A tixola antiadherente

Os indixenistas occidentáis non toleramos que Evo Morales gane o referendum que convocou para cambiar a constitución de Bolivia. Xa se están pasando, el e o Hugo Chávez, os fillos de Satanás, nacidos do comercio insaciable de Fidel Castro con distintos súcubos marxistas. A verdade é lacerante; van por aí de campeóns libertadores e nacionalizan todo o que atopan no camiño da súa triunfal marcha populista e demagóxica. Un insulto aos Valores da nosa Democracia.
Obtivo un 60 % dos votos e dicimos que perdeu, que para algo somos bestas de carga sen escolarizar.
Aquí, se ganas unhas eleccións cun 60 % dos votos, ata Emilio Botín te chama por teléfono para felicitarte, e te agasalla unha tixola antiadherente (das caras, eh!) e unha batería de cociña (gama media, que agora tampouco os bancos andan sobrados).

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet