Lume perdido

Un deseñador, sen un comercial, está perdido.

De premios e derrotas

Ganamos o concurso. Aínda non acabo de encaixalo. Lembro todo como nun soño (e teño unha resaca terrible). Chamaron para comunicarnos que eramos os ganadores e darnos instruccións para o día da recollida do premio. O xefe perdeu a cabeza, e vese que o precisaba: mandou currar con normalidade e á tarde tirábamos todos para Vigo a celebralo (Aida está en Madrid). Reservou nun asador dos que lle gustan a el; unhas gambas á prancha para facer tempo e veña churrasco e criollos, e viño (a el que non lle gusta), e outra bandexa de churrasco, e café e chupitos, e teño o número dunhas universitarias que follan como putas de luxo.
- ¿E cómo follan as putas de luxo?
- Ti tamén, sempre co mesmo... ¿cómo van follar? de luxo, coño. ¿Nunca foste de putas?
- Si, o típico, desfase entre colegas, despedidas de solteiro... eu son dos que se queda na barra do puticlub, bebendo e falando co persoal, mentras os outros follan no piso de enriba.
- Pois hoxe tócache.
Cando arrancamos pensaba cunha estrana desgana “cómo non me ía ir cunha das que me correspondía”, pero non me fixo falla. Aceleran a película e me toca Rebeca (”a tía di que é especialista en ordeñar pollas con la boquita”, susúrrame León). A tal Rebeca resultou ser no seu día unha compañeira de facultade moi querida pola miña ex. Saudámonos, ela voou e eu pedín outro gin tonic. Primeiro precisei poñer orde dentro de min, entre o que sentía e o que pensaba, ou algo así, logo púxenme a falar coa tía da barra e veña outro gin tonic, mentras os outros follaban enriba.
Teño que prepararlle un pequeno discurso ao xefe para a recollida do premio. Vou por almax.

Os adxectivos son malos

Os adxectivos, esa é outra fronte. Cántas veces escoitamos eso de que non se debe tirar de adxectivos na escrita. Cantos menos adxectivos empregas, mellor escribes (matemático), e se non empregas ningún xa es a hostia. Hainos que se gaban e todo. Entón, esta canción de Mecano é insuperable:
“Déjalo ya
sabes que nunca has ido a Venus en un barco...”
Qué exemplo de frase limpa e austera, ¿verdade? Ningún adxectivo. Di o que ten que dicir e punto. Admirable.

Corcobado, outra de lentellas

Hai disco de Corcobado para o mes que ven. Escoitamos dous temas na oficina. O primeiro é ración dobre do que fai nos últimos anos: a presunta sinxeleza, os discursos morais e a filosofía vital enderezada. No segundo recupera o seu lirismo ferruxento e lascivo, o que nos convida a soñar.
A da sinxeleza é unha viaxe infectada de espellismos. Todo aquel que se considere artista non é que deba buscala, é que non lle queda outra: é a carga de Sísifo. Así é. Acontece, sen embargo, que moitos artistas pensan que a toparon (que a posúen), e adícanse a largar discursos pobres un detrás de outro.
Morrissey, por exemplo, atopou a sinxeleza en moitas ocasións, con resultados que aínda hoxe conservan a capacidade de emocionarnos con lecturas múltiples, riquísimas, pero nin o conseguiu sempre (nin agora) nin ten sentido reprocharllo; é un ser humano e un ser humano moi por riba da media.
A Corcobado, en fin, vaille ben outro tipo de sinxeleza.

Por dicilo de outro xeito: o minimalismo está guapo, pero hai moito menos minimalismo do que se cre. Tirar un colchón nunha habitación sen pintar, colocando a un lado (estudiadísimo, oes) un rectángulo de madeira sen pulir, non representa ningunha pureza de formas, ningunha austeridade, ningunha sinxeleza; en moitos casos non será máis que a palla mental dun estudante de belas artes fracasado, ou dun interiorista desos que traballa por unha pasta para marcas de luxo (ningunha contradicción, ¿verdade?).

A tixola antiadherente

Os indixenistas occidentáis non toleramos que Evo Morales gane o referendum que convocou para cambiar a constitución de Bolivia. Xa se están pasando, el e o Hugo Chávez, os fillos de Satanás, nacidos do comercio insaciable de Fidel Castro con distintos súcubos marxistas. A verdade é lacerante; van por aí de campeóns libertadores e nacionalizan todo o que atopan no camiño da súa triunfal marcha populista e demagóxica. Un insulto aos Valores da nosa Democracia.
Obtivo un 60 % dos votos e dicimos que perdeu, que para algo somos bestas de carga sen escolarizar.
Aquí, se ganas unhas eleccións cun 60 % dos votos, ata Emilio Botín te chama por teléfono para felicitarte, e te agasalla unha tixola antiadherente (das caras, eh!) e unha batería de cociña (gama media, que agora tampouco os bancos andan sobrados).

A publicidade tranquila do bus

Hai que ver a que se armou cos urbanos que levan a publicidade esa de que deus posiblemente non exista. Que a Igrexa se poña nerviosa e pida que se retire a campaña non deixa de ser lóxico; logo de 2.000 anos facendo algo máis que publicidade agresiva, contemplan como a súa mensaxe se debilita, como uns ociosos descreídos ousan pasear pola cidade un eslogan que é dinamita para os seus feligreses.
Acontece como unha tranquila manifestación subvencionada por iniciativa privada. O que non é lóxico é que un goberno laico continúe soltándolle á Igrexa a pasta que lle solta.

Viva o odio

Algúns tivemos que recorrer ao betún de toda a vida, pero non importa. Temos a conciencia limpa, lustrosa, brillante, transparente; frotamos enerxicamente nos zapatos porentos. Obama está na Casa Blanca e Israel deixou de ensañarse na franxa de Gaza. Hosanna! Os palestinos agora están peor que antes, sen unha infraestructura erguida, con centos de feridos hacinados sen medicamentos, sen alimentos, sen curro… pero eso é culpa súa, ninguén lles mandou poñerse a tirar petardos.
O odio é un sentimento perfectamente dirixible, como un zepelín. Se os obxectivos ansiados quédanche demasiado lonxe, sempre podes apuntar a algún máis próximo.

Cánovas, Adolfo, Rodrigo y Guzmán

Señora azul, de vicio criticón

Hoxe puxeron unha canción dos Celtas Cortos, ese grupo “enrollado” e “concienciado”, que sempre nos deixou estupefactos. É unha carta (semella supernatural, tío, cando é forzadísima) na que un tipo se pon en contacto cun amor de xuventude, adicándose veladamente a recriminarlle o que se intúe como unha vida pequenoburguesa, casada cun tipo que “espero sea divertido”, etc. Pero o espeluznante ven ao final, cando lle solta: “Espero que mis palabras resuenen en tu conciencia”.

“Espero que mis palabras resuenen en tu conciencia”, xa hai que ser cabrón, e memo; vive e deixa vivir, tronco, colega, bo rollo, ¿eh? daguten. Algún dirá que flipamos moito, que só é unha canción, e si, darémoslle a razón.

O corazón negro de Greg Dulli



Algún lembrarase dos Afghan Whigs, aquel grupo dos 90 que pasou desapercibido; os presupostos do grunge acaparaban todas as portadas e eles tiraban hacia un rock máis “elaborado”, con influencias da Motown e de Nueva Orleans (ou yeah!). Estaban ben.
O vídeo que colgamos hoxe é do grupo que formou logo o seu líder, The twilight singers, que continúa na mesma liña.

A inmortalidade de Castro

Un par de chistes máis:

Fidel no acepta una tortuga porque "viven 100 años, uno les coge cariño y luego se mueren".

Castro se ha muerto y su cuerpo está en exposición. Los visitantes hacen cola para presentarle sus respetos. Encabeza la fila Felipe Pérez Roque, el ministro de Exteriores. Felipito, como se le conoce, se detiene ante el ataúd de Castro e inclina la cabeza. Mientras Ricardo Alarcón, presidente de la Asamblea Nacional cubana, espera su turno. Pasan los minutos, Alarcón se impacienta, da un toque en el hombro a Pérez Roque y murmura: "Felipito, ¿a qué esperas? Está muerto, lo sabes, ¿no?". Pérez Roque responde susurrando: "Yo sé que está muerto. Sólo que todavía no sé cómo voy a decírselo a él"

Patrullando

Chiste que nos contou un amigo:
¿solución para rematar coa piratería en Somalia, alá en augas do Índico? Manda á SGAE.

Un detalle de Kenzo

A amiga do xefe retirounos o saúdo. Entra seria e altiva como unha aristócrata que debe defender o seu prestixio e pasa directamente á urna de cristal. Pobre. Qué podemos facer para que non se enfade connosco? Convidala á estrea mundial da película de Almodóvar en Cannes? Agasallarlle un libro sobre os conceptos publicitarios do director de marketing de Kenzo?
Podemos escribirlle unha postal con esto. Sen dicir o que pensamos, claro [non somos tan libres como ela :)]. Supoñemos que o saberá valorar.

Cuba

É hora de sumarse á celebración dos 50 anos da revolución cubana. Ollamos a xente adorala, primeiro, e renegar dela, despóis. Ollamos a xente aproveitarse dos seus servicios médicos e criticalos, despóis. Escoitamos interminables críticas a Fidel Castro. Escoitamos agudas análases emitidas por peña que se debe considerar a si mesma algo así como "materialista dialéctica contemporánea"... En fin, aquí vai o artigo de hoxe de Reig sobre o tema, que nos gustou.

Un que se abre

Almodóvar vai estrear unha nova película, e con “Pe” de “prota”. Eu pírome. Cando a maquinaria publicitaria se poña en marcha non sei ónde me poderedes atopar, no Kalahari, no K2, ou mellor, debaixo do K2, sepultado, cego, con tapóns nos oídos.

Poema de asuntos exteriores

auga mutilada
auga gangrenada
por bomba de racimo
nana sión
cabeza voada
de arames
que as autoridades enfían e rin

A liña de costura



Esto é dun cartelista israelí, Yossi Lemel. Nacido en Xerusalén, a súa obra está marcada por unha crítica crecente á política do seu país e aos periódicos estancamentos dos procesos de paz. O que queira pode ollar a súa web.
Descobrémolo, por certo, gracias a un libro moi guapo que nos agasallaron cunha escolma dos mellores deseñadores contemporáneos, “All men are brothers”. De entrada é un pouco cursi (xa o título), pero realmente salienta a obra de deseñadores moi bos.

Manifiesto contra la masacre de Gaza (carta de catedráticos de dereito penal)

Los abajo firmantes, catedráticos de Derecho Penal de las distintas universidades españolas, horrorizados por las noticias que cada hora nos llegan desde Gaza, queremos denunciar el genocidio detalladamente planificado que las autoridades del Estado de Israel están cometiendo sobre los palestinos, a quienes arrebata, a quienes está despojando ante nuestros ojos no sólo la vida, sino hasta sus mínimas expresiones culturales. Las imágenes de cuerpos de niños reventados por las explosiones se unen a la contemplación de la universidad bombardeada y destruida, los heridos que mueren en los hospitales por falta de medicinas, las infraestructuras –que con tanto sacrificio fueron levantadas– asoladas, los hombres y las mujeres gritando de desesperación. Mientras tanto, las autoridades nacionales e internacionales se limitan a vanas llamadas a la contención, al arreglo entre las partes, al alto el fuego, pero sin tomar ninguna medida efectiva contra los agresores, contra los genocidas; antes al contrario, a las víctimas se las convierte en victimarios y ni siquiera se les respeta su capacidad, su voluntad soberana a la hora de elegir a sus gobernantes. Queremos efectuar, desde nuestra limitadas fuerzas, pero con todo el poder moral que nos otorga nuestra condición de seres humanos, un llamamiento a las autoridades españolas y de la UE para que tomen medidas eficaces contra el
Estado de Israel. Pedimos que llamen a los embajadores propios a consulta, expulsen a los de Israel del territorio nacional, congelen los acuerdos de intercambio y le sometan a aislamiento en tanto no observe un alto el fuego y desarrolle las iniciativas necesarias para acabar con este drama que dura ya 60 años; y, desde luego, que se exija a Israel que cumpla las resoluciones de la ONU que tantos años lleva ignorando lo que está en el origen del conflicto.

Firman:
Francisco Javier Álvarez García (U. Carlos III); Nicolás García Rivas (U. de Castilla-La Mancha); Guillermo Portilla Contreras (U. de Jaén); Enrique Gimbernat Ordeig (U. Complutense); Manuel Cancio Meliá (U. Autónoma de Madrid); José Luis Díez Ripollés (U. de Málaga); Luis Rodríguez Ramos (UNED); Juan Carlos Carbonell Matéu (U. de Valencia); Carlos Martínez-Buján Pérez (U. de La Coruña); Francisco Muñoz Conde (U. Pablo de Olavide); Javier Boix Reig (U. de Valencia); María Luisa Maqueda Abreu (U. de Granada); José Manuel Paredes Castañón (U. del País Vasco); Juan Terradillos Basoco (U. de Cádiz); Emilio Octavio de Toledo y Ubieto (U. Complutense); Susana Huerta Tocildo (U. Complutense); Mercedes García Arán (U. Autónoma de Barcelona).

J'accuse

"If your god bestows protection upon you
and if the USA doesn't bomb you
I believe I will see you somewhere safe
looking to the camera, messing around
and pulling faces."
Morrissey

Hai condecoracións que deben pesar como unha vergoña, ou eso pensaríamos nun intento máis de entender a condición humana. George Bush condecorou a Tony Blair, John Howard e Álvaro Uribe coa Medalla da Liberdade, a maior distinción civil que concede EE.UU. aos seus próceres. Esas medallas, sobadas por mans corruptas e manchadas de sangue árabe (entre outros sangues), sen embargo, son recibidas como aladas bendicións do Señor.
Aínda que indignarse é de parvos, salientemos a inxustiza: Aznar tamén era merecedor da medalla. A caixa de texto quere amosar a súa solidariedade co grande estadista agraviado e convoca manifa para o domingo esixindo que se lle recoñezan o valor e a intelixencia que puxo sacrificadamente ao servizo da Democracia.

A sacar réditos de Israel (Faldón para xornal)

O mozo de "Pe"

Dous vídeos de Nick Cave atacando a mesma canción. Estamos outra vez co vicio porque nos pasaron un disco que non tiñamos aquí do rapaz. “Red right hand”: a evolución é prometedora, non hai máis que reparar no Warren Ellis; de violinista vienés con inclinacións tabernarias a chamán posuido pola súa barba e rodeado de pedais e outros cachivaches conectados cunha electricidade convulsa, sincopada, hipnótica e satánica. Porque el o vale.





Non sae aí cos pedais, desculpas. Sae no seguinte, "We call upon the author". O tío, por certo, montou un grupo de gaiteiros, The dirty three, que ben podía chamarse "Os terribles do Salnés". Dende Melbourne con amor para "Pe".

Estivo ben mentras durou




Reproductor testeado. Xa lle están dando. Ademáis de cutre obríganos a recibir spam en plan masivo. O balance da “transacción” arroxa números roxos, así que pasando.
Voltamos ao youtube e a unha canción coñecida por todos, para que quede claro.

Reproductor de música



Está en fase experimental. 1.0, aviso. A intención é poder subir cancións sen a rémora do vídeo, que a moitos usarios tárdalle en cargar o suficiente para que perdan razoablemente todo o interés na música. O do vídeo (youtube) xa era un apaño para poñer música, porque as imaxes sempre tiveron un valor anecdótico, por non dicir que na maioría dos casos non tiñan ningún valor, e dende logo non é o que máis nos interesa. Agora deixaremos uns días para "testealo" (arrearlle coa testa).
Non nos gusta a publicidade de embaixo nin o deseño (horrible) pero polo de agora é o que hai; conformámonos con que faga servicio.

Un final para Juan Luis Cebrián

O grupo PRISA afoga en débedas (é a súa linguaxe). Venderon Localia e queren desfacerse de outros moitos "activos", mesmo El País, pero as ofertas que reciben son humillantes. Din que Zapatero está disposto a soltar pasta, pedindo a cambio, en bandexa de prata, a cabeza de Cebrián. Bueno, o da bandexa de prata é unha licencia poética fora de lugar, porque o fundador e ex director do xornal, en contra do que el mesmo pensará, non ten a proxección histórica do Bautista, e a súa morte non a vai contar Oscar Wilde. O que pode facer é pedir un crédito nunha sucursal do Santander (queremos ser tu banco) e pagarlle a Vargas Llosa para que se aveña a escribirlle a necrolóxica. E confiar en que Emilio Botín esa mañán remate cun hándicap satisfactorio no campo de golf.

Realpolitik

O da masacre de Gaza está resultando un negocio rendible para todo o mundo (agás para os masacrados, claro). O lobby xudeu nos EE.UU. xa debeu entrevistarse hai tempo con San Obama, como lle chama Rafael Reig, e xa poden deixarse de miramentos. Nada que se saia do guión.
O caso é que agora ata os que se moven en círculos “antisistema” sacan proveito do xenocidio, e de paso que sensibilizan á xente publicitan os seus servizos en internet.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet