A crónica

De todas as crónicas que nos tragamos esta mañán (somos uns viciosos) quedámonos cunha na que lle chamaban a Guardiola aprendiz de bruxo. Non se fabricou ningunha enrevesada táctica, non, só puxo a Messi flotando entre liñas. Xa lle podían facer a marcaxe que quixeran; apenas puido ensaiar os seus vertixinosos caneos hacia a portería, pero axudou a osixenar suficientemente o campo do rival, con balón e sen balón. Por se os seareiros non estaban satisfeitos, buscou as costas do adversario, gravitou en soberbio escorzo e rematou ese centro que lle viña con selo de outro planeta.

O balón foi para Xavi e Iniesta, e cando Xavi e Iniesta collen o balón non hai partido. Era un pracer supremo ollar como o recibían, tranquilamente: as pernas dos defensas ingleses comenzaban a dubidar e unha pregunta imposible debuxábaselles na fronte: ¿por ónde vai saír este carallo? Sentella nejra.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet