O utilitario do superpresi

Así que Feijóo, ta-len-to-re-di-men-sio-nan-do, ao final non vai pillar un Citroen na fábrica de Vigo. Co rendible que lle saiu a polémica sobre o luxoso Audi de Touriño o menos que podía facer era cumprir a súa palabra. Pero non (se cumpres a túa palabra quedas como un tontobaba), o Citroen que quere Feijóo é o mesmo que emprega Nicolás Sarkozy, e só se fabrica en Francia.

Ou sexa, que se desfai dun coche demasiado caro para mercar outro da mesma gama, cando días atrás asegurou que os galegos non estabamos para delirios de grandeza.

Os galegos pagámoslle ao novo presidente da Xunta o coche que faga falla, o que máis lle guste, o que mole máis e o máis caro. Faltaría máis, home. E o Audi para o desgüace, non paga a pena nin vendelo (ademáis do risco de coller algún virus criptocomunista ao roce coa tapicería de coiro), puaj.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet