100.000 caballitos de anís

Unha moi agradable sorpresa o novo disco de Corcobado, “A nadie”. Meteulle un ar portuario e mariñeiro que nos gusta moito e, sobre todo, meteulle as dúas cancións que queríamos: “100.000 caballitos de anís” e ese panfleto-gavia contra o suicidio que é “Si te matas” (perdeu emoción, explícase con claridade).

A Albert Pla non lle gusta Corcobado porque cre que é cargante e pretencioso. Albert Pla tirouse ás costas unha personaxe e con esa personaxe vai arrastrándose cada vez máis; tan livián era.

Corcobado é un neno pequeno, e se pega unhas cantas hostias escribindo frases ridículas. Qué importa.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet