo Lizcano. Fue un recuerdo lleno de elegancia y bondad, como es ella.”
¡Otro perrito piloto! Cando morra a miña muller (agora non lle queda máis remedio que morrer traxicamente antes ca min), eu tamén lle vou adicar unha columna en El País, moi sentida e elegante, e a ver se de paso nos levamos o premio do mes.
<>

A censura sempre foi graciosa



Hai que recoñecer que a británica é unha sociedade máis avanzada que a nosa. Ningún ministerio ten que expoñerse censurando, xa o fan as marcas. Esta é a portada do último disco dos Manic Street Preachers, que catro grandes cadeas de supermercados obrigaron a cambiar. ¿Por qué? Non se sabe. A pintura é dun recoñecible admirador da obra de Lucian Freud, Jenny Saville, o neno pode que teña a faciana salpicada de sangue, ¿e?
Os nenos pódense maltratar, prostituir, violar, vender, armar de odio, alimentar con productos enganosos, podemos usalos como cobaias das nosas frustracións, pero non poden ser retratados con sangue na faciana. É o ceo victoriano do centro comercial.
<>

Por favor, non merquedes nin leades La Voz de Galicia

Porque son uns fillos de puta.
<>

A carraxe impídenos

A manifa de onte en Santiago foi, segundo GB e La Voz de Galicia, unha “evidente muestra de intolerancia lingüística”. Gloria Lago aproveitou para chamarnos paletos. O superaxente Feijóo, facendo gala do seu resplandecente inxenio, dixo que mentras unha minoría exaltada (20.000 pirados, segundo La Voz e El Faro) perdíase baixo a choiva, El estaba onde había que estar, botándolle herbicida á tumba de Ramón Piñeiro. Dixo, tamén, que ninguén se pode apropiar da lingua (eso estívolle ben ao Bloque, que non fixo nada en catro anos de goberno e agora quere recuperar protagonismo na Rúa), e que non se pode “impoñer”.
Coidado con mosquearte, eso non, se te anoxas tes un problema. Se acoitelan a un colega non te anoxes, se te quitan a lingua vai ao psiquiatra, pero non berres, que cha quitan polo teu ben, para que fales o que se debe falar (neste caso non é unha imposición, por suposto, son tan só 500 anos de bilingüismo armónico).
<>

Novo Mac Pro



A foto está sacada do web de Wilco.
<>

Darren Hayman no Templo

Onte actuou Darren Hayman no Teatro Principal (maiúsculas maiúsculas). Posiblemente o mellor concerto do ano. O tipo debeu limpar con humor (e seriedade profesional) e intelixencia, cos seus himnos pop, toda a merda artesonada dese antro para culturetas, snobs e autoridades.
<>

O teatro da lingua

O superaxente Feijóo designou a Anxo Lorenzo como secretario xeral de política lingüística. Quería demostrar a súa audacia; escollendo a un socialista compracía á oposición para poder virar máis comodamente hacia os principios do seu partido e de Galicia Bilingüe. O máis gracioso é que para GB trátase dun fraude: Gloria Lago, presidenta do invento e apóstolo de Rosa Díez nesta terra bárbara, falou da traizón que significa nomear a un partidario da imposición lingüística (do temible galego).
Esta xente de GB, ¿padece algunha doenza nerviosa aguda, ou manía persecutoria? ¿Amalgaman realmente tanta estupidez e zuna? É un profesor do PSOE, é un dos seus, ¿qué mal lles vai facer? Dedúcese que están gostosos de teatralizar a manobra política.
<>

Perfume

Unha bágoa envolta en publicidade íntima, medindo a distancia entre a persoa e os seus sentimentos. Pousou unha man sobre o meu ombro, corvo de naftalina que anunciaba o peche da miña venda.
<>

Promoción única

Agora, se te das de alta en Garrafone, podes descargarte máis de 3.000 politonos. Só ata fin de mes. Aproveita esta oportunidade única. Ademáis, agasállamoste un salvapantallas con Beyoncé meneando o cu en primeiro plano.
Esta é só unda das irresistibles promocións que lanzamos. Por exemplo, se es un cultureta que presume de bo gusto e un uso “razonable” do móbil, baixámoste un 10 % o custo das chamadas e agasallámoste un cadro de Picasso como fondo de pantalla. A qué agardas, a que te tomen por parvo? Chama xa.
-

Cómo gozamos cando nos dan polo cu

Queren ilegalizar Iniciativa Internacionalista. Din que tamén forma parte do entorno do entorno do entorno de Herri Batasuna. Aquí vos deixo a nova, con algunhas impresións de Ferrín.
Comenzamos a plantexarnos en-se-rio, sen cachondeos, o de largarnos deste país. ¿Democracia? ¿Liberdade? Ata a Albania da guerra fría debía ser máis democrática, ata os asubíos dun partido de fútbol cortan (tranquis, góstalles vacilar e xa nos deron unha cabeza de turco).
¿Liberdade? Si, liberdade para que os rapaces se metan sustancias tóxicas; liberdade para os camellos que saben ser confidentes; liberdade para que os pais de familia se empeñen por ir de vacacións a algún lugar “paradisíaco”; liberdade para o despido; liberdade para a acumulación de capital; liberdade para que os sindicatos defendan aos empresarios; liberdade para que as operadoras te estafen, pero, oh sielos, pódeste baixar mil politonos nun mes... e seguir as sandeces (unhas, interesadas, outras nin eso) que soltan no debate sobre o estado da nación, e soltar ti mesmo sandeces (nontronte colapsaron o twitter dalgún xornal).
Esto é repugnante.
-

Papi, ¿por qué se enfadan esos señores?

Final da Copa de El Rey de fútbol, naturalmente coa presencia do monarca. O que non semellaba tan natural era que se enfrontaran un equipo vasco e outro catalán. Jodíos cabróns a marear coa independencia, si, polo carallo arriba lles din que non participen no torneo.
“Ai, se non vos considerades parte de España, nación da que a súa maxestade don Juan Carlos de Borbón é soberano, pois non xoguedes”, nunca escoitaremos esas palabras, ¿verdade?
O caso é que houbo un asubío atronador cando soou o himno nacional español, que TVE non emitiu. Cando o himno, TVE conectou con Bilbao e Barcelona, e só no descanso do partido, en diferido, transmitiu un anaco responsablemente manipulado, sen asubíos, só con primeiros planos dos xogadores e de algún afeccionado “tranquilo e sen pancarta”.
É unha cuestión que debe quedar moi clara: non é censura, trátase do noso propio ben, TVE limitouse a velar pola nosa saúde moral evitando que presenciáramos tan bochornoso espectáculo, protexeunos o mesmo que protexe aos nenos de programas con sexo ou violencia.
- Caca, no, eso caca, no, malo, no se mira, cacola.
-

Non comentamos máis



Morreu Antonio Vega. Gústame pensar que se foi con ganas de vivir, e que ninguén se enterou.
Agora progres, puretas, listillos, campeóns e enemigos poderán lanzarse abertamente, por fin, a esa necrofilia exemplar que antes practicaban como con remorsos.
_

Escribimos porque somos uns drogatas

Todo o mundo e parte do estranxeiro sabe o que opina a grande Elvira Lindo sobre os porreiros. Sobre todo a parte do estranxeiro (¿Manhattan?). Á grande Elvira Lindo salientáballe en corpo 18 un par de frases do seu merecido artigo a toda páxina en El País:
“He tratado a grandes porreros, y puede que sean pacíficos, pero son pesados como ellos solos”
Esto escribiu a grande Elvira Lindo co seu estilo, tan campechano, nada pretencioso, confesando con intelixencia o seu pasado progre.
-

Alta cultura

Salientamos dúas frases de Toni Segarra, publicista, durante o debate sobre alta cociña española que botaron onte na 2. Estaban Ferrán Adriá, Andoni Luis Aduriz, unha filla do tío de adegas Marqués de Griñón, ataviada de executiva agresiva (un discreto toque sado-maso), e un delegado do goberno vestido de delegado do goberno.
"La publicidad es como la cocina, muy compleja".
"Existe la publicidad. Construyamos el marketing".
Impresionante.
Marchando unha de chipiróns.

Por certo, non me gustaría ter ao Ferrán Adriá de xefe.

O cromo de cando somos críos

Abundan esta tempada na modestia de Iniesta. Confunden a modestia con non amosar máis credenciais que ese exquisito toque do balón. Non, non se tatúa símbolos de valor, amor ou victoria; non lle colga un piercing do sexo; non se viste de pijodelincuente; non solta merda pola boca; non é "nada orixinal” celebrando os goles. Eso non quere dicir que sexa modesto, nin aburrido.
Ten un orgullo invencible, o orgullo de quen sabe que a súa visión do fútbol é marabillosa. Podemos ser uns moinantes e dicir que quizáis ao longo da súa carreira profesional non gane un título máis, qué máis da: é un crack.
-

Pasou o Barça

Houbo xustiza, hostia. Clasificados para a final con gol de Andrés Iniesta, se jodan esos mercenarios agarrados fillos de puta. Ao Drogba había que exhibilo en praza pública, colgado dos seus gordos collóns de cristal.
Agora a por Cristiano Ronaldo e Sir Alex Ferguson.

Drogba “o ecuánime” e Hiddink “o grande estratega” braman que lles roubaron o partido, que non lles pitaron a lo menos 4 penaltis. Non lles pitaron 1, e eso é normal que pase, as veces a favor e as veces en contra. Drogba “o ecuánime” adicouse na ida e na volta a provocar e a tirarse ao chan clamorosamente, mentras o resto do equipo repartía leña.
Roubaron o partido, si, os dous partidos, e foron eles coa súa estratexia de non xogar nin deixar xogar ao fútbol. Podían pertrecharse na portería con sacos de area, e tirar de metralletas e morteiros.
- Aí ven Iniesta, e Xavi polo lado.
- Cómo se moven esos fucking enanos.
- They flow into the grass ¡Un tanque! ¡Traede un tanque!
-

Quen traza a raia

O outro día celebrouse un concerto benéfico en favor dun neno que padece o Síndrome de Alexander, unha enfermedade dexenerativa moi rara, desas que non interesan. O cantante David Bisbal renunciou ao seu caché. A SGAE recaudou a súa porcentaxe dos dereitos de autor (5.629 euros). Como era de prever, desatouse a indignación, e agora a SGAE di que se “retracta” (de qué) e que procederá a realizar “unha aportación voluntaria por un valor equivalente aos dereitos de autor”.

El País, “órgano” que dicta o que o goberno ten que dicir, evitou emitir xuízos de valor precipitados e salientou o comunicado da SGAE:
Los socios de la SGAE creen en el derecho de "autor solidario y responsable".
"Como se ha hecho en múltiples ocasiones, la solidaridad de los creadores hubiera sido posible si, con el tiempo suficiente para gestionarlo, los autores del repertorio interpretado durante el concierto hubieran podido optar por la cesión gratuita de sus legítimos derechos. De ese modo, esta polémica se habría evitado".

A SGAE desenrola as súas actividades ao amparo do goberno (todos roxos: Teddy Flautista, Zapatero, González-Sinde, Aniña Belén, Ramoncín...). A oposición recrimínallo e aproveita para ensinarlle ao pobo como sofre o seu corazón ante estos abusos.
-

A idea está consumida

goleta de xeo sucando o lume dos arquivos. avaricia e deseño. desexo de espellos asinados por un profesor da Bauhaus. aí ficou o noso.
-

A vida é un cortello

O meteorito que se vai esnafrar contra a terra e mandarnos a todos á nada sideral ten para rato, polo que hai que conformarse mentras con algunha pandemia periódica. As pandemias están moi perfeccionadas, pouco teñen que ver coas pestes que arrasaban Europa no medievo; sácaselles sempre un oportuno proveito político e unha limpa rendibilidade económica. A da gripe porcina, que agora debemos chamar H1N1, funciona así:
Paso 1: alarmar á sociedade.
Paso 2: coller un mapamundi e sinalar co dedo un país onde coverxan intereses.
Paso 3: ocultar o das Granxas Carroll.
Paso 4: beneficiar á compañía farmacéutica Gilead Sciences, dona da patente de Tamiflu, o medicamento que máis se está a promocionar e vender no mundo contra a H1N1.
Lembremos que Donald Rumsfeld, o cerebro da invasión de Irak e as torturas de Guantánamo, foi presidente desta compañía. Como dicía Morrissey naquela canción tan romántica: “life is a pigsty”.
-

A humillación non conta

Todo o mundo (neste caso unha expresión axeitada) puido ou pode ver o repaso que lle pegou o Barça ao Madrid. Busquemos non comentar o obvio: hai equipos de segunda rexional preferente que xogan mellor que o Madrid; tanta raza, "canguelo", "chorreo", épica, talonario, radio Marca, sacrificio, camiseta, cor e escudo, historia, twitter, democracia interna... hai equipos de terceira rexional preferente que xogan mellor. O Barça fixo o seu partido, nada máis. Aínda agora, pode perder (o Barça) as tres competcións nas que conserva posibilidades de título (e o Madrid ganar a liga). Qué importa.
Para comenzar pode ser eliminado en champions polo Chelsea, equipo que presume de talonario e fortaleza física e mental. Ademáis, din os que saben que xogadores como Drogba disimulan unha gran capacidade técnica; non digo que non: eu mesmo tamén disimulaba unha gran capacidade técnica cando xogaba no equipo da escola, marcaba goles nas pachangas do recreo, e nos partidos "oficiais", o entrenador, un profesor de matemáticas que exercera un par de anos en Portsmouth (a muller montaría a primeira academia de inglés do pobo), deixábame de suplente. Pasei de xogar máis, supoño que para ben do fútbol.
Pero estábamos co Chelsea. Ás virtudes mencionadas débese engadir que o seu entrenador é un gran estratega, que administra con sabiduría os recursos dos que dispón. Descarallao: todos a defender e a ver se soa a flauta, do resto xa se encargan as seccións de deportes dos medios, cos seus expertos e as súas rocanroleiras postas en escea.
O dito: o Barça pode perder todos os títulos, pero da gusto (e nervios) velo xogar.
-

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet