His armbrand proved he was a red, Torres, Torres
You'll never walk alone it said, Torres, Torres
We brought the lad from sunny Spain
He gets the ball, he scores again
Fernando Torres Liverpool's Number nine
Hugo, o amigo filántropo, ademáis de filántropo, é un filántropo galeguista. Cántos severos discursos lle temos escoitado impoñendo o valor do propio sobre o alleo. Impoñendo, si, como só pode facelo un elexido, o líder unxido cunha forza prístina e unha razón preclara.
Onte, sen embargo, o líder amosounos un lado inédito, contradictorio, da súa sobresaínte personalidade, durante o partido de fútbol que enfrontaba ao Liverpool co Real Madrid. O árbitro axudaba aos ingleses, o Madrid era un gran equipo que estaba xogando moi ben, o que pasa que nós non temos nin puta idea (lembremos que el é entrenador), e nós a festexar os goles dos “reds”, e cóbrame todo o que hai na barra, e algún que saía fora a berrar de xúbilo. Si, amigos, Hugo, o noso heroe, o noso guía espiritual, a estrela do sur, a man de ferro, o desinterese transformado en enerxía, agocha un corazonciño madridista. Non aguantou moito, largouse antes do descanso como só el sabe facelo, incontinente, caló el chapeo, requirió la espada, miró al soslayo, fuese y no hubo nada.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2009
(312)
-
▼
março
(27)
- O problema vasco, xa para Nintendo DS
- Aí vai
- 100.000 caballitos de anís
- O vran en Sanxenxo
- O futuro é pijo-hippy
- O amor de Richard Nixon
- Imos ser persoas
- Mercury Rev
- Unha Xunta libre de lume
- Viva o odio (III)
- O mellor lugar do mundo
- O profesor punk
- Tía na xanela suada
- Carta de amor
- Reler
- Sweet and tender hooligan
- A conexión serbia
- Estirpe way
- O escándalo do día
- Julián Ruiz ao teléfono
- Os perdedores prefírenas de bote
- A bala de Blackberry atravesa a mazán
- O utilitario do superpresi
- Un talento redimensionado
- O peso
- Vaselina
- O trombón de Baltar
-
▼
março
(27)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Um comentário:
Olé!
Postar um comentário