O mozo de "Pe"

Dous vídeos de Nick Cave atacando a mesma canción. Estamos outra vez co vicio porque nos pasaron un disco que non tiñamos aquí do rapaz. “Red right hand”: a evolución é prometedora, non hai máis que reparar no Warren Ellis; de violinista vienés con inclinacións tabernarias a chamán posuido pola súa barba e rodeado de pedais e outros cachivaches conectados cunha electricidade convulsa, sincopada, hipnótica e satánica. Porque el o vale.





Non sae aí cos pedais, desculpas. Sae no seguinte, "We call upon the author". O tío, por certo, montou un grupo de gaiteiros, The dirty three, que ben podía chamarse "Os terribles do Salnés". Dende Melbourne con amor para "Pe".

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet