O PSOE vai gobernar en Euskadi en contubernio co PP. Non é un axuntamento contranatura, para nada. O máis natural e, máis importante, o que desexan todos os vascos, que por fin entran en razón e se deixan civilizar.
Entre outras medidas, houbo que prohibir algunhas listas (que non representaban a ninguén), pero xa está.
Aproveitamos para poñer un tema onde os da Polla Records e Albert Pla (aquí está gracioso) analizan o problema vasco.
Xa sabedes, o famoso e oprobioso problema vasco: o puto estado español.
(Engadimos a letra, que é un pouco jodida de pillar).
"Fan, fan, fan, fan Pikutara!!
Los vascos son racistas, los vascos son terroristas
y aunque su idioma no exista, los vascos hablan en vasco
Los vascos enseñan odio a todo lo que no es vasco
los vascos meriendan niños y tienen cuernos y rabo
Son seres de dos cabezas y no espabilan ni a palos
no quieren ser españoles, mira los vascos son muy malos
Los vascos no tienen alma, les encanta la violencia
disfrutan como vascos, haciéndonos la puñeta
Cual cobardes alimañas, acechan agazapados
nadie está libre del vasco, puede estar en cualquier lado
El vasco tiene un problema, que sólo quiere ser vasco
nos rompe los esquemas, este es el problema vasco
Fan, fan, fan, fan Pikutara!!"
100.000 caballitos de anís
Unha moi agradable sorpresa o novo disco de Corcobado, “A nadie”. Meteulle un ar portuario e mariñeiro que nos gusta moito e, sobre todo, meteulle as dúas cancións que queríamos: “100.000 caballitos de anís” e ese panfleto-gavia contra o suicidio que é “Si te matas” (perdeu emoción, explícase con claridade).
A Albert Pla non lle gusta Corcobado porque cre que é cargante e pretencioso. Albert Pla tirouse ás costas unha personaxe e con esa personaxe vai arrastrándose cada vez máis; tan livián era.
Corcobado é un neno pequeno, e se pega unhas cantas hostias escribindo frases ridículas. Qué importa.

Etiquetas:
música
O vran en Sanxenxo
Montaremos un posto no paseo da praia (primeiro punto do plan de expansión e implantación da empresa). Sentaremos na hamaca con camisa verde lima reventada de palmeiras, margaritas e papagaios, e no peito, cunha volvoreta metálica de pinza, como identificación do persoal que o atende, o (flamante) carné do PP.
Cando crucemos a rúa e nos adentremos no bar a por outra piña colada, deixaremos a Ki-Fi, o loro que sabe de leis, vixiando o xénero.
Cando crucemos a rúa e nos adentremos no bar a por outra piña colada, deixaremos a Ki-Fi, o loro que sabe de leis, vixiando o xénero.
Etiquetas:
curro
O futuro é pijo-hippy
Aos últimos que abandoaron o barco desta familia en constante descomposición que é iKIF non lles vai nada mal. Antón montou un negocio de complementos coa súa muller, que é deseñadora (de complementos). Fan movidas en plan Ágatha Ruíz de la Prada cun toque celta, e os famosos da tele xa lucen as súas creacións (en serio). A semana pasada inauguraron a séptima tenda, en Madrid.
Begoña, que sempre amosou un perfil máis serio, pasouse directamente á competencia. Bueno, a algo que se asemella á competencia: unha axencia de viaxes que organiza deportes de aventura en latinoamérica, torneos de paintball no Machu Picchu e así. Entrei na web pero nin rastro do máis profesional dos directores de marketing; o contacto a saber quén o atende, e en merchandising nada, nin unha camiseta coas súas tetas serigrafiadas. Tanto como me ensinou e eu sen aprender.
Hai que ser emprendedores, claro que si. Pioneers. Estou por joderlle os arames á viña do viciño, facer pulseiras (celtas cun toque posmoderno almodovariano) e baixar á praia a vendelas, descalzo e cunha camisa hawaiana que me chegue aos xeonllos. Logo xa lle encargarei unha web ao xefe.

O amor de Richard Nixon
Os Manic Street Preachers si nos caen ben. Tiveron que sair dunha conca mineira de Gales para non ir por aí de enrollados. Non son ningúns salvapatrias, e se o son nos descoñecémolo.
Como non deixan insertar o vídeo, deixamos o link para o tema que nos ocupa.
Ah, xa sabedes, ¿non? Pau Donés estivo onte co alcalde Bugallo, en Santiago. Van prantar non sei qué árbores. Qué riquiños.

Imos ser persoas
En Semana Santa o mesmo Mariano Rajoy nos fará entrega do carné do Partido Popular. Si, Mariano Rajoy, que se pasará polo pobo o Venres de Resurrección. A verdade é que non nos da chegado o día. Convidarémolo a el, e ao superaxente Feijóo, que o acompañará, e aos seus amigos, escoltas e familiares (aínda que sexa a unhas 0,0), para agradecerlle a magnanimidade.
Gardaremos o carné na carteira de crocodilo (xa adiantamos a cuota mensual no banco), e nos sentiremos, por fin, blindados e elevados ao estatus social ao que por berce pertencemos.
Gardaremos o carné na carteira de crocodilo (xa adiantamos a cuota mensual no banco), e nos sentiremos, por fin, blindados e elevados ao estatus social ao que por berce pertencemos.
Etiquetas:
bi
Unha Xunta libre de lume
Este vran, por moito que suba o termómetro, non se producirán incendios. Se acaso algúns poucos, testimoniais; non se pode pasar de 100 a 0 sen levantar sospeitas (por poder claro que se pode, pero non é plan). Nos que se declaren quizáis morran un par de voluntarios e un bombeiro, aos que pertinentemente se lles concederá a medalla ao Mérito Civil Por Unas Gallescueliñas Sin Fuego.
No caso de que este cretino erre nas súas profecías, non hai que alarmarse: todos lembramos ao superaxente Feijóo naquela foto inmortal, apagando o lume roxo con tremenda mangueira e o xersei primorosamente colocado nas costas.

política
Viva o odio (III)
Vexo no teu interior. Podo ler os teus pensamentos como un libro aberto. Non creas que o fago: ¿para qué?
Etiquetas:
literatura
O mellor lugar do mundo
O PP local arrastra un problema dende que Telmo Martín se largara para Pontevedra. Un problema de xestión interna sen importancia, tranquilos. Chegou o momento de resolvelo, e vai facelo en Madrid. Alí reuniranse con Feijóo os seus máis destacados concellais. En Madrid (barato barato). A miña miserenta neurona só atopa dúas explicacións ao lugar escollido:
Ou temen que aquí se filtren as conversas (restaurantes mal insonorizados, teléfonos pinchados, compañeiros envexosos...).
Ou simplemente deciden que certos asuntos hai que tratalos na metrópole.
Dentro da política de xestos que nos domina, por certo, o superaxente Feijóo demostra gran sinceridade ao pasarse a vida na (verdadeira) capital. Saúde.

O profesor punk
Esto é de Víctor Coyote, xa que estamos.
Aquí tedes acceso a un dos seus traballos, "Cruce de perras y otros relatos" (e o vídeo funciona).
Etiquetas:
música
Tía na xanela suada
Arrancamos cun clásico, "300 kilos de pueblos latinos", de Los Coyotes. Festexemos que ganou o Frente Farabundo Martí no Salvador. Nun mundo interesadamente descafeinado, onde os pensamentos febles intercámbianse como chapas, esta victoria lémbranos outros tempos.
A ver qué lles deixan facer. Aínda que apenas teñen negocios alí, temen que se xunten con Venezuela e Bolivia.
Etiquetas:
música
Carta de amor
Sanxenxo, 16 de marzo de 2009
Á atención do Sr. Ibarra Santacruz
Asunto: Promoción confidencial
Estimado cliente:
Contactamos con vostede para cominunicarlle que iKIF vai sacar ao mercado un paquete de ofertas que agardamos sexan do seu interés.
Conscientes do impacto que a crise supón para as empresas da rexión, iKIF quere contribuir con precios irrisorios a aliviar os orzamentos destinados a publicidade das mesmas.
¿Qué lle supón á súa empresa (bueno, á empresa que ten, como se di agora, “visible”)? O ano pasado deseñámoslle un manual de identidade corporativa guapo, pero dito manual perdeu eficacia como transmisor da imaxe de marca dada a actual conxuntura económico-social, así que debería encargarnos outro.
Atentamente,
Miguel
O dos recados

Reler
Cada noche lo cuerpos ardían en una hoguera de propósitos inciertos, inflamados en palabras, como brazos que se agitan. La seguridad ilusoria del presente se desvanecía, huyendo de relojes de cifra incompresible. Ni casa ni tierra.
El viaje es un vaivén del miedo a la alegría, de la insensatez a un extraño conocimiento, ajeno, sin límites. Tan pronto el pasado hacía girar sus amenazas cual palo de ciego sobre nuestras cabezas, como la oscura presencia de un ser futuro presionaba en nuestro interior con dedos negros, real como el espacio que no podremos abarcar jamás.
El viaje es una guerra que no acabó en su día.
Ciudades que lo ojos no retuvieron al pasar y pese a todo dejaron una huella secreta e imborrable. Campos ardiendo a ambos lados de la carretera. Rostros entre llamas, desconocidos o familiares, haciendo señas a la pasión. Como fotografías, recuerdos ya de lo que no aún no ha sucedido. Las fotos son fuego también para los ojos, con esa fijeza enrarecida.
La música será más fiel que las palabras cuando no esconda palabras nunca dichas. La música es la alquimia de los cuerpos.
Al fuego pues las fotos. Y los cuerpos, al fuego, que fertiliza las tierras áridas y espinosas. Los hijos de la pasión crecerán con un estigma imborrable en la frente. ¿Pero quién reconocerá el rostro del que regresa de un país en llamas, para dar vida al orden que aprendió en el caos?
Santiago Auserón, "De un país en llamas", 1985

Sweet and tender hooligan
His armbrand proved he was a red, Torres, Torres
You'll never walk alone it said, Torres, Torres
We brought the lad from sunny Spain
He gets the ball, he scores again
Fernando Torres Liverpool's Number nine
Hugo, o amigo filántropo, ademáis de filántropo, é un filántropo galeguista. Cántos severos discursos lle temos escoitado impoñendo o valor do propio sobre o alleo. Impoñendo, si, como só pode facelo un elexido, o líder unxido cunha forza prístina e unha razón preclara.
Onte, sen embargo, o líder amosounos un lado inédito, contradictorio, da súa sobresaínte personalidade, durante o partido de fútbol que enfrontaba ao Liverpool co Real Madrid. O árbitro axudaba aos ingleses, o Madrid era un gran equipo que estaba xogando moi ben, o que pasa que nós non temos nin puta idea (lembremos que el é entrenador), e nós a festexar os goles dos “reds”, e cóbrame todo o que hai na barra, e algún que saía fora a berrar de xúbilo. Si, amigos, Hugo, o noso heroe, o noso guía espiritual, a estrela do sur, a man de ferro, o desinterese transformado en enerxía, agocha un corazonciño madridista. Non aguantou moito, largouse antes do descanso como só el sabe facelo, incontinente, caló el chapeo, requirió la espada, miró al soslayo, fuese y no hubo nada.

fútbol
A conexión serbia
Cántas veces se mancou Djokovic nun partido no que vai de ano. No aberto de Australia abandonou ante Andy Roddick. O estadounidense afirmou que tiña unha eliminatoria doada, porque o seu rival arrastraba “como 16 lesións”, e enumerou entre elas o ántrax, síndrome respiratorio agudo severo (ou algo así) e mesmo gripe aviar.
O tenista serbio é un campeón. Como diría o noso admirado Baltar: o que queira entender que entenda.
O tenista serbio é un campeón. Como diría o noso admirado Baltar: o que queira entender que entenda.
Etiquetas:
tenis
Estirpe way
Un tipo enrollado, Pau Donés. Gracias a xente como el o mundo é algo máis humano, aínda que a súa humildade lle impida vanagloriarse do feito. Agora reinventa o seu grupo (qué palabra máis guapa, reinventa, ¿verdade?), eso, agora reinventa o grupo nun disco que se pilla con El País.
¿Cómo se chama o de Revólver? Carlos Goñi, creo. Pon un par de temas de denuncia social no teu disco; contra a xenofobia, a violencia de xénero ou o consumismo. Hai onde escoller. Venderás discos, durmirás ben.

O escándalo do día
Estaban cambiando as regras, por fin os políticos mantiñan un diálogo coa sociedade. A democracia real estaba aí, na internet. E xa non está. Non eran eles os que chateaban en Facebook ou en Twitter, senón os seus asesores de comunicación, qué estafado me sinto, eu falando con Feijóo e Feijóo está nun plató de televisión ou dando conta dun bacallao ajoarriero.
Queríamos enviarlle unha queixa formal a Rosa Díez á conta que tiña en Twitter, pero xa a pechou.
Qué mentireiros e oportunistas son os políticos. Malos, os políticos, imos darlle unhas palmadas no cu, eso non se fai, xogar dese xeito coa ilusión de tanta xente. Hai que avisar a todos os do foro.

rede
Julián Ruiz ao teléfono
Estas dúas bandas ganaron o ano pasado o concurso de demos de Mondosonoro. Tocan no marco das "fiestas demoscópicas" que organiza a revista coa fin de consolidar unha escea alternativa "digna" ou algo así. ¿Julián Ruiz aínda non se enterou, levan dende 1999?
- Hola, soy Julián Ruiz y quiero que vengáis a mi programa.
- Xa grabamos un disco.
- Sí, pero no es lo mismo... no es lo mismo el premio ese, del que sólo se enteran los catalanes, que ganar mi concurso de maquetas.
Shoegazer, garaxe, noise, psicodelia, os dj... coma o deseño, sempre ven de Barcelona. O outro rematará falando catalán (na intimidade).
Etiquetas:
música
Os perdedores prefírenas de bote
Cando Corina Porro se desatou cunha muñeira púxose en celo. Esa muller facíao ouvear coma un lobo. Estaba petrificado ante o televisor, tragando pasivamente os resultados electorais. Conectaron coa celebración do partido en Pontevedra, e a ex alcaldesa máis sexy do orbe, non sabemos se motivada pola presenza das cámaras, arrancouse con tan galego baile.
- Estás empalmado - fíxolle ver a súa muller.
- Eh... claro... é que ese camisón que levas...
- Veña, home, que a última vez que me miraste o cu aínda mercabas discos de vinilo.
Pasoulle a erección. Bisbou sen carraxe e seguiu ollando a tele, cómo bailaban e rían e descorchaban champaña. "Corina voltará a Vigo", díxose satisfeito.

O utilitario do superpresi
Así que Feijóo, ta-len-to-re-di-men-sio-nan-do, ao final non vai pillar un Citroen na fábrica de Vigo. Co rendible que lle saiu a polémica sobre o luxoso Audi de Touriño o menos que podía facer era cumprir a súa palabra. Pero non (se cumpres a túa palabra quedas como un tontobaba), o Citroen que quere Feijóo é o mesmo que emprega Nicolás Sarkozy, e só se fabrica en Francia.
Ou sexa, que se desfai dun coche demasiado caro para mercar outro da mesma gama, cando días atrás asegurou que os galegos non estabamos para delirios de grandeza.
Os galegos pagámoslle ao novo presidente da Xunta o coche que faga falla, o que máis lle guste, o que mole máis e o máis caro. Faltaría máis, home. E o Audi para o desgüace, non paga a pena nin vendelo (ademáis do risco de coller algún virus criptocomunista ao roce coa tapicería de coiro), puaj.

Un talento redimensionado
O que viña a dicir onte o profesor de estética é que non se pode ser amigo de todo o mundo. Non vos matedes.
Etiquetas:
simplezas
O peso
Artigo de Félix de Azúa no Boomeran(g), o seu blog.
Sempre interesante e nada superficial, este tío. Se ben cansa un pouco: ata o deseño do blog, aínda sendo limpo e ordeado, a nós agóbianos un pouco.
Sempre interesante e nada superficial, este tío. Se ben cansa un pouco: ata o deseño do blog, aínda sendo limpo e ordeado, a nós agóbianos un pouco.
Etiquetas:
literatura
Vaselina
Aquí levamos gastando vaselina toda a vida, os últimos catro anos tamén. Non hai porqué escandalizarse. Acontece, sen máis, que o PP pasa de ser unha forza real sancionada coa oposición a unha forza real que goberna con maioría absoluta. Coincidindo coa crise e as medidas dos seus amigos.
Agradecidos porque se lle devolva a confianza. Correctos. Entrarán cos collóns eternos dun touro e a eslora do portaavións aquel, o Príncipe de Asturias.
Agradecidos porque se lle devolva a confianza. Correctos. Entrarán cos collóns eternos dun touro e a eslora do portaavións aquel, o Príncipe de Asturias.
Etiquetas:
política
O trombón de Baltar
Na simple estratexia da que falabamos o outro día omitíamos a posibilidade de que o PP recuperara o seu trono, e vai e recupérao.
Tampouco é que regresen, porque en realidade nunca se foron.
Tampouco é que regresen, porque en realidade nunca se foron.
Etiquetas:
política
Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2009
(312)
-
▼
março
(27)
- O problema vasco, xa para Nintendo DS
- Aí vai
- 100.000 caballitos de anís
- O vran en Sanxenxo
- O futuro é pijo-hippy
- O amor de Richard Nixon
- Imos ser persoas
- Mercury Rev
- Unha Xunta libre de lume
- Viva o odio (III)
- O mellor lugar do mundo
- O profesor punk
- Tía na xanela suada
- Carta de amor
- Reler
- Sweet and tender hooligan
- A conexión serbia
- Estirpe way
- O escándalo do día
- Julián Ruiz ao teléfono
- Os perdedores prefírenas de bote
- A bala de Blackberry atravesa a mazán
- O utilitario do superpresi
- Un talento redimensionado
- O peso
- Vaselina
- O trombón de Baltar
-
▼
março
(27)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.