Tiza blanca

O crítico de Metrópolis que escribiu esta semana sobre o novo disco de P. J. Harvey debe estar na UCI. White chalk, si, white chalk sería o que esnifaron (artista e xornalista). Verían cabestros voando arredor do palacio de buckingham, onde arañas de xenebra se deslizarían por muslos saciados de sexo con púas de ouro, e movidas así.
"Unha esteticista desolación victoriana a golpe de piano": si joder, claro.
"Catro estrelas e media que O Tempo convertirá en cinco": por suposto! Ea!
Adicarse a esto é o que ten. Podes ter unha mala viaxe e quedarte pillado. E soñar que te tiras a súa maxestade, tamén.
Qué día tan axetreado. A popularidade comenza a cansarme: ás doce entrevista na redacción de "El Sol de Sanxenxo", onde desfrutei da sempre aguda conversa da nosa amada Letizia Couto, grande xornalista que tristemente nos abandoará gracias a ese sentido do deber que agora a levará a cobrer as novas de Madrid como corresponsal da TVG. Xa digo que foi un gratísimo encontro, o que pasa é que a min eso de rguerme antes da hora do vermouth paréceme de países tercermundistas.
Despóis, na taberna de Manolo, eructo, perdón, reducto de costumes ancestráis onde revalorizar o valor da coversa ao redor do albariño, ese centro cenital de sol sagrado, prolongueime ata a hora do xantar, que tivo lugar na Casa Moderna, o milenario restaurante de Otilio que o seu fillo soubo adaptar á máis rabiosa nouveau cocine sen perder ese arrecendo a piorno e a nasa que o caracteriza: oh, efluvios de Carme detrás dos fogóns...
En fin, a sobremesa prolongouse ata que eu, xusto é dicilo, tiven que facer gala de improvisación para, ás 19 horas, partir a impartir a miña conferencia, versada nos usos afrodisíacos dos percebes nas culturas do deserto do Kalahari no século III A.C., lendo así ante un auditorio entregado o que non deixan de ser uns vagos apuntes que tan só pretenden arroxar unha modesta luz sobre civilizacións irmáns.
Permítanme usar un tópico porque só o tópico fará honor á verdade (si, admítoo, meus caros colegas, sei que me sobra inxenio!): ¡Qué marco incomparable, o Auditorio Emilia Pardo Bazán!
Logo dun maremoto minimalista de aplausos saímos a departir amigablemente no entorno do Auditorio (cathering inmaculado de vangarda de "La Mala Mola").
En fin, queridos amigos, eu debía partir para Peinador e subirme a un aeroplano da liñas aéreas españolas rumbo a Tenerife, onde o deber e a responsabilidade do meu cargo me agardaban, pero cómo darlle as costas a unha alcaldesa que me convidou a cear, cómo rexeitar o ofrecimento de tan insigne e portentosa dama. Todo o mundo coñece a miña filiación polas máis intemporáis esquerdas pero, como dixo O Sabio, a miseria dos demáis e a Miña Virtude. Bos días, queridos, caros, tan caros amigos meus.

Ferrin ou a sinxela vinganza do estudiante

Un artigo onde pon no seu sitio a doña Emilia Pardo Bazán, aos Franco e aos idiotas da Xunta que agora queren recuperar o Pazo de Meirás como patrimonio dos galegos. Cando nos estudiábamos dicíannos que doña Emila Pardo Bazán, máis que importar o naturalismo de Francia, case o inventara ela. E como éramos uns saídos e nos sentíamos culpables e buscábamos disciplinarnos, asentíamos, e tentábamos convencernos de que si, de que a señora escribía ben e escribía de Galicia e o naturalismo estaba guapo, guapísimo!
Zorra e plasta, flatulenta e pesadísima, rancia e mala con gañas, eso era; intuíamolo pero tiñamos que convencernos do contrario. Puta educación.
En canto a Ferrín, supoñemos que o Faro estará agardando a que a palme ou gañe o Nobel: calquer outra posibilidade será engorrosa para o xornal.

Manic Street Preachers

O ano pasado foi Morrissey quen perpetrou a xuntanza dos New York Dolls (tres cadáveres, un guiri e o manager). Agora voltan os Sex Pistols, o que non debe sorprender nin escandalizar a ninguén.
Estos, aparte de ser máis novos e modosos, e malia machacalos en A3, semella que o levan mellor.

Cafe Tacuba

Este si é o o grupo de rock máis grande de México, e non esos babosos que venden pola radio. O único que nos jode é a etiqueta que lle colgaron de "os radiohead latinos". Supoñemos que lles fará gracia.

Candy

Cando un tira de duetos é que anda tocado. Non o digo por Iggy Pop, dígoo por nós mesmos: con toda a música que hai por aí e ter que conformarse con arquivos lamentables. De calquer xeito pasarán outros 20 anos e este tema seguirá fascinándonos (se é que chegamos alá, que non somos Iggy Pop, nin gañas).
Kate Pierson coa súa inconfundible voz de comic [sic] (aínda que o de inconfundible sexa unha redundancia).

Ilegales

Unha mágoa que estea o final cortado. Xa dicía Josele o dos Enemigos, que nesta bitácora o sacamos como se fora doutor emérito ou algo así, que esta canción está guapísima.
Que a poñan para que retumbe no ceo artesonado do paraninfo de Belas Artes, na entrega de diplomas:)

Ata ese toque "standard" do comenzo lle queda ben.
Imos reproducir o mail intimidatorio que recibimos dun cliente que é un artista, un rapaz aplicado (aplicadísimo) e un compañeiro encantador para os seus (imposible evitalo):
Soporte digital para hacer mailing con la información y tarifas del centro. Ha de ser un documento de carácter gráfico, uniforme en su diseño y cerrado en su conjunto. Sirva de referencia una guía corporativa. Su peso no debiera exceder los 2 megas. En cuanto a la documentación que se ha de incorporar, todo figura en la carpeta "paquete de información", complementado con "ofertas definitivas otoño". Es importante recalcar o presentar las areas del centro como zonas independientes. Gimnasio, Restaurante y Spa.
Impresionante. O de documento de carácter gráfico, uniforme en su conjunto y cerrado en su diseño, é que é para correrse.

Concurso de outono

Se coñeces alguén na bisbarra que non sexa un bo chivato, chívate e obsequiarémoste cunha botella de Chivas*. Serás o noso Edgar Allan Poe. Xogaremos cos teus fillos de paso que os educamos, follarémonos a túa muller e irás borracho a votar.
Chámanos xa: marca o 902 555 777 e chívate. Formarás parte do clube chivas máis caladamente guapo do país.

*Impostos hidrosolubles derivados non incluidos.
Bebe con responsabilidade; nos non sabemos nada do tema.
Bebe, coño, bebe!

O segundo nacimento de Venus, nunha oficiña



As infografías son estupendas. Esquécete das fotos. Esquécete do deseño. Suxerir, ¿qué é suxerir? Mariconadas. Angelina Jolie claro que está boa, hostia, pero non serve de imaxe para o que nós facemos aquí. Queremos unha cobertura guapa das nosas instalacións ou dos nosos apartamentos; habitacións, baños, piscinas, estudos, parques... A infografía é seria, nela ves non o que vai ser o teu piso, se non o que “é” (que ao final vai ser xustamente eso, una puta infografía, pero tampouco lle vas amargar a vida a todo o mundo).


Un exemplo de como as boas fotos non é que te faciliten o curro, é que xa te marcan as pautas a seguir. Só tes que entender o que mostran e deixarte levar. Eso si, non valen as excusas se non dispós delas.
Unha axencia de publicidade debería ter sempre en nómina a un fotógrafo profesional.

Sketchs para switchers

Hai moitos e todos traducidos xa ao castelán. Non tiven tempo a ollalos, así que nin sequera sei se son realmente divertidos. Percíbese no entorno mac unha minoritaria lexión que lle fai o traballo creativo e publicitario a Apple. Sobre todo switchers, claro.
Pode ser a fe do converso, o caso é que non paran; convencen nos foros, colgan wallpapers, algún imaxinamos que ata escribiría unha canción.

Speedway

O partido de baloncesto de onte

¿Quén pode identificarse coa selección de baloncesto de Israel? Disciplina de porcos temerosos de Deus e nacionalización de afroamericanos de saldo. En Jerusalén e Tel Aviv agroman grupos neonazis, deixando claro que a pureza da raza non é invención nin consecuencia de Hitler.
Partido feo: un equipo moderno ao que lle gusta o deporte (a primeira xeración española sen complexos) contra unha pandilla de matóns temerosos de Deus.

Google, o gran irman

Mandou ao asesor de política de privacidade de datos de xira por Europa, para tranquilizar aos gobernos: voltan anónima toda a descomunal información que almacenan cada dous anos.
Á moita xente e a algunhas asociacións de consumidores o tema preocúpalles, non nos explicamos porqué, pois dende sempre bancos, telefónica, cuartéis, comisarías, xulgados e viciños abusaron e abusan alegremente da información á que acceden, e a letra pequena das empresas que te aseguran que os teus datos non llos van pasar a ninguén máis que unha mentira é un vacile.

Pretextos como a loita contra o terrorismo son pretextos malos. (Á Intelixencia das primeiras potencias mundiáis non sabemos cómo aínda se lle chama Intelixencia; o Pentágono modificou hai pouco unha entrada da wikipedia: o preocupante non é que violaran as leis que a rixen, se non que esqueceran que a súa IP ía quedar rexistrada).

A peña é reservada por natureza con todo o que sabe, dende logo. O que pasa que as veces non pode resistir a tentación de preguntar, averiguar e mesmo inventar consumos e costumes de outros. Desinteresadamente, por suposto.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet