Papi, ¿por qué se enfadan esos señores?

Final da Copa de El Rey de fútbol, naturalmente coa presencia do monarca. O que non semellaba tan natural era que se enfrontaran un equipo vasco e outro catalán. Jodíos cabróns a marear coa independencia, si, polo carallo arriba lles din que non participen no torneo.
“Ai, se non vos considerades parte de España, nación da que a súa maxestade don Juan Carlos de Borbón é soberano, pois non xoguedes”, nunca escoitaremos esas palabras, ¿verdade?
O caso é que houbo un asubío atronador cando soou o himno nacional español, que TVE non emitiu. Cando o himno, TVE conectou con Bilbao e Barcelona, e só no descanso do partido, en diferido, transmitiu un anaco responsablemente manipulado, sen asubíos, só con primeiros planos dos xogadores e de algún afeccionado “tranquilo e sen pancarta”.
É unha cuestión que debe quedar moi clara: non é censura, trátase do noso propio ben, TVE limitouse a velar pola nosa saúde moral evitando que presenciáramos tan bochornoso espectáculo, protexeunos o mesmo que protexe aos nenos de programas con sexo ou violencia.
- Caca, no, eso caca, no, malo, no se mira, cacola.
-

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet