Unha Xunta libre de lume

Este vran, por moito que suba o termómetro, non se producirán incendios. Se acaso algúns poucos, testimoniais; non se pode pasar de 100 a 0 sen levantar sospeitas (por poder claro que se pode, pero non é plan). Nos que se declaren quizáis morran un par de voluntarios e un bombeiro, aos que pertinentemente se lles concederá a medalla ao Mérito Civil Por Unas Gallescueliñas Sin Fuego.
No caso de que este cretino erre nas súas profecías, non hai que alarmarse: todos lembramos ao superaxente Feijóo naquela foto inmortal, apagando o lume roxo con tremenda mangueira e o xersei primorosamente colocado nas costas.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet