Qué día tan axetreado. A popularidade comenza a cansarme: ás doce entrevista na redacción de "El Sol de Sanxenxo", onde desfrutei da sempre aguda conversa da nosa amada Letizia Couto, grande xornalista que tristemente nos abandoará gracias a ese sentido do deber que agora a levará a cobrer as novas de Madrid como corresponsal da TVG. Xa digo que foi un gratísimo encontro, o que pasa é que a min eso de rguerme antes da hora do vermouth paréceme de países tercermundistas.
Despóis, na taberna de Manolo, eructo, perdón, reducto de costumes ancestráis onde revalorizar o valor da coversa ao redor do albariño, ese centro cenital de sol sagrado, prolongueime ata a hora do xantar, que tivo lugar na Casa Moderna, o milenario restaurante de Otilio que o seu fillo soubo adaptar á máis rabiosa nouveau cocine sen perder ese arrecendo a piorno e a nasa que o caracteriza: oh, efluvios de Carme detrás dos fogóns...
En fin, a sobremesa prolongouse ata que eu, xusto é dicilo, tiven que facer gala de improvisación para, ás 19 horas, partir a impartir a miña conferencia, versada nos usos afrodisíacos dos percebes nas culturas do deserto do Kalahari no século III A.C., lendo así ante un auditorio entregado o que non deixan de ser uns vagos apuntes que tan só pretenden arroxar unha modesta luz sobre civilizacións irmáns.
Permítanme usar un tópico porque só o tópico fará honor á verdade (si, admítoo, meus caros colegas, sei que me sobra inxenio!): ¡Qué marco incomparable, o Auditorio Emilia Pardo Bazán!
Logo dun maremoto minimalista de aplausos saímos a departir amigablemente no entorno do Auditorio (cathering inmaculado de vangarda de "La Mala Mola").
En fin, queridos amigos, eu debía partir para Peinador e subirme a un aeroplano da liñas aéreas españolas rumbo a Tenerife, onde o deber e a responsabilidade do meu cargo me agardaban, pero cómo darlle as costas a unha alcaldesa que me convidou a cear, cómo rexeitar o ofrecimento de tan insigne e portentosa dama. Todo o mundo coñece a miña filiación polas máis intemporáis esquerdas pero, como dixo O Sabio, a miseria dos demáis e a Miña Virtude. Bos días, queridos, caros, tan caros amigos meus.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2007
(164)
-
▼
setembro
(16)
- Tiza blanca
- Clash
- Qué día tan axetreado. A popularidade comenza a ca...
- Ferrin ou a sinxela vinganza do estudiante
- Manic Street Preachers
- Cafe Tacuba
- Candy
- Ilegales
- Imos reproducir o mail intimidatorio que recibimos...
- Concurso de outono
- O segundo nacimento de Venus, nunha oficiña
- Un exemplo de como as boas fotos non é que te faci...
- Sketchs para switchers
- Speedway
- O partido de baloncesto de onte
- Google, o gran irman
-
▼
setembro
(16)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário