O escándalo do día

Estaban cambiando as regras, por fin os políticos mantiñan un diálogo coa sociedade. A democracia real estaba aí, na internet. E xa non está. Non eran eles os que chateaban en Facebook ou en Twitter, senón os seus asesores de comunicación, qué estafado me sinto, eu falando con Feijóo e Feijóo está nun plató de televisión ou dando conta dun bacallao ajoarriero.

Queríamos enviarlle unha queixa formal a Rosa Díez á conta que tiña en Twitter, pero xa a pechou.

Qué mentireiros e oportunistas son os políticos. Malos, os políticos, imos darlle unhas palmadas no cu, eso non se fai, xogar dese xeito coa ilusión de tanta xente. Hai que avisar a todos os do foro.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet