Carta de amor

Sanxenxo, 16 de marzo de 2009

Á atención do Sr. Ibarra Santacruz

Asunto: Promoción confidencial

Estimado cliente:

Contactamos con vostede para cominunicarlle que iKIF vai sacar ao mercado un paquete de ofertas que agardamos sexan do seu interés.

Conscientes do impacto que a crise supón para as empresas da rexión, iKIF quere contribuir con precios irrisorios a aliviar os orzamentos destinados a publicidade das mesmas.

¿Qué lle supón á súa empresa (bueno, á empresa que ten, como se di agora, “visible”)? O ano pasado deseñámoslle un manual de identidade corporativa guapo, pero dito manual perdeu eficacia como transmisor da imaxe de marca dada a actual conxuntura económico-social, así que debería encargarnos outro.

Atentamente,

Miguel
O dos recados

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet